domingo, 4 de septiembre de 2016

setembro











 Síguenos tamén en   
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF


                                                                25/09/16
                                            TABOADA CF-UD XOVELAGO
         Primeiros minutos nos que imperaron as fortes presións que mantiñan os dous equipos  e que conducían a posesións curtas,que  propiciaban un xogo intenso pero non moi vistoso.Àmbolos dous equipos probaban aos metas con disparos lonxanos e frouxos.Era moita a pelexa por facerse co control do medio campo.Os locais provocaron nos primeiros minutos catro córners infructiferos ,pero que foron as ocasións màis destacadas.A partir do minuto 25 o xogo mellorou moitísimo.No 28' un disparo desde o medio campo con moita intención estivo a piques de sorprender a Trullo.No 30' a mellor ocasión visitante de Juanjo Coello que se revolveu moi ben na área,pero o disparo foise alto.No 32' boa xogada combinativa local que se quedou sen premio.No 34' foi Borja que poñia desde fora da àrea en apuros a meta defendida por Isma,o disparo foise lambendo o longueiro.Pra daquela o partido xa se volvera moi bonito No 36' foi Marcos quen puxo en apretos a Trullo cun disparo desde fora .E só un despois Jacobo nun libre directo colocouna na escadra pero atallouna o gardameta xovense.Asi sen outra novedade rematou a primeira.
          A segunda comezou cun aviso xovense Juanjo Coello disparou forte,seco pero arriba.Foi un pequeno espellismo pois nestes minutos iniciais fúmonos facendo con màis posesión e o partido disputàbase na parcela xovense.Ainda que non despuxemos de ocasións nítidas.Os visitantes fiabanas a contra.O màis destacado foi un disparo de Fabio no 58' que se foi lambendo o poste esquerdo de Trullo.No 63'  a xogada chave do encontro ,unha xogada desfortunada visitante trouxo o primeiro gol local.Un disparo de Moski pegou na perna de Rubio que desviou a traxectoria e despistou a Trullo 1-0.Só cinco minutos despois no 67' un inocente e innecesario penalti sobre Marcos deulle a oportunidade a Pablo de facelo 2-0;enganou a, Trullo e batiuno polo pao contrario o que se lanzara.Tras este segundo gol os visitantes quedaron por un intres a nosa mercé ,e primeiro David Potente e despois Marcos poideron incrementala vantaxe.Tentaron  despois refacerse nos últimos quince minutos os visitantes sen moita convicción Despois da expulsión de Borja por doble cartón amarelo o partido terminouse de aclarar e un par de minutos   despois  sentenciámolo definitivamente  logo dunha boa xogada combinativa Ibán facia o 3-0 cun remate desde o chan na àrea pequena.
             As semana que ven entra xa o mes de outono e o primeiro desprazamento toca a A Mariña,na Veiga en principio o domingo 2 AS 16:30  CD SAN CIPRIAN-TABOADA CF.


                                       Reportaxe e entrevista a Emilio Garcia en Televinte

                                                                               


                                                                  Crónica El Progreso
                                                                             
         


Isma,Pablo,Nico,Jacobo,Juanjo Potente ,Ibán
 Fabio,Ivi,Alberto,Marcos,Moski
1Trullo 2 Pedro  3 Anxo 4 Rubio, 5 Charly 6 Bustelo 7 Borja 8 Maikel 9 Juanjo Coello 10 Pablo Costa 11Andres Guijarro
12 Moya 13 Saul 14 Edgar 15 Mario Gomez 16Davi Rivas

David Potente,Roi,Diego Poyán, Emilio,Andrés,Emilio





































SCD SANROQUE 0-TABOADA CF 1

(Crónica cortesía de Javi)

                     Partido igualado pero que tiramos do carro máis que o rival.Empezamos pronto a chegar a portería  e na primeira parte destacamos un remate de cabeza de Manu ao longueiro e o gol de Congui cunha fermosa vaselina a que non chegou nin o porteiro nin os defensas.
                   Na segunda parte saímos a rematar o partido pero non tivemos sorte cara o marco rival e fallamos claras ocasións pra sentenciar,o que nos puido costar caro pois no treito final os locais apretaron na procura do empate e acabamos pedindo a hora.Pero polo botín mereceu a pena este sufrimento final.








                                                                  18/09/16
                                         SCD MILAGROSA-TABOADA CF
             Comezou o partido cunha enorme intensidade .Moita presión e velocidade nas transicións.A primeira ocasión foi do Taboada,os seis minutos Noé tentou unha vaselenia que se foi chisco arriba.Os 8' aos locais funcionoulles a estratexia,,falta sobre a frontal que abren a banda,desde donde sacan un centro que se convertiu en asistencia a Diego Vidal que rematou de cabeza o fondo das redes,sin que Roi poidera facer nada coa sua estirada.1-0.O gol asentou o xogo local,mentres o noso tratou de volcarse ó ataque en visos de buscar un ràpida igualada.Puido chegar no 25' nunha excelente maniobra de Noé que se planta cara a cara co cancerbeiro local Rodrigo,logrando este cuns ràpidos reflexos desbaratar a ocasión.Co paso dos minutos fumos facéndonos co control,pero a Mila defendíase con orde,esperando as suas opcións a contra e no balón parado.Chegou no 38' a mellor ocasión nosa nun libre indirecto que Pablo espetou cun dureza no longueiro.Asi sen nada màis que reseñar chegouse o descanso.
         A segunda comezou de xeito desesperanzador pros intereses visitantes:no 46' còrner a prol dos locais que remata de cabeza libre de marca Rubén.2-0.Foi un gol que nos pesou como unha lousa,tentamos buscar a reacción,pero os locais fixéronse co control do xogo. No 72' tivemos unha ocasión inmellorable pra voltar a meternos no partido nunha excelente xogada de Noé cuio disparo cruzado foise raspando o segundo pao.No 78' foron os locais quen poideron sentenzar a contenda cun balón que Amarelo estrelou na cruzeta.No desconto duas indecisions defensivas levaron dous goles postreiros ó marcador,primeiro recurtamos cun gol de Noé 91´ que estivo listo pra roubarlle un balón a Rodrigo e o seu central.Nin tempo houbo pra facerse ilusións .Non ben se sacou de centro Jordi no 92´ aproveitou  outra indecisión  neste caso nosa pra sentenciar o encontro 3-1.Así rematou.
            A semana que ven ,o domingo 25, na Medela tentaremos resarcirnos dos últimos resultados contra un dos rivais de altura :TABOADA CF -UD XOVELAGO

                                                                         

                                                                             
23  Rodrigo, 2 Adrián, 3 Manu Vila,4 Alejandro 6 Ignacio 7 Oscar 8  Garaloces 9 Diego Vidal 10 Alberte 11 Buján  15 Rubén
12 Ruben Palmeiro 14 Amarelo,13 Dani, 16 Pereira 15 Jordi
Roi,Pablo,Nico,Jaco,Juanjo,Ibán
 Noé,Marcos,Fabio,Emilio,Fabricio


Poyán,Andrés.Guerri,Isma,Alex,Alberto,Emilio



































17/09/16
TABOADA CF 3-SG COMERCIAL 5
(XUVENILES)










                                                                      11/09/15
                                                   TABOADA CF 0 -SD OUTEIRO  3

             A primeira do partido foi nosa no 4' disparo de Ivi desde a frontal que chapou Diego Alvarez xunto a cepa do poste.Dous màis tarde outra semellante de Ivi,pero o chut foi màis facil pra Diego.No 9' excelente xogada de combinación nosa que voltou concluir cun disparo de Ivi desde punto de penalti,e volveu intervir Diego cun paradón.Estabamos a ter moita intensidade e mantendo unha forte presiòn adiantada.Co paso dos minutos foise sacudindo  a presión o Outeiro,e foi chegando a nosa àrea en ràpidas contras.Non embargantes a mellor contra foi nosa no 25' acabouna Noé que fixo intervir a Diego con outro paradón que se foi a córner.A primeira concluiu sen màis sobresaltos baixando un pouco o ritmo no tramo final.
                 A segunda comezou cunha clarisima a prol do Taboada nun còrner ,impresionante testarazo de Ibàn que topou cunha non menos espectacular parada de Diego Alvarez que desviou a còrner. No 48' Diego voltou convertirse no salvador do Outeiro o sacar da escadra  un durísimo chut de Ivi desde a frontal.Foron intres nos que estabamos a encerrar os visitantes na sua parcela.No 55' unha nova  ocasión nosa ,un man a man entre Emilio e o cancerbeiro, e de novo este providencial enviou a córner.
                Todo o plan e bó xogo se veu abaixo no 65' ,Nun córner illado o Outeiro sacou petroleo,do tumulto de homes  ó remate Trigo aproveitouse dun balón que se fora cerrando o segundo pao e acabou introducindo o balón nas nosas mallas 0-1.Tentamos recuperarnos buscando unha ràpida resposta,tivémola.de novo nos pes de Emilio,pero de novo Diego foi providencial.Apretamos no tramo final e tentamos  encerrar os visitantes na sua área.Pero corremos riscos atras cunha defensa de tres  e un  Outeiro con moito oficio  nunha contra iniciada por Alvaro culminouna Diego Seijas que facia o 0-2 no 80'.No 86''màis do mismo,outra contra semellante  e de novo Diego Seijas batia a Roi.Xa para por o 0-3 definitivo..Con todo non se pode decir que os visitantes non mereceran a victoria ,máxima eficacia ,tres ocasións tres  goles .Pola nosa parte demasiado castigo para tanta paixón e derroche, Así  rematou todo.Pena.Outra  vez será.E todo o día que David Montes volvía a unha convocatoría despois dun ano lonxe da casa.A mellor nova do día ,que xa o temos acó.
                  A semana que ven toca levantarse ,visitamos a capital , a fin de semana SCD MILAGROSA -TABOADA CF 
                                                                          
Roi,Fabricio,Jacobo,Pablo,Juanjo,Ibán
 Marcos,Ivi,Noé,Fabio,Emilio
1 Diego Alvarez 2 Jony 3 Rubén 4Julio 5 Trigo 6 Victor 7 Adriàn 8 Kike 9 Jesu 10 Diego Lòpez 11 Alvaro
12 Rubincha 13 Carlos 14 Alvaro 15 Iago 16 Diego Seijas

Joni,Diego Poyán,Nico,Isma,David Montes,Emilio



































                   



4/9/16
CF RIOTORTO 0 -TABOADA CF 1

                      Comezou o partido cunha calor sofocante que non someteu no inicio a intensidade inicial de àmbolos dous conxuntos.Era bonito o xogo con idas e vidas continuas,e chegadas ás duas àreas pero sin ocasións claras.A primeira un pouco notable tivoa o equipo local no 22' un centro de Seco que rematou Play cun remate frouxo de cabeza.As seguintes foron nosas un saque en longo de Roi que estivo a piques de aproveitar Mos cun remate de cabeza.Despois un chut lonxano de Noé,ben direccionado pero frouxo.No 31 'un man a man nítido entre Kevin sacouno este coa luva a córner.No 34 ' unha falta lateral a prol nosa culminou cun remate a boca de xarro de Nico que rexeitou Marcos xogàndose a integridade física,paradón. No 37',xogadón de Mos que se vai de todos por velocidade en banda esquerda,culmina cun pase da morte ó que non chega Fabio.Dous despois un chut de Noé foise desviado.No 40' Play rematou de cabeza un còrner que se foi alto.
        O segundo tempo comezou nuns parámetros semellantes a primeira : intensidade,velocidade,como premisas nos dous conxuntos ;menor era a precisión.A primeira notoria deste segundo acto foi un chut de Noé que se foi desviado tras unha boa acción individual.No 56' boa ocasión de Mosqui que remachou caéndose un centro dende a dereita.Nestes intres estabamos a impoñer un dominio territorial,xogando màis na parcela local.No 68' inmellorable ocasión local,Play sin marca na área rematou o longueiro.O tramo final perdeu ritmo e desapareceron as ocasións.O empate estaba a ser xusto.Tivo que aparecer Moski cunha gran acción individual :,foise de toda defensa,deixando atrás ata tres defensores o cuarto derrubouno  ,  e provocou un penalti claro,que transformou con contundencia Pablo,pegado a cepa do poste esquerdo 
                            .Importante victoria pra comezar diante dun equipo que levaba dous anos imbatido na Veiga,un campo no que vai ser complicado gañar.
                              A segunda xornada de Liga deparanos o primeiro partido na Medela ,o domingo 11 TABOADA CF -SD OUTEIRO DE REI
                                                                                    
                                                                     


1 Marcos, 2 Santiso, 3 Brais , 4 Peque, 5Jesus Pablo, 6David Silva 7 Ivan Seco , 8 Christian, 9 Miguel angel  10 Kevin 11 Adri
 14 Pablo Ruiz , 17 Gene  19 Gabri 21 Neira 22 Ovidiu

 Roi,Pablo,Joni Guerra, Nico,Jaco,Juanjo
Fabricio,Noé,Moski,Fabio,Emilio



Isma,Ibán ,Ivi,Alber ,Dieguiño,Emilio