Pablo,Victor,Poyan,Guerra,Roi.Iban
Damian,Manu,Alex,Emi,David
SCD MILAGROSA
Partido gris como dia,envolto na néboa que se cabe no segundo tempo dificultou a visibilidade.Foi un encontro equilibrado con poucas ocasions e moita brega coma case todolos disputados contra a Mila do Madriles.e que nos permitiu seguir na liña de non perder partidos ainda que é ben certo que non gañamos nos últimos tres.Nos primeiros instantes vimos un toma e daca constante e fumos nós quen demos primeiro nunha gran xogada de David Montes no min. 19 que resolveu cun forte disparo raso e cruzado rente o pao.Igualou a Milagrosa os 31' nun corner con varios rechazes e que introduciu Alvarez na nosa meta.Na continuación os visitantes trataron de sair a contra ainda que so crearon unha ocasión de perigo,o Taboada acosou a porteria deYelco pero non acadamos froito polo bon ton defensivo dos capitalinos.
TABOADA CF 2(Guerreiro,Andresiño)-CD CASTRO 1 (Miguel Angel)
David,Victor,Rios,Roi,Guerra,Pablo
Mos,Alex,Emi,Poyi,Fa
CD Castro
Feo,Isma,Ibi,Marcos,Andresiño
Victoria moi traballada e difícil nun partido no que estivemos máis pragmáticos ca vistosos e que se decidiu no tramo final en duas xogadas a balón parado diante dun Castro que plantexou o partido coma na primeira volta agardándonos atrás e tentando sair a contra sobre todo con Xaime e Alvarito ,só que desta volta a nosa fortaleza defensiva neutralizou case sempre as suas poucas chegada;se ben ,cabe decilo,costounos tamén a nós chegar arriba.Asi as cousas , non foi ata o minuto 73 cando nunha falta lateral Guerreiro sacou o seu prodixioso guante dereito pra colar o balón pola escadra do segundo pao .Seis minutos máis tarde no 79 o partido pareceu sentenciarse de xeito semellante: un preciso centro de cirurxán de Guerreiro noutra falta lateral rematouno coa testa un Andresiño, o máis listo da clase ,entre xente con moita mais envergadura.Parecia todo finiquitado e complicámonos o encontro no 89´ nunha xogada ben trenzada polos chairegos que culminou Miguel Angel ;ainda se prolongou o encontro ,e o Castro quixo pero non deu chegado con mais perigo e nós poidemos sentenciar cunha contra moi ben levada por Rubén Moscoso pero que errou no pase ó Andresiño.Espéranos a 12+1
Gol Andresiño
Dende ahí a meteu o Guerreiro
SD OUTEIRO DE REI 0-TABOADA CF 1 (Marquiños)
Sd Outeiro de Rei
Rios,Guerreiro,Roi,Pablo,Nico,Iban
Alex,Marcos,Alberto,Andresiño,Fabri
Gran e importantísima victoria a conseguida no municipal de Outeiro;grande por que foi diante dun dos claros favoritos os ascenso xunto co Lemos, un equipo que ademáis deixa escapar moi poucos puntos no seu feudo e grande tamén polo xogo despregado.Importante é porque estas alturas da tempada estamos moi lonxe da zona de perigo e moi cerca dos postos altos da táboa, e que nos permite seguir mantendo as nosas aspiracións, que non son outras que quedar o más arriba posíbel,e mellorala clasificación da tempada pasada,feito que ben é merecido por este excelente e brilante plantel .O partido respostou as expectativas ,por seren dous equipos que ata o de acó amosaron moito,os de Pepe Martín comezaron apretando moito cun xogo moi físico e directo e perigosísimo a balón parado,nos empezamos un pouco titubeantes pero firmes atrás e pouco a pouco fumos inquedandoos con rapidisimas transicións conducidas por uns grandisimos Guerreiro e Rios(excepcional o seu partido,atacando e defendendo) e finalizadas polos estiletes: esos xeniais" baixiños" Andresiño e Marquiños.Precisamente deste xeito acadamos o gol no minuto 19,grandisima asistencia de Rios a Marcos que define de forma antóloxica colocando o balón pola escadra .O gol,que tiña unha dedicatoria moi especial, atenazou as ideas dos locais e fixeron que se repregaran un pouco e ainda que tiveron algunha clara ocasión foi moi ben sacada pola nosa defensa que se asentou e se fixo formidable tralo gol.O traballo de Nico e Alberto tamén foi neutralizando o seu poderoso medio campo .Antes de chegar o descanso produciuse unha xogada que puido ser decisiva unha rapidísima contra de Marcos foi cortada contundentemente cunha durisima entrada do seu cancerbeiro,merecente quizais de máis castigo,pois cortou de raiz o partidazo que estaba facendo o noso xenio de San Pedro.,xa que caeu lesionado e non puido continuar .Non embargantes foi substituido por Mosqui que no segundo tempo acabou por tolear a sua defensa e tamén a nosa afeizón que novamente acudiu en masa a Outeiro.A segunda parte foi un monólogo noso: a defensa contundentísima non deixaba crear unha ocasión(as poucas salvadas por un segurísimo Roi),o centro campo ,xa coa entrada tamén de Poyán, volveuse inconmensurable ,Guerra e Rios na sua enorme liña,e de novo Andresiño e Moscoso chegando unha e outra vez con perigo;ata dous goles nos foron anulados ,con algo máis fortuna e xustiza o resultado puido ser máis abultado,cando menos na retina sera así :MERECIDO,en maiúsculas
TABOADA CF 3-UD PASTORICENSE 3
O plantel case ó completo :arriba: Poyán,Guerra,Pablo,Roi,Rios,Iban,Victor,Isma,Emilio
abaixo: Andresiño,Nico,Emi,Damián,Marcos,David Montes,Feás,Manu
faltan na foto:Andrés,Alberto,Alex,Fabri,Rubén Moscoso
UD PASTORICENSE
Partido impresionante e espectacular o vivido na Medela ,feudo difinitivamente mítico polos duelos que se estan vivindo nos últimos tempos.O Taboada CF pódese dizer que tirou pola borda o partidazo que levaba feito ata o minuto 72,pois ata daquela ía vencendo por 3-0 e a a partir de acó unha UD que amosara ser moi bon equipo,ainda que hoxe chegara arriba moi poco e limitárase a defender como podia ,pero entre a fortuna dos seu dous primeiros goles,dous erros nosos incluido un gol en propia meta(nos minutos 73-Iván Seco- e 82) e logo con empuxe e unha garra que o fixeron merecedor de levarse un punto do noso campiño e acadou así o e empate no 85(Andrés);e se cabe tivémola fortuna de non se nos escapalos tres nun man a man que solventou Roi xa no desconto;feito que tampouco houbera sido xusto con nós pois fumos clarísimos domiñadores do partido e en moitas fases practicando un grandísimo futbol,guiados por un Guerreiro,pro que non hai calificativos ,quizais ÚNICO,autor dos tres goles,iso si culminando sempre espectaculares xogadas de equipo.A primeira no min.6 gran xogada de David que centra a pau cambiado a Marcos que asiste xenerosamente a Guerreiro que fusila a pracer.Sobre a media hora outra xogada colectiva remata con varios remates na área do Pastoricense pra caer nos pes de Guerreiro que dentro da área pequena non perdoa.O partido puxose moi de cara, e no segundo tempo continuamos pasando o rodillo a un ferreo rival pero o que non lle dabamos opción e tendo claras chegadas pero sin acerto no remate ata que noutra xogada colectiva,no min.65, que nacia nunha internada de Ibán ,que cambia o segundo pao onde Emilio asiste a Guerreiro que de novo fusila o seu gardavallas e parecía sentencialo choque ,pero o Pastoricense que non tivera case ningún achegamento perigoso nunca se deu por vencido e votouse arriba e pasou o relatado.Un desaxuste defensivo,un gol,dúbidas e gol desfortunadísimo en propia meta,nervos e un gran contra golpe deles e gol do empate, e logo un final de infarto con dúas claras ocasións por equipo que poderian ter decantado pra calquer lado o partido.Dous equipos que por xogo e gañas merecen ir máis arriba,e un Taboada CF que ainda que tivo 13 minutos aciagos non deixa de ser grande e temible rival ,e de record ,xa van 14 xornadas invicto.