sábado, 1 de octubre de 2016

outono





                                                                           

 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF
 
29/10/16
          CHANTADA ATL. 3 -TABOADA CF 2
                 Despois duns primeiros minutos de lixeiro dominio visitante,nos que tivemos o control do balòn,pero sin disparos a porta,os locais sacudíronse cun primeiro remate de cabeza de Eric,que despexou a córner Isma,no 15'.Dous despois tíñase que retirar mancado Marcos,entrando no seu lugar Noé.O partido transcurriu despois por uns paràmetros de igualdade.Nós tivemos ocasións con disparos lonxanos de Noé,Ivi e Javobo.Atà unha incursión de Emilio por esquerda,centrou ó segundo pao,onde apareceu Ivi,libre de marca e definiu con temple diante de Rays.29' 0-1.Semellaba que tiñamos o partido controlado,pero nunha xogada desafortunada ,nun balòn colgado por Dani ,Alex no seu afán por despexar coa cabeza acabou por introducila na meta cunha parábola imposible pra Isma.Así,sen màis ,chegouse o intermedio.
          O segundo tempo non puido empezar peor para ós nosos intereses,unha bola que comprometemos,e despexamos ó balcón da àrea aproveitouna Adri,para encarar e definir diante de Isma,que nada pudo facer.47' 2-1.Tratamos de enderezarnos ,o gol en contra semellou espolearnos con duas ocasións e disparos consecutivos de Ibàn,en acción individual,e Noé tras xogada combinativa.No 64' volvémola ter despois doutra boa xogada de combinación,que finalizou de novo Ibàn,cun disparo que tentou colocar.Nunha contra local,na sua mellor xogada do partido no 68' Adri asistiu a Eric que só tivo que empurrala,3-1.O partido púxose moi costa arriba.No 80' prodúcese a expulsión do local Dani,por doble cartón amarelo.Tres despois penalti  claro de Rays sobre David Potente,que acarreu a expulsión do cancerbeiro,o penalti transformouno Fabio con Alex Moure baixo paos.Os últimos minutos foron de acoso e derribo por parte nosa ,con todo o equipo volcado ó ataque,pero non demos conquerido nada positivo.
                   A semana que ven trataremos de resarcirnos das últimas duas derrotas consecutivas cun clásico na Medela TABOADA CF -AD BÓVEDA

                                                      Crónica El Progreso
                                                                   

                                                                                 
1 Rays,3 Miguel 3 Josito 4 Aitor 5 Lois 6 Sergi 7 Saúl 8 Susiño 9 Eric 10 Dani 11 Adri
12 Antonio 13 Alex Moure 14 Otero 15 Mejuto
Isma,Nico,Jacbo,Juanjo,Ibán
 Marcos,Ivi,Alberto,Fabio,Alex ,Emilio


David,Jony,Adrián,Noé,Roi,Emilio































28/10/16
(xuveniles)
TABOADA CF 1-AD SAGRADO CORAZÓN 4
Derrota inesperada e incrible por como se desenrolou o partido.Pois nunha primeira parte nos que os locais foron superiores estrelando ata tres balóns  ó longueiro e tiveron ocasións para irse ó descanso con vantaxe folgada ,non embargantes forónse con 1-2.Penalizarónnos  dous erros atrás que puxeron os capitalinos con dous goles de vantaxe e grazas a que Congui conqueriu recurtar co gol que parecía meternos no partido.Pero na segunda baixamos a intensidade e de novo outros dous desxustes defensivos troxueron consigo senllos dous novos goles que lles otorgaron a victoria final.
                                                                       
                                                          Crónica La Voz de Galicia
                                                                             











                                                                               23/10/2016
         TABOADA CF  0 PASTORICENSE UD 2
                      Comezou o partido cos equipos tratando de calibrar o xogo do rival.Quizais os visitantes coas ideas màis claras.A primeira ocasión máis suliñable foi visitante no 6',nunha acción moi idiosincràtica do xogo pastoricense,falta lateral colgada sobre a nosa àrea ,aproveitan a súa gran envergadura pra que Iago gañando ben a posición remate coa testa o poste dereito de Roi.Non tardamos en meterlle màis intensidade o xogo,equiparàndose as forzas con duas acciòns nosas en ataque que fixeron recuar un pouco ós da Pastoriza.Co paso dos minutos o equilibrio foi a nota predominante sen ocasións nítidas.Pero esta desfíxose no minuto 34 cun golazo visitante,Raúl cun soberbio disparo escorado na banda e desde moi lonxe sorprendeu a Roi que chegou a tocar,pero o balón entrou despois de petar no longueiro,0-1.Tratamos de reaccionar con prontitude pero sin tino con dous disparos de Nico e Ibàn.Non chegamos a estar cómodos neste tramo do encontro,sen poder despregar o noso xogo.Os visitantes ó contrario,ben colocados non pasaban apuros.Así rematou a primeira.
             A segunda comezou cun cambio de decoración,saimos màis arriba ,con presión adiantada.Tivemos unha grandísima oportunidade no 58,un impresionante disparo de Marcos desde a frontal estampouse no longueiro.Este dominio insistente co paso dos minutos aumentou,pero era infructuoso.Con máis corazón que xogo cerebral.Coa expulsión de Pablo no 84',pareceu clarexarse o camiño para os visitante que xogaron os últimos minutos en superioridade.Tres despois sentenciaban nunha contra que finalizou Rubén 0-2.E aí rematou o partido,non se viu nada máis.
                 A fin de semana que xa entra toca refacerse nun derbi comarcal,desta volta a domicilio ,no Sangoñedo CHANTADA ATLÉTICO-TABOADA CF.
                   Os xuveniles xogaran como locais TABOADA CF-SCD SAGRADO CORAZÓN
                                           
                                                            Crónica El Progreso                  
  

Roi,Pablo,Nico,Poyán,David Potente,Ibán,
Alberto,Noé,Sesín,Marcos,Emilio.
 13 Casillas 2 Diego Garcia 3 Raul 5 Carlos 8 Kanuto 9 Farra 10 Ivan García 12 Saavedra 22 Dani 24 Iago
7 Manoliño 16 Rubén 19 Penelas 20 Mel 21 Iñaki

Jacobo,Alex,Isma,Joni,Ivi,Emilio



































CD PALAS  7-TABOADA CF 0

        Partido sen moita historia ,de clara cor local.Influiu moito que os locais se adiantaran con prontitude con dous goles nos dez primeiros minutos e case consecutivos,nos minutos 7 e 9.Este feito pesou como unha lousa nos nosos que non foron capaces de reaccionar en ningún intre.Sobre a media hora outros dous case simultáneos descompuxeron por completo a nosa escadra.Despois forón caendo con contagotas e ainda que recuperamos a imaxe na reanudación non nos demos levantado.


                                                                 Crónica La Voz de Galicia
                                                                                 


































16/10/16
 CD FOZ  0  -TABOADA CF   0
FICHA DEL PARTIDO
          Empezou o partido eléctrico,con achegamentos velocísimos ás duas áreas.Os primeiros quince minutos foron preciosos,quizais merecentes de superior categoría.Con ocasións de Gonzalo e Brais por parte local,e de Pablo,Fabio e Mos polos visitantes.A mellor unha volea do local Hermida no 17' que tras despexar Roi cun paradón petou no traveseiro.Era un gol cantado.No 21' outra clara un man a man entre Asier e Roi,entretívose o focense e non deu caneado a Roi que lla sacou co pé.No 30' a mellor visitante boa acción  individual de Mos por banda dereita ,o seu disparo deteno Bruzos xunto a cepa do poste.No 32' doble ocasión local nunha xogada embarullada na nosa área,solventou Roi con dous paradóns.No 34' disparo dende cerca de Gonzalo que petou no poste esquerdo da meta de Roi.Nestes minutos dominaban os focenses,despregando un fútbol físico e incisivo.No 40' un penalti moi claro de Bruzos a Moski,neutralizado por un previo fora de xogo duvidoso .Sen màis que salientar rematou un fermoso primeiro tempo,disputadísimo e tenso,envolto tamén  na polémica que tamén conlevou a expulsión do técnico local.
       O segundo tempo comezou un pouco màis frouxo en canto o ritmo e ocasións.Os dous equipos adoptaron tamén màis precaucións defensivas e o partido desenrolouse máis no medio campo.Co paso dos minutos fúmonos apoderando da pelota,e cunha maior actitude fixémonos co dominio do centro do campo.Tivemos un par de achegamentos que culminaron con dous disparos de Noé e Ivi no 70' e 71' respectivamente.Nesta fase anularamos en ataque òs focenses.Un disparo de David Potente no 73' plasmaba un dominio acuciante;faltaba a guinda do gol.No 76' , a mellor ocasión local da segunda foi un libre directo lonxano que lanzou Canario frouxo.Nos últimos intres ámbolos dous equipos acusaron o esforzo ,só quedou  pra salientar outra nova xogada polémica esta vez na área visitante,pois os locais reclamaron outro penal a seu prol.
            Pra semana agárdanos un xa todo un clásico na Medela ,entre dous equipos que ascendemos a Primeira Galicia o mesmo ano, aló polo 2010,O domingo 23 as 16:30 TABOADA CF -PASTORICENSE UD.
            Na Primeira Autonómica xuvenil outro derbi tradicional nos Chacotes ,sábado 22 CD PALAS-TABOADA CF

                                                                Crónica  El Progreso
                                                                               





 1 Bruzos 3 Brais 4 Bouso 5 Javi Chinchón 6 Dani Chinchón 8 Canario 9 Gonzalo 10 Hermida 18 Asier 20 Máquina 23 Jose
      2 Cayòn 11 Xiàn 12 Dani Chao 14 Nacho 24 Erik
Roi,Nico,Poyán,Jacobo,Pablo,Ibán
Ivi,Noé,Mosqui,Fabio,Marcos. 


David Potente,Emilio,Sesín,Andrés,Isma










































15/10/16
TABOADA CF 1-SD MONTERROSO 1

          Partido vibrante ,intenso e bonito o disputado hoxe na Medela no derbi de rivalidade comarcal.Despois duns minutos nos que levamos a iniciativa os visitantes adiantáronse no marcador cun bonito golde Gabi no minuto 13, no cal ,con Quim un pouco adiantado , picouna  dende vinte metros de tal xeito que se convertiu nun parábola imposible pro noso cancerbeiro.Co gol en contra xogamos un pouco a remolque e un tanto pricipitados.Con todo levamos a iniciativa e tivemos un par de oportunidades na primeira sobre todo cun disparo o pao.
         Xa na segunda mentres estivemos en igualdade numérica tamén tivemos outro par de achegamentos de perigo sobre todo un de Dani ,que non tivo sorte coa culminación  despois da sua boa incorporación.Logo da expulsión por doble cartón de Fede os visitantes levaron a iniciativa e despuxeron dunha boa ocasión cun disparo ó traveseiro.Non embargantes  no 74 ´e despois dunha boa acción combinativa local o balón caeu a posición de Diego López  que engachou unha perfecta volea que  cruzada entrou xunto a cepa do poste;un golazo.No restante  defendémonos con orde a pesar da superioridade ,con todo tiveron outro pao e grazas a duas grandes intervencións de Quim acadamos un merecido empate.
                                                                             


































09/10/16
TABOADA CF  2 -SD ANTAS 0


          Era o de hoxe un derbi especialmente bonito,un enfrontamento marcado por que  o destino quixo que os Guerreiro se viran cara a cara nun terreo de xogo,defendo camisolas diferentes,ademáis ámbolos dous titulares.O partido comezou dominado polos locais,que ademais do control do esférico poñian as ocasións,non nítidas,pero si rondando a meta de Pallares con insistencia.O màis notorio nos primeiros minutos foron dous disparos lonxanos de David Potente.e Fabio.Os visitantes ben pertrechados atrás chegaron por vez primeira no 30' cun disparo tamén lonxano de Guerreiro,sen atrancos pra Roi.Contestou Ivi cun disparo màis intencionado pero estivo Pallares atinado.No 35' un centro-chut de Costa levoulle complicacións a Roi ,non embargantes sacouno a córner,no cal o noso cancerbeiro lesionouse momentáneamente.Sin moito máis que reseñar rematou a primeira.
         A segunda comezou con moitos cambios por parte local,entraron Marcos,Alberto e Alex e cunha clarísima ocasión nosa,un  disparo contundente e colocado de Ivi que se estampa no pao.O decorado cambiu un pouco neste inicio,con màis precisión e velocidade nosa,pero o marcador non se movia.No 55' gran xogada trenzada entre Alberto,Marcos e Emilio que culmina con chut deste que rexeita Pallares con moitos atrancos.Un minuto despois outra boa combinación diseñada por Mos e Marcos que remachou Pablo moi arriba.No 62' un man a man entre Pallares e e Marcos resolveuno este cun disparo desde fora que aquel rexeitou a córner.Pra daquela o dominio local era abrumador.E no 65 ' ía tanto a cunca a fonte que Marcos que se estaba a convertir no màis incisivo serviu de revulsivo sacándose un preciso e precioso chut que entrou batendo antes no poste.1-0.O partido continuou polos mesmos derroteiros,sen visos dunha reacción visitante,e màis perto dun segundo gol local,que do empate.Pertiño do final no 88' xogadón de Alex que se foi como unha moto pra chegar a liña.de fondo e asistir a Moski que culminou cun disparo raso que batiu a Pallares.Foi un gol que facía algo màis de xustiza os méritos de uns e outros.
            A semana que entra xa  desprazarémonos a A Mariña,nun enfrontamento contra un dos híistóricos do fútbol provincial que non sen tempo volve onde cando menos merece estar ,e cun plantel que o converte nun dos favoritos o título,o domingo no Martinez Otero CD FOZ -TABOADA CF.

                                                                Crónica El Progreso                    
                                            Video resumo do encontro TELEVINTE
                                                                             


Roi,Nico,Pablo,Jony Guerreiro,Juanjo Potente,Ibán
Davd Potente,Fabio,Mosqui,Ivi,Emilio
 1 Pallares,2 Nando,3 Martin,4 Zhasky,5 David,6 Gallego,7 Felix,8 Noel,9 Mendez,10 Guerreiro,11 Costa
12 Carrera,14 Chin,15 Cumbraos,16 Anxo,17 Urdi

Noé,Alex,Marcos,Alberto,Isma,Emilio














































08/10/16
(XUVENILES)
SCD RESIDENCIA B 5 -TABOADA CF 1








































02/10/16
CD SAN CIPRIÁN 1-TABOADA CF 2


          Ainda non dera tempo a asentarse òs equipos no terreo de xogo ,cando unhas mans claras  na área local decretounas o colexiado como penalti.Protestáronas os locais por consideralas involuntarias. O encargado de lanzalo foi Diego Poyàn.no minuto 1.Os locais trataron de refacerse con prontitude.Pero duas contras nosas trenzadas entre Fabio e Mos trouxeron senllas ocasións nos pés de Ibàn e David Potente.Foron vibrantes e entretidos estes dez primeiros minutos.O que seguiu foi igual ,ocasiòns continuas e fútbol rapidísimo.Màis perigo levamos nòs;no 16' gran xogada de Moski por banda esquerda,pase da morte atràs pra Fabio,que disparou co porteiro batido,sacou Poceiro baixo paos.Un minuto despois intercambiáronse os papeis Fabio e Mos ,chutou este e despexou Cristiàn.No 19' inmellorable ocasión e disparo de Andresín que peta no longueiro.Non habia pausa.Excelentes estes primeiros minutos nosos.No 28 ' primeira gran ocasión local nos pes de Xesús desde cerca que despexa un espléndido Roi.Só un minuto despois un disparo cruzado de Borja Mella que volve salvar un atinado Roi.Foi un tramo de encontro no que apretaron os locais.Despois neutralizámolo facéndonos co control do balón .Pero no 42' unha contra local propiciou un man a man entre Mella e Roi no que de novo o noso gardameta saiu gañador.
            A segunda parte comezou màis insulsa que a primeira,màis xogo no medio campo,con menos desmarques de ruptura,en definitiva menos velocidade ,máis control e menos ocasións claras.Foi nunha xogada a balón parado no 62' cando o partido semellou inclinarse do noso lado.Ivi templou unha falta lateral na esquerda,despois dun primeiro remate de cabeza que despexou Cristian ,Poyàn atento remachou o fondo das redes.Recurtaron os locais no 83',noutra xogada a balón parado,esta vez nun còrner,que rematou Oscar cun fermoso testarazo .1-2.Os últimos minutos houbo que sufrir, e máis trala expulsión de Jacobo no 88'.A pesar disto tivemos ocasións de sentenciar.
             A semana que ven primeiro derbi comarcal da tempada na Medela ,o domingo 9 TABOADA CF -SD ANTAS
     
                                                              Crónica El Progreso
                                                                       
                                                                               
1 Cristiàn 2 Dani 3 Chiqui 4 Poceiro 5 Oscar 6 Xoel 7 Samuel 8 Antón 9 Miguel 10 Borja 11 Xesús
12 Fabiàn 13 Marco 14 Tommy 15 Gio 16 Diego

 Roi ,Fabri,Poyán,Nico,Juanjo,Ibán
Andrés,Mos, Fabio ,David Potente, Emi


Guerri,Ivi,Alex,Dieguiño,Jaco,Emilio













































TABOADA CF 1-SCD MILAGROSA 3

Crónica cortesía de Javi Diaz
      Comezou o partido na Medela co equipo visitante en constante ataque,chegando a portería numerosas veces ata que chegou o primeiro gol de Jony aproveitando un erro defensivo coa que a Mila se adinantou 0-1.O partido seguiu na mesma sintonía e nós gozamos de algunha ocasión.Se por exemplo Congui caza un erro do cancerbeiro visitante,houberamos acadado o empate.Pero nunha xogada desafortunada  Javi comete un penalti ,que os milagrositas non deixaron desaproveitar.Con isto chegamos ó descanso e a volta parecía que a nosa intensidade de xogo ía a máis ,e fíxonos concebir esperanzas .Pero  todo se veu o traste  cando o rival aproveitou unha das suas ocasións pra facelo terceiro tras unha falta clara a Quim( quen por certo fixo un partidazo).Finalmente o partido rematou cunha última acción de Javi no  90´ que disparou cruzado e acadou o gol da honra que  ademais serveu pra maquillar un pouco o resultado.


Corónica de La Voz de Galicia