
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF
30/04/17
TABOADA CF 0 -SD MONTERROSO 4
                                                                          
                                                                             
                                                                               
                                                                                     
 TABOADA CF 13 Isma 4 Pablo5 Alberto 16 David Montes 17 Emilio 18 Ivi 19 David Potente 20 Juanjo 21 Sesín 23 Fabio 24 Mosqui
                                                                        
                                                                                     
29/04/17
TABOADA CF 0-SPORTING PONTENOVA 1
Crónica El Progreso
23/04/17
SD CHANTADA B 1 -TABOADA CF 6
                                                                               
                                                                                
SD CHANTADA 1 Alex 2 Amis 3 Pablito 4 Marros 5 Diego 6 Isaac 7 Fornàs 8 Manuel 9 Manute 10 Xende 11 Mirás
Suplentes 12 Pisto 13 Hugo 14 Gonzalo 15 Victor 16 Christian
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 5 Alber 9 Noé 11 Poyàn 14 Ibàn 18 Ivi 19 David Potente 20'Juanjo 21 Sesín 24 Moski
Suplentes 7 Marcos 8 Nico 10 Jaco 13 Isma 17 Emilio
                                           
 22//04/ 17
Copa Xuvenil
TABOADA CF 1 -CD CORGO 5
16/04/17
TORNEO PROMESAS JOSE MANUEL ALVELO
Categoría xuvenil
resultados liguiña previa:
CARREIRA CF 1-TABOADA CF 2
AD VILA DO CORPUS 4-TABOADA CF 0
MARAVILLAS SD 1-TABOADA 1
cuartos de final :
CCD CURTIS 5-TABOADA CF 0
Crónica do Torneo
                                  
                                                          
                                                                                  
MARAVILLAS SD 1-TABOADA CF 1

CCD CURTIS 5-TABOADA CF 0
                                                                                 
SD PÁRAMO 1 Alex 3 Meixe 5 Corbelle 7 Dieguito 8 Pepe 10 Borjita 15 Rubén 16 Gayoso 20 Saúl 21 Hugo 22 Bolo
Suplentes ,4 Brais 9 Diego 14 Fontal 17 Omar 23 Elias
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 10 Jacobo 11 Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 20 Juanjo 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
Suplentes, 7 Marcos 9 Noé 14 Ibàn 15 Andrés 22 Joni Guerri
01/04/17
30/04/17
TABOADA CF 0 -SD MONTERROSO 4
    Comezou plácido o partido para os visitantes pois na primeira xogada de ataque e trás un saque de banda Lucas aproveitouse dunha falta de entendemento defensivo para facer o 0-1,min 2.Xogábanse moito eles,pois estan metidos na pugna polo ascenso nun man a man durísimo co Outeiro,e sairon enchufadísimos ,cunha forte presión por todo campo ;a xogada saiulles redonda. Case sen tempo nin para reaccionar ó primeiro gol un libre directo sobre a frontal no 11' lanzouno Fer ,desviouno Isma en primeira instancia pero repeleu contra pao esquerdo e entrou a carón  do dereito ,sen que Alberto, que o intentou ,dese chegado ,0-2.Nós tamén saimos  xogándonos moito,pois antes do inicio precisabamos un punto que nos garantise a salvación definitiva.Pero este segundo gol afondou o nerviosismo e a incomodidade local sobre o terreo de xogo(por certo  hoxe un tapete inmaculado ,semellaba unha alfombra  digna  do fútbol profesional),pola contra asentou o xogo visitante que templou o partido con máis cabeza e màis pausado,soupo controlar a SD moi ben os tempos co marcador a favor .No 25 'Isma interviu con un paradón a disparo de Fer.Quixemos reaccionar e no 28 ´ foille anulado un gol a David Potente por fora de xogo previo.A pesar de non subir o marcador este gol espoleou o ánimo local e fixoo crer nas suas posibilidades.Un gran pase de Sesín no 40' estivo a piques de ser aproveitado por Ivi,detivo David con acerto.Pouco despois outro disparo lonxano de Fabio foise lambendo pao esquerdo de David.Eran os nosos mellores minutos cunha presión máis  adiantada,estabamos a chegar moito.Non embargantes a última da primeira foi visitante logo  dun córner,picouna ben Oscar Méndez pero o balón foise arriba.
    A volta de vestiarios e con lixeiras variacións tácticas tentamos facernos co dominio do balón,pero quedamos expostos as perigosas contras monterrosinas.No 60' os locais reclamaron un penalti ó parecer moi claro sobre Diego Poyàn,que o colexiado non considerou tal.Ahí pareceu morrer o partido pois un Monterroso moi ordenado non fixo máis concesións atrás e o Taboada non encontrou vias de entrada nese entramado defensivo.O partido entrou nun dinámica negativa,semellaba ir a deriva,transcurriron moitos minutos moi monótonos,nos que non pasaba nada ,o que non era favorable os nosos intereses.Foi alén : nunha gran contra no 79' levada por Crespo acabou por cederlla a Hector que só tivo que empurrala.0-3.Era case a sentenza.Nos últimos minutos a pesar do marcador tan adverso tentamos inda buscala meta rival como equipo que nunca se rende e tivemos algunha ocasión máis.Unha de Jacobo nun franco directo que detivo David ;outra de Noé baixo paos que enviou fora;e voltamos a reclamar outro penalti seica moi nítido de David sobre Mosqui,pero que o colexiado tampouco considerou.Na última do encontro,no 93' outra contra visitante de Crespo ,inconmesurable o rapaz,con diferencia o mellor do partido,e que lla volveu ceder a un compañeiro esta vez a Loren que de novo só ten que empurrala 0-4.Xa non houbo nin saque de centro,así rematou.
       A mellor nova do día foi que pola combinación de resultados do resto da xornada o Taboada CF alónxase definivamente do perigo do descenso por os posibles arrastres de Preferente,ó quedar xa a máis de seis puntos porriba da quinta praza por abaixo ,xusto a que poderia marcar o descenso.Matizamos que polo de agora só descenden confirmados as tres últimas prazas.
     Xa cos deberes feitos afrontamos a penúltima xornada a semana que ven ,coa motivación de escalar algún posto na clasificación,nun novo desprazamento a Mariña ,o domingo AD VALADOURO-TABOADA CF.
Suplentes 9 Noé 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 22 Guerri.
 SD MONTERROSO 1 David 3 José 4 Porto 7 Melchor 8 Barrio 9 Lucas 14 Crespo 16 Iago 20 Hugo 23 Fer 29 Oscar Mendez
Suplentes 10 Loren 13 Frebas 15 Hector 17 Rafa 25 Adri
29/04/17
TABOADA CF 0-SPORTING PONTENOVA 1
    Non puido ser  ,a pesar de facer un dos mellores partidos da tempada e competir dun xeito extraordinario,os xuveniles caeron nos dezaseisavos de final  da copa :TABOADA CF 0-SPORTING PONTENOVA 1.A pesar de ter o dominio na posesión e as mellores ocasións  do partido, hoxe  a sorte  tampouco acompañou e un gol no treito final ,no 82´ estragou  a  ilusión dos pequenos .De tódolos xeitos hai que felicitar a todo este noviño e renovado plantel  por defender o escudo con orgullo , traballar arreo e tentar de facer fútbol bonito durante todo ano. A TODOS : GRAZAS POLA VOSA ENTREGA. 
23/04/17
SD CHANTADA B 1 -TABOADA CF 6
  Vistoso
 comezo de partido a pesar da calor abafante que recibiu os dous equipos
 no Sangoñedo.A pesar diso as primeiras ocasións non foron temperàs 
,sobre o 15' un disparo lonxano de David Potente detivoo Alex moi 
seguro.Case a continuación na outra area despois dunha contra levada por
 Miràs ,este habilita a Xende que no man a man con Roi marra ou màis ben
 atina Roi desvaratando o remate.O ritmo foise aplacando coa fogaxe pero
 ningún dos equipos perdía de vista a meta rival.O tramo final da 
primeira foi prolífico ,daquela vironse os mellores minutos e a 
efectividade.No 35' Ivi despois dunha xogada individual e un bó chut 
desde dentro da àrea acadou o 0 1.No 40' semellaba que se poñían as 
cousas moi de cara para os visitantes: a centro de Noé ,Moski remataba de
 cabeza o fondo das maias.Nada màis lonxe da realidade pois os locais 
reaccionaron pronto ,e Miràs despois dunha contra que arrincaba en 
posición duvidosa ,cando menos moi protestada polo Taboada;o caso foi 
que Miràs de disparo cruzado e despois de golpear o balón no poste 
acadou o 1-2 no 43'.Rematou así a primeira sen ningunha incidencia máis.
 
   No comezo da segunda reproduciuse un pouco final da primeira,un 
notable dominio por parte do Taboada  na posesión que estivo a piques de verse reflictido no 
marcador ,primeiro despois dunha gran xogada e nun balón que paseou pola área sen encontrar 
rematador.E case a continuación un disparo de Sesín o longueiro,era o 
56' .E tres despois penalti a prol do Taboada,protestaron o arrinque da 
xogada os locais por un posible fora de xogo.O penal claro lanzouno 
Ivi,1-3.O gol pesou como unha lousa  nos locais pois  non se deron recuoerado  e no 62' no lanzamento dunha falta lateral
 Ibàn aproveitou a descolocación local pra facer de cabeza o 1-4 .Neste 
tramo o Taboada desarboraba a defensa local cunha presión adiantada e 
moi abafante consecuencia e refrexo foi o quinto gol ,roubo de Moski no 
67' na frontal pra finalizar el mesmo.1-5.Xa foi moito o desequilibrio e
 apenas houbo encontro despois.Houbo tempo a ver un case golazo de 
Marcos que  colocou o  balón na escadra pero  petou no traveseiro ,o balón rexeitado recolleuno Sesín 
que cun chut seco e forte  fixo o 1-6,min 80. Xa non se viu máis ca o trancurrir dos minutos e o morrer do encontro.
     O fin de semana que ven novo derbi transcendental ,esta vez  na Medela .O o domingo TABOADA CF -SD MONTERROSO.
SD CHANTADA 1 Alex 2 Amis 3 Pablito 4 Marros 5 Diego 6 Isaac 7 Fornàs 8 Manuel 9 Manute 10 Xende 11 Mirás
Suplentes 12 Pisto 13 Hugo 14 Gonzalo 15 Victor 16 Christian
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 5 Alber 9 Noé 11 Poyàn 14 Ibàn 18 Ivi 19 David Potente 20'Juanjo 21 Sesín 24 Moski
Suplentes 7 Marcos 8 Nico 10 Jaco 13 Isma 17 Emilio
Copa Xuvenil
TABOADA CF 1 -CD CORGO 5
16/04/17
TORNEO PROMESAS JOSE MANUEL ALVELO
Categoría xuvenil
CARREIRA CF 1-TABOADA CF 2
AD VILA DO CORPUS 4-TABOADA CF 0
MARAVILLAS SD 1-TABOADA 1
cuartos de final :
CCD CURTIS 5-TABOADA CF 0
Crónica do Torneo
   De máis ca notable se pode calificar a a participación dos xuveniles no Torneo Promesas que se celebrou este fin de semana de Semana Santa nos campos de Cerdeiriños e que organizaba a SD Monterrroso.Os nosos chavales conseguiron pasar a primeira fase que era un obxetivo secundario anida que era o anhelo interno de cada un dos rapaces;o  obxectivo esencial era  a participación nun torneo destas caractérísticas por vez primeira; e a satisfacción ao respecto e plena:deporte ,diversión ,convivencia e competividade e deportividade a partes iguais.No torneo participaban 12 equipos de toda Galicia ,repartidos en tres grupos,os partidos de 40 minutos dun tempo único  sen descanso na primeira fase ,de dous tempos de 20 minutos con descanso en roldas posteriores.
    Os nosos comezaron a sua participación as 11:15 enfrontándose o Carreira CF, no que iba ser un partido chave para darnos o pase a seguinte rolda e no que tivemos que remontar o gol  inicial dos coruñeses con dous goles de Adri Ledo e Diego López ;foi un partido notable do Taboada CF. As 13:35 enfrontabámonos ó equipo de Ponteareas, AD Vila do Corpus  e no que pagamos moi caro un inicio malo,encaixando un gol no primeiro minuto e catro máis tarde  o segundo ,moi desubicados acabamos perdendo 4-0. Logo chegou a merenda xantar  en familia e en convivencia cos demáis equipos. As 16:30 encaramos o partido decisivo diante dun dos favoritos a priori a levarse o Torneo o Maravillas SD,un dos equipos con máis solera e con máis base  da cidade de A Coruña e que viña de gañar os dous partidos anteriores ,e diante deles realizamos o partido máis completo da competición :Comezamos adiantándonos cun  gran gol de Congui logo dun pase de Sergio.Tivemos controlado o partido ata o ecuador do mesmo; a falta de 15 ´ os coruñeses conquerian o empate cun gran lanzamento de tiro libre directo.A partir de entón e sabedores que o empate nos daba o pase como mellor terceiro resistimos numantinamente diante dun rival que neste tramo foi mellor.Sen tempo a descansar ,as 17.30  enfrontabámonos a CCD CURTIS nos cuartos de final,O esforzo do partido anterior no que perdemos a tres xogadores por lesións Chilín ,Coto e Xulían  ,e os demais con sobrecargas notables ,unido a superioridade dun rival moito máis traballado e fisicamente máis fresco fixo que tivesemos un moi mal arranque de partido e nos dez primeiros minutos encaixamos tres goles.ainda que tentamos presentar batalla ,os coruñeses con moito oficio e orde non deron opción ; nos últimos minutos acadaron dous máis contra un equipo xa exhausto pero que non merecia marcador tan abultado.
      Desde acó queríamos felicitar a SD Monterroso pola idea de sacar adiante este proxecto e pola excelente organización,así como agradecerlles a invitación para desfrutar deste día.
Tamén queriamos facer unha dedicatoria especial ,pois todo plantel quixo facer un bó papel e ofrecelo seu esforzo a Javi ,que era unha baixa máis ca determinante pois no último partido de liga sufriu unha grave lesión e maila todo quixo estar o lado do seu equipo,ao pé do cañon en tódolos partidos ;todos os goles levaban o seu nome ,e todo o clube ,corpo técnico,directiva e afeizón deséxanlle unha pronta recuperación.FORZA JAVI.
Tamén queriamos facer unha dedicatoria especial ,pois todo plantel quixo facer un bó papel e ofrecelo seu esforzo a Javi ,que era unha baixa máis ca determinante pois no último partido de liga sufriu unha grave lesión e maila todo quixo estar o lado do seu equipo,ao pé do cañon en tódolos partidos ;todos os goles levaban o seu nome ,e todo o clube ,corpo técnico,directiva e afeizón deséxanlle unha pronta recuperación.FORZA JAVI.
                                                                         Galería de Fotos
                              AD VILA DO CORPUS 4-TABOADA CF 0
MARAVILLAS SD 1-TABOADA CF 1
CCD CURTIS 5-TABOADA CF 0
09/04/17
TABOADA CF 3-SD BURELA 2
Suplentes 11 Diego Poyàn 15 Andresín 18 Ivi 20 Juanjo 21 Sesin
SD BURELA 13 Simón 14 Carry 18 Runy 7 Marcos 20 David 9 Jairo 3 Julio Cayón 21 Moreda 8 Anxel 24 Raúl 4 Pedro
Suplentes 1 Borja 22 Juan Pablo 6 Juanito 15 Diego Rivas 23 Alex
08/04/17
SCD SAN ROQUE 3-TABOADA CF 1
Crónica El Progreso
TABOADA CF 3-SD BURELA 2
     Espectacular
 comezo de encontro no cal nas duas primeiras chegadas de ámbalas duas 
escadras chegaron dous caracois.O primeiro no 4' incursión de Moski por 
banda esquerda que centra sobre a cal ,Noé anticipase a marca e 
cancerbeiro e co lateral  do borceguí empurra o fondo entre o poste  e Simón ,1-0.Na primeira chegada dos 
visitantes no 6' dispara Moreda cun tiro cruzado despexa Roi en primeira
 instancia,pero o rexeite moi atento Jairo só ten que empurrala.O 
partido estaba frenético,no 13´ nova ocasión local,primeiro David Potente
 e logo e especialmente Ibàn despuxeron de senllas inmellorables para 
anotar.No 15' magnífica combinación por banda dereita do Taboada que 
culmina cunha internada de David Montes que centra sobre a liña,Fabio 
deixa pasar e Noé por detràs remacha o fondo das maias,2-1.O partido 
estaba a ser precioso.No tramo que continuou fúmonos facendo co control e
 exhibimos dos mellores minutos da tempada cun xogo preciosista,moi 
combinativo e aportándolle gran ritmo e velocidade  ó encontro ,con moita 
chegada.Arredor da media hora tivemos ocasións moi claras de David 
Potente primeiro ,Noé despois con dous chuts os que respostou Simón con 
espectacularidade.No 37' un libre directo a noso prol puxoo Fabio na 
escadra onde topou as luvas atinadas de Simón de novo.O cancerbeiro 
estaba a ser o mellor dos mariñans.A pesar deste maior dominio chegouse o
 descanso co marcador reseñado. 
      A volta dos vestiarios reanudouse
 o encontro con maior equilibrio sobre o césped.Non estaba a acontecer 
nada pero nunha xogada illada no 56' un balón colgado en horizontal 
sobre a nosa àrea remachouno Jairo de cabeza o balón sobrepasou a Roi e 
caeu nos pés de Julio Cayón que empurrou libre de marca o fondo das 
maias.2-2.Fixenos despertar o seu gol e tratamos de volver levar a 
iniciativa,voltamos a chegar,tivemos novas ocasións ,de Noé,de Mos,un 
libre indirecto dentro da àrea  que lanzou Pablo con moito perigo e que se foi a 
córner.Todo isto antes de chegar o cuarto de hora postreiro.O afán de 
conquerir os tres puntos fixo que sometésemos os mariñans a un acoso 
continuo neste tramo final,que non se via concretado ,con ocasións 
infructuosas.Co reloxo marcando os 45,inda que con seis de engadido 
chegou a xogada do partido,falta sobre Moski sobre a frontal,libre 
directo;o encargado de lanzado Ivi,que voltaba a disputar uns minutos 
despois dunha nova lesión.Coa sua habitual clase encargouse de 
executalo maxistralmente,por toda a escadra dereita de Simón que nada puido facer.Non acabou aí o partido pois os visitantes votáronse a desesperada ó ataque ,o resultado éra pra eles máis ca media condena.Reclamaron nos últimos intres unhas máns na área local,que non trouxeron repercusión ,o colexiado  ou non apreciu voluntariadade ou nin considerou que as houbese.Desde a nosa posición non puidemos nin ver a acción.Foi a xogada de maior transcendencia do desconto .Sin tempo pra máis así rematou.Coa permanencia non conquerida matemáticamente pero cada vez máis cerca.
A semana que ven,outro dó transcendental ,senón xa definitivo ,nun novo derbi de rivalidade ,esta vez a domicilio: SD CHANTADA B-TABOADA CF.
Crónica El Progreso
                                                                        
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 5 Alberto 8 Nico 9 Noé 14 Ibàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 23 Fabio 24 Moski A semana que ven,outro dó transcendental ,senón xa definitivo ,nun novo derbi de rivalidade ,esta vez a domicilio: SD CHANTADA B-TABOADA CF.
Crónica El Progreso
Suplentes 11 Diego Poyàn 15 Andresín 18 Ivi 20 Juanjo 21 Sesin
SD BURELA 13 Simón 14 Carry 18 Runy 7 Marcos 20 David 9 Jairo 3 Julio Cayón 21 Moreda 8 Anxel 24 Raúl 4 Pedro
Suplentes 1 Borja 22 Juan Pablo 6 Juanito 15 Diego Rivas 23 Alex
08/04/17
SCD SAN ROQUE 3-TABOADA CF 1
Crónica El Progreso
02/ 01/17
SD O PÁRAMO 2 -TABOADA CF 0
   Partido
 dos chamados decisivos,no cal de gañar os visitantes poñerianse con 39 e
 verían case conquerida a salvación,de ganar os locais comprimiríase a 
clasificación e igualaríannos en puntuación na táboa.Por ende empezou o encontro 
cos dous equipos poñendo toda carne na grella ,véndose uns primeiros 
minutos intensísimos,con continuas idas e vidas.Tivoa Moski primeiro 
nunha ràpida incursión pero non conectou con acerto.Despois no 15' 
inmellorable ocasión local ,noutra internada por banda dereita de 
Dieguito que acabou por centrar ao punto penal,desde ali rematou Hugo ó 
pao.Non había un dominador claro ,o balón movíase dun área a outra con 
rápidas transiccións,e a penas se disputaba o balón no medio campo.Co 
paso dos minutos o ritmo de partido foi perdendo en intensidade ,tamén 
en canto a ocasións se refire pasaron menos apuros os gardamaias.No último tramo da primeira parte sò foi 
reseñable unha ocasión de Dieguito que regateu a Roi ,e disparou con dificultade 
caéndose,a ocasión desvaratouna Pablo baixo paos; xa se cumpliran os 45 primeiros e
 case coincide co chifrido final. 
  A primeira do segundo tempo foi
 nosa,no 47' un libre directo que lanzou Fabio e desviou Alex xunto a 
cepa do poste.Contestou Corbelle cun disparo moi ben dirixido a escadra 
esquerda de Roi.No 60' boa xogada local na que o balón chega a Pepe 
escorado sobre a frontal e engatilla un dereitazo que entra a media 
altura como un obus.1-0.O gol fixo medrar os locais que xogaron con màis
 tranquilidade a partires de entón e chegaron màis ca nós neste tramo.A 
nós custounos reaccionar e penalizounos ;asi no 74' os locais 
aproveitaron unha excelente contra de Pepe que asistiu a Corbelle que se
 orientou pra batir a Roi na saida,2-0.Houbo unha tímida reacción 
visitante no treito final pero os parameses tiñan o partido moi 
controlado e non tivemos opcións. 
Suplentes ,4 Brais 9 Diego 14 Fontal 17 Omar 23 Elias
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 10 Jacobo 11 Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 20 Juanjo 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
Suplentes, 7 Marcos 9 Noé 14 Ibàn 15 Andrés 22 Joni Guerri
01/04/17



















No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.