....nesta camisa podo ser ti, e estar cerca de ti un anaco...
GRANDE MARCOS, MOITO ÁNIMO
Diante de todo: Agradecer no nome do Marcos e do Taboada CF todo afecto,apoio e preocupación que lle estades facendo chegar.Tamén agredecer a solidaridade e compañerismo do plantel e corpo técnico da SCD Milagrosa e trio arbitral.
30/03/14
TABOADA CF 3-SD SARRIANA 4
Roi,Pablo,Dani Rios,Diego Poyán,Basán,Ibán,
Emilio,Nico,Alberto,Alex Rodríguez,Javi
1 Mundín,2 Josito, 3 Urdi, 4 Fer,5 Luisma, 6 Isma, 7 Julito, 8 Raúl,9 Héctor, 10 Marino,11 Chavea,
12 Samos, 13 Lisboa,14 Carnero, 15 Fontal, 16 Canoa.
Jacobo,Iago Montes,Isma,Alex Ratón,David Montes
Viuse hoxe na Medela ,diante dun gran número de siareiros dámbolos clubes, un gran partido entre dous grandes equipos e que se levaron os sarriáns ,que deron un paso definitivo cara o ascenso ,e ensinaron tamén os motivos polos que encabezan a clasificación ,sobre todo na primeira media hora na que sairon moi enchufados ,cunha fortísima presión e moita velocidade .Nestes minutos foron o equipo que mellores sensacións deixou na Medela esta tempada.Certo que se adiantou moi cedo, cun gol espectacular,os sete minutos,unha gran volea de Chavea dende o lateral ,dende 35 metros describiu unha parábola endiañada que pillou a Roi adiantado,e non chegou recuando a atallala.Este gol facilitoulles a labor .Nos queriamos pero non dabamos despregado o noso fútbol ,pola sua presión abafante.En nada ,os 11 minutos,recibimos outro golpe demoledor nun balón que cazou Marino dentro da área,onde non soe perdoar o máximo artelleiro da categoría, 0-2.O noso Taboada daquela parecia tocado e o vendaval sarrián parecía que nos iba afundir,tiveron mais ocasións , como un gol que lle foi anulado por claro fora de xogo,tamén Roi estivo espléndido sacando dous balóns.Pero pouco a pouco fumos medrando,enderezando o rumbo, e antes de chegar o descanso poidemos equilibrar a contenda en dous remates de Javi que ben poideron ser gol.No segundo tempo as cousas cambiaron moito e pra daquela viuse un gran Taboada que estivo moi cerca de equlibrar a contenda e méritos fixo para ela.Antes do 1- 2 xa tivemos un par de ocasións para anotar,un remate de Ibán e outro de Emilio .O gol chegou no 62´ logo dun penalti por unhas mans na área visitante;lanzou Rios,repeleu Mundín e Rios enmendouse anotando no rexeite,desta sí o 1-2.Coa contenda de todo viva ,non nos durou nada a alegría, unha contra letal , na que reclamamos unhas mans previas,foi culminada dende moi cerca por Marino,no 64´.Para nada nos amilanou este gol,e con máis fé ca nunca e presionando por todo o campo empezamos a despregar o noso ataque total,que recolleu os seu froitos no 69´nun balon que lle caeu a David Montes dentro da área ,empalou e fusilou a Mundín.Despois tivemos de novo mais ocasións para empatar,Emilio ,Jacobo, Dani Rios e David Montes de novo,tiverono nas suas botas .Pero no 86 ´,e de xeito inxusto por non merecido, un balón na nosa área sobre a nosa área non foi atallado por Roi en primeira instancia e os seu pé Samos atento só tivo que empuxala 2-4.Ainda non rematara o partido,poñendo todo empuxe que poidemos, no 90 Poyán remachaba un bó centro de Javi para por o 3-4.A desesperada no desconto tentamos lograr a machada pero non había tempo.A semana que entra toca desprazamento : SD MUIMENTA -TABOADA CF.
CRÓNICA DE FÚTBOLLUCENSE.COM
A Sarriana deixa o ascenso a tiro tras un espectacular encontro en Taboada
- Martes, 01 Abril 2014
A Sarriana queda a un paso da Preferente Autonómica tras vencer en Taboada.
A Sarriana pode ser a vindeira xornada equipo de Preferente Autonómica tras impoñerse por 3-4 ó Taboada na Medela, nun encontro no que os locais foron sempre a remolque.
Cun comezo espectacular, Chavea adiantou ós brancos cunha volea dende 35 metros que pillou a Roi adiantado. Pouco despois Marino aproveitou un balón solto na área para facer o 0-2. Roi evitou a goleada sarriá na primeira metade.
No segundo tempo os de Emilio García cambiaron de cara. Ríos fixo o 1-2 no rexeite dun penalti lanzado por el mesmo, pero Marino á contra fixo pouco despois o 1-3. A falta de 20 minutos Montes fusilou a Mundín co Taboada envorcado. Era o 2-3. A falta de 5 minutos un balón colgado que Roi non atinou a chapar caeu nas botas de Samos para facer o 2-4. Finalmente Poyán puxo o 3-4 a servizo de Javi no 90.
O Taboada queda no medio da táboa con 48 puntos e a Sarriana cun punto a vindeira xornada ante o Bóveda culminará o terceiro ascenso en 3 tempadas.
Taboada: Roi, Alberto, Basan, Álex, Nico, Pablo, Ibán, Emilio, Poyán, Javi e Ríos. Tamén xogaron Álex Ratón, Jacobo e Montes.
Sarriana: Mundín, Josito, Urdi, Fer, Luísma, Isma, Julio, Raúl, Héctor, Marino e Chavea. Tamén xogaron Fontal, Canoa, Samos e Carnero.
Goles: 1-0 Chavea (min. 7). 2-0 Marino (min. 11). 1-2 Ríos (min. 57). 1-3 Marino (min. 60). 2-3Montes (min. 70, p.). 2-4 Samos (min. 86). 3-4 Poyán (min. 90).
CRÓNICA EL PROGRESO29/03/14
SD ANTAS 4-TABOADA CF 2
Rodrigo,Jonathan,Alexandre,Ivi,Aitor,Juanjo
Marcos García,Rubén,Marcos López,Manute,David López
Sergio,Jose,Steven,Dani,Alex Moure,David Potente,Alex,Antón
Campo: Castro Seoane
Árbitro:David Gonzalez
Goles:
0-1 minuto 13 Manu
1-1 minuto 30 Jesús
2-1 minuto 49 Felix
2-2 minuto 74 Ivi
3-2 minuto 76 Miguel García
4-2 minuto 80 Martín Blanco
23/03/14
UD XOVELAGO 1-TABOADA CF 0
1 Hugo,2 Rubén,3 Oliver,4 Luis Varela,5 Alex Yañez,6 Adrián,7 Maikel,8 Bruno,9 Zeus,10 Juanjo,11 Alex Meitín
12 Agustín,13 Cristian,14 Pablo García ,15 Carlos Cora,16 Oscar
Pablo,Roi,Dani Rios,Diego Poyán,Jacobo,Ibán
Javi,Alex Rodríguez,Nico,Emilio,Alex Ratón.
Alberto,Damián,Isma,Iago Montes
Se algo nos ensina este deporte e que porriba das derrotas e das victorias está a grandeza das persoas ,no que nos ocupa, dos nosos futbolistas.No dia de hoxe e no mellor escearío da categoría,no campo Beltrán ,Municipal de Xove e nun dos mellores partidos que hoxe poden verse na Primeira Autonómica o noso plantel amosou como sobreporse a cantas fatalidades se lles presentan e realizou un dos partidos máis completos da tempada,amosando cantas cualidades e calidades posue.Pena foi ,si,non conquerir os tres puntos ,nun día que todos se conxuraron para adicarlle a victoría ó Marquiños.Pero, amigo Marcos,se viras como pelexaron ata o pitido final en prol dela ...Coas nosas armas: fumos valentes,non renunciamos a poseuir o balón ,a tocala coma sempre,a combinar ,a desbordar polas bandas,a defender atacando.Faltounos o gol,si.Pero no demais fumos superiores ó bó equipo local, que se amousou coma un once sólido,moi físico,pero menos creativo no ataque apostando polos balóns en largo;tan só nos inquedaron no primeiro tempo nunha contra rápida de Juanjo Coello,que finalmente desbaratou Nico, e nun disparo de Zeus que bateou no lateral e no segundo nunha xogada embarullada no saque dun córner e no gol,que foi un gran tanto de Bruno,logo dun rexeite de Roi que caeu sobre a frontal e aquel empalou a media altura polo pao dereito.Pola nosa banda mantivémonos moi serios no primeiro tempo ,tentando controlar a posesión ,tivemos un par de claras ocasións de Rios a centros de Javi ámbalas duas,os remates a boca de gol fóronse arriba.A esta seriedade no segundo engadímoslle máis dinamismo e movilidade. Realizamos as mellores transiccións e tivemos as mellores ocasións, nos pés de Emilio e de Alex Ratón en disparos desde perto e en outro de Dani Rios que se foi lambendo o poste poidemos adiantarnos, e ainda despois do gol deles no 80´,poidemos empatar, trenzamos una maravillosa xogada na que tiramos catro paredes no medio pola esquerda,entre Ibán ,Poyán e Rios que cambiou a orientación por completo pra dereita onde entre Javi e Iago Montes ,tamén con triangulacións,combinaron pro centro de Javi que Emilio non deu materializado por nada .Finalmente non logramos o obxetivo pero demos unha gran imaxe que nos reforzará moralmente .
A semana que ven recibimos o flamante e sólido líder na Medela,o domingo TABOADA CF -SD SARRIANA
"Crónica" El Progreso
- Martes, 25 Marzo 2014
Bruno decidiu o encontro cun gran gol.
O Xove-Lago sumou 21 dos últimos 24 puntos e convértese, xunto co Pastoricense, no segundo mellor equipo da segunda volta do campionato, con 23 dos 33 puntos en xogo sumados. O Taboada, que é o segundo mellor visitante (22 puntos a domicilio), non foi quen de asaltar o Municipal de Xove, onde só foi quen de gañar esta tempada o Bóveda.
As baixas de Guerreiro e Marcos foron demasiado lastre para que o Taboada puntuase en Xove. Os locais leváronse o partido cun golazo de bruno ó aproveitar un rexeite de Roi. Empalou o futbolista mariñán dende fóra da área e cun trallazo pegado ó pau dereito do meta taboadés desnivelou o encontro.
O resto do encontro discorreu igualado. O Taboada non se amilanou polas baixas e tuteou ós locais. Juanjo Coello foi o home máis incisivo dos verdes na primeira metade.
Na reanudación o Taboada tentou o gol con máis forza, e Álex Ratón, Emilio e Ríos tiveron oportunidades para marcar. Con todo, o Xove puido finiquitar o choque cun tiro de Rubio, que se foi á base do pau visitante.
Xove-Lago: Hugo, Rubio, Oli, Luís Varela, Álex Yáñez, Moya, Máikel, Bruno, Zeus, Juanjo e Álex Meitín. Tamén xogaron Cora, Oki, Agus e Pablo.
Taboada: Roi, Jacobo, Ibán, Javi, Álex Rodríguez, Nico, Pablo, Alex Ratón, Poyán, Javi, Emilio e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Iago Montes e Damián.
Gol: 1-0 Bruno.
22/03/14
(XUVENILES)
TABOADA CF 2-SD SARRIANA 3
Rodrigo,Jony,Jonathan Guerra,Alexandre,David Potente,Juanjo Potente
Rubén,Marcos,Manu,Ivi,Jose
Alex Moure,Dani,Sergio,Aitor,Antón,Alejandro
GOLES MARCADOS
10) ALEJANDRO TORRES CABAÑAS 0-1
(14')
(12) MANUEL PEREZ LAMAS 1-1
(32')
(11) HUGO PEREZ LOPEZ 1-2
(46')
(19) IVAN GAYOSO SOBRADO 2-2
(85´)
16/03/14
TABOADA CF 3-SCD MILAGROSA 1
GRANDE MARCOS, MOITO ÁNIMO
Diante de todo: Agradecer no nome do Marcos e do Taboada CF todo afecto,apoio e preocupación que lle estades facendo chegar.Tamén agredecer a solidaridade e compañerismo do plantel e corpo técnico da SCD Milagrosa e trio arbitral.
Diego Poyán,Alex Rodríguez,Marcos,Nico,Jacobo,Javi
|
Do que aconteceu onte antes do minuto 82 lembraremos pouco ou nada co tempo,o que nese intre aconteceu costaranos esquecencelo ,polo que significa o Marcos,pola fortuita acción,pola sua dor e a gravedade , que nos conmocionou...Inenarrable,pero toca superarse ,non queda outra.
O partido transcurrira moi disputado, con un maior dominio do Taboada CF,ainda que foron os visitantes quenes se adiantaron nunha contra no minuto 20,o balón cae pola dereita pra Alberte que se percorreu a banda pra encarar e batir a Roi. Os nosos dispuxeran anteriormente dun par de ocasións, unha nun disparo o pao de David Montes e cun penalti sobre Guerreiro,que non foi finalmente sinalado por que o linier erguera banderín indicando un fora de xogo previo.A partir do seu gol o noso control do xogo incrementouse e os merecementos víronse recompensados cun gol de golpe franco, nun libre directo que lanzou impecable Javi pegado o pao esquero de Alberto,no minuto 38.Tralo paso por vestiarios o dominio local foi total e Marcos erixiuse no faro que necesitaba o seu equipo na culminación da remontada .Primeiro no 52´ Marcos aproveitou un saque rápido e intelixente de Poyán pra batir a Yelco cun disparo cruzado,e logo no 68´ o propio Marcos asistiu cun perfecto centro pola esquerda a Dani Rios para que rematase este de cabeza o fondo das redes.Cando ía ser sustituido, con Iago Montes xa listo para saltar ó campo, produciuse a desgraciada xogada na que se lesionou e ahí se acabou o partido,eclipsándose todo demáis e xa só Él nos importa. A semana que ven tentaremos seguir competindo para poder adicarlle a victoría, en Xove o domingo UD XOVE LAGO-TABOADA CF.
CRÓNICA DE FÚTBOLLUCENSE.COM
15/03/14
SCD SAGRADO CORAZÓN 0-TABOADA CF 3
David Potente,Alex Moure,Dani,Jony,Alexandre,Juanjo Potente
Aitor,Manu,Ivi,Marcos García,Jose
Partido moi completo dos nosos xuveniles no artificial das Gándaras,nun primeiro tempo no que disputamos uns minutos primorosos.Ainda que nos costou entrar no partido e os locais disfrutaron de algún acercamento perigoso en canto nos fixemos co dominio no medio cun gran traballo de Dani ,Marcos e Ivi,recuperando e lanzando balóns as bandas donde Aitor e Jony foron letais.No minuto 18 gran internada de Aitor que asiste cun centro de libro a Jony que cun remate seco clavaa en toda a escadra .O gol asentounos e puxemos contra as cordas os locais e sentenciamos o partido nun par de minutos :no 33 ´ un saque de falta lateral moi ben templado por Ivi foi rematado por David Potente o fondo das redes 0-2.No 35 Jony culminaba un rápido contragolpe seu pola esquerda,0-3. No que quedou de encontro tiramos de oficio e quen tomou protagonismo foi a defensa que fixo un exercicio perfecto de seguridade .A pesares de ter algunha ocasión máis para incrementala vantaxe ,na segunda parte tivemos menos tino.
09/03/14
SD OUTEIRO DE REI 3-TABOADA CF 1
1 Rubén,2 Jonny,3 Lucas,4 Iago,5 Trigo,6 Juanca,7 Rober,8 Quique,9 Aaron,10 Yoel,11 Diego,12 Adrián,13 Dieguiño,14 Mouriz,15Fran,16 Kevin.
Dani Rios,Roi,David Montes,Basán,Guerreiro,Ibán
Diego Poyán,Nico,Marcos,Alex Ratón,Javi
Alber,Alex Rodríguez,Isma,Jacobo,Emilio
Finiquitou o partido o equipo local en apenas dez minutos cun plantexamento que deu resultado inmediato , deixáronnos a iniciativa no inicio coa premisa de tentar facerse co esférico no medio e sorprendernos con rápidos contragolpes tirados en diagonal as nosas costas. Saiulles de cine,o executor Rober de xeito case idéntico nos minutos 5 e 14;na primeira ,balón roubado por Juanca que enviou a dereita para Rober que con toda banda pra el chegou área encarou a Roi e batoino sen que este poidera facer nada,1-0.Na segunda xogada mesmo guión e mesmos protagonistas a finalización máis primorosa pra lucemento de Rober, desfaise de dous defensores e fusila a Roi dentro da área,2-0. No qué quedou de primeira non nos saiu nada, cun xogo pouco reconocible, diante dun equipo local que puxo moita intensidade e que cerrou estes cuarenta e cinco minutos,no 44´cunha xogada similar ás anteriores só que nesta ocasión foi Diego quen finalizou,tamén cun remate polo centro.No segundo tempo nivelóuse o xogo,que non o marcador, fixemos máis merecementos para maquillar o resultado, cousa que aconteceu no 81´cun penalty que transformou Guerreiro,o mellor de ahí tampouco pasaban os méritos hoxe.Pra semana tentar facer borrón e conta nova con outro partido difícil na casa TABOADA CF -SCD MILAGROSA.
El Progreso .Crónica:
Róber erexiuse no
protagonista dun Outeiro que lle gañou a partida ó Taboada no campo da
Fonte dende a pizarra. Os de Rielo saíron repregados, deixándolle a
iniciativa ós taboadeses e con contras fixeron moito dano á zaga dos de
Emilio García.
Baixo ese esquema fixo Róber o primeiro tras unha recuperación de Juan Carlos, que serviu en diagonal longa ó ariete azulón, que definiu ben ante Roi. 5 minutos despois, en xogada calcada o propio Róber facía o segundo tras definir logo de irse de dous rivais na área. Diego á beira do descanso fixo o 3-0 para o Outeiro.
Na reanudación os taboadeses quixeron expor máis, pero o encontro foi insulso por ambos bandos. Guerreiro marcou o gol da honra ós 82 minutos dende o punto de penalti, logo dunha xogada moi discutida polos locais.
O Taboada queda a 8 puntos do ascenso, con 24 por disputarse e o Outeiro está na metade da táboa con 38 puntos.
Outeiro: Rubén, Jhony, Lucas, Iago, Trigo, Juan Carlos, Quique, Aarón, Yoel, Róber e Diego. Tamén xogaron Dieguiño, Fran, Mouriz e Kevin.
Taboada: Roi, Ibán, Nico, Basán, Javi, Ratón, Poyán, Guerreiro, Marcos, Montes e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Emilio, Álex e Jacobo.
Goles: 1-0 (min. 5) Róber. 2-0 (min. 11) Róber. 3-0 (min. 39) Diego. 3-1 (min. 82) Guerreiro.
Crónica AwebdofutboldeLugo:
Baixo ese esquema fixo Róber o primeiro tras unha recuperación de Juan Carlos, que serviu en diagonal longa ó ariete azulón, que definiu ben ante Roi. 5 minutos despois, en xogada calcada o propio Róber facía o segundo tras definir logo de irse de dous rivais na área. Diego á beira do descanso fixo o 3-0 para o Outeiro.
Na reanudación os taboadeses quixeron expor máis, pero o encontro foi insulso por ambos bandos. Guerreiro marcou o gol da honra ós 82 minutos dende o punto de penalti, logo dunha xogada moi discutida polos locais.
O Taboada queda a 8 puntos do ascenso, con 24 por disputarse e o Outeiro está na metade da táboa con 38 puntos.
Outeiro: Rubén, Jhony, Lucas, Iago, Trigo, Juan Carlos, Quique, Aarón, Yoel, Róber e Diego. Tamén xogaron Dieguiño, Fran, Mouriz e Kevin.
Taboada: Roi, Ibán, Nico, Basán, Javi, Ratón, Poyán, Guerreiro, Marcos, Montes e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Emilio, Álex e Jacobo.
Goles: 1-0 (min. 5) Róber. 2-0 (min. 11) Róber. 3-0 (min. 39) Diego. 3-1 (min. 82) Guerreiro.
TABOADA CF0-SD MONTERROSO 1
Alex Moure,Dani,Jonathan,Alexandre,David Potente,Juanjo
Aitor,Marcos,Manu,Jose,Ivi
01/03/14
TABOADA CF 1-SDeC POLVORÍN 0
Roi,Dani Rios,Guerreiro,Diego Poyán,Basán
Javi,Emilio,Nico,Jacobo,Alex Ratón,David Montes
1 Esteban,2 Dayo,3 Iago,4 Iñaki,5 Robson,6 Alex,7 Chiqui,8 Orlando,9 Nilo,10Arturo,11 Manu,
12 Juani,13 David,14 Nando,15 Diego Lombao,16 Marcelo
Alberto,Iago Montes,Manu,Ibán,Isma,Emilo
Nun día triste, doloroso,no que o clube se laia da irreparable perda dun seus compañeiros máis queridos e carismáticos de todos cantos vestiron a nosa elástica, viviouse na Medela un partido moi disputado e con doses de moita emoción ,sobre todo no tramo final pola incertidume do marcador.Durante o primeiro tempo levamos a iniciativa ,buscamos con máis insistencia a porta rival,por que este centraba o seu xogo en esperarnos atrás cun perfecto orde e exercer unha forte presión pra tratar de sair con forza en contras volcadas pra Nilo.Con todo, neste primeiro tempo as ocasións puxémolas só nós .Unha na que Guerreiro moi escorado estrelou o balón no pao.Outra na que o mesmo Guerra empalou cunha volea un centro perfecto de Rios ,o remate espléndido sauiuse pelín arriba.Na segunda o campo a pesares dos mimos non aguntaba xa a auga caida nas últimas horas,digo meses,e convertiuse noutro duro rival.Os nosos non embargantes non deixan nunca de tentar chegar combinando,tocando e tocando,amosando todo o seu arsenal de recursos individuais.Saimos no comezo da segunda moi volcados e moi pronto tivemos duas ocasións unha tras unha xogada individual de Guerreiro cuio disparo foi rexeitado por Esteban ,o pouco o propio Esteban repelía cos pés un disparo cercano de David Montes .Esto acontecía polo 48´ e 50´.No sesenta outra gran internada do Guerra que asiste a David pero este non da conectado o disparo.O gol chega un pouco máis tarde no 65´ ,ainda que non foi unha xogada de lustre amosamos nela a nosa pegada,un disparo sobre a frontal e rexeitada cun paradón por Esteban o rexeite ia introducilo Alex Ratón moi atento pero Esteban volve sacar unha man extraordinaría pero chegaba tamén outro moi atento Diego Poyán,que si que non tivo piedade e acadou o 1-0,posteriormente definitivo.O Polvorín ata daquela inofensivo , tentou volcarse no ataque e no 70´tiveron a máis clara nun chut forte de Nilo que culminaba unha xogada individual,Roi sacou unha man espectacular.No 72 ,Alex Ratón puido sentenciar cando estaba moi ben posicionado pero disparou as mans de Esteban.Eran os mellores intres do partido, na xogada seguinte Chiqui por parte visitante estivo a piques de introducir o balón na nosa meta ,con Roi batido, pero sobre aliña sacouna un Diego Poyán decisivo.No treito final non se produciron sobresaltos por que manifestamos moito orde defensivo e tentamos mantela pelota sen correr riscos e ainda tivo a sentencia no engadido Iago Montes cun gran disparo desde a frontal que se foi lambendo o poste . O fin,así quedou a cousa 1-0;vaia por ti ,Suso ,querido amigo.O domingo que ven agárdanos unha saida complicada ,ainda que xogaremos en Cospeito enfrontaremonos SD OUTEIRO DE REI -TABOADACF.
Crónica de Fútbollucense.com
O Taboada non tira a toalla
O Taboada aférrase ó dito de que mentras hai vida hai esperanza. Nos encontros ante rivais directos os de Emilio García erraron e están a 7 puntos do ascenso, pero os catro equipos que ten por enriba o equipo branquiazul aínda teñen que xogar a maioría entre eles. Na última xornada os taboadeses venceron por 1-0 ó Polvorín na Medela.
Viuse no feudo taboadés un partido co guión escrito con anterioridade por ambos: o Taboada buscando fútbol combinativo baseándose na calidade de Guerreiro e na electricidade do seu ataque e o Polvorín repregado confiando a súa sorte ofensiva a Nilo. Un balón de Guerreiro ó pau e outro que enviou alto foron as oportunidades máis claras do primeiro tempo.
Na reanudación Esteban salvou ós seus tras dous disparos francos de Guereiro e de Montes.Poyán fixo o 1-0 definitivo ós 66 minutos ó aproveitar o rexeite tras salvar con dous paradóns ós seus do gal na mesma xogada. Co terceiro disparo non puido o gardameta visitante. O Polvorín foi polo empate e Nilo finalizou unha gran xogada individual pero Roi salvou cunha man espléndida. Chiqui xa celebraba o gol nunha acción posterior, cando Poyán salvou sobre a liña de meta.
O Taboada é cuarto e o Polvorín está en postos de descenso por arrastres, a un punto da permanencia.
Taboada: Roi, Javi, Basán, Jacobo, Álex Ratón, Poyán, Emilio, Nico, Montes, Guerreiro e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Ibán, Manuel e Iago Montes.
Polvorín: Esteban, Dayo, Iago, Iñaki, Robson, Álex, Chiqui, Orlando, Nilo, Arturo e Manu. Tamén xogaron Blanco e Juani.
Gol: 1-0 (min. 66) Poyán.
01/03/14
SD ANTAS 4-TABOADA CF 2
Rodri,Jonathan,Sergio,Alexandre,Juanjo Potente,Steven
Rubén,Manu,Kiko,Ivi,Aitor
Alex Moure,Jony,David Potente,Marcos García,Jose,Antón ,Alejandro
Encontro de rivalidade con pouca historia,por que quizas fixemos o encontro menos suliñable da segunda volta e enfrontamonos a un rival que o contrario do que sucedera na primeira volta impuxose por que foi superior.Nós ainda que tentamos facelo noso xogo faltounos convencemento.O Antas adiantouse no minuto 19 nunha calra descoordinación nosa a hora de defender un córner que combinada coa sua altura trouxo o gol.Daquela ainda seguimos no partido competindo de igual a igual e Ivi acadaba o empate cun gran gol desde a frontal,no minuto 25.No 32 outro desxuste defensivo aproveitouno o equipo local pra por o 2-1. Ata que chegou o terceiro gol local fixemos os nosos mellores minutos,nos que despuxemos de ocasións para empatar. Pero nos ultimos 25 minutos a SD puxo terra de por medio con dous novos goles no 60´ e no 67´,para por o 4-1. A pesar de que recurtamos pronto no 70´ con un bó gol de Manute que culminou unha boa xogada colectiva e de que Jony e Juanjo poideron maquillar máis o resultado o feito e que desta volta non hou lugar á remontada.
CADRO RESUME DO CALENDARIO DE COPA,que comeza a semana que ven co enfrontamento TABOADA CF -SD MONTERROSO
JUVENILES 1ª Auton. - Liguilla Previa Copa G.3º
Temp. 2013 / 2014
Jornada 1 Jornada 6
Taboada CF SD Monterroso 08-03-14 SD Monterroso Taboada CF 12-04-14
SD Antas AD Sagrado Cor. 08-03-14 AD Sagrado Cor. SD Antas 12-04-14
SG Comercial SD Sarriana 08-03-14 SD Sarriana SG Comercial 12-04-14
Jornada 2 Jornada 7
SD Monterroso SG Comercial 15-03-14 SG Comercial SD Monterroso 26-04-14
AD Sagrado Cor. Taboada CF 15-03-14 Taboada CF AD Sagrado Cor. 26-04-14
SD Sarriana SD Antas 15-03-14 SD Antas SD Sarriana 26-04-14
Jornada 3 Jornada 8
SD Monterroso AD Sagrado Cor. 22-03-14 AD Sagrado Cor. SD Monterroso 03-05-14
Taboada CF SD Sarriana 22-03-14 SD Sarriana Taboada CF 03-05-14
SG Comercial SD Antas 22-03-14 SD Antas SG Comercial 03-05-14
Jornada 4 Jornada 9
SG Comercial AD Sagrado Cor. 29-03-14 AD Sagrado Cor. SG Comercial 10-05-14
SD Sarriana SD Monterroso 29-03-14 SD Monterroso SD Sarriana 10-05-14
SD Antas Taboada CF 29-03-14 Taboada CF SD Antas 10-05-14
Jornada 5 Jornada 10
AD Sagrado Cor. SD Sarriana 05-04-14 SD Sarriana AD Sagrado Cor. 17-05-14
SD Monterroso SD Antas 05-04-14 SD Antas SD Monterroso 17-05-14
Taboada CF SG Comercial 05-04-14 SG Comercial Taboada CF 17-05-14