domingo, 23 de octubre de 2011

Taboada CF 2-Club Lemos 1

Club Lemos

 Taboada CF ,de pe : Rios,Roi,Victor,Guerreiro,Pablo,Poyan,Iba;anicados :Damián,Mosqui,Emilio,Nico
 A estrea do bar



 Goles de Mosqui e Alami en propia meta




Partido histórico para o Taboada donde se enfrontaba a un rival de renome como é o Club Lemos. Nos primeiros minutos foi un toma e daca por parte de ambos conxuntos donde ningún dominaba claramente, pero conforme foi avanzando o partido o Lemos foise facendo máis co encontro. Pero nunha xogada desafortunada para o porteiro visitante, Moski aproveitaría para adiantar os branquiazuis dando algo de aire o conxunto local. 
No principio da segunda parte o Taboada veuse algo máis arriba, isto propiciou que volvera sorrir a sorte. Un centro forte dende a banda dereita sería rematado cara a portería por un defensa visitante. Así o Taboada poñería terra de por medio no seu fortín. 
Tras isto sucederonse as oportunidades locais, a máis clara un lanzamento de falta de Guerreiro, que o porteiro non atallou de primeiras e parece ser que entrou na portería, pero o árbitro non deu por válido. Acto seguido chegaría o gol do Lemos nunha xogada combinativa na área branquiazul.
Os últimos minutos de partido o Taboada dedicouse a defender as acometidas dun Lemos que tentaba por todos os medios igualar o partido pero non conseguiu materializar ningunha oportunidade.




                   













martes, 4 de octubre de 2011

outono 2011

SD Valadouro 2(Pipe,Ivan)-Taboada CF 0.Mal dia,non andivemos finos...




Taboada CF 1-FerreiraCF 2.un tempo e medio pra nos ,e últimos 20 minutos pra eles onde se levaron o partido



Ad Boveda CF 1(Ivan Patiño)-Taboada CF 3(Guerra,Dudu pp,Andresiño).gran victoria a domicilio,nun partido de moita tensión ante un rival difícil e ben clasificado





ED LOURENZA 0-TABOADA CF 0, con Marcos ,o presi no corazón,con moitas baixas,coa mesma calidade e con moia seriedade merecemos ca un punto.












Punto mais ca meritorio nun campo difïcil contra un equipo  rochosocomo é o ED Lourenza,dun  Taboada CF dezmado polas baixas por lesión , e que non embargantes  deu un gran imaxe durante o partido e tivo ocasións e  fixo merecementos pra levarse o partido.Empezamos controlando o partido e e índonnos ó ataque sempre fieis o noso estilo de xogo,véndose o equipo local obrigado a repregarse e xogar a contra durante case  todo o partido,e sen demasiada perigosidade producto  tamen dunha grande colocación e seguridade defensiva de todo  o noso equipo.No primeiro tempo forzamos 8 saques de esquina por un dos locais ;tan só faltou o acerto  de outras tardes .No segundo o tempo o Lourenza quixo apretar mais pero non dispuxo de ningunha ocasión clara por que nós seguimos moi serios atrás e ainda que xogamos un pouco mais a contra non renunciamos a irnos polo partido e puxemos en algún apreto a zaga local,coma nunha xogada na que houbo unhas máns claras na área mariñan que o árbitro quixo interpretar como involuntarias ,ainda que polo demais cumpriu co seu cometido .