Síguenos tamén en
https://www.facebook.com/taboada.cf
26/02/17
TABOADA CF 1-CD FOZ 1
Abriuse o encontro con moita intensidade.Ràpidas transicións,moitas chegadas.Contabilizamos nos primeiros minutos duas de Noé,unha de Hermida,e outro disparo lonxano de Emilio que se marchou pegado a cepa do poste.Estabamos a ter máis posesión,e máis profundidade,non entanto os mariñans con Canario,Brais e Asier no medio contragolpeaban con rapidez,ainda con tenue incisión.Malia todo foron contundentes no 25' nunha xogada individual de Hermida ,onde fixo el todo, e tivoa ata en duas ocasións ,na primeira rexeitou en primeira instancia Roi,pero voltou recoller Hermida e daquela só tivo que empurrala.0-1.Fúmonos un pouco do partido,incurrimos un chisco na precipitación,voltamos meternos nos últimos dez minutos.Tivemos unha moi clara no 39' tras incursión de Emilio por esquerda ,o remate de Noé desde a dereita o seu remate conlevou unha acción polémica pois reclamáronse unhas màns no rexeite dun defensor que os colexiados consideraron involuntarias ,polo tanto intranscendentes.Tres máis tarde outra xogada similar concluiu cun remate de Fabio que se foi chiscote alto.Nos últimos intres da primeira tentamos acosar a meta visitante pero infructuosamente.
A volta de vestiarios voltou a ser un monólogo local ,con dominio e posesión e o xogo desenrolábase na parcela defendida polos focenses.Non embargantes no 55' tiveron eles un man a man de Hermida con Roi no que este saiu vencedor.No 52' gran xogada colectiva trenzada por Fabio e Marcos que culminou Emilio e rexeitou Berni cun paradón.O acoso local que proseguiu resultaba infrutífero por falta de tino e polo bó orde defensivo visitante.Empurramos con tenacidade e intensidade ,buscando as incursións por banda con combinación e en profundidade,inda máis a partires da lesión de Marcos ,agás sen conquerir o éxito desexado . Ata que no 75' un gran pase en profundidade de Alberto controlouno sobre a frontal Emilio ,revirouse xa dentro do área e batiu a Berni con sutileza.1-1.
Ningún dos contendentes semellou conformarse co resultado e no cuarto de hora que faltaba ámbalas duas escadras buscaron porta na procura dun gol redentor que desfixera a igualdade,houbo ocasións nas duas áreas;a máis clara tivoa Ibán nun golpeo a boca de xarro dentro da área pero o gardavallas visitante voltou estar atinadísimo.Chegouse o final cun reparto de puntos que non satisfixo a naide pero que se pode considerar xusto.
A semana que ven toca desprazamento,neste caso A Pastoriza,o domingo 5 de marzo UD PASTORICENSE-TABOADA CF
TABOADA CF 1 Roi 5 Alber 7 Marcos 9 Noé 16 Montes 17 Emilo 19 David Potente 20 Juanjo 21 Sesín 22 Joni 23 Fabio
6 Alex 8 Nico 10 Jacobo 14 Iban 15 Andrés
CD FOZ 13 Cristian Berni 3 Brais 4 Bouso 5 Javi Chinchón 7 Cristian 8 Canario 10 Hermida 12 Dani Chao 17 Gayol 18 Asier 20 Makina
2 Miguel Cayón 22 Iván
25/02/17
SG COMERCIAL 4-TABOADA CF 1
Copa xuvenil
Non podemos ofrecerrvos imaxes deste enconto
19/02/17
SD ANTAS 2-TABOADA CF 3
Partido disputado con moitísima intensidade desde o primeiro minuto e no que os dous equipos se xogaban moito,os locais queimando as últimas balas pra engancharse a zona de salvación ,os visitantes pra non caer nesa zona complicada.Presumíase que calquer erro podia penalizar moito.Cumpliuse a premisa moi pronto ós 18' ,un còrner sacado por Vitiño entrou polo primeiro pao despois de que Poyán tentase despexar o balón acabou entrando desafortunadamente,0-1.Dous máis tarde Guerreiro pudo facer o 2-0 desde a frontal,axustou pero foise arriba.O partido semellaba coller cor local.A pesar da igualdade no medio campo,chegaba màis o Antas ,os nosos custaballes chegar.A primeira ocasión do Taboada coincidiu coa media hora,cando Poyán controlou na área,revoltouse e disparou un chisco alto.Foi un atisbo de reacción ,a partir do cal empezamos a xogar mellor.Tivemos logo duas oportunidades case consecutivas nos pes de David Montes,uhna delas un disparo lonxano,outro màis preto a portería e ocasión máis nítida.Despois outro chut lonxano de Jacobo levou certo perigo.Neste tramo final da primeira estabamos a impoñer máis o noso xogo.No 44' gran ocasión na destra de Jacobo,nun libre directo Alberto sacou da escadra.No córner consecuente o propio Jaco puxoa o segundo pao rematou coa destra Pablo cruzando o balón que entrou no primeiro pao perto a cepa lonxe do alcance de Alberto.1-1.Asi se chegou o descanso.
A segunda parte comezou como acabou a primeira coa mesma intensidade e maior dominio visitante.Contáronse duas ocasións de Marcos nos primeiros compases,e unha volea de Sesín que se foi desviada.No 53'unha boa xogada colectiva concluiu cun disparo de David Potente que se foi lambendo o pao.No 55' excelente saida de balón de Sesín que prolongou en profundidade para a carreira de Emilio que se meteu ata a cociña con velocidade,e definiu fantástico no man a man con Alberto ,1-2.No 60' puido adiantarnos cun terceiro gol David Montes ,pero sacou Alberto cun paradón espectacular. Despois entrouse nunha perigosa dinàmica de idas e voltas con chegadas ás duas áreas.Os locais arriscaron con liña de tres,foronse arriba.Nos con máis espazos contragolpeamos con moita velocidade e incisión.Asi chegou o 1-3 no 75', contra cun balón en longo finalizada con mestría por Fabio elevando o balón por encima da saida de Alberto.
Con todo non se pechou o encontro,os locais non baixaron os brazos e no 80' unha boa volea sobre a frontal de Mendez puxo o 2-3 no marcador.A partir de acó si soupemos controlalo encontro e nos minutos finais non deixamos que o Antas xerara perigo,e así non creou nin unha ocasión ;máis ben aconteceu o contrario e poidemos incrementala vantaxe pero tampouco soupemos finalizar e así chegouse o final.
O domingo que ven recibiremos a un rival dos máis salientables da Liga ,o domingo da Festa do Caldo de Osos ,na Medela o prato forte,TABOADA CF -CD FOZ.
SD ANTAS suplentes 12 Cumbraos 13 Melendo 14 Miguel 15 Chin 16 Alex
TABOADA CF 1 Roi 4 Pablo 7 Marcos 8 Nico 10 Jaco 11 Poyàn 16 David Montes 17 Emilio 19 David Montes 21 Sesín 23 Fabio
TABOADA CF suplentes 5 Alber 9 Noé 13 Isma 15 Andrés 22 Joni
(Copa Xuxeniles)
CD CORGO 5-TABOADA CF 0
12/02/17
TABOADA CF 0 -CD SAN CIPRIÁN 1
Imperou a igualdade nos primeiros compases,nos que as duas escadras propoñian un fútbol alegre e ofensivo,tentando busca-la meta rival alternando a combinación e o fútbol màis directo e a profundidade.A pesar da vistosidade e emotividade as ocasións non eran claras,ainda que se pisaba moito a área contrincante.O ritmo de encontro mantívose altísimo a primeira media hora ;faltaba a guinda do gol ,a precisión pra acabar as xogadas tanto nunha área como na outra.O primeiro remate claro entre os tres paos tivo lugar máis ou menos nese tramo ,despois dunha boa combinación entre Fabio e Sesín,que culminou este cun centro que rematou Emilio cun testarazo.Non decaía o encontro e no 40' outra estupenda ocasión local noutra boa xogada conducida por Fabio primeiro e David Potente logo,concluiu Diego Poyàn picándolla ante a saida de Madariaga,o balón foise lambendo o pao.
A segunda parte comezou con algo máis de pausa,co xogo algo máis trabado.Neste impàs nunha excelente xogada individual de Borja Mella ,no balcón da área ,revoltouse e chutou cun disparo axustado que entrou pegado a cepa,0-1,min .58.Espoleuse o Taboada co gol visitante,puido empatar tres despois ,logo dunha xogada de David Montes ,que abriu a banda pra Emilio que voltou centrarlla a Montes que rematou de testa ,estando Madariaga moi atinado coa sua parada.A pesar do ímpetu local,os visitantes mantiveron un bó orde defensivo e non dabamos aberto a lata.Nos últimos intres volcámonos definitivamente sobre a meta de Mada tendo o partido daquela tintes emocionantes e agónicos.Tivémola no desconto nunha falta lateral que cabezeou Ibán ,o cancerbeiro mariñan voltou a estar moi ben posicionado.Non tivemos máis opcións e os visitantes leváronse tres puntos que se lles volvían vitais,o tempo que apretase a clasificación do medio cara baixo.
A semana que ven presentanos o calendario un derbi que se antolla máis ca decisivo : no Castro Seoane, o domingo 19 ,SD ANTAS -TABOADA CF.
Crónica El Progreso
Crónica El Progreso
1 Roi 4 Pablo 5 Alber 11 Diego Poyàn 14 Ibán 16 David Montes 17 Emilio 19 David Potente 20 Juanjo Potente 21 Sesín 23 Fabio
7 Marcos 8 Nico 10 Jacobo 13 Isma 22 Jony Guerri
1 Mada 2 Carlos 3 Chiqui 4 Dani Fernandez 5 Fabiàn 6 Gio 7 Carra 8 Poceiro 9 Borja Mella 10 Antón 11 Daniel
12 Borja Rego 13 Marco 14 Xoel 15 Xesus 16 Racha
Somos capaces de voar.Esta foto plasma o que tratamos de reflectir desde o noso blog.Queremos deixar constancia do traballo,esforzo,superación,de tódalas horas perdidas ,dos soños duns pequenos modestos,uns homes afeccionados ,dos nosos ,os do Taboada CF especialmente,pero tamén dos rivais e non por iso menos amigos,de toda a provincia que cunhas metas e esforzos semellantes,deixanse a pel ,a cambio de nada e espoñendo o que non está nos escritos,por unha paixón ,por un deporte que non é só o de 22 nenos ricos diante e fanáticos intransixentes detrás,que só gañan nunca perden ,e que resulta ser tamén máis que a frivolidade de uns tios en pantalóns curtos dandolle patadas a un balón.Alén diso os que debecemos por este fútbol tamén vemos nel ,porriba do ben e do mal, beleza,plasticidade ,sufrimento ,dor,amizade,devoción,emoción,orgullo,nobleza,afouteza,cerebro,corazón ,vontade,bondade,soños,sentementos .....podedes engadir o que consideredes ,iso é o que vos fai voar.
11/02/17
(Copa xuvenil-fase previa)
TABOADA CF 4-SCD SAN ROQUE 2
Crónica El Progreso
05/02/17
UD XOVE LAGO 3 -TABOADA CF 3
Interesantísimo e moi bonito o comezo do partido con dous equipos moi volcados en buscala meta contraria,sen especular no medio do campo e con transicións constantes.Cando estabamos a ter un lixeiro dominio en canto a posesión e maior presenza visitante chegou no 21' unha ràpida contra local levada por banda dereita por Juanjo Coello que cunha excelente galopada foise do noso Juanjo e asistiu xa dentro da área cara o segundo pao por donde apareceu libre de marca Pablo Costa que só tivo que empurrala o fondo das maias,1-0.O partido proseguiu moi aberto ,con continuadas idas e vidas;fixemos no tramo final da primeira méritos pra acadar algún goliño,que non chegou polo tino do cancerbeiro Trullo e o bó orde defensivo local.
No inicio da segunda e coa lixeira vantaxe local tivemos un chisco màis de posesión pero sen tanta chegada como na primeira.Os verdes contiñan màis no medio campo e a ofensiva visitante non era tan fluida.Con todo adiantamos a presión na procura do empate e as ocasións empezaron a caer do noso lado;no 56' unha doble ocasión de David Potente e Jacobo plasmaban un mellor xogo.Pero só dous màis tarde unha nova contra local cun pase en profundidade sobre Diego Chao resolveuno este cun disparo no balcón da àrea axustado a cepa do poste que lle botou a Roi diante da sua gran estirada non puidendo facer nada por evitar o gol e que se convertiu así no 2-0.Este gol proporcionoulles os locais màis tranquilidade ,sobre todo a hora de defender,coa posibilidade de especular co resultado,màis ó abrir e adiantar liñas os visitantes . Porende aproveitaron perfectamente os xovenses pra pechalo encontro (ou iso semellaba) no 65' cunha nova contra levada por Pablo Costa,que disparou o poste o rexeite recolleuno Diego Chao pra facelo 3-0'.Cando todo parecia xa perdido no 69' chegaron unhas màns innecesarias e pode que involuntarias na área local,o colexiado apreciou intencionalidade e o penal transformouno Jacobo cun lanzamento fortísimo e inapelable que serveu pra recurtala vantaxe,3-1.Os nosos envalentoaronse e tres despois nunha nova xogada de ataque visitante Noé facía o segundo cunha fenomenal e contundente volea.Estivemos a piques xa de empatar na xogada posterior o saque de centro noutro remate de David Montes;houbera sido unha incrible remontada en apenas cinco minutos,de convertir esta ocasión quizais seriamos quén ata darlle avolta o marcador , ¿quén o sabe ?.Con todo cunha fé desmedida volcàmonos sobre a meta de Trullo nuns minutos finais intensísimos.No 89' tivemos outra triple ocasión na mesma xogada primeiro Nóe chutou tentando colocala, rexeitou en primeira instancia Trullo cun paradón,recolleuna David Montes que voltou disparar e petou nun defensa baixo paos o balón tentou rematalo David Potente de cabeza pero foise porriba da escadra. Houbo que esperar o desconto,o 94' pra que nunha xogada na àrea local acabase en penalti a prol noso decretado polo colexiado a instancias do seu auxiliar ,discutido por os locais,pra nós máis nítido que o primeiro.Transformouno Fabio sen perder un àpice a calma e enganando a Trullo que se lanzou a esquerda,o balón entrou a media altura do pao dereito.Culminouse así unha colosal remontada máis acorde cos merecementos e co xogo despregado;cremos.Cremos.
Pra semana máis ,o domingo 12 na Medela as 16:15 TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
Crónica El Progreso
1 Trullo 2 Alex Yañez 3 Angel 4 Bustelo 5 Moya 6 David Rivas 7 Diego Chao 8 Maikel 9 Juanjo Coello 10 Mario Gomez 11 Pablo Costa
12 Rubio 13 Iker 14 Charly 15 Aitorin 16 Guijarro
1 Roi 8 Nico 20 Juanjo 14 Ibàn 21 Sesín 10 Jaco 19 David Potente 11 Diego Poyàn 16 David Montes 23 Fabio 17 Emilio
3 Dieguiño 5 Alberto 7 Marcos 9 Noé 22 Guerri.