28/09/14
TABOADA CF 3-IBERIA CF1
FICHA TÉCNICA
- Fecha: Domingo, 28 De Septiembre De 2014 a las 17:00
- Lugar: A Medela (Taboada - Lugo)
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Fabricio (Aitor 83'), Pablo, Ibán, Montes, Emilio, Ivan Gayoso (Jacobo 83'), Alex Ratón, Juanjo Potente (Alberto 74'), Fabio (Poyán 58') y Ríos
- Iberia Club de Fútbol: Pelayo, David Amor, Jose, Rego, Marcos Rodriguez, Canario (Dario 88'), Diego,Hermida, Davicin (Marcos 75'), Jacobo (Aitor 60') y Alex (Dani 53')
- Goles del Taboada C.F.: 1-1, Ibán (48'); 2-1, Montes (74'); 3-1, Emilio (89');
- Goles del Iberia C.F.: 0-1, Canario de penalty (11');
- Tarjetas: Amonestó por los locales a Pablo, Aitor y por los visitantes a Pelayo. Expulsó por los visitantes a Rego(Roja directa 65').
Gran partido o disputado hoxe na Medela diante dun equipo que chegaba invicto e coa vitola de líder .O Ibería CF presentouse ensinando as unllas,e que ten mimbres pra estar arriba,deu a sensación de equipo rochoso con arseal arriba, ;nos primeiros intres chegou con asiduidade e perigo.Xa no primeiro minuto Xaco tivo un man a man con Roi que se decantou pra este.Os sete minutos David probou desde lonxe cun disparo que se foi alto por encima da nosa meta. E no minuto 10 prodúcese un penalti por unhas mans de Pablo,que fora dunha intencionalidade manifesta ,semellaban claras.O penalti transformouno Canario con contundencia e como mandan os cánones ,forte ,a media altura e axustado o pao; imparable. A nós costounos encontrar o noso xogo e nos primeiros vinte minutos ,sin perderlle a cara o partido, non demos combinado con acerto. Ahora ben, en canto o fixemos ,acabounos por sair un partido excelso,pra enmarcar .Sobre todo é de salientar o segundo tempo.A partir dese minuto vinte da primeira , sobre todo a raiz dunha xogada que acabou cun remate de cabeza de Fabricio que foi ó fondo das mallas ,ainda que a xogada xa estaba anulada previamente por que o balón no centro precedente rebasara a liña de fondo. Foi un punto de inflexión pois nese tramo ata primeira media hora sucedéronse chegadas e ocasións consecutivas de Rios,Ivi e David Montes .No minuto 30 chegaba a máis clara logo dunha boa xogada e centro de Emilio ,Ivi remataba caéndose, o balón sobrepasaba a Pelayo ,pero apareceu Marcos pra quitalo .Uns minutos máis tarde de novo un moi activo Ivi,daba mostras da sua calidade dentro da área pero a defensa mariñan sacáballe o balón finalmente.No 40´ Rios volvía leva-lo perigo cun remate de cabeza que se foi pegado o pao.Pra daquela xa nos fixeramos co dominio do partido e denantes de remata-la primeira parte Rios daba un último aviso con outro disparo que sacou Pelayo amosando toda sua calidade.
Con todo, o mellor estaba por vir ,na segunda saimos con todo o ímpetu e no 55´ un córner botado por Fabio moi alto cara o segundo pao ,non foi remtado por Rios en primeira instancia ,pero Ibán ,xusto detrás ,ensinaba o estado de gracia no que se atopa,conectando unha espectacular volea sen moito angulo,que entrou pola escadra coma un obús.O gol facianos xustiza e era merecido premio. O mesmo e desatado Ibán provocou ,cando quixo presionar un balón arriba ,o segundo cartón marelo de Rego,pois este agarrouno cando se ía,sendo o último defensor .A acción conlevou a sua expulsión,pero pra nada facilitou a nosa victoría.Pois o Iberia non se deu por vencido e a pesar de non gozar de ocasións claras non deixou de buscar o gol.Tampouco os deixamos xogar con comodidade pois o dominio fíxose co paso dos minutos meirande pola nosa parte ,un Taboada CF,convencido das suas posibilidades ,da sua calidade e dun gran tono físico.
No 70´ un xogadón dun infatigable e inconmemsurable David Montes fai que propicie unha nova clara ocasión cun disparo final que se foi porriba do traveseiro.Avisaba do seu potencial.Antes no 73´Alex Ratón cun disparo desde a frontal tamén avisaba da sua colección de recursos .No 84´aunaronse os seus dous talentos ,Alex Ratón exercendo xa de lateral incorporouse ó ataque e logo de recurtar ,daquela xa na área, pona o segundo pao,David elevouse no ar e conectou un testarazo que impactou no pao ,recolleu él mesmo o rexeite e cun disparo a queimarroupa bateu a Pelayo.Desatouse a euforía.
Tamén aconteceu que o Iberia quixo igualar pero non perdémola compostura e ainda houbo tempo pra rematala faena con outro xogadón,logo dun córner a prol dos visitantes no 89´, o balón é rexeitado pola nosa defensa cara o campo mariñan ,Aitor perseguiuno con fé e unha velocidade inaudita,fíxose con él desbordando a Davicin e iniciou un sprint máxico que culminou cun pase atrás intuindo a chegada de Emilio que cun aplomo de clase inventa un recurte final e cunha pequena vaselina bate a Pelayo.Foi o broche final.3-1. A semana que xa entra toca outro difícil compromiso,esta vez na capital e coincidindo co San Froilan,o sábado 4, SCyD POLVORÍN -TABOADA CF.Lembramosvos que coincidindo co inicio do mes de outono o fin de semana publicaremos unha entrada nova,tedes sempre acceso as antigas desde o archivo do blog, en vista PC ou web.
Crónica El Progreso
ROI,PABLO,FABRICIO,DANI RIOS,JUANJO POTENTE ,IBÁN
EMILIO,FABIO,IVI,DAVID MONTES,ALEX RATÓN
1 Pelayo,2 Davicín,3 Partai,4 Rego,5 Marcos,6 Canario,7 Perotti,8 Hermida,9 David,10 Xaco,11,Alex
12 Dani,13 Rama,14 Darío,15 Aitor,16 Balbón .
JACOBO,CHICHO,DIEGO POYÁN,AITOR,EMILIO,ALBERTO
27/09/14
TABOADA CF 2-SD SARRIANA 6
RODRIGO,ALEXANDRE,JONY,HUGO,DAVID LÓPEZ,DAVID POTENTE
NOÉ,JOSE,MARCOS ,RUBÉN,JAVICHO
21/09/14
SD O PÁRAMO 3-TABOADA CF 3
Partido pro que non chegan os calificativos o vivido hoxe no campo de As Rapadas : en lineas xerais ,tolo,intenso, tortuoso,vibrante , e polo que nos toca a fibra ,do tráxico pasouse ó épico pois foi de rozalo fracaso a saboreala gloria por un intre cando entraba un probable 3-4 sobre a bocina que foi finalmente anulado, logo de remontar un 3-0 que nos penalizaba en demasía,pois por xogo e ocasións non nos fixeramos merecedores del.E polo medio ,unha treboada maiúscula que tivo o encontro suspendido mais de media hora , con outra media e un 2-0 por diante , que estivo a piques da suspensión definitiva, e cando un gran parte do público xa abandoara a instalación o trio arbitral e ámbolos dous equipos decidiron continuar proseguiuse nun terreo de xogo completamente anegado de auga.
O encontro comezou cun equipo local apretando no medio e que se topou cun desaxuste defensivo noso moi pronto que Hugo soupo aproveitar con solvencia no minuto tres, e cun disparo seco ,raso e axustado o pao ,desde dentro da área grande batiu a Roi.Co marcador a favor asentarónse e a nós costounos entrar,pero non renunciamos o noso estilo de movela pelota con criterio.Nos primeiros quince non creamos ocasións,pero fúmonos acercando e dominando a posesión.A primeira xogada clave foi unha ocasión de Rios no 23, a primeira clara,que rozou o gol pero finalmente foise fora .A partir de acó o partido foi noso e coleccionamos ocasións , primeiro, de novo Rios con outro balón que se paseou por liña de meta;outra de Jacobo logo dunha gran xogada colectiva;unha máis dun omnipresente David Montes que nun puido concretalo remate ,ainda que na seguinte volvía xerar outra cunha gran internada por esquerda e cun centro que outro prolífico Rios non chegaba a rematar.Así as cousas ,coma semana pasada ,estabamos a perdoar moito,e o fútbol castigounos novamente cando empezaba a caer auga con moita forza , o Páramo mais atinado ou máis directo topábase cunha xogada de fortuna no 41´,nun balón que non dabamos sacado con contundencia da área ,Pepe rematabao dende o vértice da mesma ,o balón petaba en Alex Rodriguez ,desviando a traxectoría índose ó fondo das mallas.O colexiado asignoullo a Alex en propia meta e non a Pepe.Foi un mazazo.E como mal menor chegou o descanso e o trebón semellaba remitir.
A volta dos vestiarios un disparo o traveseiro e unha ocasión clarísima de Emilio nun man a man con Alex,volveron meternos no partido e cando Emilio introducia no campo a Fabio,Ivi e Fabricio coa tentativa de volcarse no ataque, no 62´ a treboada voltou a arreciar e de que xeito.Co bó criterio decidiuse a suspensión provisional.Media hora máis tarde cando aminorou a choiva e os lóstregos se alonxarón ,reanudouse o partido ainda que con menos público que ante as adversidades xa abandora o recinto.Non ben comeza, un balón cae nos pés de Fede que con forza internase na área e cun bó zapatazo bate a Roi.Era o 63´.Semellaba un golpe definitivo.
Pero apareceu a fé inquebrantable deste equipo,e case o leva a gloría.Nun campo case impracticable,pola acumulación da auga ,soupo imporse a base de forza e calidade ,e traballo,ata extenuación.Foi un exercicio de superación física e mental.No 70 ´ Emilio marcou o camiño pelexou un balón indeciblemente e batiu a Alex con habilidade . O equipo medrou en prestacións e revolucionouse . No minuto 77 ´ Fabio executou con mestria unha falta lateral e Rios poñia cun magnífico testarazo o balón lexos do alcance de Alex e o 3-2. No 84´ co equipo volcado David Montes cun remate dende cerca poñia a igualdade no marcador.Como consecuencia de esa xogada foi expulsado Josiño polo bando local. A ambición do equipo non tiña teito e foise pola victoria e chegou o gol no 90 ,pero foi anulado por unha presunta man de Ibán.
Ainda houbo tempo pra un par de ocasións máis de David Montes e de Ivi , que tivo a victoria nos seus pés logo de pelexar decididamente outro balón , o disparo atrapouno Alex . Non se puido completar a remontada ,si foi un empate máis ca merecido e sabe moi ben este punto.O domingo 28 as 17:00 visita A Medela o líder da categoría , TABOADA CF -IBERIA CF
Crónica de El Progreso
Once titular SD O Páramo : 1 Alex ,4 Joel,5 Josiño,7 Dieguito,8 Pepe,9 Diego, 11 Hugo,16 Fede18 ,Nico,20 Yelko,23 Bolo,
Suplentes: 2 Andrés,10 Borjita,12 Iván,,13 Lisboa,23 Palle
Roi,Pablo, Dani Rios, Diego Poyán,Jacobo,Ibán
Alex Rodriguez,Nico,Emilio,David Montes,Alex Ratón
Fabricio,Alberto,Fabio,Ivi,Dani Abad,Emilio
20/09/14
TABOADA CF 1-SD ANTAS 3
(xuveniles)
14/09/2014
TABOADA CF 2-MUIMENTA SD 3
Infructuoso e desfortunado partido do Taboada CF diante dun equipo chairego que fixo un partido correcto e ainda sen deslumbrar anotou todo que tirou entre os tres paos.Así puxéronse por diante no minuto 10 logo dun disparo de Miguel desde a frontal,que logo de petar nun defensor endiañouse na traxectoria pra describir unha parábola que foi imposible de atallar pra Roi.Pouco despois ,no 18´,os visitantes sufrían un gran contratempo coa lesión do seu capitán Benja, no xeonllo,aparentemente de gravidade ,e a quen desexamos unha pronta recuperación.Coincidía coa reacción dos locais que empezaron a poñelo cerco arredor da meta de Pablo.E empezaron a suliñarse as ocasións coas nosas señas de identidade.Pronto tamén nos vimos recompensados e logo dun desmarque de ruptura de Rios ,no 24´,este asistiu a David Montes que desde a frontal e cun disparo axustado o poste batiu a Pablo.De acó o treito final da primeira parte o partido foi noso por completo e tivemos ocasións moi claras para pornos por diante sobretodo nos pés de Rios ,que o fio do descanso no 43´pudo establecer o 2-1.Daba a sensación daquela de que semellaba planear pola Medela o tópico de que o que perdoa acaba pagandoo. E así foi.
A volta de vestiarios ,no 47 no que parecía un intrencendente achegamento,logo dun desaxuste defensivo,o balón cae nos pés de Gara que instintivamente dispara cun moitisima intención e acada un gol de bela factura.O gol non fixo mella no ánimo e moito menos minguou a nosa iniciativa e dominio do esférico e o empate parecia rondala meta chairega.non obstante fíxose de rogar.Primeiro no 55 Rios tivo un man a man con Pablo que este desbaratou cunha axilidade felina ,e soberbia parada.Foi chave, e fixo que os nosos tocaran a arrebato.Pouco despois no 67 ´unha doble ocasión consecutiva de Rios e Poyán poñía en moitísimos apretos a liña defensiva do Muimenta.Semelllaba estar a caer ,e aconteceu : no 69 un balón en outro ataque en tromba , e dentro da área o balón caeu nos pés de Nico,que se incorporara ó atque cheo de fé,e cun disparo de calidade poñía no marcador o 2-2.Todo facía crer na remontada e os visitantes parecían estar contra as cordas pero nunha xogada illada no 85´, o balón ía parar pra destra de David,que cun disparo tibio batía a Roi que non o daba atallado.Ainda que tentamos queimalas naves xa non foi posible remedialo.Para semana tentaremos enmendalo e superar este revés ,nas Rapadas SD O PÁRAMO -TABOADA CF

Pablo,Roi,Diego Poyán,Dani Rios,Nico,Ibán,
Fabio,David Montes,Ivi,Juanjo,Alex Ratón
1Pablo,2 Oscar,3 Benja,4 Marcos,5 Paz,6 Cascudo,7 Gara,8 Miguel,9 Mincha,10 David,11 Hugo,12 Dani,13 Sandamil,14 Josiño,15 Adrián,16 Oscariño.
Jacobo,Fabricio,Alex Rodríguez,Manuel,Aitor,Emilio
13/09/2014
TABOADA CF 1- SCy D POLVORÍN 3
Inicio da Liga para o equipo xuvenil contra o campión da pasada campaña.Comezamos dando a cara fronte a un dos cocos do grupo.Despois dunha profunda remodelación,donde mitade do plantel son novas incorporacións,empezámolo encontro dando unha boa imaxe de equipo batallador ,e dando a sensación e escadra que gusta e sabe combinar,tratamos de ti a ti ós lucenses,con ocasións en ámbalas duas áreas .Non embargantes o equipo equipo capitalino amosouse máis eficaz ,especialmente por qué teñen a un dos dianteiros máis resolutivos da categoria,Saúl,que foi o autor dos tres goles.O primeiro no minuto 23 ,despois dunha xogada na que se reclamou unha falta previa.O segundo o 0-2,o borde do descanso,no 43',despois dunha contra cando estabamos apretando,na busqueda do empate.Na segunda parte non decaemos pero non estivemos atinados de tres cuartos pra riba.E púxose o encontro moito de costas cando Saúl acadaba o 0-3 noutra contra na que batia a Rodrigo cunha vaselina.Non baixámolos brazos ,a pesares das difucultades,e conquerímolo gol da honra nunha boa xogada de Noé,no minuto 84,que ainda nos animou a apretar ata o final.
Rodrigo,Rubén Pardo,Jonny,Hugo,Alexandre,David Potente
Noé,Marcos García ,David López,Jose ,Javicho
Iago,Simón,Marcos López,Rubén,Steven,Antón
07/09/14
SCD CABREIROS 1-TABOADA CF 2
Scd Cabreiros , 1 MANU,2 GONZA,3 SANTI,4 RUBÉN,5CRISTIAN,6 ALEX,7 PEPE,8 DANI,9 JULIO,10 VICENTE ,11 PABLO,12 JORDI,14 BETO,15 ANDRADE,16 VILA ,17 PELLÓN
ROI,DAVID MONTES,NICO,DANI RIOS,DIEGO POYÁN,IBÁN
ALBERTO,ALEX RODRÍGUEZ,FABIO,EMILIO,ALEX RATÓN
AITOR,JUANJO,MANU,DAMIÁN,IVI,EMILIO
Na continuación os locais quixeron apretar un pouco máis e sairon nos primeiros minutos con máis descaro ó ataque , insistindo nas incorporacións de Vicente pola dereita e remates de Julio,un destes foise cerca do poste esquerdo de Roi;foi as sua máis clara tentativa.Pouco a pouco voltamos agarrar o balón e fixemonos de novo co control.Non embargantes,no 60´, cando o ímpetu local semellaba aplacado ,nunha xogada illada Roi saiu despexar un balón fora da área o balón caeu nos pes de Vila que desde lonxe sorprendeu no regreso a Roi que nun pudo evitalo gol.O equipo non se veu abaixo e foise descaradamente o ataque e no 69 ´ viu recompensada a sua insistencia e o seu traballo.unha falta votada por Alex Ratón foi introducida con moi pouca fortuna por un defensor local na sua propia meta.Os nosos viñeronse arriba e amosaron toda sua ambición buscando a victoria que tivo a sua recompensa nunha grandisima xogada por banda esquerda de David Montes que se percorreu a banda ata liña de fondo para centrar pra Aitor que logo dun gran desmarque no medio e outra enorme carreira chegaba ata área pequena pra rematar e conquerir o 1-2 no minuto 90. O fin de semana que ven o primeiro partido na Medela deste curso 2014-2015 TABOADA CF -MUIMENTA SD
LigaBBVA
SCD Cabreiros, 1 – Taboada CF, 2
Excelente e ilusionante comienzo de Liga de un Taboada muy remozado pero que parece no perder el gusto por el buen fútbol y su vocación ofensiva.
Comenzó también bien el Cabreiros y suya fue la primera ocasión en los pies de Julio, que intentó una vaselina que se fue por encima del larguero. Por parte del Taboada CF fue Fabio el primero en avisar en el minuto 14 en un libre directo que lanzó raso y con mucha intención y que puso en aprietos a Manu.
En el minuto 16 Alex Ratón probó con un lanzamiento lejano que se fue alto por muy poco. Dani Rios falló desde cerca una ocasión meridianamente clara en el minuto 20.
Muy buenos minutos del Taboada que suplían la falta de las individualidades de otros años con una gran solidaridad y con entrega y trabajo, Continuaron desplegando un gran juego colectivo que les llevó a dominar el primer acto, Una primera parte que bien pudieron terminar con ventaja cuando el filo del descanso después de una gran jugada David Montes asistió en inmejorable posición a Emilio que envió el balón alto por poco.
En la segunda parte los locales quisieron apretar un poco más y salieron en los primeros minutos con mas descaro al ataque, Insistiendo en las incorporaciones de Vicente por la derecha y los remates de Julio,
Poco a poco el Taboada volvió a hacerse dueño del balón y controlar el juego, sin embargo en el minuto 60 en una jugada aislada
Roi sale a despejar un balón fuera da área, pero el balón cae en los pies de Vila que desde lejos sorprende en su regreso a Roi que no pudo evitar el gol.
El Taboada no se vino abajo y se fue descaradamente al ataque. Así en el minuto 69 vio recompensada su insistencia y su trabajo. Una falta lanzada Alex Ratón fue introducida con poca fortuna por un defensor local en su propia meta. Siguió el Taboada buscando con ambición la victoria, y se vio recompensado despues de una grandisima jugada por banda izquierda de David Montes que recorrió la banda hasta la linea de fondo para centrar para Aitor que despues de un gran desmarque en el medio y otra enorme carrera llegaba hasta el área pequeña para rematar y conseguir el 1-2 en el minuto 90.
FUENTE / FOTOGRAFÍAS: TABOADACF.ES.TL

06/09/14
CP CALASANCIO B 3-TABOADA CF 4
(Xuveniles)