Síguenos tamén en
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF
31/01/16
Roi,Ibán,Pablo,Juanjo,Nico,Jaco,Poyàn,Ratón,David,Noé,Fabio
1 Diego, 2 Rubén, 3 Jorge, 4 Robson, 5 Fernando, 6 Raposo, 7 Rasilla, 8 Rober, 9 Galàn,10 Coedo
125 Heitor,13 Brais,14 David, 15 Diego Gomez, 16 Martin
Tara,Alber,Alex,Isma,Joni,Emilio
30/01/16
24/01/16
SD MONTERROSO 1 -TABOADA CF 2
13 Rubén, 3 José 4 Porto,7 Melchor,8 Barrio,9 Pardo, 11 Edu ,14 Crespo, 17 Rafa ,23 Fer, 25 Adri
1 Roi , 2 Chanclas, 5 Pablo,10 Loren 21 Lucho
Roi,Jaco,Diego Poyán,Pablo,Juanjo,Ibán
Alejandro,Fabio,Noé,David Potente,Alex Ratón
Isma,Nico,Tara,Alber,Emi,Emilio García
23/01/16
TABOADA CF 1-SD BECERREÁ 3
Jony Guerra ,Iago,Alex Pita ,Rodri,Rubén
Martín, Marcos,Jose,Diego,Fede,Javi
Sergio,Xulián,Antón
17/01/16
SD BECERREÁ 1-TABOADA CF 1
Roi ,Tara,Pablo,Nico,Juan,Ibán
David,Fabio,Noé,Alberto,Alex Ratón
Manu,Jaco,Alejandro,Joni Castro
16/01/16
Rodrigo,Alex ,Simón,Joni Guerra,Iago,Ruben
Martín,Fede,Jose,Sergio,Javi
10/01/15
TABOADA CF 1-SD BURELA 2
Crónica El Progreso
09/01/15
AD FERROVIARIA 2-TABOADA CF 5
(XUVENILES)
03/01/16
TABOADA CF 2-ED LOURENZÁ 1
Roi,Juanjo Potente,Pablo,Jacobo,Emilio,Ibán
Fabricio,David Potente,Fabio,Noé,Alex Ratón
23 Bugui, 2 Lukas,5 Chinchón,3 Roi,4 Issac,8 Garrafín, 6 Jorge,11 Manu, 7 Montxo,10 Recalde, 9 Chinco
15 Noé, 12 Foro,14 Felipe,16 Pichi, 1 Manoliño
Alejandro,Nico,Rubén ,Isma,Jony,Emilio
31/01/16
TABOADA CF 0 -SCD RESIDENCIA 3
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 31 De Enero De 2016
- Lugar: A Medela (Taboada - Lugo)
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Nicolás, Noé, Jacobo (J:Castro 75'), Poyán (Tara 66'), Ibán, David Potente, Juanjo Potente, Alex Ratón (Alberto 46') y Fabio
- Sociedad Deportiva Cultural Residencia: Diego Bravos, Rubén Candal, Jorge Blanco, Robson, Nando Blanco (Hugo Grueira82'), Raposo, Borja Rasilla, Iago (Txiki 72'), Roberto Gómez, Dani Galán (David López 82') y Coedo (Amoeiro 78')
- Goles del S.D.C. Residencia: Roberto Gómez de penalty; Robson; Dani Galán;
Empezou condicionado o partido cunha contra visitante que cortou Ratón cometendo penalti sobre Rober,infracción clara, o mellor precedida dun posible fora de xogo ,pero que transformou o propio Rober os dous minutos.Quixemos contestar cunha boa ocasión trenzada entre Noé e Jacobo culminada cun disparo un pouco elevado deste último.Pese o pao inicial quixemos levar o control do partido cunha presión adiantada e levando o peso do control do balón no medio.Noé no 16' probou fortuna cun disparo lonxano que se foi lambendo a cruceta.Sobre a media hora outra moi boa combinacion entre Poyán e Fabio,culminouna este un disparo intencionado que se foi lambendo o traveseiro.Estabamos a merecelo empate.Pero no 34' tras unha falta no medio un centro de Galán rematouno de cabeza Robson que entraba no segundo pao.0-2. Continuamos coa mesma idea de atacar e pronto tivemos outra ocasión,con boa internada de Noé que centrou e Ibán rematou de cabeza preto do pao.A nosa insistencia non tivo premio,os visitantes duas aproximacións dous goles ,maxima eficacia ;esa foi a diferenza no primeiro tempo.
O segundo tempo comezou mais trabado cosos dous equipos xogando pouco cómodos e sin relevancia en canto a vistosidade.No 60' un duvidosa de Pablo cesión a Roi,cando aquel tentaba despexar ,trouxo como consecuencia un libre directo dentro da àrea que transformou Dani Galán,cun forte chut que se colocou por debaixo da barreira apostada baixo os paos ,0-3.A partir de acó xa foi un partido máis fácil para os visitantes.Ainda que non decaemos no empuxe eles defendéronse con orde e sen complicacións.No último.tramo do encontro despuxemos de tres ou catro ocasións máis ou menos nítidas de Joni,Ibàn e David.Tamén de Fabio cun franco directo sobre a frontal ,pero o marcador mantívose inamovible.
A semana que ven un novo derbi comarcal ,quizais moito máis decisivo,no Castro Seoane SD ANTAS-TABOADA CF
Roi,Ibán,Pablo,Juanjo,Nico,Jaco,Poyàn,Ratón,David,Noé,Fabio
1 Diego, 2 Rubén, 3 Jorge, 4 Robson, 5 Fernando, 6 Raposo, 7 Rasilla, 8 Rober, 9 Galàn,10 Coedo
125 Heitor,13 Brais,14 David, 15 Diego Gomez, 16 Martin
Tara,Alber,Alex,Isma,Joni,Emilio
SD MONTERROSO 3-TABOADA CF 0
Partido gris e intranscendente pra pechala unha tempada inusualmente curta e que finaliza xa en xaneiro.A pesar de ser un derbi e cun especial grado de motivación os nosos realizaron un partido moi pouco lucido ,aportando moi pouco de cara diante,e con pouca firmeza atràs.O que posibilitou que os locais sen facer tampouco moito aproveitaran as facilidades que se lles presentaron.O partido foi bàsicamente de disputa no medio campo.As únicas ocasións claras acabaron en gol e pouco mais reseñable se viu.
Adiantáronse os locais no minuto 18,despois de enviar o balón fora por fairplay,os nosos complícaronse a vida e froito dun mal despexe aprovitanse eles pra anotar por medio de Adrián.Parecian mellorar os nosos pero tras un bó contragolpe local no 34',a mellor combinación do partido foi finalizada por Davor pra conquerir o 2-0.Despois xa xogamos a remolque,con gañas pero sen continuidade.
Comezamos a segunda parte moi metidos e incisivos ,pero un novo desaxuste defensivo tras un córner provocou un remate facil libre de marca de Rubén que se convertiu no 3-0 .E desde entón xa desaparecen ámbolos dous equipos por completo.
24/01/16
SD MONTERROSO 1 -TABOADA CF 2
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 24 De Enero De 2016
- Sociedad Deportiva Monterroso: Ruben Rivas, Jose Mendez, Porto, Diego Peña (Alberto 84'), Barrio (Luis 66'), Lucas(Serrano 63'), Edu, Crespo, Rafa, Fernando y Adrián Núñez
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Alex Rodriguez (Nicolás 46'), Noé, Jacobo (Tara 83'), Poyán (Emilio 66'), Ibán, David Potente (Alberto 73'), Juanjo Potente, Alex Ratón y Fabio
- Goles del S.D. Monterroso: Fernando de penalty;
- Goles del Taboada C.F.: David Potente; Fabio;
Vital victoria a conquerida hoxe no derbi,nun partido disputado a cara de can e na que os nosos fixeron un partido brilantísimo e na que mereceron se cabe acadar unha victoría máis folgada ,especialmente por desfrutar de ocasións máis claras e mellor xogo sobre todo no segundo tempo.A consecución dos tres puntos cimentouse nun gran traballo de bloque que soupo arreporse as circunstancias e remontar o gol inicial dos locais .Máis alicerques foron o traballo arreo,a intensidade ,o bó trato o balón e que tamén buscamos con precisión o disparo definitivo que hoxe si entrou cando tiña que entrar.Ainda que como xa decimos debeu caer algún máis.
Os primeiros minutos foron moi vibrantes e con moita igualdade ,na que o balón circulou en rápidas transicións defensa ataque,rondando os ataques as duas metas ,iso si sin ocasións nítidas.A máis relevantes na primeira acabaron en gol. O 1-0 no minuto 26´penalti por unhas mans ,dentro ou fora non se sabe,a intencionalidade tamén duvidosa pero o criterio do árbitro contundente.por ende incuestionable ;o encargado de lanzalo foi o ex-xogador do Ribadeo Fer que enganou a Roi na trasformación.Pra nada nos arredou o gol e a base de traballo constante fúmonos con decisión ó ataque ,pero non inquedamos en exceso a Rubén .Ata que o fio do descanso o balón caeu sobre a frontal a David Potente que conectou o zurdazo seco e milimétrico que se colou a media altura na meta local,golazo ,45´ 1-1.O saque de centro xa levou a vestiarios .Gol máis psicolóxico e a tempo parecería case imposible.
Pero a segunda parte comezou con outro gol que electriza todo estado de ánimo .Ainda non se chegara o 47´, falta escorada a esquerda,botada con mestría por Pablo,en primeira instancia foi David o remate ,que non chega ,si Fabio que viña por detrás e de cabeza sumerxe o balón no fondo das redes .O inicio fulgurante dos nosos tivo continuación cos mellores minutos do partido.Os nosos practicaron daquela un fútbol deslumbrante, contundente e de desborde que mereceu máis.No 49´un gran disparo de Jacobo sacouno Rubén cun paradón extratosférico ,volou o xoven e máis ca prometedor meta pra sacalo xunto do poste a media altura.Despois no 51´Noé tras fenomenal xogada individual finalizou cun disparo cruzado que se foi lambendo o poste.No 59´ doble ocasión tras unha enorme combinación de Poyán con Noé que este finaliza cun disparo a cepa dereita ,o rexeite recolleo Poyán que volve topar con Rubén e o poste esquerdo.O Monterroso saiu vivo deste temporal visitante e tentou virse arriba ,os nosos entón tiraron de oficio,e cun traballo serio en defensa e medio campo anularon toda tentativa local.A mellor ocasión no que quedaba foi nosa, a contra ,no 81´ Noé tras outro xogadón ponlla de cine a Fabio,que no man a man só con Rubén ,e vencido polo gardavallas con outro paradón.Ocasións non houbo máis pero emoción a raudais ata que o colexiado decretou o final.
Máis partidos coma este por favor,ainda que haxa que sofrir coma hoxe,gaña o fútbol , o noso fútbol,o de verdade ,non o de bambolinas profesionais.Agardamos tamén que coma os dous goles de hoxe a victoria teña moito de terapéutica ,o equipo é máis que certo esta motivadísimo e enchufado coma nunca e non merece outra cousa que gañar.Falla fai tamén.
A semana que ven outro partido dos de dar o mil por cen contra os de arriba na Medela o domingo 31 ,TABOADA CF -SCD RESIDENCIA .
13 Rubén, 3 José 4 Porto,7 Melchor,8 Barrio,9 Pardo, 11 Edu ,14 Crespo, 17 Rafa ,23 Fer, 25 Adri
1 Roi , 2 Chanclas, 5 Pablo,10 Loren 21 Lucho
Roi,Jaco,Diego Poyán,Pablo,Juanjo,Ibán
Alejandro,Fabio,Noé,David Potente,Alex Ratón
Isma,Nico,Tara,Alber,Emi,Emilio García
23/01/16
TABOADA CF 1-SD BECERREÁ 3
Moi bó partido o disputado hoxe no campo do Hospitalillo (A Golada ) no que hoxe exercemos de locais polas malas condicións nas que quedou a Medela tralas últimas semanas de intensas choivas e diante dun equipo rival que facía xa duas xornadas se proclamara campión con todo merecemento ,con case pleno de victorias e tan só unha derrota.Con todo hoxe plantámoslle cara e disputamos-lles a victora ata os últimos intres .O primeiro tempo tivo duas fases ,unha primeira na que os locais levaron máis a iniciativa e na cal poidemos adiantarmonos en duas boas ocasións, unha de Jony Guerra e outra de Alex.Co paso dos minutos os visitantes fixéronse co control do medio e en varias ocasións poideron adiantarse nos últimos intres da primeira .Non embargantes neses minutos finais nós fumos quenes tivemos a ocasión máis clara do partido nun disparo o pao de Jony Guerra,e co cal nos poidemos ir o descanso con vantaxe.
Tralo parón a segunda parte foi tamén moi bonita de ver e nestes corenta e cinco tamén gozamos de ocasións coas que adiantarnos .De feito anotamos un gol que nos foi anulado por fora de xogo previo,se cadra moi xusto , e do cal logramos capturar duas instantáneas.Era o minuto 52 cando tiñamos esa ocasión desaproveitada e no 63´ eles non desaproveiraron a sua e David Rubianes conqueria o 0-1. Despois nós tratamos de establecela igualada e os chavales tiveron a suas opcións .O máis movido do partido aconteceu nos derradeiros minutos pois no 84´e tras finalizar unha contra David Fernández parecía sentenciar o encontro co 0-2 ,pero nada máis lexos no 86´ Alex Pita poñia o 1-2 no marcador e por uns intres semellamos electrizarnos e tentamos volcarnos na procura do empate pero no 88 ´ Dani en otro contra golpe votaba por terra os nosos azos .Con todo quedamos con moi boas sensacións ,somos competitivos e damoslle bó trato o balón .
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
Jony Guerra ,Iago,Alex Pita ,Rodri,Rubén
Martín, Marcos,Jose,Diego,Fede,Javi
Sergio,Xulián,Antón
17/01/16
SD BECERREÁ 1-TABOADA CF 1
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 17 De Enero De 2016
- Lugar: Municipal de Becerreá (Becerreá - Lugo)
- Sociedad Deportiva Becerreá: Nicandro, Javi (Borja Regueiro 78'), Nando, Iñaki, Deiros, Bujan (Jesus 85'), Titi (Chiqui 74'),Palleiro (Pablo Navia 69'), Kevin, Meko y Josete
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Alberto (Jacobo 46'), Nicolás (Alex Rodriguez 69'), Noé, Tara (J:Castro 57'), Ibán, David Potente (Manuel 84'), Juanjo Potente, Alex Ratón y Fabio
- Goles del S.D. Becerreá: Josete;
- Goles del Taboada C.F.: Noé;
- Tarjetas: Amonestó por los locales a Palleiro y por los visitantes a Ibán, Alberto, Pablo, Tara, Fabio, David Potente. Expulsó por los locales a Nando (Doble amarilla )
Outro gran partido de dous equipos que por xogo non xustifican a sua posición na táboa.Ámbolos dous tamén por intensidade,derroche de esforzo e loita ata o final merecen máis.Ata o asubio derradeiro do colexiado se buscou hoxe a victoria.Foi certo tamén que se por xogo e maior número de ocasións no primeiro tempo merecemos máis ,poidemos irmos pola contra ó descanso cun resultado máis desfavorable,pois Roi parou un penalti que puido ser decisivo.
Os primeiros quince minutos foron moi abertos ,con moitas alternativas e achegamentos de ambos ataques ás duas áreas.Os 15 minutos, gran xogada de Tara por banda dereita centrando o punto de penalti donde rematou Noé ,cuio disparo petou nun defensor que salvou o gol pois o balón foise lambendo a cepa esquerda da meta de Nicandro.Acó empezou a faxarse o noso dominio a pesar de que no 20´un golpe franco lanzado por Josete foi blocado en primeira instancia por Roi e o balón rexeitado foi rematado por Palle pero desviado.No 26 moi boa ocasión do Taboada ,córner que saca Ratón ,pasa o balón entre unha morea de xogadores e Ibán no segundo pao dispara cunha volea arriba.No 27´tras xogada de Juanjo Potente , Tara rematou o centro de aquel en posición franca baixo paos o remate foise incriblemente arriba.Estaban a ser os nosos mellores minutos ,ainda continuados por dous lanzamentos lonxanos de David Potente e Fabio que blocou non sen apuros Nicandro.Xa pasaba da media hora cando acontecía unha excelente xogada colectiva visitante,rapidísima transición que partia de Ratón no medio campo prolongouna a costado dereito por donde entraba Fabio ata área donde centrou o punto de penal Noé fusilou pero Nicandro providencial rexeitou a córner;mellor xogada e mellor ocasión .Este traballo e dominio non se plasmou no marcador ,e cousas do fútbol todo se puido vir abaixo sen remisión en un par de minutos .No 38´ falta sobre a frontal ,un pouco escorada ,executou Josete con mestria e o balón entrou pegadisimo o pao longo de Roi, 1-0. Non ben se sacou de centro o balón voltou a nosa área e Alberto índose o chan puido arrastrar a Titi coa perna de apoio ,o colexiado intrepretou penalti sen duvidar.Josete foi de novo o lanzador pero nesta ocasión Roi atinoulle a intención e desviaba o balón a un lateral.En resumo ,primeira parte moi movida e non de todo xusta con nós,pero na que tamén evitamos males maiores.
O segundo tempo non tivo o mesmo ritmo pero foi moito mais emotivo.Os primeiros minutos foron máis anodinos ,sen ocasións e o cun xogo máis deslabazado pero máis paixonal.
No 65´rompeuse a dinámica que imperaba cunha grandísima xogada ,todo saiu dun gran pase en profundidade de Pablo para Fabio que se percorreu con velocidade a banda dereita para logo centrar o oco da defensa donde Noé tocou o xusto con habilidade para que o balón entrase rente o pao esquerdo de Nicandro.Tras conquerir as táboas as duas escadras fóronse na procura dun gol que otorgase os tres puntos que ámbolos dous necesitan imperiosamente.Rondou moito o perigo baixo as duas metas pero non se viron máis ocasións manifestas.Era moi necesaría a victoria,a pelexa ,a entrega o xogo o mellor merecian máis pero non debe saber mal o empate .
A semana que ven a seguinte das finais ,nun derbi comarcal en Cerdeiriños ,o domingo SD MONTERROSO -TABOADA CF
Crónica El Progreso
Crónica El Progreso
1 Nica, 2 Javi,3 Nando,4 Iñaki , 5 Pepe,6 Buján , 7 Titi, 8 Palle , 9 Kevin , 10 Meco, 11Josete
12 Bob , 14 Chiqui,15 Navia, 16 López, 17 Jesu
Roi ,Tara,Pablo,Nico,Juan,Ibán
David,Fabio,Noé,Alberto,Alex Ratón
Manu,Jaco,Alejandro,Joni Castro
16/01/16
TABOADA CF 0-FRIOL 2
(xuveniles)
Encontro marcado por o temperan gol friolense ós 5 minutos,que fixo que os visitantes xogaran con comodidade.O Taboada quedou inicialmente tocado pero pouco a pouco empezou a tomala iniciativa e antes de chegar o descanso disfrutaron os locais de bastantes ocasións para acadala igalada.Pero con ese marcador chegouse o descanso. Moi xustos de efectivos tentamos na segunda parte equilibrar a contenda.Pero no 60' un Friol moi ordeado conseguiu o segundo e abriu unha fenda que tentamos estreitar no que quedaba pero faltou a punteria final.Tivemos ocasión se cadra ata pra empatar pero non demos encontrado remates que entraran.
Crónica El Progreso
Cronica La Voz de Galicia
Crónica El Progreso
Cronica La Voz de Galicia
Martín,Fede,Jose,Sergio,Javi
10/01/15
TABOADA CF 1-SD BURELA 2
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 10 De Enero De 2016
- Lugar: A Medela (Taboada - Lugo)
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Fabricio (Nicolás 46'), Pablo, Noé (J:Castro 76'), Jacobo (Poyán 46'), Ibán, Emilio, David Potente, Juanjo Potente, Alex Ratón y Fabio (Tara 81')
- Sociedad Deportiva Burela: Simón, Pedro, Marcos, Jaime, Pablo, Jandri, Karri (Deo 75'), Maseda, Jose Carlos, Manolito (Aarón Rega 82') y Ramos
- Goles del Taboada C.F.: Noé;
- Goles del S.D. Burela: Maseda; Manolito;
Outro duelo de titáns o presenciado na Medela hoxe ,donde os contendentes ademais de pugnar entre sí tiveron que facelo contra as durisimas condicións climatolóxicas e a pesadez dun campo que non tivo tempo a recuperarse da batalla da semana pasada e moi a duras penas se lle deu dao unha aceptable presenza pois por mor das intensas choivas non se podia entrar nel .Pero foi precioso o combate.Non era para belas xogadas trenzadas ,pero si se tentou xogar e con todo en contra pra facelo,o balón quedándose en cada disputa,cada pase en curto ou en largo,pero son dous equipos que queren e saben xogar o fútbol.O derroche foi inmenso ,os nosos méritos moitísimos,pena que o marcador non fose xusto con nós.
A primeira parte foi igualadísima ,os mariñans adiantáronse logo dun saque de porta de Simón que favorecido polo vento de cara e a velocidade que colleu o balón o tocar o céspede perto da área grande caeulle nos pés a Manolo ,quen en pugna coa marca resolveu con calidade diante de Roi ,min . 20, 0-1. Non nos arredamos e pronto buscamos a porta de Simón,e logo tamén acadamos a igualada no 31´ una espléndida xogada de Fabio culminao cun centro o segundo pao que Noé ,tirándose cos pés por diante, soupo remachar o dondo das maias 1- 1.
A segunda parte continuou cunha dinámica similar ,moita igualdade e loita extrema .Pronto comezamos a chegar ,con máis e mellores ocasións ,unha de Ibán ,outra de Emilio que quixo colocala na escadra pero alí apareceu Simón ,unha máis de Jony que internándose por dereita non enderezou o preciso o chut.Pero quixo a sorte favorecer os intereses mariñáns e logo dunha xogada embarullada no minuto 72´ a calidade de Manolo decidiu, foi o máis clarividente e puxolle un balón franco a Jandri que libre de marca fusilaba a porta baleira.O último cuarto de hora foi un acoso e derribo pola nosa parte e a SD sufriu moito .Chegada tras chegada levamos o perigo constantemente ,en xogada ,a balón parado.Faltounos a precisión no ultimo remate,ata Roi remachou dous córners ,ata Pablo estrelou un balón no pao na última xogada do encontro.En fin démolo todo.A providencia tampouco quixo axudar que se vai facer .
A semana que ven unha semifinal na montaña luguesa ,o o domingo SD BECERRREÁ -TABOADA CF.
Crónica El Progreso
09/01/15
AD FERROVIARIA 2-TABOADA CF 5
(XUVENILES)
Gran partido dos xuveniles no Luis L.Gorgoso, donde tiveron que sobreporse o temperán gol local os dous minutos .Pero logo duns minutos incribles enseguida deron a volta o marcador e os 15 minutos xa ibamos gañándo1-3.Primeiro foi Javi a saida dun córner pra por o 1-1 no marcador ós 5 minutos.Os 9´ Diego López cun golazo desde fora da área ,vendo o porteiro un chisco adiantado colocoulla moi lexos do seu alcanze.Os quince minutos Joni Guerra resolvia dentro da área para facelo 1-3.Foi un vendaval de goles ,acorde co que estaba a caer do ceo ,un pequeno diluvio que levantaba o cespede artificial do campo.Despois o xogo contívose pero ainda así foi un partido no cal gozamos de innumerables ocasións e poidemos conquerir un tanteo máis amplo.
A volta de vestiarios no 52´ Joni Guerra marcaba o seu segundo gol logo dunha contra e poñia a guinda a unha actuación completísima.A nosas ocasións continuaron pero no 72´ un penalti a prol dos locais puxo o 2-4 e fixo que por uns intres se volcasen arriba na procura de recurtar distancias ata que chegou as sentencia no 82´ e logo doutra contra Alex Pita poñia o 2-5 definitivo.
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
03/01/16
TABOADA CF 2-ED LOURENZÁ 1
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 03 De Enero De 2016
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Fabricio (Alex Rodriguez 46'), Pablo, Noé (J:Castro 68'), Jacobo (Tara 79'), Ibán, Emilio, David Potente, Juanjo Potente, Alex Ratón (Nicolás 60') y Fabio
- Escolas Deportivas Lourenzá: Bugui, Lucas, Roi (Bermudez 62'), Isaac (Suso Foro 74'), Javi Chinchón, Jorge, Montxo (Noe23'), David Cabaleiro, Diego Valea, Iván Recalde y Manu
- Goles del Taboada C.F.: Emilio; Emilio;
- Goles del E.D. Lourenzá: Iván Recalde de penalty;
- Tarjetas: Amonestó por los locales a Alex Rodriguez, Ibán, Juanjo Potente, David Potente y por los visitantes a Manu, Javi Chinchón, Jorge, Isaac, Noe .
Imprescindible victoria a conquerida hoxe,merecida e disfrutada pero tamén sofrida.Pelexouse ata extenuación ,ámbolos dous equipos ,nunhas condicións climáticas durisimas cun campo rapidísimo o comezo pero que se foi poñendo pesado co paso dos minutos coa intensa choiva caida perante todo o diá e en especial pola tarde.O noso primeiro tempo foi boísímo,raiano a perfección en case tódolos aspectos do xogo,moita intensidade ,precisión no pase e rapidez nas transiccións,contundencia defensiva e sobretodo a eficacia ,que tanta falla fai.Empezamos fortes ,os dous minutos gran xogada e chut de David Potente,merecente de gol pero Bugui rexeitou con moito tino.Os 11´excelente cabalgada de Noé por banda dereita ata liña de fondo onde asiste a Emilio que fusila a Bugui e conquire o 1-0.No 24´boa xogada de Emilio pola esquerda que centra,prolonga Fabio de tacón que propicia un remate e ocasión marrada por Noé.No 24´ un balón esvaradizo fai pasarlle un mal intre a Bugui,escapáselle e Ibán esta a piques de roubarlle a carteira.Só un minuto despois outra consecuencia do mal tempo na outra área ,esvara Roi na saida ,do cal case se aproveita Chinco pra anotar.No 32´ gran doble ocasión para o Atlético Lourenzá ,na mesma xogada primeiro tena o Noé visitante e saca cun paradón Roi,ten continuación a xogada cun remate de Recalde de cabeza ,que saca Pablo tamén de cabeza baixo paos.No 40 ´gran xogada de David Potente ,que lle pelexa un balón o central visitante Roi ,faise co balón vasie con forza e asiste o oco esquerdo da defensa por donde entraba como un obús Emilio,que culmina a contra cun certeiro e contundente remate. 2-0.Foi a culminación dun gran primeiro tempo local.
A segunda metade foi máis dominada polos visitantes , xa dende o inicio,pero moi serios e ordeados atrás apenas nos vimos inquedados ,agás no treito final.Con todo no 49´ Roi tivo que facer un paradón a disparo de Jorge desde a frontal.Despois veu un tramo escuro do partido,gris acorde co día sen case ocasións nin pra uns nin pra outros.Eso sí os laurentinos tentaban irse arriba tratando de recurtar.Tiveron outra xa no 74´ cunha volea de Recalde axustada o pao.Pouco despois tivemos nós a oportunidade de pechalo encontro despois dunha gran xogada de Jony que asiste a Emilio cuio remate sacouno cun pé Chinchón a córner.Depois no 78´a polémica do encontro penalti a prol dos mariñans ,discutido ,pero que transformou Recalde 2-1.A partir daí os visitantes envorcáronse sobre a nosa meta ,sobre todo en xogadas a balón parado.Fixéronnos sofrir os últimos cinco ,pero mantivémonos firmes e sumamos tres puntos que teñen que ser o revulsivo necesitado.
A semana que ven ,primeiro partido da segunda volta ,de novo na Medela TABOADA CF-SD BURELA.
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
Crónica El Progreso
Crónica La Voz de Galicia
El Taboada toma oxígeno con su victoria ante el Lourenzá
El club de A Medela convoca este sábado una asamblea extradordinaria para incorporar nuevos directivos
«Lograremos la permanencia». Estas palabras las pronunció ayer el entrenador del Taboada, Emilio García, después de la victoria que consiguió el equipo ante un rival directo, el Lourenzá. El conjunto de A Medela cierra la primera vuelta con tan solo catorce puntos, unos números que no responden a las expectativas iniciales de un club con tradición en el grupo tercero de la Primera Autonómica.
«El objetivo que tenemos es alcanzar al final de la temporada los 42 puntos, que es la cifra, teniendo en cuenta posibles arrastres, que necesitamos para mantenernos. Si remamos todos en la misma dirección, la próxima temporada estaremos en la Primera Autonómica», indica Emilio García.
A pesar de continuar en la última plaza -el Taboada está empatado con catorce puntos con el Becerreá-, la victoria del domingo supone un refuerzo anímico importante. «En los dos últimos encuentros llevamos cuatro puntos, y si ganamos al Burela este domingo en A Medela, daremos un paso de gigante para colocarnos cerca de los puestos cómodos de la clasificación», añade García.
Asamblea de socios
Este sábado, a las ocho y media de la tarde, la junta del Taboada convocó en el salón de actos de la casa de cultura una asamblea extraordinaria de socios, en la que se debatirá la incorporación de nuevos directivos que ayuden. «O que pretendemos é que entren máis socios na directiva e nos axuden, sobre todo no apartado económico», comenta un directivo del Taboada.
Fabricio,David Potente,Fabio,Noé,Alex Ratón
23 Bugui, 2 Lukas,5 Chinchón,3 Roi,4 Issac,8 Garrafín, 6 Jorge,11 Manu, 7 Montxo,10 Recalde, 9 Chinco
15 Noé, 12 Foro,14 Felipe,16 Pichi, 1 Manoliño
Alejandro,Nico,Rubén ,Isma,Jony,Emilio