domingo, 3 de septiembre de 2017

setembro





  TABOADC.F




                        Síguenos tamén en:








      


https://www.facebook.com/taboada.cf


TWITTER. TaboadaCF











TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE



TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF






24/07/17
TABOADA CF  1-UD XOVE LAGO 1


           Nun partido que comezou plácido cos dous equipos querendo xogar pero sin ocasións claras todo quedou escurecido no minuto 20 coa presumiblemente grave lesión do Froilanciño cando se lle quedou clavado o xeonllo dereito e tivo que abandoar o terreo de xogo con moitísima dor.Todo quedou logo nun segundo plano.Fora por isto ou por que era asi o sino do partido no primeiro tempo  tristemente non houbo nada que reseñar.
         A segunda parte non comezou ben tampouco  para o Taboada cinguíndonos  o eido extrictamente deportivo,no primeiro minuto xogada por banda esquerda de Diego Chao que centrou o segundo por donde apareceu David Rivas pra remachar pegado o poste ,0-1. Era a primeira ocasión manifesta do encontro e o premio aos visitantes que semellaban sair máis enchufados. Os locais tentaron refacerse a tanta adversidade,e pronto tentaron facerse co control do partido.O dominio do Taboada foi facéndose meirande co paso dos minutos;máis a partir da expulsión de Pedro Bustelo no 66' por doble cartón amarelo.Non obstante custou máis superar os xovenses en inferioridade numérica,estes plantáronse moi ben desde entón e saian con frecuencia e  claridade ás contras cun Juanjo Coello moi activo .Con todo o maior empuxe local no último tramo tivo premio no 80' logo dun córner botado por Fabio, Poyàn rematou de certeiro cabezazo  ao fondo das maias,1-1.Non se conformou o Taboada co empate e foise a procura dos tres puntos e adicarlle a victoria o rapaciño de Vilar,pero non foi posible.Porriba nestes últimos intres tamén se mancaron Alex e Juanjo que tiveron que retirarse lesionados inda que non de tanta gravidade.Cando menos como mal menor acadouse un puntiño que foi a mellor nova nesta tarde  de sorte nefasta.
          A semana que ven primeiro gran derbi da tempada ,a domicilio  no Sangoñedo SD CHANTADA -TABOADA CF
 TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo Potente 5 Alberto 6 Alex 11 Diego Poyàn 14 Ibàn 19 David Potente 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
Suplentes 10 Jacobo 12 Javi 13 Isma 20 Guerreiro 22 Jony
UD XOVE LAGO 1 Saúl 2 Rubio 3 Angel 4 Pedro Bustelo 6 Andrés Bustelo 7 Maikel 8 Moya 9 Juanjo Coello 10 David Rivas 11 Diego Chao 15 Alex Yañez
Suplentes 1 Cristian Fanego 14 Joao 18 Alex Sandro 22 Pablo Rego



































17/09/17
                            SPORTING PONTENOVA 1 -TABOADA CF  3

        Un inicio prometedor con moita brega nun terreo de xogo de reducidas dimensións que obrigaba a encimar moito ó rival e facia apretar as liñas facía agardar un máis ca entretido encontro.Con todo os dous equipos trataban de combinar en curto e imprimir velocidade as accións.Vianse chegadas continuadas a área rival,en xogada e especialmente a balòn parado.A primeira ocasión notoria foi local un disparo cruzado de Pasarín .A primeira visitante clara foi un disparo lonxano de David Potente no 22' que se foi lambendo a cepa do poste.O pouco contestou Andrés Bouza de xeito semellante cun chut lonxano e e seco que blocou sen atrancos Roi.As transiccións e o ritmo non decaían co paso dos minutos e o encontro estaba a ser moi competido e bonito de cara o espectador.No 27' grandioso pase de Fabio a espalda da defensa e Poyàn a bote pronto define xenialmente levantando o balón porriba de Rubén,golazo pra facer o 0-1.Non se arredaron os locais que buscaron o empate con prontitude e acadarono seis minutos máis tarde no 36,combinación na área entre Gavín e Matelo que acabou este cun remate espectacular a media altura.Outro fermoso gol,1-1.Non houbo moito màis que reseñar na primeira e coas tablas no marcador fúmonos o descanso.
         A segunda metade comezou con algo menos de ritmo,máis anodina e cos dous equipos tanteandose .Foi Sesín no 54' quen rachou esta quietude cun auténtico golazo desde a banda destra viu a Rubén adiantado no primeiro pao  e cunha semi volea que picou desde a banda batiuno entrando o balón por arriba e polo segundo pao.extratosférico ,1-2.No 63' despois dunha gran xogada por banda esquerda Fabio puxoa de cine o segundo pao donde Poyàn rematou a queimarroupa e Rubén interviu cun paradón pra salvar o terceiro do Taboada.Na continuación da xogada incluso Sesín puido anotar segundo da sua conta particular,pero atrapou de novo Rubén esta vez sen tantos atrancos.Nesta fase do partido o dominio do Taboada era màis ca evidente e os méritos tamén ,impoñendo unha presión adiantada e abafante,facíase merecedor de mellor resultado .Intentiuse sacudir dela o Sporting sobre todo a raiz dun franco directo de Carlos que  despois de petar na barreira detivo Roi,non sin certos apuros.O pouco noutra falta lateral Gavín colgouna con rosca e o balòn petou no traveseiro.Encaramos a partir de entón o último cuarto de hora,cun equipo local tentando envorcarse ao ataque e os nosos vaciándose en cada acción.No 83' despois dunha contra na que rematamos a porta ata en tres ocasións, Poyàn desde fora da área engatillouna e batiu a Rubén polo pao largo,xunto a cepa do poste.1-3,gran gol tamén como todos os da tarde ;a celebración significativa nunha auténtica piña escenificaba o valor do acadado  .Un Taboada moi serio defensivamente non deixou que o rival creara ocasións no tempo que faltaba e finalmente fíxose con tres mericidísimos puntos.
                A semana que ven voltamos a Medela nun inicio dunha fase do campinato moi complicada e comeza o domingo as 17:00  cun TABOADA CF-UD XOVE LAGO.
                                                                           
                                                                              




         
 SPORTING PONTENOVA.1Rubén 2Moro 3 Andres Lorido 4 Fiallega 5 Bruno 6 Andres Bouza 7Carlos 8 Gavín 9 Matelo 10 Pasarín 11 Borja.
Suplentes 12 Luis 13 Xoel 14 David Amor 15 Juan Ginzo 16 Alvaro Rego
 TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 5 Alberto 6 Alex 11 Poyàn 14 Iban 19 David Potente 21 Sesin 23 Fabio 24 Moski
Suplentes 9 Noé 10 Jacobo 12 Javi 22 Joni 26 Dieguiño.









                                                                                 

                                                                                




























































                                                       10/09/17

                                        TABOADA CF 0 -CD FOZ 2

   Despois dun inicio vibrante con ràpidas transiccións e presencia continua dos dous ataques na área rival,desatáronse as hostilidades con prontitude ,primeiro foi Guerreiro cun golpe franco que atallou sen atrancos Moreda.Nun contragolpe no 10' respostou o equipo visitante cun remate final de Manolo que se foi arriba.Non embargantes co paso dos minutos foise ralentizando o ritmo con interrupcións propiciadas por un xogo máis fisico e de choque,os mariñans foron impoñendo deste xeito o seu ritmo que daquela era máis destructivo  e limitábase a parar  con moita falta técnica a combinación dun Taboada que pola contra tentaba xogar máis e ter máis o balón .Nesta fase do partido escasearon as ocasións.Rompeouse a quietude no 41 ' cunha xenialidade ,topouse Manolo cun balón sobre a frontal,revirouse e soltou un fermoso zapatazo que se colou por toda a escadra.Non houbo máis que salientar na primeira e con ise marcador adverso fúmonos a vestiarios.
    A segunda parte comezou cun novo gol en contra ao pouco de empezar ,no 49' Cayón culminou un contragolpe fugaz diante da saida de Roi e puxo o 0-2 no marcador.Complicábase moito o partido para os nosos,pero o equipo votouse arriba buscando a porta de Moreda.Nos minutos seguintes foi notorio o dominio e a posesión local diante dun Foz que non obstante gardaba ben as costas mantendo un bó orde defensivo e saia con perigo as contras.O empuxe do Taboada incrementouse co paso dos minutos pero non estaba a ser suficiente e a pesar de contar con duas moi claras ocasións de Guerreiro e de Noé non chegamos a recurtar.Tamén os focenses poideron incrementala vantaxa nun centro-chut de Cayón que se estrelou no traveseiro e  nun gran remate de espuela de Manolo que desviou a córner espectacularmente Roi.Achegouse o último cuarto ainda con posibilidades de meternos no partido.Neste tramo final encerramos o Foz na sua área, e puido anotar Poyàn noutra moi clara.Non tivemos o acerto nos metros finais e penalizou o equipo en exceso.A mordente en ataque do Foz  con un dos mellores atacantes da categoría como é o caso de Manolo  foi  determinante e puideron deste xeito conquerir os tres puntos finalmente.
     A semana que ven toca remar fora nun feudo que o Taboada fai moitos anos que non pisa como é o recentemente remozado campo de A Mina.O domingo SPORTING PONTENOVA -TABOADA CF.






TABOADA CF 1 Roi 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 2
Suplentes.3 Manu 9 Noé13 Isma 15 Andrés 22 Jony Guerri
CD FOZ 1 Moreda 2 Cayòn 4 Bouso 7 Cristian 9 Manolo 10 Hermida 11 Dani Chao 17 Iban Gayol 20 Makina 21 Adrian
Suplentes 6 Victor Martinez 15 Alejandro 16 Victor Perez 22 Ivan Garcia








































































030/09/17
AD BÓVEDA   1 -TABOADA CF  3

     O inicio do partido respostou as pautas dun partido de pretempada,con certa imprecisión e nerviosismo,inda  que coa motivación e intensidade dun encontro xa oficial.O partido estivo marcado pola alta temperatura e un terreo de xogo seco en exceso,apesares que contra o tramo final chuviñaba..Púxose de cara o partido para os visitantes nunha xogada a balón parado,falta lateral que votou Jacobo rexeitou Pipa de puños en primeira instancia e o rexeite remachao Poyàn cunha acrobática chilena,un auténtico golazo ,19'min .0-1.Semellaba que o gol asentaba o xogo do Taboada con máis toque e máis posesión ,pero no 35' logo dunha contra local na que Anas despois dunha vaselina estrela o balón no longueiro,o balón de volta pega na man de Juanjo e o colexiado decreta penalti.O lanzamento de Julio foi detido por Roi que adiviñou a intención do dianteiro local.Despois dun paro técnico pra beber por decisión arbitral,o partido foi subindo de tensión e xurdiron encontronazos producto da rivalidade.No 42' Moski tras un pase en profundidade de Guerreiro,leva a cabo unha contra fulgurante entre o medio da defensa local e no man a man con Pipa bateo sin remisión,0-2.Non houbo a tempo a máis na primeira parte.
    A segunda comezou cun Taboada superior e que puido incrementala vantaxe tras un xogadón de Noé pola dereita e en tres remates consecutivos dous de Poyán e outro de Fabio,no 53'.Dez máis tarde nova incursión de Noé ,cédella a Guerreiro que asiste despois de quebrar a marca a Moski que remata o fondo das maias 0-3(deste gol deixámosvos a secuencia de imaxes).No tramo final os locais apretaron màis,cun Taboada que afroxaba un pouco o ritmo.No 85'cun balòn en longo Anás recurtaba a vantaxe cun disparo axustado desde dentro da área.Espoleados polo gol tentaron reducir máis a vantaxe con balóns colgados,pero finalmente non pedermos o bó orde defensivo e o Taboada CF conqueriu comezar a Liga con tres moi valiosos puntos nun campo sempre complicado.
    A semana que ven estrearase o equipo diante da sua afeizón ,o domingo que ven na Medela TABOADA CF -CD FOZ.

                                                                               





                                                                                 
AD BOVEDA 1 Pipa 2 Arias 3 Lucas 4 Diego 5 Blanco 6 Gayoso 7 Julio 8 Tapi 9 Anas 10 Abreu 11 Iago
Suplentes. 12 Tino



 TABOADA CF 1 Roi 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski
Suplentes.3 Manu13 Isma 15 Andrés 22 Jony Guerri 26 Dieguiño.