sábado, 4 de noviembre de 2017

novembro

TABOADC.F













                        Síguenos tamén en:








      


https://www.facebook.com/taboada.cf


TWITTER. TaboadaCF











TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE



TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF








26/11/17
SD O PÁRAMO  0 -TABOADA CF 2


        Era o de hoxe un partido semellante o da semana pasada a cara de can,  nun campo sempre difícil contra un rival moi complicado e necesitado de puntuar.Por iso faciánse prioritarios os tres puntos e palpexábase na previa un extra de  motivación.
       Comenzaron os dous equipos propoñendo moitísima pelexa,os primeiros 30 minutos sen ocasións ,moitos achegamentos si e continuas transiccións pero non houbo tiros entre os tres paos.Coincidindo coa media hora un primeiro disparo de Pepe que detivo Roi sin atrancos foi contestado de inmediato por Guerreiro cun disparo lonxano  na traxectoria de portería pero desviado finalmente ;e un minuto máis tarde logo dunha xogada individual e chut deste foi detido por Brais .Borjita no 35' tivo unha desde cerca pero o remate foiselle moi arriba.Con todo estaban a imporse as defensas aos ataques ,e imperaba un gran traballo físico dos dous onces.Nos últimos minutos da primeira os parameses apretaron un pouco máis e tiveron a última ocasión antes de irse a vestiarios nun libre directo de Palle que se foi lambendo o longueiro.
       O segundo tempo comezou cun chisco menos de ritmo que no primeiro acto .Pero no 52' apareceu Moski pra romper a defensa local ,internouse na área e foi obxeto de claro penalti tras quebrar a marca.A pena maxima encargouse de transformala Fabio enganando a Brais;este lanzouse a súa dereita, Fabiño asegurou axustando o pao esquerdo do cancerbeiro.A partir de entón o Taboada fíxose co control do partido e nos minutos seguintes puido facer moito dano buscando os ocos por detrás da defensa local,coas internadas de Noé e Moski.Non embargantes foi un colosal David Potente quen se foi de toda defensa local  por banda esquerda nunha conducción de trinta metros e cedeulla xa dentro da área pequena atrás a Guerreiro  pra que fixese o 0-2 no 70'.No 73' puido sentenciar o Taboada logo dunha gran internada de Noé que despois de vencer a saida de Brais xenerosamente cedíalla a Moski, o remate deste sacabao baixo paos Bruno.Os visitantes nestes minutos estaban a ser grandes dominadores do encontro e ainda que os parameses tentaron a reacción no treito final ,especialmente nos últimos dez minutos, un Taboada moi serio e ordeado atrás e moi motivado e fisicamente superior non pasou excesivos atrancos,máis ca en un par de balóns colgados e senllas xogadas a balón parado,que resolveu a liña de retagarda sen apuros.
          A semana que ven toca voltar a Medela no primeiro de dous enfrontamentos consecutivos como locais  o domingo 3 de decembro  as 16:00 TABOADA CF -CD SANTABALLÉS.
        Con esta crónica damos por finalizada a entrada do mes de novembro ,pra semana pois abriremos paso a que finaliza o ano .Lembrámosvos que en calquer intre podedes consultar no arquivo do blog calquer entrada buscando por  ano e mes,ou no buscador do blog por equipo,data etc.







SD O PÀRAMO.1 Brais 7 Diego Gomez 8 Pepe 10 Borjita 15 Ivàn 17 Omar 18 Yelko 21 Borja Castro ''Palle ''22 Bruno 23 David Lopez''Cansi'' 24 Rober
SUPLENTES.9 Oski 13 Lisboa 14 Carlos Fontal 16 Folgueira 20 Saul.


TABOADA CF .1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 14 Ibà 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES.12 Javi Diaz 13 Isma 16 David Montes 22 Joni 24 Moski.
















































25/11/17 
(Xuveniles)
QUIROGA CF -TABOADA CF




Fotos cortesía de Adrían,Txiqui e Miguel


















19/11/17
TABOADA CF 2-CD SAN CIPRIÁN 1


         Indicaba a previa que era un encontro no que ,a pesares de que suliñar no calendario partidos decisivos é cousa precipitada en exceso,  xogábanse puntos moi importantes entre dous equipos con tendencias opostas ,uns ,os mariñáns viñan como equipo en alza despois de problemas iniciais coas lesións e a súpeta  marcha do seu adestrador Chusky ao Viveiro ( hoxe estreábase no banco Tomás Costa) ,outros ,o cadro local, que se manten con múltiples baixas e viña dunha xeira  de tres derrotas consecutivas  e da que tentaba sair con urxencia.Por todo isto agardábase un duelo tenso,un combate  entre iguais raiano no fío e no símil tenístico da bola de set e partido,  no que ían importar máis os tres puntos que o xogo despregado.
      Nun comezo moi aberto,cos dous equipos buscando meta desde o inicio abriu o marcador moi pronto o Taboada aos catro minutos ,nunha xogada de ataque Poyán cun centro un tanto afortunado puxoa na cabeza de Guerreiro que con gran habilidade e intuición picouna coa testa en globo diante da saida de Mada e acadaba o 1-0.Nada significativo o gol naquel minuto con todo o partido por disputar.Influiu co paso dos minutos en  que os locais xogaron con máis tranquilidade e os visitantes querían meter máis velocidade ás accións ,en consecuencia a calma local conlevaba máis precisión,e os visitantes incurrian máis no erro dun tesón sin tino.No 30' plasmouse un pouco algo de todo isto,gran cambio de xogo de Manuel a dereita pra Moski que se internou ata area,alí  agardou diante da marca a chegada de Sesín que se incorporaba ó ataque e este    de primeiras cun disparo raso,colocado ,un pase o fondo das maias,acadaba o 2-0.A espera de acontecementos este gol trouxo certa placidez para os locais no tramo final da primeira metade .Non houbo  que reseñar deses minutos agás o desfrute da parroquia taboadesa.Iso si, non se presaxiaba  que a calma fora eterna.
        Como se prevía a segunda parte comezou cun Sanci máis presionante,inda que o Taboada estaba a amosar moita seriedade e orde defensivo.Pero cando máis sensación de seguridade estaba a transmitir o equipo foise nese intre no 57 ' cando logo dunha falta na medular  bastante centrada foi rematada por Dani Sante que se elevou entre  a defensa local e cun testarazo batia a Isma.Volvia meterse de cheo no partido o equipo mariñan.Despois xa non houbo partido plácido,os visitantes trataron de envorcarse sobre meta local e de feito houbo intres que pasamos moitos apuros atràs ainda que non tiñan ocasións claras en exceso.Foi nosa a mellor nese tramo do partido , no 68 ' un centro chut de Manuel que acabou por ser repelido polo longueiro;cabe suliñar que se cadra tamén foi a única desta segunda metade.Co paso dos minutos os locais renunciaron a tela pelota,coa lección aprendida doutros  partidos previos,a premisa do subconsciente colectivo era non encaixar .Iso facilitou o dominio visitante que fixo do último cuarto de hora un asedio constante.Xurdiu si, o oficio defensivo da retagarda local e a seguridade de Isma, e os mariñáns inda achegándose con perigo asiduamente non crearon ocasións suficentemente claras.Trala expulsión de Poyán por doble cartón semellaba complicarse máis o encontro pero ao pouco Pablo Costa era tamén expulsado e aí xa morreu o encontro.
          En resumo un tempo para cada equipo e os tres puntos que  quedaron na casa que era obxectivo primordial. 
          A semana que ven  agarda un novo e complicadísimo desprazamento  ,noutro encontro xa convertido nun  clásico,  un derbi diante dun rival de sobras coñecido, moi reforzado ainda que a taboa non o dignifique , nas Rapadas SD O PÁRAMO -TABOADA CF.
          






TABOADA CF 13 Isma 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 11 Poyán 14 Ibán 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesin 23 Fabio 24 Moski
SUPLENTES 1 Roi 9 Noé 12 Javi 22 Joni 26 Dieguiño


CD SAN CIPRIÀN 1 Mada 2 Carlos 3 Dani Santé 4 Oscar 5 Fabián 6 Gio 7 Guilherme 8 Antòn Borja Mella 10 Xoel 11 Pablo Costa
SUPLENTES 12 Quelle 13 Marco 14 Borja Rego 15 Daniel 16 Miguel Garcia.















































































18/11/17
TABOADA CF 1 -SCD MILAGROSA 4
    Derrota do do Taboada  xuvenil tan excesiva como inmerecida na que os nosos se adiantaron no marcador cun gol en propia da Mila ,poideron ampliar a vantaxe antes de chegalo descanso pero sen embargo encontráronse co gol de Marco que facía as táboas.Con ese resultado pasábase por vestiarios.A volta o partido convertíuse nun  toma e daca e cando os nosos estaban a ser merecedores de mellor resultado os visitantes adiantábanse cun gol de David.Non se entregaron os de Txiqui ata o un- tres a falla de cinco minutos .Aí xa sufriron un baixón anímico e o cuarto tanto milagrosista xa foi demasiado castigo.


























12/11/17
AD VALADOURO 3-TABOADA CF 1

          O encontro tivo un comezo moi movido con duas claras oportunidades de gol, unha en cada área , nos primeiros minutos.Ese inicio equilibrado rachouse pronto,e nun minuto o partido púxose a prol dos locais ,primeiro no 12' nun espléndida acción de Cora ao borde da frontal ,controlou ,virouse e con disparo colocado batiu a Roi.Tralo saque de centro roubou o balón o equipo local e nun mortal contragolpe Felipe Varela encarou,regateu a Roi e fixo o2-0,min.14.Poñíase o partido complicadísimo desde o inicio,pois o Taboada quedou moi tocado anímicamente.Con todo co paso dos minutos foi tratando de reaccionar,estirou liñas e chegou en un par de ocasións con certo perigo.Os locais ben colocados non arriscaban nestes intres.Coincidindo coa media hora Guerreiro nun libre directo estrelaba o balón no longueiro no que era a mellor ocasión visitante ata daquela.Semellaba que recuperarmos un pouco antes marchar a vestiarios.
       Tralo descanso iniciamos ben ,tentamos virnos arriba,pero na primeira contra que tivo o equipo local volveu enchufala un entonadísimo Cora ,foise entre liñas e batiu a Roi que saía a tapar,3-0.O gol ,deses chamados psicolóxicos ,fixo máis mella na minguada moral visitante e premiaba de xeito tallante a absoluta eficacia dos locais,catro disparos entre os tres paos ,tres goles.Pero ainda con este marcador adverso buscamos a meta mariñán e Mosqui por duas veces topouse cun inspirado Tommi.Un pouco máis tarde tentouno Poyàn cun testarazo logo dun  libre indirecto pero Tommi tamén reaccionou ben.O que  era tino nunha porta era destino na outra.O equipo local pechaba moi ben liñas tentando adormecer o partido véndose co partido encarrilado e deixaba transcurrir os minutos.Se eles se sentían cómodos ,o Taboada ía abundando na incomodidade co paso dos minutos,nada saía con xeito. Co partido a piques de rematar no 88' un penalti sobre Nóe transformouno Fabio de maneira inapelable.3-1.Xa non houbo tempo para máis reacción.
         A semana que ven toca tentar sair desta xeira negativa dos últimos tres partidos enfrontándonos a un rival sempre incómodo e dos máis goleadores da categoría,o domingo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.


                                                                        







 AD VALADOURO. 1 Tommi 3 Borja 5 Diego Pernas 6 Ivan Sanchez 7 Chile 8 Jony 9 Felipe Varela 10 Guijarro 11 Luis Varela14 Roberto17 Cora
SUPLENTES.13 Alvaro 4 Luis Rego 15 Iñaki 16 Cristian
TABOADA CF.1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noé 11 Poyan 14 Iban 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES.6 Alex 10 Jacobo 12 Javi 13 Isma 22 Joni.









































11/11/17
SD SARRIANA 0-TABOADA CF 0




















05/11/17
TABOADA CF  1 -RIOTORTO CF  3

        Por terceira xornada consecutiva afrontaba o equipo local un encontro contra un rival ,por plantel e posición na táboa ,de postín  ,pragado de baixas e incluindo na alineación ata tres xuveniles,como ven sendo xa usual.
        O encontro comezou cuns minutos de tanteo nos que ningún dos equipos se facía coa iniciativa do encontro.Co paso dos minutos os visitantes cun gran poderio físico trataron de posuir màis o balón ,non obstante a primeira gran ocasión foi local no 24 despois dun córner botado por Fabio , rematou Ibán   ,tirándose o chan e coa destra  desde o segundo pao  estrelándose o coiro no longueiro.Na xogada seguinte na outra área  tamén o estrelaba nun pao Cristian pero a xogada estaba previamente invalidada,o colexiado xa asubiara antes do disparo.Minutos despois era Guerreiro que vendo a Diego López adiantado desde moi lonxe poñiao en moitísimos apretos pra facerse co  esférico en dous tempos.No 31' Manu despregaba unha internada por banda dereita e o seu centro rematábao cun testarazo axustado Guerreiro.Decantábase neses minutos o partido do bando local por mellor xogo e traballo,tamén por ocasións.Puido culminar Ibàn unha falta lateral cun remate dentro da àrea pequecha o disparo foise porriba do lonqueiro.Quen atinou  foi Fabio no 40' quen despois de roubar e irse da marca anotaba con habilidade diante da saida de Diego Lòpez.1-0.Gran xogada individual que facia xustiza a o gran despregue local no último tramo.Asi se chegou ó intermedio.
     O segundo tempo comezou con lixeiro dominio visitante do control da bola ,pero de novo a primeira gran ocasión foi do Taboada no 50' gran internada de Fabio por esquerda e acaba a xogada Guerreiro cun disparo axustado ao pao.Non embargantes cando o Taboada semellaba ter controlado o partido no  60'  e nunha xogada illada e baixo control ,un penalti a prol dos visitantes,por un suposto agarrón de David Potente dentro da área, e moi discutido polos locais ,foi transformado por Jesús Pablo,que enganou a Roi.1-1.E dous minutos máis tarde  co Taboada ainda non recuperado do shock emocional ,un balón colgado non foi controlado por Roi e Fran Pastor moi atento recolleu o balón e fixo o 1-2'.Os locais tentaron reaxustarse e volver a meterse no partido pero noutra acción moi protestada reclamando unha expulsión  por unha dura entrada por detràs a Poyán,volveuse a xerar desconcerto   polo balbordo previo, e na xogada  inmediata posterior nun contragolpe finalizabao  Brais  e anotaba o terceiro diante da saida de Roi,64' 1-3.Non era merecido o marcador.E os locais, feridos no orgullo, envorcáronse enriba da meta de Diego, e así Guerreiro desde dentro da área  estrelou o balón  no pao no 71'. E un chisco  despois  no 76' era Poyàn quen volvía estrelar o balón no longueiro despois dun libre directo de Guerreiro.Nin a sorte quería ser equitativa.O equipo morría arriba,atacando, pero era unha tarde aciaga que  porriba finalizaba con dous sustos o de Cristian que nun choque fortuito con Sesín facíase moito dano nun xoenllo,e Roi logo de outro encontronazo  quedaba conmocionado cun forte golpe na mandíbula.

            En resumo non fixo xustiza o fútbol pois o Taboada mereceu mellor resultado ,pero dez minutos desfortunados botaron por terra un gran traballo diante dun equipo sólido e  rochoso que tivo a picardía xusta en intres moi puntuais.
                A semana que ven toca un longo desprazamento ,o primeiro da tempada á Mariña luguesa ,o domingo ADC VALADOURO-TABOADA CF.

                                                                           









TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio 26 Dieguiño.
SUPLENTES 6 Alex 13 Isma 15 Quintás 18 Sergio 22 Joni. 
RIOTORTO CF 13 Diego López 2 Peque 3 Neira 4 Pablo Ruiz 5 Jesus Pablo 6 David Silva 7 Cristian 8 Dorado 9 Alberte 10 Kevin Pierre 11 Brais
SUPLENTES 12 Gabri 14 Lourido 15 Fran Pastor 16 David Nuñez 







                                                                            




                                                                             






































04/11/17
TABOADA CF 2-SDyC SAN ROQUE 2
(XUVENILES)