viernes, 2 de octubre de 2015

outono









Síguenos tamén en 
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF






31/10/15
TABOADA CF 2-AD VALADOURO 0
FICHA DEL PARTIDO

                     Victoria liberadora,ainda màis ,ó mellor vital.Como dixo algùn de nòs,se perdemos imonos a pichoca.O mellor non era pra tanto,pero semellante xeira negativa fai dano psicolòxico,e acadar estes tres puntos evitan o estrago.Saimos moi metidos,con lecciòns ben aprendidas.A presiòn moi adiantada e abafante nos primeiros minutos trouxo inmediatas consecuencias : Os 3 minutos nunha ràpida xogada roubamos o balòn arriba ,o balòn caelle a Tara que resolve diante de Kiko.A xogada foi protestada polos visitantes que reclamaron fora de xogo;os colexiados non advertiròn posiciòn ilegal e o 1-0 subiu o marcador. O gol quitounos moitos dos nervos iniciais e serenou o noso xogo.Polo demais non cambiu a decoraciòn e seguimos coa mesma tensiòn inicial.Foron intres nos que encerramos ò rival,sen darlles opciòn en todas as liñas.Froito do mellor xogo chegou o segundo no minuto 13. Despois doutro balòn roubado moi arriba trenzouse unha boa combinaciòn entre un inspirado Tara e Diego Poyán que este soubo resolver hàbilmente dentro da àrea e diante de Kiko.Despois destes magnìficos 15 primeiros quince minutos ,case lòxicamente baixamos un pelìn o  acelerador.Non nos acomodamos pero o ritmo baixou paulatinamente.O partido viase de cara,e os mariñáns estiveron apagados no primeiro tempo,tamèn por que estivemos moi serios atràs.Tivemos oportunidades pra matalo encontro no primeiro parcial ,en especial unha ocasiòn de Nico despois dunha boa xogada de Tara.Non sentenciamos pero non pasamos ningùn apuro.
                       A volta dos vestiarios houbo màis alernativas .Os visitantes estiráronse,adiantaron liñas e foron acercándose a nosa àrea.Tamèn deixaron màis ocos atràs  o que permitiu que nos chegaramos en contragolpe e non sò en ataque estàtico .Levamos màis perigo a contra.Houbo ocasiòns nas duas àreas.Primeiro tivo unha Joao que disparoou alto.Despois foi Emilio pola nosa parte.Roi sacou unha boa luva a un franco de Cora.No  70' unha xogada clave ,despois dunha excelente xogada persoal Noè estrelaba o balòn no pao da porta de Kiko.Pudo ser a sentencia pero de aì pasouse a pasar un mal trago cinco minutos màis tarde,un penalti tan leve coma o mellor innecesario foi lanzado e errado por Joao.Tamèn foi chave,pois por un intre pareceron  sementarse as dùvidas,pero segundos despois ao irse fora o balón soltouse a tensión .Aos mariñaos fíxolles dano marrar a opotunidade de recurtar e no treito final fumos superiores e poidemos anotar en xogadas de Noè que disparou cruzado e axustado o poste.E despois Ivi que tivoa sò diante de Kiko pero entregoulla as máns.
                    Non houbo màis.A semana que ven viviremos un reciente pero intenso derbi ,o domingo no Sangoñedo CHANTADA ATLÈTICO -TABOADA CF.
                                                         Crónica La Voz de Galicia


El Taboada supera al Valadouro con dos goles en los primeros doce minutos



Árbitro: Jorge Fernández Díaz.
Goles: 1-0, min.4, Tara; 2-0, min.12, Poyán.
Incidencias: El Taboada logró su segunda victoria de la temporada, y lo hizo ante el Valadouro. Los jugadores de Emilio García sentenciaron pronto, ya que a los doce minutos ya ganaban por 2-0. Los visitantes fallaron un penalti.
Roi; Fabricio, Pablo, Nico, Iván; Álex Ratón, Diego Poyán, Fabio, Emilio; Tara y Joni Castro. También jugaron Ivi, Noé, Alberto y Juanjo Potente.
Kiko; Gabi, Diego, Nilson, Pedro; Cándido, Aarón, João, Julián; Cora y Eloy. También jugó Toni.


Tara,Roi,Nico,Pablo,Poyán,Ibán
  Fabricio,Joni ,Fabio,Emilio,Ratón
1 Kiko,2 Gabi,3 Pedro,4 Nilson,5 Diego,6 Cándido,7  Julián,8 Aarón,9 Cora,10 Joao 11 Canoura
12 Toni,14 Alfonso


Ivi,Juanjo,Alber,Isma,Noé,Emilio



































                                                                        
25/10/15
UD XOVE LAGO 3-TABOADA CF 1
FICHA DEL PARTIDO
                                     Victoría traballada dos locais  que venceron pola sua maior efectividade  de cara o gol nun encontro moi bonito e disputado.Os primeiros  minutos  foron moi intensos es os dous equipos competiron propoñendo   moita presiòn.No 13´ contra moi ràpida dos locais,ainda que probablemente arrancada en fora de xogo e levada por Diego Chao que asiste perfecto a Juanjo Coello que fusila desde perto a Roi e acada o 1-0.Era a primeira ocasiòn local.Non nós alterou o gol e seguimos coa idea de dominar o balòn e o centro do campo.Pablo tivo unha boa ocasiòn nun libre directo no minuto 17.Os locais tentaban aproveitar a sua velocidade arriba.No 23' Fabio despuxo de outra boa ocasiòn nun disparo dende  frontal que detivo Hugo moi seguro o lado do pao.No 30 ´Alex Meitìn despuxo dunha boa para os locais que sacou Roi cos pés.Ó minuto,na réplica , Fabio levou moito perigo nunha ràpida internada ,o seu centro rematouno Emilio con moito perigo,o balòn foise por encima do longueiro.Foron minutos de toma e daca.Cando semellaba que nos iamos a vestiarios con este marcador, un bò centro de Diego Chao foi rematado no segundo pao por Juanjo Coello que acadou o 2-0,inapelable ,era o minuto 44'.Asi se chegou o descanso.
                                   Comezamos a segunda parte moi metidos ,presionando arriba e combinando moi ben.Reclamamos un penalti por un agarròn a Poyàn que o colexiado considerou inexistente.Estabamos a facer uns moi bos minutos dominando o centro.Unha gran xogada de Emilio culminou cun pase a Tara que definiu de cine diante de Hugo,era o 58', 2-1.O premio màis que merecido a actitude.Tres máis tarde no 61 o propio Tara tivo o empate nun còrner cun remate de cabeza que se foi lambendo o pao.Cando  estabamos màis  envorcados no ataque unha contra local foi culminada por Chile no 66´ definindo cun disparo cruzado , 3-1.No embargantes en ningùn intre nos descompuxemos e seguimos dando guerra ata o final buscando recurtar ,ofrecendo moito traballo e insisitindo decote no ataque. A máis clara no treito final : unha boa xogada de Joni culminouna Ibán que rematou contra o lateral da rede.A pelexa ata extenuaciòn non trouxo mellor resultado,pero todo chegarà.Vai chegar.con traballo e màis traballo.
                                     Proxima estación : esperanza.A xornada que ven ,probablemente o sábado na casa ,A Medela TABOADA CF -AD VALADOURO.
                                                                Crónica  El Progreso
                                                                             

1 Hugo,2 Rubio,3 Oli,4 Victor,5 Morás,6 Terroba,7 Chile,8 Josiño,9 Juanjo Coello,10 Alex Meitín,11 Diego Chao
12 Agus,13 Fanego,14 Chiki,15 Luis,16 Maikel
Roi,Tara,Jacobo,Pablo,Poyán,Ibán
   Fabricio,Nico,Fabio,Emilio,Alex Ratón


Manu,Alejandro,Isma,Pablito,Joni Castro,Emilio


























24/10/15
TABOADA CF  2 -AD FERROVIARIA 0
                                      Gran primeira parte dos nosos xuveniles ,que durante os primeiros vinte e cinco minutos realizaron un gran depregue ofensivo que case se convertiu en monólogo,no que o xogador que tivo máis posesión de balón foi o porteiro visitante.Os nosos chegaban continuamente e sucedéronse ocasións de Pablo, Alex Pita e Jose.O  buscado gol chegou no minuto 20´logo dunha excelente xogada de Alex Pita que culminou asistindo a Javi para que  este enviase o fondo das redes.Tralo noso gol os visitantes quixeron estirarse e chegaron nun par de veces ,unha delas bastante clara.Con todo chegouse o remate dos primeiros cuarenta e cinco co 1-0.
                                            Nos primeiros minutos da reanudación imperou unha maior igualdade,con presencia dos ataques nas inmediacións das duas áreas.Pero no 65´da segunda parte un córner botado  por Alex Pita foi rematado por David Potente cun certeiro testarazo que significou o 2-0.A secuencia do gol foi recollida en duas imaxes que podedes ver máis abaixo.Seis minutos máis tarde Alex Pita puido por a guinda as suas asistencias noutra boa ocasión na que non atiunou a definir só diante do porteiro.Volveu adquirir protagonismo o mesmo Alex no 75´ cando estrelou un balón no longueiro,despois dunha gran contra na que sacara Martín en largo,recolleraa Pita que se recorre a banda e o seu disparo dende fora da área bate no longueiro.Foi a xogada cinco estrelas do partido.A falta de once minutos Iago realiza outra excelente xogada persoal,tamén tira desde fora e o balón vaise lambendo a cruzeta.No 85´ despois de irse con gran potencia Alex Pita volve ter un man a man co gardameta visitante que volve a gañarlle a partida.Non houbo máis que salientar.Chegou por fin a primeira merecida e ansiada victoria.
                                         A semana que ven,sábado 7 de novembro na Reigosa FRIOL CF-TABOADA CF.
                                                                                   

                                             


Pablo,Iago,David Potente,Joni Guerra,Alex Pita,Rodrigo
    Rubén Pardo,Martín,Marcos,Jose,Javi


Xulián,Diego López,Fede,Simón,Daniel










18//10/15
TABOADA CF 1-CD SANTABALLÉS 2
FICHA DEL PARTIDO
  • Fecha: Domingo, 18 De Octubre De 2015
  • Taboada Club de Fútbol: Roi
  • Club Deportivo Santaballés: Adrián
  • Goles del Taboada C.F.: Alex Ratón;
  • Goles del C.D. Santaballés: Dani GonzálezPablo en propia meta;

                                              Non sucumbimos ó desánimo pero de novo a tenaza do desacougo contribuiu a privarnos do éxito .Non estabamos a xogar mal ,tampouco ben pero competiamos ben ,en igualdade cos visitantes nun partido que transcurria nunha tensa calma.O certo era pois que se palpaba o stress das últimas derrotas nos dous contendentes ,ámbolos dous necesitados de puntuar, Priorizabase non cometer erros  e as ocasións eran máis ben escasas .Chegados o minuto 41 no intento por despexar un balón Pablo tivo a mala fortuna de introducilo na nosa porteria e adiantar os de Santaballa.Só tres minutos despois na mellor xogada do Santaballés na primeira parte Dani culminaba un contragolpe cun disparo cruzado e batia de novo a Roi e  poñia o 0-2 no marcador .
                                                    Na segunda parte a mellor nova foi que o equipo ferido no orgullo en ningún  momento se entregou e a sua reacción  ten que facernos crer en sair a frote.Tentamos unha e outra vez envorvarnos na porteria defendida por Adrián . Corremos tamén moitos riscos conforme ian pasando os minutos.O premio a fé chegou no minuto 75 .cun golazo de Alex Ratón  desde fora da área ,nunha volea que se colou na escadra esquerda de Adrían  .Seguimos despois tentandoo na procura do empate e cada minuto arriscando máis o que propiciou que sobre todo nos últimos cinco os visitantes tiveran a mellor ocasión nunha contra que solventou un enorme Roi cun tremendo paradón.O final non chegou o empate pero tentar reccionar deste xeito ten que ser unha porta a esperanza .A fé neste equipo nunca se perde.
                                             A semana que ven  toca desprazarse a costa ,o domingo UD XOVE LAGO-TABOADA CF  






Roi,Pablo,Jacobo,Alejandro,Juanjo,Emilio
      Fabricio,Noé,Fabio,Ivi,Alex Ratón
1 Adrián,2 Ferreiro,3 Nito,4 Oli,5 Seo,6 Alfonso,7 Novás,8 Chisco,9 Iago,10 Verez,11 Dani.
12 Bouza,13 David,14 Chechu

Diego Poyán,Isma,Rubén,Nico

















17/10/15
SCD SAN ROQUE  2-TABOADA CF 0
                                               Disputado encontro que se resolveu a prol dos locais en xogadas a balòn parado.No primeiro tempo mantivose a igualdade sen que nengùn dos dous contendentes impuxera o contro,apenas se crearon ocasiòns que inquedaran os gardametas.A nosa máis clara foi un disparo dun franco directo escorado a direita Diego puxoa de cine pero o meta local sacou unha man excelente.
                                               No segundo tempo o San Roque colleu vantaxe no minuto 51 nunha falta lateral que foi colgada o àrea o despexe de Rodrigo foi recollido polo dianteiro local  Migui que empurrou o fondo das maias.O gol fixo que adiantaramos liñas na bùsqueda do empate,tivemos un par de ocasiòns. Unha despois dun lanzamento de Potente desde a frontal,o rexeite do meta recolleuno Joni Guerra que no remate estrelou o balòn no lateral da rede.Despois  unha gran xogada de  David Potente rematou  derrubado dentro da àrea diante  de dous defensores,reclamouse penalti,pero o colexiado non o considerou acciòn punible.
                                                 No minuto 75 cando màis estabamos a ter o control do partido,e os locais a xogar a contra,nun còrner a seu favor foi rematado cun certeiro cabezazo por Suso no primeiro pao.No ùtimo treito os locais quedaron cun home menos,e nos arriscamos,pero non conseguimos recurtar.

                                                                             




Pablo,Martín,Joni,David,Iago,Rodri
Diego,Jose,Simón,Rubén,Javi.


























10/10/15
SD MUIMENTA  2- TABOADA CF 0
                                           Empezaron fortes os locais con mais posesiòn e con dous acercamentos perigosos nos primeiros intres,solventados pola defensa visitante sen maoires atrancos.Co paso dos minutos foise equilibrando o dominio no centro do medio e fumos aparecendo en ataque ,no minuto 15 Emilio despois dunha boa xogada de Noé,disparou cruzado e colocado a altura da cruzeta pero fora,No 20' boa xogada de Ivi,que consegue salvar o gardavallas local e cederlla a Pablito que a porta baleira dispara pero Marcos evita que entre enviándoa a córner.Ata o descanso o partido estivo cheo de forza e loita pero transcurriu sen máis sobresaltos e ocasións claras.
                                            Ao pouco de iniciarse a segunda os locais adiantáronse no marcador logo de rematar Paz un córner de cabeza no primeiro pao.Na xogada seguinte pudo empatar Emilio despois dun forte chut que detivo Ivo.
                                        No 50´ os locais despuxeron doutra gran ocasión con outro remate de cabeza que Mincha estrela no longueiro.No 68'Noè tivo a opurtunidade de recurtar pero o balòn foise lambendo o poste.Foi a mellor ocasiòn do treito final,nos que tentamos buscar a desesperada un mellor resultado,diante dun equipo local que se posicionou ben na defensa do mesmo.Non foi posible de novo.
                        A semana  que ven nova oportunidade pra rexurdir,o domingo 17 na Medela TABOADA CF -CD SANTABALLÉS.


                                                            Crónica El Progreso
                                                                       
                                       





1 Ivo,2 Oscar,3 Pedro,4 Adri,5 Marcos,6 Manu,7 Pata,8 Buide,9 Danilo,10 Cascudo,11 Jairo
12 Paz,14 Javier,15 Miguel,16 Diego,17 Mincha



ROI,JACOBO,ALEX,PABLO,JUANJO,IBÀN
FABIO,NOÉ,IVI,PABLITO,EMILIO









ALEX RATÓN ,FABRICIO,POÝAN,JONI,ISMA,EMILIO




























10/10/15
TABOADA CF 0-PALAS CF 1
                               No primeiro tramo do partido viuse un fútbol pouco vistoso nos que os visitantes tiveron unha maior posesiòn do balón e o Taboada CF tentou sair a contra.Ata o minuto 30 os dianteiros apenas inquedaron as defensas e os porteiros estiveron inéditos.A partir daí desatáronse os ataques e nós desfrutamos das mellores,Alex Pita no 31' despuxo dun man a man co porteiro e tres màis tarde volteu ter nos pés outra inmellorable.Foron intres nos que tivemos o partido na man.
                             A volta dos vestiarios vivimos dez minutos de fútbol preciosista nos que voltamos a ter ocasiòns moi claras.O gardavallas palense quitou unha mán prodixiosa a un gran disparo de David Potente.Ainda tivemos outra màis antes de que o partido tornara deica un toma e daca nos que os porteiros pasaron a ser decisivos.Primeiro foi Rodrigo cun paradón, e logo o meta palense que sacou outra luva certeira a un remate de cabeza de Potente a saida dun còrner.
                   O partido encamiñabase o pitido final cando ben entrado o desconto a fortuna voltousenos en contra.Na que iba ser última xogada o Palas acadou o gol que puxo o 0-1 no marcador de xeito cruel.Nin se sacou xa de centro.
                               A semana que ven toca un desprazamento compricado a capital :SCD SAN ROQUE -TABOADA CF.

                                                       Crónica La Voz de Galicia
                                                                     


IAGO,RUBÉN,JONI,ALEX PITA,DAVID POTENTE,RODRIGO
PABLO,MARCOS,MARTÍN,JOSE,JAVI


 PABLO,SERGIO,DIEGO,FEDE,DANI,ANTÒN






04/10/15
TABOADA  CF  1 -SD ANTAS 2



                               Presumíase un derbi de urxencias de dous equipos que necesitaban resarcirse dos últimos resultados. Empezou o partido cun lixeiro dominio local que se plasmou en senllos disparos de Emilio , un foise alto e o outro sacouno un defensor. O terceiro remate foi tras un falta lateral ben templada por Pablito e de cabeza no segundo pao Ibán paseuna por a liña de porta.No 15' a primeira visitante un balón perdido no medio conlevou unha contra de Costa,que disparou cruzado.No vinte un disparo de Ivi sobre a frontal pegou nun defensor e foise lambendo a cruzeta .Dous despois  Emilio puxo a proba a Pallares que se manteu firme.No 28  boa xogada de Fabio por banda esquerda que pasa a Noè que desde  vertice da area bateu a Pallares polo primeiro pao.Contestou o Antas cun remate de cabeza de Costa no 33 ´que  levou o empate o marcador 1-1.Tralo gol os visitantes amosáronse mais cómodos e mais atrevidos,con todo nos ùltimos minutos apretamos un chisco pero o marcador non se moveu  e marchouse así a vestiarios.
                                O segundo tempo comezou cunha gran ocasion de Dabouza que logo dunha gran xogada chutou e o balon petou no longueiro.No 60' boa ocasión nos pes de Noè,tras xogada colectiva ,detivo seguro Pallares.No 65 ' boa xogada colectiva do Antas que è culminada por Guerriro que bate a Roi ,1-2.
                                Despois a pesar de que o tentamos non tivemos capacidade de reacciòn e os visitantes defendendendo  con orde e colocación obtiveron tres puntos meritorios.
                               O fin de semana que ven toca tratar de reaccionar nun novo desprazamento,esta vez á Terra Chá,no campo do Pichón SD MUIMENTA - TABOADA CF.

                                                                         



                                                                                 

Pablo,Roi,Jacobo,Juanjo,Emilio,Ibán
   Nico,Noé, Fabio.Ivi,Pablito
1 Pallares,2 Xurxo,3 Carrera ,4 Zhaski,5 Mendez,6 Gallego,17 Dabouza,8 Cristian,9 Costa,10 Vitinho,11 Anxo
12 Nando,14 Txiki,15 Andres, 16 Guerreiro

Fabri,Ratón,Isma,Alber,Rubén ,Emilio
























03/10/15
CD CORGO 2-TABOADA CF 1
Bo partido dos nosos xuveniles que só doblegaron no último suspiro ,no minuto 89,cando xa non habia posibilidade de reacción.Ata daquela viuse un partido se cadra non moi brilante ,pero si moi intenso e nos que dous equipos ofreceron un enorme traballo .Na primeira metade  houbo escasas ocasións de gol,e os dous equipos xeraron perigo exclusivamente  a balón parado.
Na segunda metade desatáronse as hostilidades e os locais adiantáronse nunha xogada desafortunada nosa.No minuto 60 nun còrner en contra o balòn petou na espalda de Martín que sin comelo nin bebelo  introducía  o baloón na nosa meta. O gol en contra fixonos reaccionar deseguido,e votámonos enriba da portería corguense .Pronto empatamos,no 65' unha falta sobre a frontal, ainda  que bastante alonxada, sacouna de xeito maxistral un David Potente,omnipresente.o balón petou no poste e entrou. Os minutos seguintes foron de toma e daca.Cos dous equipos buscando a victoria,esta sorriulles os locais no último minuto nunha gran acciòn persoal. A semana que ven debutamos na Medela,o sábado TABOADA CF-CD PALAS

David Potente.Iago,Alex,Joni,Pablín,Rodri
      Rubén,Marcos,Jose,Martín,Javier


Antón,Dani,Sergio,Diego,Fede