domingo, 4 de diciembre de 2011

decembro


TABOADA CF 5-PORTOMARIN CF 3
     Taboada CF:Rios,Roi,Guerreiro,Pablo,Damián,Ibán,Alex,Emilio,Alberto,Nico,Marcos
                                          Portomarín CF
                                            Marcos Feás,Andresiño,Isma,Victor,Rubén  Moscoso


                                                

                    Derbi comarcal atípico  no que os ataques impuxéronse ás defensas e onde a nosa capacidade ofensiva acabou dominando no segundo tempo e permítenos continuar nunha gran liña , na cal conquerimos 22 dos últimos 24 puntos en xogo, e seguir na zona alta da táboa .No primeiro tempo ámbolos dous equipos estiveron a un nivel parello e plantexando un futbol similar índose o ataque ,e nesta liorta golpeu  primeiro o Portomarin    á saida dun córner nun certeiro remate de cabeza adiantábase por primeira vez no min. 21 ;os nosos non se daban feito co mando do encontro ,pero pouco a pouco empezaron a chegalas ocasións ainda que ningunha que poidamos decir clara ,ata que nunha gran xogada de Marcos,que volvia a titularidade logo da suá lesión , este define con contundencia fusilando o porteiro rival os 40´ .A partir de acó  o equipo gañou confianza e volveu a liña dos últimos partidos,Emilio quixo dar un plus ofensivo e   o cuarto de hora do segundo tempo mete no campo     a Rubén Moscoso primeiro ,e logo o Andresiño    ;ainda que  xusto nestas, no 67´, o Portomarín combina ben nunha xogada de ataque e encóntrase cun erro defensivo do Taboada e o balón  entra mansamente nas redes  .Este contratempo non nos arredou e non tardamos 4 minutos en darlle a volta o marcador,primeiro no 69´ nunha magnífica internada de Moscoso   que asiste a Andresiño que marca a pracer, e no min .71 Guerreiro dun gran zurdazo  desde fora da área  que se cola pola escadra,un golazo.Esto deixou un pouco tocado ó rival que quedou ainda mais noqueado 4´ máis tarde cando  un Mosqui   recén recuperado pero enorme, se vai como un foguete e define cunha extraordinaria vaselina,outro golazo destos que  soen aparecer  na Medela e que nos estan malacostumbrando a ver arte de futbol.Xogada que  repite de novo 7´ despois ,no 80´,despois dunha falta sacada maxistralmente por Guerreiro sacada en globo pra Mosqui e esta vez Rubén define fusilando por abaixo e logra o 5-2( ver imaxes de Televinte). Cando o partido parecía xa decidido ,e poidendo acadar 2 goles claros máis ,ocasións erradas ó fín, o Porto resolve ben unha xogada na nosa área e acada o 5-3; viñeronse os seus xogadores arriba e puido incluso recurtar mais a  nosa renda, xa no desconto, pero  tivo Roi unha gran intervención.
                                                             

                                         
                                                      SD O PÁRAMO 2-TABOADA CF 2

                                          SD O PÁRAMO
               TABOADA CF  de pé: Nico,Pablo,Guerreiro,Poyán,Roi,Rios,Iban
                                         anicados: Alex,Marcos,Alberto,Andresín.

                                          Mosqui,Txiqui,Manu,Fabri,Isma ,Emi
 Partido vibrante o disputado no municipal das Rapadas do Páramo,moi disputado ainda que os locais  foron mellores no primeiro tempo e o Taboada CF foi superior na segunda metade. A pesares de que comezamos moi ben presionando arriba e dominando o encontro como plasmou o gol de Andresin no minuto 3,o equipo mostrouse  nervoso e sen poder combinar nos primeiros 45 diante dunha Sd O Páramo que se amosou coma un bloque compacto e con pegada,que se topou, iso si, con que pronto nivelou o marcador ,os 5´,  nun balón que quedou morto logo dun córner e que a nosa zaga non deu sacado da área pequena e Coedo enchufouna.Non nos arredamos e seguimos coa pretensión    de irmos ó ataque pero no 17´  atacante local Rober dun disparo de media distancia que se colou pola escadra  acada o 2-1 que nos púxo por detrás  ,e non só no marcador senón que nos vimos ben amarrados por un equipo local que ainda sen crear ocasións claras non nos deixaba xogar e incomodounos moito ,tan só dous disparos de Marcos e Rios perto do descanso deron visos de que na segunda parte as cousas ian cambiar .E empezamos de novo presionando arriba  e combinando ben e pronto, no 51  o balón que engancha Guerreiro na frontal colocao rente o a pao esquerdo de Mundín   e acada o 2-2,  que o dar cabo sería definitivo.De acó o final  seguimos chegando con moito perigo e tivemos claras ocasións de Nico ,Mosqui ou Poyán que ben se foron fora ou desbaratou a boa zaga local ,e non pasamos apuros máis que en un par de xogadas a balón parado que nin Rober nin Coedo deron materializado, e o fin conquerimos un xusto empate .


                                             Nova medelona branquiazul nas Rapadas.
                                           
                                                SCD RESIDENCIA 1-TABOADA CF 1
                                           A  Cheda
                                          Scd Residencia
                                         Taboada CF  de  pe: Poyán,Guerreiro,Pablo,Roi,Rios,Iban
                                                             anicados: Fabri,Marcos,Alber,Mosqui,Nico

                                          Victor,Txiqui,Marcos Feás,Manu,Damián





                                         
               Partido emocionante pero pouco vistoso o disputado na capital lucense,no cal deixamos escapar dous puntos a pouco de rematar o partido.Comezamos o encontro na liña dos últimos encontros ,que nos leva a continuar nesta gran xeira de resultados nos que non coñecemos a derrota.Empezamos presionando moi forte arriba e pronto obtivemos recompensa pois no min. 6  dun balón roubado arriba que chegou a Rios iste resolveu dun fermosa vaselina e acadou o 0-1.A partir de acó controlamos moi ben ós locais durante o primeiro tempo e puxémolos en serios apretos en algún contragolpe.No segundo tempo continuamos con esta tónica a meirande parte desta continuación pero fumos caendo instintivamente nun perigoso conservadurismo ainda que non pasabamos apuros .E así nunha xogada sen aparente perigo o balón caeu nos pés de Oscar Pol que fusilou a Roi perto da área pequena cando faltaban cinco minutos para rematalo encontro, e de acó ó final foi un querer e non poder ,e  rematamos coas táboas no marcador e chegamos o parón navideño entre os cinco primeiros culminando un ano macanudo e único por extraordinario para o noso clube.