domingo, 5 de febrero de 2012

febreiro


febreiro




                                             CD XERMADE 1-TABOADA CF 1
                                          CD Xermade
                                          Poyán,Roi,Guerreiro,David Montes,Nico,Pablo
                                          Andresiño,Fabri,Alex,Marcos,Emilio






                                          Txiqui,Alberto,Mosqui,Emilio,Victor,Damián
                                          Pois outros dous puntos  que se nos escaparon no último suspiro ,exactamente no 95´  .De novo fumos domiñadores do encontro ,levando a iniciativa ,se cadra non nos primeiros minutos, nos cais os locais apretaronnos moito presionando  arriba  e foi nestes intres cando tiveron as mellores ocasións do encontro con duas chegadas moi perigosas en boas combinacións de equipo.Non embargantes fixémonos coa posesión a partires do cuarto de hora  e o seu xogo deixou de funcionar e escomezaron as nosas perigosas chegadas primeiro dous avisos con disparos que levaban lume de Andresiño e Marcos e logo cunha ocasión manifesta de Emilio,que se foi da defensa e co porteiro local  Marcos desbordado quedouse sen ángulo e o balón foise por nada o lateral da rede .Logo seguimos domiñando e xogando no seu campo   e eles volveron chegar  ,no primeiro tempo,somentes  nunha contra na que un dianteiro se quedou en fora de xogo e ainda que o balón entrou a  xogada xa estaba anulada .Na segunda metade comezouse na mesma liña pero tras dúas faltas  Poyán recibiu dous cartóns marelos rigurosisimos e inmerecidos e foi expulsado no 58.Con moitisemo tempo por diante as "circunstancias" non nos arredaron,quixais ben o contrario espoleáronnos  e coa entrada de Moscoso e Alberto fúmonos polo partido,con catro chegadas consecutivas que remataron en corner,  e nun destes no minuto 67 Alberto remachou  ,con xenio e precisión entre unha nube de efectivos,a rede un balón que nesa xogada non parecia querer entrar tras varios rexeites da sua defensa .No que quedou de encontro controlamos ben o Xermade e ainda tivemos algun achegamento perigoso coma unha contra que rematou nunha falta a Marcos na frontal que Guerreiro no libre directo fixo pasar apuros o meta rival.O CD Xermade, ainda que foi un rival correoso , só chegou con perigo no 85´ cunha vaselina de Ruben que chapou Roi ,e no devandito é fatidico minuto do desconto un balón que caeu perto da frontal foi solventado cun zapatazo  de Narciso que se colou a media altura pegado o poste esquerdo e fíxose inalcanzable pro Roi pese a súa grande estirada e deixounos medio desolados xa que non foi premio dabondo para a garra ,o  xogo despregado e o esforzo extra  de quedar cun menos;queda sempre a recompensa de non sermos  batidos ,e xa van quince xornadas.
                                         TABOADA CF 2- SD VALADOURO 1
                                          Rios,Roi,Victor,Guerreiro,Pablo,Nico
                                          Manu,David,Marcos,Emilio,Fabri
                                                     SD VALADOURO

                                          Txiqui,Alex,Iban,Andresiño


                                         Victoria sufridísima,agónica e coa fortuna que  nos faltara a semana anterior, e iso que o partido púxosenos de cara moi cedo,non se cumprira o segundo minuto cando unha entrada por banda culminou cun gran centro de Fabricio dende a liña de fondo e nó segundo pao apareceu Guerreiro que  cun gran remate de cabeza mete pola escadra o esférico.O Valadouro non variou o seu esquema que tiña trazado ,pois veu a facer o seu partido ,cun plantel moi limitado polas baixas,adicouse a esperar atrás ,moi bregador,e esperar con algunha ocasión illada tentar dala sorpresa como case estivo a punto de ocurrir .O seu pundonor contarrestámolo con moitisimas gañas de liquidar o partido e con moitas chegadas de calidade e claras ocasións sobretodo no primeiro tempo : unha primeira de Marcos no 19´ , outra de Manuel que acabou no lateral da rede  ou outra  que culminou cun pase da morte a David Montes  que se foi arriba por pouco e que acabou coa lesión deste.O primeiro achegamento visitante chegou a media hora nunha falta que solventou cunha gran intervención Roi;Logo ,Rios tivo outra nunha gran  progresión pola banda e Marcos, o pouco de principiar o segundo tempo, largou un grandisimo disparo que se sacou de encima espectacularmente o seu gardavallas Dani ; tamén tivemos  outra clara nunha gran contra de Manuel....  e así seguiamos ata que o seu mellor atacante : No,(Noguerson  que xunto   o mencionado cancerbeiro Dani ,Ayoub e o central Trigo foron os mais destacados dos mariñans)  roubounos a carteira   cunha boa xogada individual e no  cara a cara final con Roi resolveu coma un matador.Esto ocorría no 57´ e de acó ó final todo foi un querer e non poder ,fúmonos o ataque descaradamente, cunha defensa de tres ,pero non tivemos a claridade de ideas nin a xenialidade doutras tardes .Pero a sorte ,que nos fora esquiva contra o Xermade,ainda que non por non buscada e ben merecida( por que se alguen quixo gañar fumos nós) apareceu no mesmo minuto ca semana pasada no 95´ :un disparo moi axustado e forte de Mosqui rozou nun defensa rival e descolocou o seu porteiro que xa nada puido facer.Un final que lembrou o da tempada pasada nas terras do Rio Ouro ,pero desta vez o Taboada CF saiu airoso.Unha xornada máis de gloria ,que ademais nos fai escalar un posto na táboa,cuartos agora ;  en garda pra dar batalla sen cuartel nas cinco etapas reinas que nos agardan Ferreira,Boveda ,Lemos ,Lourenza e Burela.
FERREIRA CF 0-TABOADA CF 0

                                             Ferreira CF
                                                Victor,Guerra,Nico,Roi,Rios,Iban
                                                 Andersiño,Moski,Poyán,Fabri,Pablo

                                            Feás,Damián,Txiqui,Isma,Andrés
                                           
Partido igualadísemo,como reflicte o 0-0 final,desos que se decía de guante blanco, nunha saida complicadisima    ó Baliño de Pantón ,  contra un rival ,o Ferreira CF, que fora o último que nos derrotara ,daquela na Medela,e  que marcha xusto detrás de nós na táboa;por isto e polas derrotas do Páramo e Outeiro  o puntiño acadado ten unha gran transcendencia  e resulta máis ca meritorio e ilusionante.O Taboada CF quizais levou máis a iniciativa e buscou con maior ansia o gol, pero non chegou. A primeira parte tivo claro cor branquiazul, e neses primeiros 45 minutos desperdiciamos boas ocasións para adiantarnos, coma un mau a mau de Moski que non soubo definir diante do seu gardavallas e no posterior rexeite Andresiño enviou o balón por riba da trave. Tivemos outras dúas nos pés de Andresiño que se estrelaron no seu porteiro e outra de Guerra a reviravolta que se foi a rentes do pau. Pola contra, defensivamente non pasamos apuros a non ser nun remate de Varela que se foi á esquerda do marco de Roi. Así se chegou ó descanso.
Na segunda parte as forzas iguálaronse máis e non chegamos arriba con tanta claridade, anque tivemos un par de boas oportunidades nos pés de Ríos e Guerreiro.
Arredor do minuto 65 de partido o Ferreira quedouse cun home menos, o que fixo que deran un paso atrás e nos dificultara ainda máis o noso ataque, ademais a partires de aquí dedicáronse a perder tempo de tódalas maneiras posibles para cortar o noso ritmo de xogo.
Apesar de non chegar con tanta claridade, buscamos o gol dos tres puntos con moito ímpetu e moita fe, pero a sorte non estivo con nós. Este feito, nos minutos finais, a piques estivo de costarnos o partido posto que deixamos desguarnecida a nosa zona defensiva o que posibilitou dúas oportunidades deles que non souberon concretar.
En definitiva, un punto máis nun campo difícil que nos permite manter a cuarta posición e máis manter e alongar a incrible racha, que ascende xa a 17 partidos, toda unha volta, sen coñecer o sinsabor da derrota, con 10 victorias e 7 empates.



                              (graza mil o Roi e o Marquiños polas fotos e crónica desta xornada)            

                                                     TABOADA CF 1-AD BOVEDA  CF 4
                                             Rios ,Roi,Victor,Guerreiro,Pablo,Iban
                                              Andrés,Alex,Dami,Nico,Moski
                                             AD Bóveda CF

                                             Marcos,Manu,Alber,Fabricio,Isma

                                          Chegou o dia de narrar unha derrota e o fin da grandisima xeira que a precedeu de dezasete xornadas invictos.Foi unha victoria sin palaitivos do Bóveda , que hoxe foi mellor.O partido empezou no medio dun gran ambiente nas gradas,e empezamos dominando durante case todo primeiro tempo e tivemos ocasións para adiantarnos en duas grandes internadas de Moski e outra de Rios,pero hoxe non tivemos tino ; pouco a pouco fumos caendo  atrapados no seu xogo, trabando  o noso sempre ó límite do reglamento en defensa e  contras directas arriba  .Contra o final da primeira parte no 44 chegou o seu primeiro un bo gol de Borja maila que pegou nun defensa e endiañouse cara nosa porteria.Noutra contra ,Iago ,tres minutos despois puxo moi o seu favor o partido antes do descanso.E  o pouco de comezalo segundo Arias nun desaxuste defensivo tiraba por terra os azos de remontada .Asi pois en menos de 10 minutos 0-3.A pesares desto  nunca baixámolos brazos e vótamonos desesperadamente ó ataque e tivemos ocasións pero unhas veces o porteiro e outras a sua defensa desbarataron toda tentativa;o colmo foi daquela na que na mesma xogada o balón foi repelido ata tres veces polos paos;hoxe non queria entrar.De novo Iago noutra contra no 26 da segunda ampliou a renda e Nico no 88 meteu un gol da honra  pírrico que foi mais ca merecido por esa loita exánime ata o fin .En fin un pequeno accidente que non pode empañala nosa gran campaña ,nin diminuir nin un ápice a  ilusión de tentar pelexar por quedar o mais arriba posible e que igual ata senta ben pra refrear certo exceso de euforia que rodeaba o equipo e afrontar o treito final sen tanta presión.Prá semana agárdanos outro gran partido  ,ánimo  e forza Taboada CF.