sábado, 3 de junio de 2017

xuño








 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF

11/06/17
Cuartos  de final COPA DEPUTACIÓN
TABOADA CF 0 -CLUB LEMOS  3




      Non puido comezar mellor o partido pros intereses dos lemistas,unha contra fulgurante no 3'de Petrovich acarreou un primeiro disparo deste,rexeitou Roi en primeira instancia pero volveu caer nos pés daquel,que no segundo remate non perdonou.0-1.Puido empatar o Taboada a saida dun córner por mediación de Pablo cun testarazo espectacular que tuvo tamén unha resposta extratosférica de Santi.Os locais encimaron moito a partir de entón espoleados hoxe por unha afeizón non de dez ,de doce,de xogador número 12, e durante moitos minutos encerraron atrás o Club Lemos,que se abonaba as contras.Foi nunha destas levaba por Lucas Costa por banda dereita centrou o segundo pao donde Diego Arias foi letal ,0-2.A pesar deste segundo batacazo os nosos non se arredaron e no 26 ' a saida dun córner primeiro Ibán de outro tremendo testarazo e Jacobo cun perfecto chut foron resoltos con dous soberbios paradóns de Santi ,no disparo de Jacobo tras desviar o balón Santi o balón foi repelido polo longueiro..No 33' non embargantes outra contra de manual de Lucas Costa puxo en evidencia a superioridade lemista ó contragolpe ,resolveu no man a man con Roi,0-3.Con todo unha fé incombustible do Taboada fixo que os lemistas en ningún momento tiveran un partido fàcil.A pesar de todo o esforzo chegouse o descanso con ese marcador adverso.
    A volta dos vestiarios,mais do mesmo,moito empuxe local e moito oficio visitante,máis con ese tanteador favorable,apenas espuxo e limitouse a tentar defenderse con orde.Fixo máis propostas o Taboada neste segundo e foi acumulando  moitos màis méritos pra acadar un goliño que nos metera no partido e por moitos intres amosou un fútbol vistosisimo.Tivoa Montes,tivoa Marcos,tivoa Noé.Sacamos moitas forzas do fondo da alma ,nunha entrega bestial especialmente nos últimos vintecinco minutos.Tivoa despois xa dentro do último cuarto de hora Diego Poyán e  logo David Potente con senllos  e duros disparos,e novamente Noé cun remate de testa o pao.Non houbo maneira.Toucou caer pero fíxose coa cabeza moi alta e diante dunha afeizón que despediu os seus cunha grandísima ovación.Non era tampouco un final calquera ,non era tampouco o  partido final dunha tempada;significou hoxe o fin dunha era .Chegou a hora de poñer punto e final a moitos ciclos.Foi unha tarde enormemente triste pero ten que ser o inicio de grandes esperanzas .Moitos intres e persoas serán inexquecibles pero porriba de todos nós ,de todos que formamos parte do Taboada CF,de todos os que formaran parte do Taboada CF,sempre estará o sentemento por este club,que perdurará e remontará tódalas adversidades.Tocará agora rescribila nosa historia ,afrontar novos retos,traballar,competir,tratar de ser boa xente e sempre por diante  e pra diante Taboada CF.
          
                                                                             







TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 8 Nico 10 Jaco 14 Ibàn 16 David Montes 17 Emilio 18 Ivi 19 David Potente 21 Sesin 23 Fabio
Suplentes 2 Fabricio 7 Marcos 9 Noé 11 Poyán13 Isma
CLUB LEMOS 13 Santi 2 Manu 6 Adrian 8 Mario 9 Petrovich 10 Diego Quiroga 15 Lucas Costa 16 Leo 17 Tazos 21 Diego Arias 22 Joao Pedro
Suplentes 4 Borja 12 Samurio 18 Jorge 19 Ericksson.



































































04/06/17
Octavos de final COPA DEPUTACIÓN
TABOADA CF 4-CD SAN CIPRIÁN 1


       Quixo sair o Sanci cunha presión moi adiantada pero os locais revertiron a situación nun par de minutos,cun par de xogadas foron os nosos que encimaron moi arriba e comezaron a crear ocasións con asiduidade dentro do primeiro cuarto de hora.A máis clara unha volea de Moski que solventou Marco cun paradón a unha man.Fel refrexo da forte presión local o 1-0 no minuto 22' Emilio presionou con fé un balón dividido diante de Marco ,este despexou e o balón petou no propio capitàn collendo rumbo cara meta desprotexida 1-0.Tres  minutos despois ,logo dunha gran xogada colectiva Fabio tivo o segundo nun man a man con Marco,este voltou estar providencial.Co equipo tratando de facer un bó futbol seguiu o partido nuns parámetros similares.Foi de suliñar outra ocasión de Moski no 33' que despois de incursión individual chutou caéndose e volveu sacar Marco con acerto.Foi o preludio do recital dos últimos minutos.No 38' xogadón e asistencia de Ivi pra Moski que finalizou previo recurte a sua marca.2-0.No 40 ' nova xogada notabilisima ,esta vez de Fabio que asiste de novo a Moski que desa volta  '' só  '' mete exterior pra facer o 3-0.Así se chegou o descanso, desfrutando moito do fútbol,xogadores e siareiros locais.
       A segunda metade comezou sendo un calco dese final da primeira .Fabio o pouco de comezar e despois facer un xogadón pola esquerda puxo a proba de novo a Marco que con outra parada espectacular salvou o cuarto.No 55' o partido deu un volvo,penalti tan absurdo coma riguroso,que se encargou de transforma con contundencia Borja Mella.A partir de acó os mariñans quixeron reaccionar e tentaron votarse a desesperada enriba da porta de Roi.Os locais souperon sobreporse o arreón ,e logo dun ataque mariñan unha contra fulgurante de Moski na que foi derrubado dentro da àrea foi decretada como penalti polo colexiado quen tampouco dubidou un intre.O encargado de transformalo foi Fabio.4-1,min 65.Semellou voltar a tranquilidade a Medela.O equipo local efectivamente asentou o seu xogo e comezou  a exercer un fútbol control que impediu que os visitantes xeraran máis perigo no treito final .Tódolos achegamentos perigosos levaban cor branquiazul,inda que non se materializase ningunha ocasión máis.A máis clara foi un remate acrobático de Noé.Foi un final plácido para desfrutar da victoria e do pase a cuartos donde xa nos espera rival : un Club Lemos que venceu pola mínima a SD Chantada 1-0.
         Pra semana entón, agardanos un  derbi comarcal ,de prestixio,e con  non tan vellas e morriñentas reminiscencias a Preferente e no que trataremos de acadar  as semifinais que tanto ilusionan a futbolistas e afeizón,o domingo na Medela TABOADA CF-CLUB LEMOS.


                                                                             





                                                                             
 TABOADA C.F. 1 Roi 4 Pablo 5 Alberto 10 Jaco 11 Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 18 Ivi 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
Suplentes 2 Fabricio 9 Noé 13 Isma 14 Ibán 19 David Potente
 CD SAN CIPRIÀN.1 Marco 2 Carlos 3 Maseda 4 Dani 5 Fabian 6Fabian 7Tommi 8 Poceiro 9 Borja Mella 10 Borja Rego 11 Xesús
Suplentes 12 Quelle 14 Madariaga