domingo, 4 de diciembre de 2016

decembro





                                                                       

 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF

                        18/12/16
                      TABOADA CF 0-ADC VALADOURO 1
FICHA DEL PARTIDO
     Comezou o partido con moita intensidade por parte das duas escadras,pero tamén adoptando os dous precaucións sin expor en demasía.Así no comezo víronse chegadas pero sin ocasións nítidas ,froito tamén do orde e contundencia defensivas.O mellor consecuencia deste exceso,unha dura entrada acarrexou a lesiòn de Moski,contratempo notorio pros nosos intereses.A gravidade que semellaba nun principio ,queda de momento en suspenso,a falla de máis provas as primeiras exploracións   indican un forte esguince con desgarrro .Só catro minutos despois no 28' un centro chut de Cora colouse endiañado na porta de Roi 0-1.Moitos contratempos xuntos que non minguaron os ánimos locais.Os visitantes deron un pasiño atràs buscando chegar o descanso con vantaxe.Chegaron ocasións nosas nas botas de Pablo,cun forte libre directo e Poyàn,cun bo control e remate a reviravolta.Así rematou a primeira parte.
   Iniciouse a segunda cunha tónica similar ós últimos minutos da primeira cun Taboada màis incisivo e un Valadouro màis repregado e especulando co resultado.Tivo Fabio unha primeira ocasión no 47' que detivo Hugo con atrancos.A fé e crer nas nosas posibilidades fixo que foramos medrando no partido e foron caendo ocasións e merecementos.David Potente tivo unha excelente nun bó remate de cabeza,no 62'.O dominio  do Taboada CF  tendeu a ser cada vez màis abrumador cun Valadouro que descaradamente se votaba atrás,fiando todo a calidade de Felipe Varela,que se quedaba moi só en punta.Pablo tentouno cun disparo lonxano que se foi lambendo o longueiro no 69'.No 72' xogada moi protestada na área visitante por unha caida de David Potente,non se considerou que pasara daí.Estabamos a realizar unha segunda parte moi completa.Os últimos minutos foron de acoso e derribo,con continuas chegadas,de tódolos xeitos,a balón parado,catro libres directos ,sete córners,por bandas ,incursións pola dereita ,pola esquerda,Un último intento de Ivi na última do partido cun excelente chut colocado a cepa do poste donde o atallou Hugo..Pero ren, non deu chegado o desexado premio ó esforzo.Así rematou o partido .
       Con este encontro tamén remata o ano ,aproveitamos este intre para desexarvos unhas Felices Festas,e emplazámosvos  o dia 8 de xaneiro data na que terá lugar o último envite da primeira volta,no Campo da Liga CD SANTABALLÉS-TABOADA CF.

                                                                           
                                                               
                                           https://goo.gl/photos/xPqUX1XEyKz6Y6vy8
                                                                             
1 Roi 4 Pablo 5 Alberto 9 Noé 11 Poyàn 14 Ibàn 18 Ivi 20 Juanjo 21 Sesín 23 Fabio24 Moski
13 Isma 8 Nico 16 David Montes 19 David Potente 22 Jony
1 Hugo 2 Roberto 3 Celes 4 Diego Pernas 5 Rego 6 Ramos 7 Cora 8 Ivan 9 Felipe Varela 10 Jandri 11 Luis Varela
14 Hugo 17 Eloy






































                                                                            17/11/16
                                                 SD BECERREÁ 2-TABOADA CF 4
                                                                       (XUVENILES)
                                                  Partido aprazado da semana pasada correspondente a última xornada de Liga  que significou pechar esta fase da competición cunha victoría ,e da cal non despoñemos de tódalas imaxes que quixeramos ; agardamos nos próximos dias incorporar algunha crónica.A partir de agora comezará unha nova fase do campionato que será a liguiña previa de Copa,que comezará o 7 de xaneiro co enfrontamento TABOADA CF -SD OUTEIRO DE REI.
                                                                             






11/12/2016
SD MONTERROSO 4-TABOADA CF 1
             Sairon os dous equipos con impetuoso afàn ofensivo.O minuto reclamamos penal por unha caida de Nóe na àrea local.Os tres minutos a saida dun córner Fernando entrando desde atràs e cun certeiro testazazo puxo o 1-0.O partido non tivo pausa neste comezo,continuas transicións,moita velocidade e moita disputa.Pudose partir o partido nunha contra letal dos locais que definiu no man a man Basi con Roi,2-0. A pesar de que foi un duro golpe,non.baixámolos brazos e continuamos a tentar dominalo control do balón,e xogando ó ataque.Tivemos opcións con dous disparos de Moski.Os locais xogando a contra tamén poideron sentenciar pero Roi estivo atinadísimo.Nos últimos minutos da primeira baixou un pouco ritmo do encontro,e sen màis novidades chegouse o descanso.
            A segunda parte comezou tamén cun ritmo descafeinado,os locais defendendo con moito orde e acerto,nós tentando arriscar un pouco màis,pero sin precisión.Froito de estar mellor asentados e da sua intensidade maior  e tras aproveitarse dunha mala saida nosa chegou o terceiro gol local no 59' obra de Pardo,que definiu con contundencia tras levarse o balón  por forza.No 70' chegou a sentenza definitiva logo dunha boa xogada do propio  Pardo que lla cedeu atràs a Loren que só tivo que empurrala.No 85' Fabio despois dunha boa xogada de Moski conseguiu recurtar facendo o 4-1.Só serveu pra adecentalo marcador final.
           A semana que ven toca unha nova revalida,desta volta na Medela contra un equipo chamado a estar arriba,o domingo TABOADA CF -AD VALADOURO.
       
                                                                               
                                                                               
 13 David 3 José 4 Porto 7 Melchor 9 Pardo 14 Crespo 16 Iago 19 Basi 21 Lucho 23 Fernando 25 Adri
1 Roi 2 Chanclas 6 Torrao 10 Loren 17 Rafa
1 Roi 4 Pablo 8 Nico 9 Noé 10 Jaco 14 Ibàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 23 Fabio 24 Moski
5 Alberto 6 Alex 11 Poyàn 13 Isma 18 Ivi



















            


04/12/16
 TABOADA CF   1 -SD CHANTADA B   0



      Era máis que un partido de rivalidade  ,un encontro entre compañeiros e amigos ,na Sd xogaban ex-xogadores  do equipo local como Manute,Manu,Tara ou Pablito ,no Taboada militan  xogadores co pasado  no Chantada como Sesín , Fabio,Noé ou Ivi .Por todo elo imperou a  deportividade ,pero foi tamén un derbi moi disputado.
    Comezou o partido cos locais tentando ter e tocar a pelota,e os visitantes moi ben colocados e repregados e contragolpeando con criterio.Non obstante a primeira ocasión foi da SD ,Efrén foise moi ben de dous defensores,xa en posición de disparo o balón foi cortado por Ibàn.Era o minuto 4.Continuamos a ter o balón pero sin chegar con claridade.De novo eles tiveron outra ocasión noutro contragolpe no 16 ´,fixoo moi ben Xende,pero o seu disparo cruzouse moito.No 22' a primeira gran ocasión local Fabio desde a frontal lanzou un disparo axustado o pao dereito,sacouno Toni cunha luva providencial.No còrner subsiguinte remachou David Potente desde o chan o balón foise lambendo pao esquerdo.No 28' unha boa xogada por banda esquerda de Ivi concluina cun chut que se foi o lateral da rede.No último cuarto da primeira o conxunto local apretaba e trataba de xogar en vertical e buscando profundidade,non embargantes non estabamos a dispor de ocasións claras.Esto propiciou que o partido se rompera un pouco con idas e vidas,pero non tivo consecuencias de cara o marcador.Na última do primeiro Ivi cun chut seco rozouno pero o balón foise por unha man.
       A segunda parte comezou tamén moi animada e entretida e pronto comezaron a chegar boas ocasións.Os dez minutos un gran disparo de Jacobo,que entrou na segunda,sacouno Toni a còrner cun paradón.No 58' Ibàn libre de marcaxe tivo unha moi clara ,o seu disparo foise arriba cando buscaba a escadra esquerda.Xa entardos nos sesenta salientamos un bó disparo de Mosqui que atallou Toni,e un centro chut de Noé que se paseou porriba do longueiro;tamén unha media volea de David Montes,que regresaba coa alta  na man a unha convocatoria tras estar no dique seco desde setembro.No 67' gran xogada de Noé, seu disparo foise lambendo o pao cambiado. Foron os nosos mellores minutos. Encaramos o último cuarto de hora acumulando màis méritos co rival,pero coas tàboas inamovibles.Tivo que ser no balón parado onde comezara a resolverse o encontro,unha falta sobre Jacobo no balcón da àrea, o libre directo consecuente  encargouse de executalo Fabio salvando a barreira  con potencia e mestría,Toni pouco puido facer.1-0.Puido sentenciar logo  Mosqui,tras unha excelente xogada de Noé,pero Amis anticipouse pra enviar a córner.Tamén Emilio puido anotar e rematalo tanteador con forte testarazo que desviou a córner Toni,o máis sobranceiro da Sd nestes segundos cuarenta e cinco.Con todo nós últimos minutos os visitantes foronse a desesperada na búsqueda do empate e forzaron dous  córners que levaron a incertume as gradas.Non aconteceu máis nada,e finalmente poidemos adicarlle a victoria ó noso xuvenil Diego López,habitual nos entrenos dos seniors  que por a maña sufría una seria lesión que o manterá alonxado dos terreos de xogo ata a Copa cando menos.
             A semana que ven novo derbi clásico ,esta volta a domicilio ; o domingo en Cerdeiriños SD MONTERROSO-TABOADA CF.
         
                                                        CRÓNICA EL PROGRESO
                                                                               


    TELEVINTE :O Taboada gañou pola mínima o derbi co Chantada B
                                                                             


Isma,David Potente,Pablo,Jony,Juanjo,Ibán
Alex,Mosqui,Fabio,Sesín,Ivi
 1 Toni 2 Diego 3 Rodrigo 4 Jordi 5 Amis 6 Fornàs 7 Xende 8 Adriàn 9 Efrén 10 Alex Delgado 11 Manute
12 Manuel 13 Alex 14 Cristiàn 15 Pablito 16 Tara

Jacobo,Emilio,Noé,Roi,David Montes,Emilio
































04/12/16
TABOADA CF 2-SD OUTEIRO DE REI 4
   Despois dun primeiro tempo pra esquencer  no que demos demasiadas facilidades e os visitantes se puxeron cun 0-3,e a maiores  produciuse a grave lesión de Diego López,ó quedarselle a rodilla enganchada ;en principio a falla de exploracións definitivas rotura de ligamentos .Na segunda parte deuselle un volco a actitude e fixemos, xa sen Diego ,un xogo brilante e estivemos a piques de rozala fazaña e darlle a volta o marcador,pois puxémonos cun 2-3,e tendo ocasións pra empatar.Non embargantes no treito final os visitantes anotaron o cuarto gol que foi definitivo.