TABOADA CF 5-PORTOMARIN CF 3
Taboada CF:Rios,Roi,Guerreiro,Pablo,Damián,Ibán,Alex,Emilio,Alberto,Nico,Marcos
Portomarín CF
Marcos Feás,Andresiño,Isma,Victor,Rubén Moscoso
Derbi comarcal atípico no que os ataques impuxéronse ás defensas e onde a nosa capacidade ofensiva acabou dominando no segundo tempo e permítenos continuar nunha gran liña , na cal conquerimos 22 dos últimos 24 puntos en xogo, e seguir na zona alta da táboa .No primeiro tempo ámbolos dous equipos estiveron a un nivel parello e plantexando un futbol similar índose o ataque ,e nesta liorta golpeu primeiro o Portomarin á saida dun córner nun certeiro remate de cabeza adiantábase por primeira vez no min. 21 ;os nosos non se daban feito co mando do encontro ,pero pouco a pouco empezaron a chegalas ocasións ainda que ningunha que poidamos decir clara ,ata que nunha gran xogada de Marcos,que volvia a titularidade logo da suá lesión , este define con contundencia fusilando o porteiro rival os 40´ .A partir de acó o equipo gañou confianza e volveu a liña dos últimos partidos,Emilio quixo dar un plus ofensivo e o cuarto de hora do segundo tempo mete no campo a Rubén Moscoso primeiro ,e logo o Andresiño ;ainda que xusto nestas, no 67´, o Portomarín combina ben nunha xogada de ataque e encóntrase cun erro defensivo do Taboada e o balón entra mansamente nas redes .Este contratempo non nos arredou e non tardamos 4 minutos en darlle a volta o marcador,primeiro no 69´ nunha magnífica internada de Moscoso que asiste a Andresiño que marca a pracer, e no min .71 Guerreiro dun gran zurdazo desde fora da área que se cola pola escadra,un golazo.Esto deixou un pouco tocado ó rival que quedou ainda mais noqueado 4´ máis tarde cando un Mosqui recén recuperado pero enorme, se vai como un foguete e define cunha extraordinaria vaselina,outro golazo destos que soen aparecer na Medela e que nos estan malacostumbrando a ver arte de futbol.Xogada que repite de novo 7´ despois ,no 80´,despois dunha falta sacada maxistralmente por Guerreiro sacada en globo pra Mosqui e esta vez Rubén define fusilando por abaixo e logra o 5-2( ver imaxes de Televinte). Cando o partido parecía xa decidido ,e poidendo acadar 2 goles claros máis ,ocasións erradas ó fín, o Porto resolve ben unha xogada na nosa área e acada o 5-3; viñeronse os seus xogadores arriba e puido incluso recurtar mais a nosa renda, xa no desconto, pero tivo Roi unha gran intervención.
SD O PÁRAMO 2-TABOADA CF 2
SD O PÁRAMO
TABOADA CF de pé: Nico,Pablo,Guerreiro,Poyán,Roi,Rios,Iban
anicados: Alex,Marcos,Alberto,Andresín.
Mosqui,Txiqui,Manu,Fabri,Isma ,Emi
Nova medelona branquiazul nas Rapadas.
SCD RESIDENCIA 1-TABOADA CF 1
A Cheda
Scd Residencia
Taboada CF de pe: Poyán,Guerreiro,Pablo,Roi,Rios,Iban
anicados: Fabri,Marcos,Alber,Mosqui,Nico
Victor,Txiqui,Marcos Feás,Manu,Damián
Partido emocionante pero pouco vistoso o disputado na capital lucense,no cal deixamos escapar dous puntos a pouco de rematar o partido.Comezamos o encontro na liña dos últimos encontros ,que nos leva a continuar nesta gran xeira de resultados nos que non coñecemos a derrota.Empezamos presionando moi forte arriba e pronto obtivemos recompensa pois no min. 6 dun balón roubado arriba que chegou a Rios iste resolveu dun fermosa vaselina e acadou o 0-1.A partir de acó controlamos moi ben ós locais durante o primeiro tempo e puxémolos en serios apretos en algún contragolpe.No segundo tempo continuamos con esta tónica a meirande parte desta continuación pero fumos caendo instintivamente nun perigoso conservadurismo ainda que non pasabamos apuros .E así nunha xogada sen aparente perigo o balón caeu nos pés de Oscar Pol que fusilou a Roi perto da área pequena cando faltaban cinco minutos para rematalo encontro, e de acó ó final foi un querer e non poder ,e rematamos coas táboas no marcador e chegamos o parón navideño entre os cinco primeiros culminando un ano macanudo e único por extraordinario para o noso clube.