26/01/14
IBERIA CF 3-TABOADA 0
1 Xoel,2 Davicin,3 Chuiqui,4 Rego,5 Pernas,6 Diego Nuñez,7 Jacobo,8 Diego Chao,9 Perotti,10 Canario,11 Maqui .12 Aitor,13 Suso,14 Alvaro,15 Partai,16 David
Alex,Nico,Alberto,Diego Poyán,Alex Ratón
Javi,Manu,Iago Montes,Damián,Isma,Emilio
Derrota abultada en exceso diante dun Iberia CF que tivo máis tino ;simplemente ,cada vez que chegou bicou o gol.Nós polo contrario o mellor tivemos mais ocasións pero non metemos ningunha.Non fixemos un mal partido,recurrindo ó tópico : un tempo para cada equipo .Fixemos un moi bó primeiro tempo ,favorecidos quizais polo fortísimo vento reinante,que condicionou moito todo o encontro.Ainda que os locais tamén merodearon pola nosa área foi o Taboada Cf quen despuxo de máis e mellores ocasións ;cabe lembrar unha de Poyán perto da área pequena ,outra de Alex Ratón a pase de David Montes ,un disparo con moita intención de Jacobo que se foi lambendo o longueiro e sobre todo un remate a media altura e a queimarroupa de Nico no desconto da primeira parte e que ben puido cambiar o signo do partido.Sabiamos que a volta o vento ibámolo ter en contra,e a fé que a si foi e que se voltou contra nós .De nada serve o lamento ós condicionantes ,ó tempo, as incontables baixas ,pero xuntousénos un pouco todo a nivel do subconsciente e o seu primeiro gol , no 55 que veu nun centro-chut con rosca de Maqui que se endiañou co vento facendo unha parábola inverosímil desconcertou a Roi e ó equipo.A pesar de que reaccionamos moi ben ,e o minuto tivemos o empate nas botas de Ibán a sombra dese primeiro gol descolocounos da sereidade inicial e os locais facian o segundo nunha rápida contra levada por Diego Chao que lla puxo en bandexa a Perotti que anotaba no 61.Xa foi moita lousa e en breve espacio de tempo, pero ainda que quedaba moito ,adiantamos liñas , arriscamos cunha defensa de tres e seguimos buscando o marco rival,un equipo que consciente da renda defendéouse con moito orde,agardando con paciencia ós contra golpes que foron chegando e que podian incrementala vantaxe.Asi aconteceu ,o noso tesón non obtivo premio pero sí a sua eficacia e Diego Chao culminou unha contra moi rápida xa chegando ó final,no 88.Despois da batalla das Balgas ,hai que remontar voo,o domingo na Medela TABOADA CF- SD O PÁRAMO.
CRÓNICA DE EL PROGRESO
25/01/14
TABOADA CF 5-SCD RESIDENCIA B 4
Extraordinario o partido visto o sábado na Medela ,especialmente de cara o espectador,con xogadas e goles espectaculares ,non tanto para os entrenadores pois a nivel defensivo víronse algunhas lagoas.O partido comezou cun Taboada espectacular facendo circular moi ben o balón e cun completo dominio e xogo ofensivo que culminou no minuto 10 cun gran xogada en ataque de Dani Delgado que cun forte disparo estrela o balón no pao,o rexeite recolleo Marcos Saavedra na frontal e con outro disparo forte alonxa o balón no fondo das redes.Logo veñen uns minutos trepidantes no 21´ Jose aproveítase doutro despexe da zaga visitante para elevar o balón por encima de Brandán,case non hai tempo a celebralo,por lo menos a degustalo.Nin un minuto tardou a Resi para recurtar por medio de Juanma,tampaouco lles deu tempo a asimilalo.No 23´ contesta Jony vaise de tres xogadores e define buscando o pao largo da meta capitalina 3-1.No 31´ de novo aparece Jony ,que estaba a calllar unha gran actuación e fai o 4-1, logo duha xogada colectiva. Logo dunha gran primeira parte e con este resultado vámonos ó descanso .A volta seguimos amosando a mesma intensidade ,no 59´ logo dun gran pase en longo Manute sen deixala caer engancha unha soberbia volea que significou o 5-1.Coincidiu no tempo coa lesión de Marcos Saavedra,e a de Marcos López,que nos fai reorganizar a xa maltreita liña defensiva ,neses escasos intres de adaptación a Resi aproveitase de duas xogadas a balón parado ,un córner e un saque lateral pra recurtar no 61´ e no 63 ´ por medio de Jota e Caloto .Tocaba outra vez voltar a sufrir, despois de ter o partido controlado,quedaba moito. Máis ainda cando no 76´en plena ofensiva visitante e co equipo volcado en labores defensivas os visitante poñíanse a un co tanto de Rois .Nos últimos 15 sen embargo volvemos coller o tono defensivo e soupemos sufrir e manter ata o final a xa escasa renta 5-4.Magnífico.O sábado os xuveniles visitaran Lugo,nas Gándaras SGC COMERCIAL-TABOADA CF
19/01/14
TABOADA CF 1-SD BURELA 0
David Montes,Roi,Guerreiro,Basán,Pablo,Ibán
Nico,Alex Rodriguez,Alberto,Diego Poyán,Alex Ratón
1 Borja,15Alan, 4Pedro,21Pablo Rivas, 19 Felix,20Hugo, 7Marcos, 8 Oscar Carballeira,6 Dani Chinchón,10Jaime,23 Diego Hermida. Tamén estaban no banco 17Juan,5 Anxo,9 Balbino,14 Rodrigo,13 Jose Manuel
Jacobo,Damian,Javi,Dani Rios,Isma
Resumo do partido TABOADA CF -SD BURELA e entrevista a Emilio García por TELEVINTE
Importantísimos tres puntos acadados hoxe na Medela pois significan non distanciarnos en demasía da cabeza e en concreto dun moi bó rival directo,tamén son moi significados polas duras condicións nas que os logramos e pola propia entidade do rival,agora ben tamén por que recuperamos sensacións ,especialmente no segundo tempo.Foi así por que no primeiro tempo,raiano co tedio e a friaxe,destacou só polo pundonor e a combatibidade dámbolos dous contendentes,aterezidos polo excesivo respeto; xogo nesta parte, pouco , e ocasións contadas e pouco salientables,reseñamos algún tiro lonxano ou balóns os que non chegaban as dianteiras.Quizais sairon os visitantes con máis mordente,nós saimos o mellor temerosos ou un pouco atenazados polo mal corpo da semana pasada,o feito foi que non dabamos combinado,eso sí mantendo un perfecto orde que nos permitiu controlar o impetú mariñan.No segundo tempo cambiaron moito as tornas ,saimos con outra mentalidade presionando moi forte arriba,dificultando a sua saida de balón,recuperando pelotas no seu campo,e combinando como nós sabemos,construindo fermosas transicións .Pronto tivemos un par de chegadas con perigo,nos minutos 47 e 49 ,avisos do que foi o 1-0,no minuto 53,que resultaría definitivo,unha xogada que naceu pola banda dereita levada por Poyán e David Montes,que basculou pra esquerda por donde caia Guerreiro,que resolveu co seu temple diante de Borja.O partido voltouse brioso,os visitantes non se entregaron en ningún momento, ó pouco despuxeron da sua mellor ocasión nun disparo dende moi cerca de Dani Chinchón,que Roi moi atento interceptou con axilidade.Máis tarde nós tivemos duas grandes ocasións pra sentenciar unha por banda esquerda con remate final de David Montes que se foi por pouco rozando o lateral da rede e outra por banda dereita que finalizou dende moi cerca tamén Guerreiro que sacou Borja a córner cun paradón .O partido sen perder tensión foise diluindo en ocasións nos minutos finais e soupemos exprimir a exigua renda en tres vailosos puntos.A semana que ven disputaremos outros tres transcendentais diante doutro complicadísimo rival,como vimos na primeira volta;en San Miguel de Reinante enfrontaremonos nas Valgas IBERIA CF-TABOADA CF
secuencia de imaxes da acción do gol:
19/01/14
SD MONTERROSO 2-TABOADA CF 1
Once titular: 13 RUBEN 4 MIGUEL 5 JONATHAN "CABANA" 6 IVAN "BAHÍA" 9 CRISTIAN "VEIGA"10 BALBINO 11 ADRIAN 12MARTIN "COTO" 16 ALEJANDRO "RANDULFE" 22 CRISTIAN " CRESPO" 22 RUBEN Suplentes : 2 ADRIAN VALIÑO 3 NOE 8 ADRIAN GOMEZ 15 PABLO 17 LUISMIDANI,GUERREIRO,DAVIDPOTENTE,ALEXMOURE,JONY,ALEXANDRE
RUBÉN,MARCOS,MANU,JOSE,CHUZAS
ANTÓN,ALEJANDRO,AITOR,STEVEN,KIKO,RODRIGO,LÓPEZ
Non mereceron caer hoxe os xuveniles en Cerdeiriños.fixeron un gran partido,pero cabaron caendo diante dun rival que soupo aproveitar mellor as suas ocasións. O partido comezou moi parello ainada que co paso dos minutos fúmonos facendo coa posesión e prodigándonos en ataque,os locais tamén fixeron gala de velocidade no ataque ,ainda que estiveron máis pola labor agardar sin levar a iniciativa e recuperar balóns e lanzar rápidas contras.Así, ainda que antes tivemos duas claras ocasións de Jony e Manu,a SD viu máis premiado o seu xogo nun rápido contragolpe que finalizou Cristian Veiga no minuto 29.Non lle perdemos a cara o partido e seguimos apòstando polo noso xogo máis combinativo e tamén obtivemos recompensa no 33´ Jony non perdeu a fé nun balón ,pelexou e rouboullo ó cancerbeiro local e puxo o 1-1.Ainda despuxemos doutra antes do descanso que Manu enviou o lateral da rede. A volta máis do mesmo ,a pesar que baixou un pouco o ritmo,tivemos ocasión de pornos por diante despois dunha falta lateral que caeu nos pés de Potente,o seu disparo foi sacado por un defensor baixo paus.O Monterroso sentenciu con outra contra por banda dereita no minuto 80 que foi rematada de novo por Cristian Veiga de cabeza no segundo pao.Xa non quedaba tempo pra reacción e votámonos a desesperada pero non tivemos recompensa.
12/01/2014
UD PASTORICENSE 3-TABOADA CF 1
Partido máis ben gris ainda que comezamos moi ben ,moi metidos e plantexando un xogo moi ofensivo,froito desto pronto tivemos recompensa os 6 minutos,logo dunha gran xogada por banda esquerda un disparo dende a frontal da área de Alex Ratón colouse pola escadra da meta pastoricense e acadou co seu golazo o 0-1. Hoxe o noso gol non nós sentou nada ben,pois ainda que non replegamos filas e seguimos tratando de mantela posesión os locais cun fútbol máis directo foron estirándose e hoxe non tivemos a contundencia defensiva dos últimos partidos.Así en un par de chegadas deles no 23´ e no 28 ´ encadeamos un par de desaxustes defensivos que soupo aproveitar Raul por duas veces pra voltear o marcador, 2-1.A pesares do contratempo non lle perdemos a cara o partido e seguimos ofrecer un bó xogo pero non creamos perigo real.Tralo paso por vestiarios saimos descaradamente polo partido pero pronto, no 50´ ,encontrámonos de fociños co seu terceiro gol,obra de Iñaki .Pouco contemporizamos e arriscamos,fumos ó tudo ou nada, pasando a unha defensa de tres, adiantando liñas pero seguiunos faltando profundidade e sobretodo pegada ,pois ainda que creamos perigo,despuxemos só dunha ocasión moi clara coa que recurtar á saida dun córner e espuxémonos as suas contras ainda que tampouco despuxeron de ningunha manifesta.A semana que ven próxima estación pra esperanza o domingo na Medela TABOADA CF -SD BURELA
crónica de El Progreso
11/01/2014
TABOADA CF 4-SCD MILAGROSA 3
Despois duns primeiros vinte minutos para esquencer nos que os visitantes camparon a prazer e nos que non opuxemos ninguna resistencia ,o que lles permitiu adiantarse no marcador 0-3 con goles de Alex no minuto 2 que foi o 0-1,David no minuto 9,que foi o 0-2 e Cristian no minuto 18 que foi o 0-3.a partir de acó os pequenos asentáronse e Alexandre cun perfecto remate de cabeza no minuto 20 conseguiu o 1-3 e fixo que se espolearan os ánimos dos rapaces .No 24 Jony con un maxistral remate desde o vértice da área conquería o 2-3 e revolucionaba completamente o equipo ,que se desmelenou nos minutos seguintes ata que no 30,conseguiamos neutralizar a sua vantaxe logo dunha boa xogada colectiva que resolveu Manute para po o 3-3 e volta a empezar de cero.O partido no que continuou non deixou de ser vistoso con continuas ocasións nas duas áreas ainda que sin tanto tino como na alocada primeira media hora e resolveuse no minuto 86 nunha bonita xogada individual de Jony,que culminaba a espectacular remontada
Crónica de La Voz
04/01/2014
CD ALFOZ 1-TABOADACF 1
o CD ALFOZ presentou un once con 1 Pelayo,2 Juanito,3 Gil,4 PabloCoello,5Chachi,6 Eric,7 Juan,8 Adrán,9 Jordi,10 Pille,11 Pichi .Logo tamén xugou Pedro,no banco quedaron Rene
Roi,Guereriro,Jacobo,David Montes,Diego Poyán,Ibán
Basán,Alberto,Alex Rodríguez,Pablo,Alex Ratón
Emilio,Isma,Iaguiño Montes,Damián e Dani Rios