domingo, 1 de abril de 2012

abril















                                            SCD CABREIROS 0-TABOADA CF 2
                                             Rios,Roi,Poyan,Guerreiro,Pablo,Iban
                                              David,Andresiño,Fabri,Marquiños,Nico

                                                   Manu,Dami,Isma,Victor,Moski,Emilio                         

                                                       
                                                                                

                                          
                                             Enfrontabámonos hoxe  perante dun Cabreiros que se xogaba moitísimo ,coma nós e contra quen nos mediremos nun complicadísimo escoio copeiro,unha vez remate a competición ligueira.Foi así que na primeira media hora,conscientes de que por arrastes poden caer o descenso,apretaron moito os locais e ainda que o dominio na posesión non foi deles e estivo mais ben repartido,cun futbol directo chegaron mais a porteria e tiveron ocasions en sendos remates de Marcos e Cascudo a saida de corners.Neste tramo agardando a sua saida,soupemos tirar de oficio defensivo coa funda de traballar,e non saimos o ataque con descaro e menos con fortuna.A nosa primeira ocasión clara non chegou ata o 27´ cando o noso Marquiños se desmarcou moi ben nun pase preciso de Guerreiro,e quixo resolver cunha vaselina que non lle saiu ben,pero marcou un antes e un despois no partido:a partires de acó empezamos a dominala posesión e movelo balón con fluidez e empezaron a chegalas ocasións de gol.Na xogada seguinte Marcos,moi activo  neste tramo de encontro, tirou rente o pau.E pouco despois primeiro Poyan e logo Marcos novamente puxeron a proba a Carlos,que pouco a pouco se converteu no seu mellor home.O primeiro tempo finalizou cun golpe franco directo de Guerreiro que se foi fora por ren.
                         A volta dos vestiarios saimos volcados en ataque primeiro cun lanzamento de Guerreiro que chapou Carlos nunha gran intervención e logo Andresiño forzou un córner con un disparo lonxano.O Cabreiros tamén seguiu achegándose con perigo sobretodo forzando córners e nun deles Roi tivo que empregarse a fondo.No 53´ Poyán tivo unha clara ocasión para marcar.Coa entrada o campo de Moski no 55´ imprimiuselle unha velocidade mais o equipo e aquel  convertíuse nun xogador desequilibrante e decisivo pois participou nos dous goles.Pero foi Marcos cun gran chut  o que rozou o 0-1 no minuto 62 .Só un despois unha gran xogada colectiva :gran pase de Guerreiro o desmarque pola esquerda de Moski que se vai dun defensor sobre a liña de fondo e asiste a un maxistral Daniel Rios ,que cun quebro deixa sentados a dous defensores e descolocado  a un Carlos que se clavou e nada podia facer nun balón que se lle ia moi lonxe e pegado o pau esta vez sí 0-1.No 65´ outra  xogada colectiva ,visualmente preciosa,  nova internada de Moski que se vai por velocidade,esta vez pola dereita, pasalla a Rios,que de primeiras e de tacón cedella a Guerreiro que controla, amaga o regate e metea pola escadra.
                        O Cabreiros non se rendeu e segiu dando batalla sen cuartel e Victor no 70´puido recortar nunha bonita xogada individual .Contestou o noso Marcos e mereceu  o gol e aumentala diferenza,pero non non foi así.Nese toma e daca os locais tiveron outra nun disparo lonxano de David e  despois Rios no 77´nunha volea espectacular obtivo unha replica  espectacular tamén cun paradón de Carlos. Un máis tarde, Pellón puxo a proba os bos  reflexos de Roi.E  pouco despois este  tamén chapou  outra volea  de Abel de espaldas a porta .Sobre o noventa Moski non tivo premio para a sua eficiencia cun balón que se espetou contra o pau dereito.

                                                                             








TABOADA CF 5-CD ALFOZ 2
                                           Rios,Pablo,Nico,Guerreiro,Poyán,Roi
                                           Fabri,Alex,Moski,Marcos,David Montes
                                                        CD ALFOZ

                                           Alberto,Manuel,Emilio,Andrés,Ismael

                                         
                                           Abultado resultado,quizais excesivo, o rexistrado no encontro desta tarde de invernía en Taboada,diante dun gran Alfoz,que nos amosou os chantos deste tramo  final do camiño.Os verdibrancos,hoxe de laranxa,guiados por uns magníficos Pille e Cora amosáronse como un dos mellores conxuntos que pasaron este ano pola Medela,practicando moi bo futbol.É  certo que as cousas puxéronselle de cara moi cedo,cando ainda non se asentaran ámbolos dous equipos no minuto 2 ,foi precisamente Cora quen asistiu a Dani Rio pra que metera o 0-1.Esto condicionou o plantexamento de Emilio e os nosos ainda que quixeron imporse no control,non conseguian combinar e atinar coa porta de Simón.Pola contra os mariñans coas suas boas maneiras incomodáronnos moito no mediocampo e inquedaron con disparos de Anxo e Martín ,o deste saiu entre a trabe e a man de Roi.Pero nesto xurdiu a a figura dun imperial  Pablo,que nun lanzamento de esquina buscou o remate o primeiro pao, elevándose o que non esta  nos escritos e marcando os tempos  como   o gran Castelo, enviou a bola coma un misil entrando pola escadra pegando antes no poste.Esto ocurriu no 22´ e desatascou o noso xogo e a partir de acó viuse outro partido,un partidazo,pois eles foron polo partido tanto coma nós.O ar do partido púxosenos a favor no 38´, asistencia  perfecta de Rios gran internada de Marcos que entra coma un foguete na área e resolve no man a man e por baixo .O guión non cambiu por isto, nin no resto da primeira parte nin na continuacíon :moita igualdade.Pareceu desequilibrarse a balanza co 3-1 no 58´: outro xogadón de Guerreiro que entraba pola dereita desfaise do defensor  recortando hacia dentro  coa esquerda e sacase un centro espectacular coa destra que remata  de cabeza  de novo o imperial Pablo que entraba como cuarto ou quinto atacante.Esto pareceu otorgarnos unha tranquilidade que ata daquela non tiveramos ,pero o Alfoz segiu xogando as suas bazas e no 78´  merecidamente Cora en xogada colectiva batía a Roi,e queria volver meterse  meterse no partido,pero só un minuto despois apareceu Ruben Moscoso e amosou que é desequilibrante por velocidade e xenialidade:índose de todos e cunha imposible vaselina sin ángulo. No 88 outro pase especial de Moski   a Andrés ,que reparecia felizmente,era rematado por este pra cerralo partido.Na clasificación todos ganan ,nada cambia,estamos ahí.




 PORTOMARIN CF 2-TABOADA CF 3

                                           PORTOMARIN CF: Valdo,Pisos,Ivan,Hugo,Celso,Oscar
                                                                             Javi,Diego,Fabio,Josito,Raul

                                           TABOADA CF :Nico,Poyán,Roi,Rios,Guerra,Pablo,Ibán
                                                                       Moski,David,Damián,Emilio

                                           Andresiño,Isma,Victor,Alex,Txiqui,Emilio




                                           Partido trepidante o vivido hoxe nun irregular Chao da Poza,que condicionou bastante o noso xogo mais combinativo pero que soupemos controlar diante dun rival que coma nós practica un fútbol  máis ofensivo ca defensivo,e tamén con moita velocidade o que se traduxo nun derbi moi bonito con goles coma na primeira volta,ainda que non foi espectacular coma daquela.Os primeiros achegamentos foron locais ,impetuosos  pero sin ocasións claras;nós tampouco estivemos finos nos primeiros compases,o primeiro en tentalo foi Rios cun disparo que se foi alto;logo  Guerreiro ,no  19´ si tivo unha clara  ocasión moi ben asistido por Moski,pero Valdo estivo moi atinado,foi o primeiro aviso :No minuto 24,Iban saca de banda dende o medio campo ,pola esquerda cara Guerreiro que moi listo amaga o control pero deixa pasar deixando o balón en franquicia para a carreira de Moscoso que se vai como unha exhalación ,encara porta ,e no man a man bate a Valdo :0-1.Dez máis tarde ,no 34 nunha falta de entendemento da zaga local na frontal do área, un atentísimo e rapidísimo Moski faise co balón para volver encarar e batir a Valdo.O partido íase cara a tranquilidade,pero apareceu Javi,quizais hoxe o mellor xogador local,e nun lanzamento de falta,no 39´ o balón rozou nun dos nosos desviando a traxectoria cara un Roi que pese a descolocarse e esvarar consegue toca-lo balón pero non o suficiente pra evita-lo 1-2.Esta xogada desfortunada compesouna rapidamente  Guerreiro ,no minuto seguinte,cun fantástico control baixa o balón na área e fusila o cancerbeiro  local,1-3.Así nos fumos o descanso e a volta e moi pronto,no 55´,ainda que sen demasida explicación complicámonos a vida:unha acción considerada polo árbitro como xogo perigoso dentro da área pequena,convertéuse nun falta indirecta que o capitán Hugo soupo sacar e converter entre unha maraña de xogadores:2-3,a postre definitivo.A partires de acó o partido foi de ida e volta,pero fumos nos quenes tivemos maior mordente e estivemos maís perto de ampliar a vantaxe,con claras ocasións Emilio no 64´ou Moski no 70´e no 73´.Pero a mais clara tívoa Emilio no 85 ´cun balón que se estrelou na madeira da trabe xa con Valdo batido.O Porto tentou achegarse , e iste feito xunto con isa nosa falta de concrección,levaron a incertidume  a unhas gradas poboadas maioritariamente por unha ilusionada afeizón taboadense;pero no campo estivemos segurísimos atras neste treito final e non pasamos serios apuros .O fin ,chegamos onde queriamos,a falla de tres partidos,tres equipos en dous puntos :A felicidade polo acadado xa non nola quita naide;que a sorte ,para o gran traballo e mellor xogo, sexa propicia.

                                                    gol de Guerreiro  1-3
                          
                         
                                           Gol de Ruben Moscoso 0-1
                                              gol de Hugo (Portomarin) 2-3







                                                TABOADA CF 0-SD O PÁRAMO 2
                                           Poyán,Roi,Rios,Guerreiro,Pablo,Nico,Iban
                                                  Emilio,Alex,Moski,Fabri
                                           Sd O Páramo que presentou un once con Mundín,Esteban,Peke,Cesar,Borja,Isma,Raúl,Rasilla,Rober,Dieguito, e Coedo
                                           logo tamén xogaron Pio,jorge,Lolo e Borjita


                                            Marcos Feás,Isma ,Marcos,Andresiño e Damián

                    Impresionante cheo,impresionante afeizón, ata o final orgullosa do seu equipo
                    con báboas emotivas ,cun nó na gorxa  e cunha despedida sobrecolledora  que
                     sera inexquezible na memoria colectiva deste clube ,todos a unha voz:TABOADA
                                                        FORZA TABOADA CF
                                       
                           Que xente ,que afeizón,que familia,que sentimento azul e branco
                                          Partido espectacular que respostou as expectativas dunha abarrotada A Medela;xogado de poder a poder e que se decantou para os parameses nunha xogada desfortunada o principio e nunha contra xa co tempo sobre a bocina e quizais porque souperon impor  a sua proposta máis fisica e tentando romper sempre o noso xogo máis combinativo.Empezamos dominando pero o partido púxose costa arriba no min 7´nun centro de Dieguito que se lle envelenou a Alex ó impedir o remate de Coedo e tentando despexar couse na sosa propia meta.Ainda que non nos viñemos abaixo en ningún momento o gol facilitou moito o xogo visitante que se defendeu con moito orde e saía en moi rápidas contras,non embargantes as mellores ocasións foron nosas con duas grandes xogadas no primeiro tempo unha que finalizou espectacularmente Moski que se foi por nada e nun fulgurante contragolpe que culminou Nico cun gran chut que se estrelou no longueiro.No segundo tamén tivo unha clara Marcos pero non deu conectado unha volea cando quedaba en posición franca de gol;logo Rios tirou axustadisimo o pau pero chapou un gran Mundín ,segurisimo toda a tarde .O Páramo tamén despuxo dunha clarísima que sacou outro enorme Roi cunha gran estirada sobre a liña.Volcándonos sobre a meta rival  e cando espiraba o partido chegou a sentencia nunha contra letal na que Rober asiste a Lolo para marque inapelablemente.En fin ,no partido decisivo a Sd O Páramo pónselle o ascenso de cara,a tan só dous puntos,pois tamén se aproveita do pinchazo da Unión Deportiva Pastoricense e nos rematamos unha enorme xeira de sete partidos consecutivos gañando.Que se lle vai facer! ,ainda podemos acadar cotas moi grandes e históricas,coma superar ese cuarto mellor posto ,a seguir na pelexa ata o final.




                                             Un equipo de debuxos animados




                                                            

                                           non quería entrar
                                               foise  por moi pouco ,unha pena



                                           unha afeizón,unha familia
                                             loitouse cada balón



                                           foi un belisimo dia pero a sorte non acompañou
                                           grande  fútbol
                                           fermoso fútbol
                                           ENORMES