sábado, 6 de mayo de 2017

maio











                                                               

 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
      
                                                                               28/05/17
                                                                      Copa Deputación
                                             TABOADA CF 2-CHANTADA ATLÉTICO 2
                                               (pasa o Taboada CF nos penaltis)
         Nun dia no que o fútbol volveunos amosar o que significa o Taboada CF e como se construe un equipo en base a  dous pilares: por un lado  co cariño e devoción por unhas cores  e por outro con sufremento e traballo;poidemolo comprobar na Asamblea Xeral de socios pola maña e sobre o verde da Medela pola tarde.
         Nos prolegómenos do encontro vivíronse intres de fonda emoción ,primeiro toda a plantilla do Taboada quixo homenaxear a directiva sainte do Taboada CF  despois de case vinte anos e o que foi o seu guía e formador durante os últimos quince Emilio García .Despois noutro sentido minuto de silencio polo tráxico pasamento da filla dun home de fútbol,Suso Naseiro,dun compañeiro que ten traballado arreo polo fútbol do seu povo,Santaballa.Desde o Taboada CF únimonos a dor de toda familia do CD Santaballés.
     Cinguíndonos xa o extrictamente deportivo e metidos  desde o primeiro minuto poidemos contemplar un   vibrante e precioso comezo dun primeiro partido copeiro no que os dous conxuntos sairon a morte desde o pitido inicial.Adiantáronse os visitantes,moi pronto, aos tres minutos no que Adri estivo moi vivo para recoller un balón tras un rexeite de Roi,e moi áxil pra case sen ángulo batilo.Os 7' Ivi xa tivo unha gran ocasión pra facelo empate nun claro man a man con seu amigo Alex que este solventou cun paradón.Os 20 minutos claro penalti sobre Mos que executou Pablo con suspense pois o balón petou no poste antes de entrar.Podedes contemplar o lanzamento no video que vos deixamos abaixo,inda que ladeando a cabeza,pois gravamolo lateralmente.
      O partido esta a resultar vistosisimo con continuas idas e vidas e moito fútbol de ataque.Dentro da primeira media hora Fabio por parte local tivo outra en posición inmellorable,e Dani Delgado cun disparo desde a frontal que petou nun defensor local e logo no longueiro,foi outra notable ocasión.Ningún equipo afroxaba na recta final da primeira metade.Os locais apretaron e nun último arreón conseguiron darlle a volta o marcador a saida dun còrner,Iban con un contundente e certeiro remate de cabeza o segundo pao.Puxo o 2-1 no minuto 42'.Así rematou a primeira.
    A segunda metade voltou comezar cun alto voltaxe,ocasións nas duas áreas e os visitantes moi volcados tiveron as màis claras con dous màns a mans de Adri e Khedira con Roi,solventou ben este,e non semellaba renquear polos seus problemas de espalda,pois xogou dolorido desde o inicio.Os locais foron facendose co control e mantiñanse moi ordeados xogando co marcador a prol.Tivemos logo duas grandes ocasións nas botas de Diego Poyàn ,primeiro cun balón ò longueiro e logo con un gol anulado por fora de xogo previo de David Potente.Cando o partido parecia afrouxar un pouco o ritmo producto da enorme intensidade coa que se levaban empregado Adri a falta de dez minutos tivo unha gran ocasión para o Atlético que resolveu Roi cun paradón .Foi un aviso,cando o partido agonizaba no 90' e despois dunha falta sobre a fontal Dani cun lanzamento maxistral anotou o 2-2.que condenaba a eliminatoria a resolverse desde o punto de penalti.
     Na lotería que significaron os penales poidemos presenciar unha interminable e taquicárdica tanda na que tiveron que lanzar os 22  homes que remataron o partido.A gran nova foi que a sorte sorriu o Taboada CF que venceu na tanda 10-9.A peor noticia e que foi a noso gran amigo Alex Moure a quen Roi lle  detivo o penalti decisivo,e que finalmente nos deu o pase.Desde acó lle transmitimos a Alex todo o agarimo.
   
       A semana que ven teremos aa posibilidade de afrontar outra nova eliminatoria ,de novo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
          Un último aviso .debido a que hoxe temos moito material fotográfico,imposible de seleccionar hoxe ,maña continuaremos subindo fotos.Estade atentos.

                                                                             
                                                                               
 Conmovedor o homenaxe que todo plantel quixo facerlle a directiva sainte do Taboada CF,e o seu eterno adestrador Emilio García.

               Simbólico traspaso de poderes .Entra como novo presidente do Taboada CF Jose Manuel Montes e vaise unha lenda viva do clube  e o mellor amigo imaxinable Marcos Vázquez.
                                                                                 
                                                                               
 TABOADA CF 1 ROI 4 PABLO 10 JACOBO 11 POYÀN 14 IBÀN 18 IVI 19 DAVID POTENTE 20 JUANJO 21 SESÍN 23 FABIO 24 MOSKI
SUPLENTES 5 ALBER 10 NOÉ 15 ANDRÉS 17 EMILIO 22 GUERRI
 CHANTADA ATL. 1 ALEX MOURE 2MIGUEL 3 JOSIÑO 4 AITOR 5 SERGI 6 SUSIÑO 7 ADRI 8 DANI 9 CHERQAOUI 10 SAUL 11 KEDHIRA
SUPLENTES 12 SAMU 14 FRAN

                                                                                     


        Impresionante minuto de silencio na memoria da filla do presidente do CD Santaballés ,o noso último rival na liga



                                                                                   


                                                                                 

 
                                                                             



































































                                                             

                                                                             14/05/17

                                                    TABOADA CF 1-CD SANTABALLÉS 2

      Non foi a mellor despedida pra rematar a tempada ,tampouco a máis xusta pois o equipo honrouse a si mesmo competindo ata o derradeiro intre pero finalmente non puido conquerir os tres puntos que nos houbesen levado máis aló da decimosegunda praza que foi a que ó fin acabamos por ocupar.Cando menos cumprimos folgadamente cos obxetivos marcados e mantivemos a categoría nunha xeira inédita na historia do clube que ás claras  poideramola considerar  a era de maior  gloria e logros deportivos ,de unha xeración ou duas de futbolistas que chegaron onde naide antes puido chegar.Son grandes no persoal e no deportivo ,asi o levan amosando entreno a entreno,xornada a xornada,tempada tras tempada.Só o tempo os fara  inesquencibles.  

   Cínguínos o partido de hoxe   comezaron os visitantes màis enchufados e cunha presión màis adiantada ,froito diso topáronse cun gran gol de Verez despois dunha xogada individual os 8' chutou sobre a frontal e o gol entrou por toda a escadra1-0.Pouco a pouco fumos reaccionando tentando moito a combinación,inda que faltaba trenzar xogadas máis longas e transiccións un chisco máis rápidas.Despois viuse un encontro con moita disputa e intensidade,pero sen moita ocasión de gol .No 40' tivemos unha moi clara despois dun gran pase de Guerri para Noé este disparou cruzado e foise por pouco.Xa chegamos así o descanso destacando porriba de todo a brega e entrega dos dous equipos nun choque sen transcendencia clasificatoria,e de loar es loita sublime.

    O segundo tempo comezou tamén moi competido,ainda que  no inicio escaseaban as ocasións.Na primeira delas despois dun gran control fíxose con ela Noé  e logo dun gran xesto revolvéndose sobre a frontal  enganchou un chut enorme e axustado a cepa do poste,diante do cal un impecable Adrián nada puido facer 1-1.Despois víronse os mellores minutos locais na sua versión màis recoñecible.A pesar da insistencia ,sobretodo no tramo final, unha perda de balón en defensa aproveitouna Novás para encarar porteria sendo derrubado por David Montes dentro da área,o penal transformou o propio Novàs de xeito máis ca belo superando a Roi  cun balón picado e o centro,era o 84'.Co bico refucido afrontamos o pouco que quedaba pra envorcarnos no gol da igualada ,non deu chegado.

        A semana que ven será de descanso e emprazámosvos  agora para o primeiro encontro da Copa Deputación que se celebrará o 28 de maio na Medela :TABOADA CF CHANTADA ATLÉTICO.
              
                                                                               






     

TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 9 Noé 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 16 David Montes 18 Ivi 20 Juanjo 22 Jony 23 Fabio
Suplentes 2 Fabricio 7 Marcos 17 Emilio 19 David Potente 21 Sesín.

CD SANTABALLÉS 1 Adriàn 2 Chechu 3Nito 4 Ferreiro 5 Seo 6 Bouza 7 Palomo 8 Alfonso 9Yago 10 Chisco 11 Verez
Suplentes 12 Neska 13 Pablo 14 Nico 15 Novàs 16 Martín








                                                                                 













































                                                                                











                                                                          07/07/17
                                                    AD VALADOURO 4-TABOADA CF 2

   Penúltimo partido da tempada,e último desprazamento da mesma nunha preciosa tarde na que se enfrontaban dous equipos cos deberes feitos e no que non se xogaba nada a efectos da clasificación,màis ca mellorar postos e a honriña de gañar.Sen presiòn comezaron os dous moi abertos,tentando xogar un bó fútbol e tamén disputando moito o balón.No 15' contra levada por Luis Varela que centrou a área rechazou Isma de primeiras o rexeite recolleuno Manolo e fusilou o 1-0.Contestou pronto o Taboada ,logo dunha falta na medular na que quedou mandado e sangando Moski,sacouna Jaco,e tras unha serie de rexeites Nico foi o máis listo e revolvéndose na área batiu a Hugo Xoyma,1-1.Nuns minutos tolos,nos que Mos ainda non se recuperara ,os locais aproveitaron os ocos,e nunha boa xogada de Celes con centro á área Manolo remachou ó fondo das maias co peito,enorme recurso,no min .24 ,2-1..O partido estaba a ser chulísimo .No 30' xogadón de Mos que se vai como Butragueño contra o Cádiz,topouse cun inmenso Hugo Xoyma que cun paradón espectacular ,privounos dun golazo extratosférico.Foi xogada previa a lesión do propio Mos tras duas duras entradas,na subseguinte  carreira rompeu.Nestes minutos estabamos a dominar con continuas chegadas .No 45' noutra contra local Manolo o rei da área pequena e despois de dous rexeites fixo o 3-1.Foi  pouco xusto o fútbol con nós e premiou  o acerto dos locais  ,grande a  sua eficacia,tres chegadas tres goles. Xa non deu tempo a màis nesta primeira metade.
   A volta de vestiarios voltamos a tentar a dominar e apretar pero o dominio infructuoso,viase contrarrestado polas contras locais,no 51' outra transicción individual de Cora finalizouna el mesmo polo pao curto de Isma,4-1.A nosa proposta inda continuou pero a frousada era dabondo aberta .Jacobo nun libre directo , Noé nunha vaselina que se foi arriba,Fabio cun disparo desde fora que se foi desviado ,poidemos recurtar antes do 75'.No 79' tivemos merecido premio a insistencia e a fé,cun gran gol de Fabio que superou por arriba a Hugo Xoyma.Non rendemos e nuns minutos de vértixe poidemos ata empatar o encontro con outras duas accións de Ivi e de Poyàn.Nos últimos minutos apretando moito arriba Fabricio puido anotar tamén.Faltounos tempo para unha recuperación miragosa,por intres soñamos,tivemos que despertar  pero como dixo en certa ocasión  Clint Eastwood falando dos soños  "sabemos que non son reais pero esta ben telos ";e é  que hoxe era un día especial e os nosos levabano dentro,notábase-lles  en como sinten esta camiseta, pero non puido ser .Outro dia será ,o noso día será,nunca  se derrotará o noso espíritu sentindo a camisa do  TABOADA CLUB FÚTBOL,iso naide nolo quitará .Mañá sempre será un dia pra, por que non ,ter outro soño.Mañá.
  A semana que ven agardanos  o último partido partido do campionato ligueiro na Medela despediremos ,a falta da copa ,esta campaña o domingo TABOADA CF -CD SANTABALLÉS 







 AD VALADOURO 1 Hugo Xoyma 4 Roberto 8 Pablo Rego 11 Luis Rego 14 Diego 15 Joao 17 Jandri 18 Hugo 19 Manolo 20 Cora 21 Celes
Suplentes 3 Luis Rego 16 Fran 22 Esteban
 TABOADA CF 1 Isma 8 Nico 9 Noé 10 Jaco 11 Poyàn 15 Andresín 16 David Montes 20 Juanjo 21 Sesin 24 Moski
Suplentes:1 Roi 2 Fabri 18 Ivi 22 Guerri 23 Fabio