domingo, 6 de noviembre de 2016

novembro





                                                                         

 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF



27/11/16
         SD BURELA 2- TABOADA CF 3







         Nun desplazamento cargado de incidencias ,que comezou cunha avería no bus que fixo que o partido comezara 15 minutos máis tarde do seu horario oficial.Con todo garantiuse a disputa do partido.
      O partido comezou pleno de fútbol con duas escadras que gostan do fútbol aberto e de ataque.Pronto chegaron ocasións,os dous minutos logo dunha xogada de Moski,tiveron ocasión de engatillar Jacobo e Ibàn,ámbolos dous marraron no intento.Dous màis tarde os locais despois dun córner o remate de Marcos paseouse por diante da meta de Isma sen encontrar rematador.No 19' balòn en longo á espalda da nosa defensa caeoulle nos pes a Jairo que define man a man con Isma,desde fora da àrea 1-0.Non deixaron de acontecernos hoxe incidentes desafortunados,aos 25 ' caeu lesionado Marcos,que tivo que abandonar o partido entrando Sesín no seu lugar.Foi o propio Sesín que cun chut desde fora da área cortaba o dominio que estaban a establecer os locais desde o gol.Foi certo que despertamos poñendo màis intensidade,e nunha falta lateral por banda esquerda levada por Emilio ,a quen lle fixeron a falta, e botada e templada por Ivi,rematou Pablo con sútil testarazo poñendo as táboas no marcador,no 33' 1-1.
           Proseguiu véndose un bonito encontro,con continuas e vidas.E moita intensidade,maior co paso dos minutos.No 44' unha boa xogada individual de Jairo cortouna Nico desde o chan e sobre a liña, con Isma desbordado.Sò un minuto despois,excelente xogada de Roony por banda dereita con pase atràs o segundo pao a Jairo que revolvéndose bate a Isma.Gol dos chamados psicolóxicos e que poñía o 2-1.Resultado co que se chegou ó descanso.
        A segunda parte comezou cun conxunto local moi ben colocado e tentando presionar moi arriba a nosa saida de balón ;nos primeiros quince non topamos xeito de desfacer o seu entramado ,a pesar de dominar a posesión.Coa entrada no campo de Poyàn e Potente e a introdución de variantes tácticas tentamos de melloralas prestacións.Cando menos os resultados non se fixeron agardar.No 60´ e logo dun córner o balón caeu o vértice da área donde a enganchou Jacobo  sen deixala caer cun trallazo  que entrou a media altura do poste esquerdo de Simón, golazo que supoxo o 2-2.Continuou o partido co noso dominio territorial,pero pleno de disputa.Chegouse o 80' no que unha gran apertura de Poyàn desde o círculo central  pra Moski polo carril esquerdo , este  internouse na área e foi derrubado polo seu par,o penalti decretado polo colexiado foi transformado por Pablo pegado a cepa do poste dereito de Simón. Era o 2-3  que  a posteriori resultaría definitivo.O partido despois endureceuse,e concluiu cunha tangana,que  trouxo  como consecuencia a expulsión de Julio Cayón e Pedro por senllas agresións a Moski e Poyán e a deste último por doble cartón amarelo.Finalmente imperou a cordura e as cousas non pasaron a maiores.O encontro rematou con ese tanteador.
           O próximo encontro xa entrado o mes de decembro,o domingo día 4 na Medela  AS 16:00,derbi de rivalidade comarcal TABOADA CF -SD CHANTADA B

                                                                                 
                                                                                
 13 Simon 3 Julio Cayón 4 Pedro 7 Marcos 18 Rooney 24 Raul 6 Juanito 8 Anxel 14 Karri 9 Jairo 20 David
2 Uru 11 Deonildo 23 Aaron 10 Cristian 22 Alex
Isma,Nico,Pablo,Jaco,Juanjo,Ibán
Moski,Marcos,Ivi,Alberto,Emilio


Sesín,David Potente,Jony,Diego Poyán,Roi,Emilio












































20/11/16
           TABOADA CF 0 -SD O PÁRAMO  1



FICHA DEL PARTIDO


            Comezou o partido con ámbolos dous equipos tentando xogalo balón con criterio e dinamismo.Os cinco minutos foille anulado un gol a David Potente por un fora de xogo previo.Os 10' primeira ocasión visitante nos pes de Borjita que se revolve na área e rexeita Roi a córner.Dous despois Fabio probaba sorte cun disparo desde fora da àrea.O partido foi perdendo un pouco de ritmo co paso dos minutos,e sen un dominador claro do encontro.No último cuarto da primeira voltaron aparecer novas ocasións.No 33' un remate de Pablo de cabeza a saida dun córner sacouno sobre a liña de meta Omar cando xa entraba;na continuación da xogada o mesmo Pablo desde fora da área chutou axustado ó pao,o balón lambeu a cepa.No 38' Fabio tentouno de novo cun disparo colocado a altura da cruceta.Estes minutos foron de dominio noso.Pero non se puido reflectir no marcador.
               A segunda parte comezou cun equipo local tratando de embotellar os parameses,que se defendían con orde e tentaban sair ó contragolpe.Nin uns nin outros concretaban as ocasións creadas,todo elo hai que decilo pouco claras.A saida de Moscoso o campo no 55' semellou traer un cambio e cambio de marcha o ritmo do partido.Ambas escadras parece que puxeron  desde entón màis velocidade.Non levaba no campo dous minutos e xa xerara unha ocasión propia e outra na que asistiu a Fabio.Con todo o partido mantiñase equilibrado en liñas xerais.Encamiñouse o partido ós últimos quince minutos cheos de emotividade,máis pola incertidume do marcador que por tensión de xogo.No 84' dispuxemos dunha doble ocasión primeiro de Fabio,que sacou defensa visitante baixo paos,e logo Jaco,en posición franca,rematou desviado.No 88' na mellor combinación local de novo desbaratou a córner Fontal baixo a liña de meta.Trouxo consego unha sucesión de córners a prol do Taboada,que encerrou os parameses no desconto.No 93' despois doutra boa xogada  combinativa Moski estrelou o balón no traveseiro.E no 96 ´  na última xogada do emcontro  cando técnico e xogadores visitantes estaban a pedir a hora nunha contra fulgurante do Páramo Saul  non sen certa  dose de fortuna conqueriu o único gol do partido,0-1 Un xarro de auga fria para os locais,ó mellor non mereciamos a victoría,pero tampouco a derrota e menos de xeito tráxico.Por suposto hai dramas maiores .Deste noso rexudiremos,non hai caso.
                   A semana que ben toca desprazarse a costa ,  o domingo 27 na Marosa SD BURELA -TABOADA CF 
                                                                 Crónica El Progreso
                                                                               
               





Roi,Nico,Fabri,Jaco,Pablo,Juanjo
Marcos,Sesín,Fabio,David Potente,Emilio
1 Alex 3 Meixe 5 Corbelle 7 Dieguito 10 Borjita 11 Palle 14 Fontal 15 Rubén 17 Omar 22 Bolo 23 Elias
6 Jimmy 8 Pepe 9 Diego 20 Saul 25 Hector.

Guerri,Alex,Poyán,Moski,Isma








































19/11/16
CD CORGO 3-TABOADA CF 2

Penalizounos moito no partido unha primeira parte gris  onde  estivemos blandos en defensa e na que o equipo local anotou en cada chegada.O máis notorio foi que os oito minutos o marcador xa reflectía un 2-1.A pesar do gol de Congui os 5´que igualaba o primeiro gol local os dous minutos de xogo,non logramos ter moito a pelota e xogala con criterio.Así eles os 8´  voltaban porse por diante e  os 17´ marcaban un terceiro que nos poñía as cousas moi costa arriba .A imaxe do primeiro tempo cambiou na segunda parte na que melloramos prestacións e tratamos de rascar algo positivo,de feito merecimolo e estivemos a piques de acadalo.No 77 ´ Sergio recurtaba distancias co 3-2 e a partir de acó apretamolos e tivemos unha clara para conquerir o empate.

                                                              Crónica La Voz
                                                                       

                      

















13//11/2016
SCD RESIDENCIA  0-TABOADA CF 2

FICHA DEL PARTIDO


       Primeiros vinte minutos nos que saimos cun plantexamento moi ofensivo que sorprendeu aos locais,que se viron obrigados a xogar repregados .Cunha presión moi adiantada comezaron a chegar acercamentos nosos con moito perigo.No 12 ' despois dunha falta sobre a frontal,Jacobo cun lanzamento maxistral do libre directo conqueriu o 0-1,o lanzamento precioso elevouse con rosca porriba da barreira e entrou xunto a cepa do poste,lonxe do alcance de Yelko.0-1. No 16' e despois doutra falta lateral a noso favor tivo lugar unha xogada combinativa nosa dentro da área que culminou Ivi cun chut colocadisimo a cruceta que sacou Yelko cun soberbio paradón.A partir do vinte os locais trataron de sacudirse o noso dominio,impoñendo un forte ritmo, con achegamentos baseados na combinación e na velocidade,pero faltos de remate;de suliñar só un centro que rematou Javi Raposo,en posición forzada,fora por pouco.Ó adiantar liñas deixaban espazos atràs que poidemos aproveitar con outro lanzamento lonxano de Jacobo que voltou facer intervir a Yelco con outro paradón,no 33'.A nosa presión continuaba e moi ordeados e sen contemplacións atrás conseguimos que a Resi non creara ocasións nítidas neste tramo màis ca un remate de Mauro que sacou a còrner Roi non sen apuros e xa no 44'.
       A segunda comezou coa mesma tónica por parte dos dous equipos ,os locais apretando màis,tratando de meter máis ritmo,pero que o mellor  a nós nos beneficiaba e así propoñiamos  máis fútbol e a mesma intensidade,cunha forte presión que anulaba o fútbol de ataque da Resi.O contrario do agardado, nós tiñamos máis presencia ofensiva co rival.No 69' despois dunha excepcional xogada e manobra de Sesin ,Emilio estrelou o balòn na cruceta.No 73' tremenda contra conducida por Ivi,desde o medio campo ata frontal donde aguantou   a Toro e Rubén e esperou a incursión de Emilio a quen lla cedeu e este fusilou con oficio e temple a Yelko,0-2.
      Os últimos minutos foron de acoso da Resi;a mellor ocasión deles no partido foi  no 85´de Roberto a boca de xarro,e sacou Roi cun paradón.No resto non houbo agobio excesivo ainda que foron minutos pra sufrir e desfrutar da victoria.
         Foi un señor frunfo,diante do líder destacado da categoría,que só cedera dous empates e non sufrira ningunha victoría ,froito dun traballo extenuante que non só corta  unha xeira de derrotas senón que ten que server pra coller uns azos que leven o equipo a zona noble,que corresponde a calidade do plantel a pesar das múltiples baixas.
           A semana que ven non podemos fallar, o  domingo día 20 ,feira en Taboada,agárdanos un derbi de proximidade TABOADA CF SD O PÁRAMO
 
                                                                         Crónica El Progreso
                                                                                                   
                                               


                                                                                   
 13 Yelko 2 Toro 3 Rubén 6 Carlos Raposo 7 Borja Rasilla 9 Roberto 10 Dani Galàn 11 Diego 14 Javier Raposo 20 Mauro 21 Rober
1 Diego Bravos 15 Sergio 17 Martín 18 Coedo 22 Borjita


 Roi ,Fabricio,Jacobo,Pablo,Juanjo,Ibán
 Ivi,Sesín,Fabio,Alberto,Emilio


Isma,Marcos,Nico,Alex,Guerri,Emilio








Desde aí ,e nese libre directo a enchufou Jacobo












                                                                               




                                                                         12/11/2016
                      (xuveniles )                  
TABOADA CF 1-POLVORÍN CF  A  3

     De incrible e extrano se pode tildar o econtro de onte na Medela.Nun dos mellores encontros dos nosos no que vai de tempada,nos que deu gusto velos xogar topáronse coa dura realidade do xogo e cos muros dos paos que impediron fructificar o dominio e control que realizaron.Sobre a media hora Congui adiantounos con todo merecemento .
   A volta de vestiarios na mesma xogada estrelamos duas veces o balón no longueiro.E do que puido ser o 2-0 pasouse o 1-2 en apenas tres minutos.O equipo lonxe de virse abaixo foise con descaro polo empate.Pero un novo pao impediuno.Xa no tramo final e co Taboada volcado ,nunha contra, chegou o terceiro visitante.
                                                                                 















                                                                      05/11/16
                                                    TABOADA CF 0-AD BÓVEDA  1
FICHA DEL PARTIDO
          Primeiros minutos de tanteo,nos que os dous equipos querían dominar e tocar o balón con criterio.Un libre directo por màn sobre a frontal,no 16' foi a primeira ocasión clara para os visitantes,lanzou Leo chapou Roi en dous tempos.O Bóveda parecía querer xogar màis de cara arriba nestes intres.Namentres tivo lugar un feito decisivo,nunha acción fortuita cando estaba a presionar a Macía ,Noé que estaba a ser moi incisivo chocou con aquel e desafortunadamente recibía un golpe na cabeza e totalmente involuntario.Minutos despois tivo que ser substituido con mareos e desorientación evidente,e rápidamente foi trasladado a Urxencias. O partido proseguiu ,Outra falta, esta no 26' foi a primeira nosa ,colgouna Jaco,rematou Noé,pero foise .As defensas ben ordeadas impoñíanse ós ataques e non concedían ocasións.Rematou, así inulsa ,a primeira metade.
        A segunda comezou envolta en auga, arreciando por intres, pero nunha tónica futbolística similar .Os ataques romos e seriedade defensiva.Nestes primeiros quince primeiros exercemos un lixeiro dominio,pero nunha contra excelente os visitantes tiveron unha ocasión inmellorable,o contragolpe persoal de Leo conducindo desde o medio culminouno cun disparo desde a frontal ,salvou os mobles Roi cun paradòn espectacular.Era o 18'. No 65' os mesmos protagonistas esta vez desde cerca remataba Leo asistido por Iago,volveu intervir Roi con outra parada descomunal.Facía màis méritos o Bóveda.Sobre a media hora da segunda voltamos coller as rendas ,comezamos cun remate de cabeza de Pablo a saida dun córner,que se foi lambendo cruceta.Tiñamos màis posesión pero os visitantes seguían lanzando contras.Nunha boa triangulación local no 80' foi culminada por Fabricio en posición inmellorable,o balón foise arriba.Os últimos dez foron plenos de emotividade.No 85' penal a prol dos visitantes,por unhas unhas presuntas máns que causaron moitísimas protestas locais e que polas imaxes de Televinte seica son máis ca xustas reclamacións ,Lanzou  e transformou o penal  Armesto,forte e o centro inapelable.0-1.Tentamos buscar o empate con disparos de Ivi,Sesín.e Pablo xa a desesperada.Non houbo xeito,Así rematou o encontro.
           Con todo o resultado non foi a peor noticia da xornada  ,a finalización do encontro chegábanos a nova de que Noé quedaría en observación entre 24 e 48 horas por un traumatismo cráneo -encefálico.Co paso das horas e máis probas foise descartando a gravidade do mesmo , non de todo a preocupación,pero agardamos que non pase dun pequeno susto.Desde acó agradecemos no seu nome e na da sua familia e de toda gran familia do Taboada tódalas mostras de cariño e preocupación que nos facedes chegar.El esta moi tranquilo e séntese como un buxo.A todos grazas.
           As semana que ven toca resarcirse desta mala xeira diante do coco da categoría,todo un reto ,a domicilio na Cheda SD RESIDENCIA -TABOADA CF
 
                                             Video-resume de TELEVINTE

 
                                                               





                                                        Crónica El Progreso
                                                                     


                                                                          
Roi,Jaco,Jonathan,Pablo,Juanjo,Ibán
Adrián,Fabio,Ivy,Noé,David
1 Macía,2 Miguel Angel 3 Lucas 4 Ivan 5 Marcos 6 Diego 7 Leo 8 Tapi 9 Adriano 10 Breo 11 Iago
 12 Armesto 13 Pipa 14 Roi 15 Laye

Alex,Fabricio, Isma,Alberto,Andrés,Emilio