sábado, 4 de marzo de 2017

marzo












                                                                   

 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF

25/03/16
TABOADA CF 0-SCD RESIDENCIA 2

      Encontro interesantísimo no que os capitalinos se xogaban un ascenso màis ca merecido a Preferente a falta de nove xornadas.Ainda que non nos xogabamos tanto saimos convencidos buscando unha victoria de prestixio.Metémonos moi pronto no encontro cunha inmellorable ocasión de Poyán e un disparo lonxano de David Potente axustado ó longueiro.Todo elo antes dos dous minutos.Sacudiuse a Resi do incial dominio local,e logo viñeron uns minutos de equilibrio.Pero nunha contra rapidísima no 13' Roberto conduciu desde  a medular e  encarou e batiu a Roi ,que lle saia o paso, cun disparo  cruzado desde a frontal  ,0-1.No 18´ puido igualar Fabio en xogada persoal pero Bravos fixo unha parada espectacular.Igual de atinado estivo Roi dous minutos despois a disparo de Sito.No 27' Noé conectou un bó chut pero foise alto.No 29' nun córner a prol noso ,David Montes tivoa ,o seu remate de cabeza foise lambendo o pao.Estabamos a dominar,pero perdoando en exceso e a Resi amosaba moita rapidez nas contras ainda sen levar perigo real.Sin outro particular que reseñar  chegouse o descanso.
      A volta de vestiarios o partido voltou aos mesmos sendeiros.Certo dominio na posesión local e perigo na velocidade  das transiccións visitantes.No 55' grandisima asistencia de Nico a Poyàn que quedou en posición inmellorable pero este  perdonou o empate.Despois o partido voltouse moi vistoso con transiccións continuas cos dous equipos moi abertos e buscando o gol.Tivoa a Resi nunha ocasiòn máis ca marrada por Rasilla  foi desvaratada con unha parada de moito mérito de Roi.Co paso dos minutos fumos embotellando atrás aos visitantes que acabaron por fialo  exclusivamente a contras illadas ,ó deixar o Taboada máis espazo atrás.Con todo e a pesares da insistencia non dabamos encontrado camiños ó gol.Porriba ,como un  xarro de auga fría ,chegou a sentenza difinitiva a falla de un minuto para o final,co equipo local volcado ó ataque unha nova contra visitante e  perda de balón atrás tras un intento de despexe fallido do que se soubo aproveitar Dieguito que despois de desfacerse de Roi só tivo que empurrala ó fondo das maias.Non facía moita xustiza o resultado os nosos méritos ,pero tampouco se lle poden quitar ó rival ,sobre todo pola sua traxectoría perante toda a tempada,tan só duas derrotas en 28 xornadas,unha delas precisamente diante nosa na Cheda,e por iso agora se lle pode dar máis valor .Despois a festa xa non foi nosa,celebrouna a  Scd Residencia  que finalmente se facía co ansiado ascenso a Preferente na Medela.
         A semana que ven un encontro moito máis decisivo ,nun novo desprazamento ,desta volta  en As Rapadas ,alí enfrontáremonos SD O PÁRAMO-TABOADA CF.
                             
                                                         Crónica El Progreso
                                                                     

                                                                                  





TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 5 Alberto 8 Nico 9 Noé 11 Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 21 Sesín 23 Fabio
Suplentes 10 Jacobo 14 Ibàn 15 Andresín 20 Juanjo 22 Guerri.
SCD RESIDENCIA 1 Diego Bravos 2 Sergio 3 Otero 4 Toro 5 Adrian 6 Raposo 7 Borja Rasilla 8Sito 9 Robertito 10 Dani Galàn 11 Dieguito
Suplentes 12 Nando 14 Simón 15 Rober








































25/03/17
TABOADA CF 1-SD MONTERROSO 2
Crónica El Progreso

















19 /03/17
AD BÓVEDA CF 1-TABOADA CF 2

  Era un partido no que  se prevía o sufremento,o terreo de xogo moi irregular non deixaba combinar nin a normal circulación do balón.Os locais máis adaptados e cun xogo máis horizontal chegaban con certa asiduidade nos primeiros intres.Os 12' nunha contra ràpida de Caio facíase co balón e asistia a Armesto que sobre a frontal chutaba a porta, a pelota botaba na traxectoria antes da estirada de Roi e sorprendiao,entrando ó fondo das redes,1-0.Desenrolábase o partido nas pautas da pugna e un xogo no que imperaba o físico.Ainda que os locais xogaban máis còmodos nesta situación,nos ofrecemos rendemento tamén na loita.Fúmonos arriba tamén,e verdade que  cun xogo menos habitual, pero que nos resultou  igualmente eficaz,ao borde da media hora,no 26' unha falta lateral foi rematada en primeira instancia  por David Potente,o rexeite do defensor recolleuno Pablo que entraba coma un obús e fusilou a Macía,1-1.O partido neste treito final da primeira xogouse ó limite,e nas derradeiras xogadas se cabe bronco,pero sin nada màis salientable que reseñar.
  O segundo tempo comezou con algo máis de tranquilidade e pausa.Pero seguia a ser pouco vistoso.Emotivo si.As ocasións seguian vindo en balóns parados.Corria o 65' e ainda non se poidera ver un disparo entre os tres paos.O groso do encontro disputabase no medio campo.Foi no 68' o máis destacado un disparo lonxano do local  Arias que sacou a córner Roi.Dous despois outro disparo escorado de Emilio detivoo Macia sin problemas.Semellaba que se desataban as hostilidades de novo neste tramo final.Fabio tivoa no 75' con Macia adiantado cun disparo que quixo picarlle pero saiulle rasiña e desviada en exceso.No 86' tivo lugar o  gran momento do partido,e na mellor xogada do encontro ,Mos recupera un balón en defensa percorrese toda banda dereita ,sobre a frontal sacase un chut impresionante e clavaa por toda escadra esquerda de Macia.Un golazo dos que en categorías superiores se di que só por el merece a pena pagar unha entrada  e que  finalmente ademais serviu pra decidir o choque.Sin dudalo un dos goles da tempada.Ademais os tres puntos servennos  pra marcar distancia con respecto ós cinco últimos postos ,pois ningún conqueriu gañar,e así deixamos  ao decimocuarto ,o quinto por a cola, a 9 puntos, dito chanzo  é o que pode marcar o descenso por arrastres de Preferente.
   A semana que ven en partido adiantado a xornada do domingo,enfrontámonos na Medela ó líder destacado da categoría ,o sábado 25  : TABOADA CF -SCD RESIDENCIA.
                                                             Crónica el Progreso
                                                                         
                 
                                                                             






AD BÓVEDA 1 Macia 2 Miguel 3 Murtha 4 Marcos 5 Diego 6 Caio 7 Lucas 8 Arias 9 Armesto 10 Iago 11 Julio
Suplentes 12 Roi 14 Fernandes 15 Irvin 16 Henrique 17 Lai
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 8 Nico 9 Noé 10 Jacobo 11 Diego Poyàn 14 Ibán 18 Ivi 19 David Potente 21 Sesín 24 Moski
Suplentes 15 Andrés 16 David Montes 17 Emilio 22 Guerri 23 Fabio.





















































18/03/17
SD CHANTADA 4-TABOADA CF 3
Copa Xuvenil











11/03/17
TABOADA CF 4-CHANTADA ATLÉTICO 2

     Derbi de urxencias que se viu reflectido desde os primeiros  intres,con dous equipos buscando o marco rival con insistencia,polo que se estaba a ver un partido moi aberto e vistoso.A primeira ocasión foi local cun disparo axustado de Emilio.Contestou o Atlético cun disparo dun adiantado Lois que se espetou no longueiro con violencia.Antes dos quince contratempo local, tivose que retirar un desafortunado  Marcos coas lesións,esta vez por un pinchazo muscular,pero que lle impediu continuar.Na xogada seguinte a sua retirada no 15' golpe franco favorable os locais ,sobre a frontal,que foi executado de xeito maxistral por Fabio,entrou por toda a escadra,golazo.1-0.Puido ter continuidade este gol logo dunha xogada por banda dereita e remate de testa de David Montes.Os chantadinos repuxeronse de seguida e Adri no 24 ' e en xogada individual e tras driblar a Pablo e en posición inmellorable disparou desviado.No 31' gran xogada combinativa levada por Mosqui ,que asiste a Noé que se coloca o balón e bate a Alex Moure,outro enorme gol.No 35 'contestou o Chantada Atl. gran xogada por banda esquerda de Dani,que asistiu a Adri que se desfixo de Pabloe logo  só tivo que empurrala,gran gol tamén2-1.Igualouse  tralo gol o partido  ,xa de por si parello,moito máis neste tramo final da primeira.Non houbo nada salientable en canto a ocasións nestes últimos minutos.
     O segundo período comezou algo màis trabado e máis caótico ca vistoso,non por iso menos entretido,emotivo foi ata o final.As ocasións fixeronse de pregar,algún balón parado ou faltas laterais,pero cero disparos entre os tres paos.O xogo desenrolábase no medio campo onde os dous equipos despregaban unha grande pelexa.Rompeuse esta dinàmica tras unha falta sobre Adri na frontal, no 65' encargouse do lanzamento Tapi,que cun espléndido chut alcanzou a igualada 2-2'.O gol asentou moito o xogo dos visitantes que se fixeron co control e chegaban con màis perigo.Revertiuse a situación no último cuarto,onde os locais se fixeron coa situación,e así no 80 unha contra fulgurante levada por David Montes concluiuna cun centro sobre o balcón do área donde Ivi que levaba un minuto sobre o campo e despois de regresar dunha longa lesión,controlaba e no man a man co seu amigo Alex Moure resolvia pra facer o 3-2. A melloria local fíxose máis notoria nos minutos que quedaban,onde non pasaron apuros e poideron incrementala vantaxe,namentras aos visitantes  pesaballes coma unha lousa ise terceiro gol .Así as cousas  no 88' a saida dun còrner e tras unha serie de rexeites Mosqui foi o màis listo e acadou coa testa o 4-2,un gol importantísimo pois fainos gañar o gol average particular ;polo que a victoria inda que  en realidade foi de tres  puntiños, a fin de contas  vale catro puntazos.
     A semana que ven outro derbi de rivalidade comarcal  de dous planteis  moi igualados tamén na clasificación ,no Irmáns Somoza AD BÒVEDA CF -TABOADA CF. 
                                                          Crónica El Progreso
                                                                   










TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 7 Marcos 10 Jacobo 14 Ibàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 20 Juanjo 23 Fabio 24 Mosqui
8 Nico 9 Noé 11 Diego Poyàn 18 Ivi 23 Sesín

CHANTADA ATL. 1 Alex Moure 2 Sergi 3 Josiño 4 Aitor 5 Lois 6 Susiño 7 Samu 8 Dani 9 Adri 10 Tapitas 11 Saul
12 Mejuto 13 Rays 14 Chekraoui 15 Fran


























































 11/03/17
TABOADA CF 0-ADC SAGRADO CORAZÓN 2
Copa Xuvenil















05/03/17
PASTORICENSE UD   3-TABOADA CF  2

   Nun inicio de partido brilante no que os dous equipos buscaban porta asiduamente,con velocidade nas transicións ;máis directos os locais ,con algo máis de combinación os visitantes.Foron este últimos quenes golpearon primeiro ,no 16' unha excelente transicción levada por Jaco e Noé ,asistiu este en última instancia cun pase da morte atràs a Poyàn ,que se ten que virar pra acomodarse o balón e batir a Casillas coa sua clase habitual 0-1.Maila pornos por diante, os noventa no Acebreiro son moi longos,e os locais feridos non deixaban de apretar inda sabendo que quedaba moito.Nós tamén continuamos respetando o noso credo ,sen perder de vista a porteria.Sobre a media hora no 31' os locais toparon o seu premio nunha falta lateral ,no tumulto da área Rico foi o que màis se elevou e prolongou co seu testarazo ó fondo das maias ,1-1.Estaba o partido vivísimo e dous màis tarde Poyàn tras un xogadón persoal estivo a piques de marcar,o balón foise rabuñando o pao esquerdo de Casillas.Pero os locais andiveron moito máis listos e no 38' Iñaki aproveitouse dun erro defensivo pra batir a Roi no man a man.Non eramos merecentes do marcador adverso ,pero os locais fóronse o descanso volteando o marcador.
   No comezo da segunda voltamos con descaro polo partido,moi metidos arriba.Aos dous minutos excelente xogada de Noé pola dereita ,que culmina cunha fenomenal asistencia a Poyàn que en posición inmellorable perdonou o empate cun remate que se foi porriba do longueiro.Os locais tamén despoñian dunha boa opción ,nun remate en plancha de Farra a saida dun córner,no 55'.No 57 ' un gran centro de Fabio non foi aproveitado por Poyàn por milímetros .E na transición local no 59' unha gran xogada por banda dereita cun centro o punto de penal foi rematado alí por Iñaki de xeito acrobàtico,3-1.Este gol desquiciunos momentáneamente;cos cambios tentamos darlle un novo brio ao noso xogo,e expuxémonos as contras locais;nunha delas pudo sentenciar Farra,que na resolución enviouna moi arriba.Os nosos riscos trouxeronnos como premio un penalti claro sobre Emilio no 75',que se encargou de tranformar Fabio.3-2.Este gol voltou meternos de cheo no partido e no último cuarto queimamos as naves na procura do empate.A pesar da incisión faltounos un chisco de tino e fortuna e o marcador mantívose inamovible.
   A semana que ven outro derbi que se antolla decisivo pra non pasar apuros TABOADA CF-CHANTADA ATL.
                                                                  Crónica El Progreso
                                                                             



                                                                               

 UD PASTORICENSE 13 Casillas 3 Raúl 5 Carlos 9 Farra 12 Saavedra 19 Penelas 21 Iñaki 22 Dani 23 Pirata 24 Iago 25 Rico
Suplentes 7 Manoliño 8 Kanuto 10 Ivan Garcia 11 Rey 16 Rubén
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 5 Alberto 9 Noé 10 Jacobo 11 Diego Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 20 Juanjo 21 Sesín 23 Fabio
Suplentes 7 Marcos 14 Ibàn 15 Andrés 22 Guerri 24 Mosqui















































04/03/17
Copa xuvenil
SD OUTEIRO DE REI  7-TABOADA CF 0