domingo, 1 de octubre de 2017

outono

 TABOADC.F







                                                                             




                                                                               


                                                                                     


                        Síguenos tamén en:








      


https://www.facebook.com/taboada.cf


TWITTER. TaboadaCF











TABOADA CF youtube
YOU TABOADA CF TUBE



TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF




29/10/17
CLUB LEMOS 3-TABOADA CF 1


       Inicio moi prometedor dun Taboada moi ben posicionado e con moitas gañas de chegar arriba.Con moita presión e intensidade abrian  campo os nosos  e chegabamos polas duas bandas.Foi sin embargo o Lemos quen avisou primeiro no 15' cun forte chut de Varela que repeleu o pao.Os visitantes non se arredaron e seguiron coas miras a portería de Arturo.No 20' grandisima transición ,e gran pase de Guerreiro a Joni que se gañou a posición entre a defensa local e fusila a Arturo cun chut potentísimo polo pao corto.0-1.Era un gol que facía xustiza a mellor proposta táctica e o maior despregue físico que estaba a amosar o Taboada.Pudo conquerir Guerreiro o segundo nunha espléndida xogada individual catro minutos máis tarde.Semellaba tocado o equipo local,pero despois dunha saida ao corte na medular de Juanjo,perdemos colocación defensiva e nunha fenomenal xogada individual Toto foise por banda esquerda de Javi e do propio Juan, e viuse favorecido polo rebote na tentativa de corte de Ibán  e finalizou cun disparo cruzado diante da saida de Roi   a 1-1.min 28'. Ó mellor o marcador non facía xustiza ao xogo despregado por uns e outros.Pero a partir de entón  o partido que xa estaba a ser moi entretido comezou  a resultar vibrante con continuas transiccións e cos dous equipos buscando  a meta rival nese tramo final da primeira.Foi Fabio quen tivo outra ocasión manifesta no 37'.Contestou Marcos Blanco cun disparo lonxano.Foron estas as ocasións máis salientables.e logo marchamos a vestiarios.
       A segunda metade comezou con algo menos de ritmo.Poide que esta coiuntura non nos favorecera,pois os locais topáronse cunha xogada un tanto afortunada no 53' despois dunha falta lateral ,botouna Arias e o balón pasou entre toda defensa e dianteira endiañandose,pode que rozara en alguén pero acabou por entrar polo segundo pao,o colexiado anotoullo a Diego Arias,2-1.Moi pouco despois no 60' nunha mellor combinación local ,triangulación por banda esquerda que concluiu cun pase de Castañer  ao centro donde Varela  se fai con ela,colacaa e fusila a Roi.3-1.Foron un mazazo os dous goles case consecutivos.A pesares diso non baixaron os brazos os nosos e tentarono especialmente con penetracións por banda dereita . A falta de 25 o colexiado a instancias do seu auxiliar expulsou a Sergio Guitián  por agresión sin balón en disputa a Fabio .Quedaba inda moito partido,e o Taboada tentou envorcarse sobre a meta de Arturo abrindo moito as liñas.Tentouno Fabio desde libre directo lateral e desde unha falta sobre o balcón da área.Os locais propuxeron non deixar   xogar,limitándose a sair en esporádicas contras  e quizáis  o Taboada abusou dos balóns en largo que eles defendian con comodidade.Os minutos foron pasando inexorablemente e a reacción desexada non deu chegado.No último cuarto de hora debutaba co equipo senior un xuvenil máis Sergio Quintás,que xogaba os seus primeiros minutos despois de entrar na convocatoria por mor da praga de lesións que asolaga o equipo .Sin máis o marcador quedou inmutable e así rematou o encontro.
             
           A semana que ven toca xogar na casa de novo ,o domingo na Medela TABOADA CF -RIOTORTO CF. Asemesmo estrearemos no blog a entrada do mes de novembro,pois esta xa é a última crónica deste mes que  finaliza.

El derbi se quedó en A Pinguela

El Club Lemos remontó un 0-1 y se impuso con claridad al Taboada


MONFORTE / LA VOZ 
El Club Lemos ganó y recuperó sensaciones en la liga. El conjunto que prepara Edu Rodríguez se impuso en el derbi comarcal del grupo tercero de la Primera Autonómica al Taboada. Los jugadores locales le dieron la vuelta al luminoso, puesto que comenzaron perdiendo.
El entrenador lemista extrae conclusiones positivas del envite. «Estoy muy contento con la imagen que ofreció mi equipo. A pesar de ir perdiendo 0-1, en la primera mitad estuvimos a un gran nivel, sobre todo con balón. Es verdad que Guerreiro nos hizo trabajar, pero el Taboada no tuvo el control del partido en ningún momento y no vi peligrar que se nos fuera», señala el entrenador del Club Lemos, Edu Rodríguez.
El preparador local destaca, sobre todo los veinte primeros minutos de la segunda entrega. «En ese tramo fuimos muy superiores. Llegó la expulsión de Guitián, pero nos adaptamos a ese guion y temporizamos el partido para acabar con el 3-1 definitivo», añade.
Inyección anímica
Edu considera que esta victoria supone una inyección anímica para los suyos. «Este triunfo nos da confianza para seguir adelante y refuerza nuestra idea. Necesitábamos un partido como el del domingo en A Pinguela, escenario en el que quedó demostrado lo que queremos».
La principal preocupación del técnico está en saber cuál será la sanción que el comité de competición le pondrá a Guiti. «En el acta, el árbitro reflejó que le había dado un puñetazo a un contrario, porque supongo que serán entre dos y cuatro partidos de sanción», dice.
La victoria ante el Taboada deja al Club Lemos en la quinta plaza de la tabla clasificatoria, con un total de diecisiete puntos.
El equipo monfortino regresa hoy a los entrenamientos con la vista puesta en el partido del próximo sábado (17.00 horas) a domicilio ante el Xermade. El Club Lemos participará mañana en un triangular con motivo de la presentación de los equipos del CF Monforte. Esta puesta en escena será a las cuatro de la tarde en el campo municipal de A Pinguela. Una hora más tarde disputarán el triangular con el Sober y el Brollón.







CLUB LEMOS 1 Arturo 2 Marcos 3 Sergio 5 Emilio 8 Gonzalo 9 Varela 11 Armesto 12 Anthony 14 Castañer 19 Toto 21 Arias
SUPLENTES 7 Lucas 10 Quiroga 13 Isma 16 Javier 20 Antas.
 TABOADA CF 1 Roi 4 Juanjo 11 Diego Poyán 12 Javi 14 Ibán 19 Davi Potente 20 Guerreiro 21 Sesín 22 Joni 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES 10 Jacobo 13 Isma 15 Sergio Quintás 18 Sergio Orozco 24 Moski.















































28/10/17
ADC SAGRADO CORAZÓN 4-TABOADA CF 2

    Despois dunha primeira hora competida na que incluso nos poidemos poñer por diante despois dunha gran ocasión de Congui ,os locais comezaron a apretar e dominaron no último cuarto da primeira e no 32´adiantáronse cun gol  de Gundín   .Puido empatar de novo Congui despois dun disparo ao pao.Pero os locais víronse favorecidos por ter un forte vento de cara e nos últimos minutos da primeira acadaron unha considerable vantaxe con goles de Muinelo no 37' e outro sobre a bucina de Rubén no 44' .Co 3-0 marchamos o descanso.
    A volta dos vestiarios a decoración e intensidade dos nosos cambiou  e co vento a favor os xuveniles do Taboada  empurraon ata o último intre.Paulatinamente fumos recurtando a vantaxe.Primeiro ,despois dun claro penalti sobre Fede no 63' ,que transformaba con rotundidade Sergio Quintás .O dominio e a intensidade dos visitantes foi en aumento co paso dos minutos,e no 72' tivemos premio a loita ,nunha falta lateral Sergio Quintás facía o segundo da sua conta particular cun disparo directo que sorprendeu a Varela.A fé nas posibilidades do empate fixo que  on nosos chavales se envorcaran sobre a meta do Sagrado ata o último suspiro.Foi nun contragolpe na última xogada do encontro  cando Gundín de novo puxo o definitivo 4-2.Non houbo nin saque de centro.

















































21/10/17
                                                TABOADA CF  7 -FERREIRA CF  1

           Primeiros minutos animadísimos nos que o balón transitou dunha área a outra con moitísima rapidez.Tivoa Enriquez aos dous minutos nun balón que estrelou no pao e no rexeite Sergio David ''Pollo'' estrelouna contra David Potente e  o esférico foise a saque de recuncho .Pouquiño despois contestou Poyàn cun testarazo que desviuo Valcárcel a córner.Prolongou o Taboada a xeira de ocasións cun chut fermosisimo de Noé que desviou cun paradón Valcarcel.E tan só un minuto despois o cancerbeiro pantonés  chapaba un  testarazo de Ibàn tras un córner;inda era o minuto 8.Facíase co control o equipo local pero tranquilizábase o xogo un anaco ata que no 16' Guerreiro despois de gran xogada individual cruzou o balón axustado o pao;voltaba avisar o Taboada.Era un preludio.No 19' nun córner a prol dos locais e despois de rexeitar Valcárcel un testarazo de Guerreiro ,Fabio moi atento enviaba o fondo das maias,1-0'.No 25' despois doutra excelente manobra de Guerreiro fixeronlle falta no balcón da área,o libre directo executouno maxistralmente Manu,golazo.No 31' foille anulado outro gol ao Taboada por un probable fora de xogo posicional,o a bola viña de tentar despexala fallidamente  César Valcárcel ,presuntamente Poyán incurriu nel pero este limitábase a deixar entrar o balón evitando entrar en contacto con él.
        Tivo outra máis o equipo local tras un córner no 35' con outro remate de cabeza de Juanjo ao longueiro.E só un minuto despois Noé tivo un man a man clarísimo que de novo volveu desbaratar un  máis que atinado Valcárcel.De merecer un terceiro gol moi de longo, pasouse ao 2-1 no minuto 40,despois dun saque de banda Cristian foi o máis listo e zigzagueu  ná área cruzando o balón o fondo das maias.2,1.Pero non se veu a baixo o Taboada nin percutiu no seu férreo tesón e somentes tres despois outra falta sobre a frontal visitante ,un pouco escorada a esquerda ,encargouse de executala esta vez Guerreiro,de novo con enorme mestria.outro golazo ,3-1.Foi o momento chave do encontro,pois curtaba unha posible reacción pantonesa.Era tamén un gol deses chamados psicolóxicos pois dalí a un minuto o colexiado decretaba a fin dos primeiros corenta e cinco .En resumo foi un gran primeiro tempo,cun festival ofensivo do Taboada que agás en intres puntuais dominou de principio a fin .
           No segundo tempo os visitantes comezaron apretando ,saindo espoleados do vestiario  e puxeron moita intensidade  cercando nos primeiros compases a meta de Roi.Pero foi o Taboada quen golpeu de novo;no 55,' foi outra vez a balón parado ,nun córner,e logo dunha  longa serie de remates,primeiro de Guerreiro,que sacou Cidre baixo paos,despois Fabio tamén a queimarroupa pra salvar outro defensor,e xa no terceiro remate Poyàn non tivo piedade e fundiu as redes, 4-1.O Taboada voltou facerse co control do partido,e ofrecendo moita seriedade non só non concedeu oportunidades ó rival ,senón que en ataque apuntillou o Ferreira  no 69' nunha acción de mérito de David Potente,na cal fixoo todo,recuperou ,chutou e axustou o pao,onde petou antes de entrar 5-1.Fermoso gol tamén.Tralo quinto o equipo visitante xa apenas  opuxo resistencia.
         Nos últimos intres os locais obtiñan inda máis renda no 86' despois dun rexeite de Valcárcel Poyàn atento marcou libre de marca.6-1'.A guinda estaba por vir no 89' co mellor gol da tarde ,Dieguiño que fora un dos mellores baluartes do equipo cun partido completísimo,nun libre directo desde case 30 metros acadou un golazo por toda a escadra,extratosférico.7-1.
       Rematou o partido case inmediatamente,se cadra marcador abultado pero premiaba a gran eficacia  no que foi o mellor exercicio da campaña,perfecto plantexamento ,gran traballo colectivo,  cun  xogo posicional e combinativo inmaculados,espectacular e efectivo desenrolo da pizarra,e coa pizca de sorte que se precisa pra que salga ben todo o que se intenta.A todo isto hai que sumarlle o valor engadido de que o equipo afrontaba o encontro moi mermado polas oito baixas que ateigan a enfermería,dous xuveniles tiveron que sumarse a  unha convocatoria de 15 efectivos.Por ende se cabe os tres puntos conquiren unha especial importancia por seres un rival directo,cun gol average a priori complicado de revolver e que chegado o caso pode ter a sua transcendencia.
    A semana que ven enfrontamento complicado pra sacar nota contra un rival  de altura,recén chegado da Preferente ,un dos históricos provinciais, en Monforte  na Pinguela  CLUB LEMOS -TABOADA CF.
                                                 Crónica La Voz de Galicia Lemos

El derbi fue para el Taboada

El equipo de Murado logró su primer triunfo como local en Antas ante el Ferreira

















.

El Taboada rompió su maleficio y conquistó su primera victoria como local, aunque el choque no se disputó en A Medela, sino que fue en el Castro Seoane, en Antas. No obstante, esta victoria fue demasiada abultada, ya que el Ferreira, sobre todo en la primera mitad, no solo tuvo la primera ocasión -envió un balón al palo-, sino que incluso acortó distancias, llegando a estar 2-1.
En los primeros compases de la segunda entrega, el choque se mantuvo igualado a pesar de la ventaja de dos tantos de la escuadra de Martín Murado. Fue con el cuarto gol cuando los visitantes bajaron los brazos, encajando la quinta derrota de la temporada.
Con este triunfo, el Taboada escala puestos en la clasificación del grupo tercero de la Primera Autonómica y acaba con su obsesión de querer ganar en casa.

 Taboada CF Roi; Manu, Potente, Noé, Poyán; Ibán, David Potente, Guerreiro, Adri; Fabio y Diego. También jugaron Javier, Isma, Nóvoa y Jonathan
 Ferreira CF César; Hugo, Aguado, Rubén Cidre, Hugo González; Óscar Moure, Edgar da Silva, Mikel, Cristian; Sergio David y Enríquez. También jugaron Abdul, Edgar López, Alfonso y José Javier
Goles: 1-0, min.20, Fabio, 2-0, min.25, Manu; 2-1, min.38, Cristian; 3-1, min.42, Guerreiro; 4-1, min.56, Poyán; 5-1, min.68, Potente; 6-1, min.86, Poyán; 7-1, min.89, Diego.



Árbitro: Pedro Castro Gómez
Incidencias: Partido que se disputó en Antas
       













TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noé 11 Poyán 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesin 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES 12 Javi 13 Isma 15 Bando 22 Joni





FERREIRA CF 1 Cesar Valcarcel 2 Huguito 3 Juan 4 Ruben Cidre 5 Hugo 6 Oscar Moure 7 Edgar Dasilva 8 Mikel 9 Cristian 10Sergio Davi'' Pollo'' 11 Enriquez
SUPLENTES 12 Alfonso 14 Abdul 15 Edgar 16 Jota

































































































 21/10/17
 TABOADA CF 0-SD MONTERROSO 2
(Xuveniles)

























                                                                          15/10/17
                                               SD SARRIANA 2 -TABOADA CF 1



          Foron os primeiros minutos moi igualados nos que o balón corria dunha área a outra e con ocasións nas duas metas.No 16' despois dun saque de banda unha xenialidade de Iago cun taconazo perto da área habilitou a Samos que nunha posición franca e cun chut forte e cruzado batiu a Roi .Non se arredou o Taboada e tentou recurtar con prontitude con duas incursións de agulla de Noé ,os seus centros perfectos non toparon rematador ou un remate claro.Tamén o tentou David Montes cun disparo lonxano que se foi arriba.Foron uns bos minutos nosos os que transcurriron ata a media hora de xogo.O último tramo da primeira transcurriu màis plácido sin ocasións notorias.


        O segundo tempo comezou cun Taboada poñendo máis intensidade,apretando en todas as liñas,e con moita saida ó ataque.En liñas xerais estaba a ofrecer máis co rival.E no 53' o fútbol premiou ese desplegue e afán.Un saque de córner botado por Fabio caeu despois dun rexeite defensivo os pés de Poyàn que fusilou a meta de Macía,1-1.O equipo ainda tivo ambición pra ir a buscar un segundo tanto ,maiormente nunha ocasión de Fabio ,pero o partido foise equilibrando co paso dos minutos pois ambos equipos amosaban non querer conformarse co empate.Tanto a Sarriana como visitantes dispoñian de ocasións pra que o marcador se movese.Conduciuse o partido o tramo final cun ritmo vertixinoso ,cos dous equipos buscando o marco rival.Desta voráxine non saimos indemnes ,cando o partido agonizaba no 86' e despois dunha recuperación local o balón caeu as costas da nosa defensa,por donde apareceu Barrio pra fusilar a Roi,2-1.Con todo nos últimos instantes envorcamos sobre a meta de Macía diante dun rival que acabou pedindo a hora,pero o resultado mantívose inamovible.


          En resumo ,non foi unha derrota merecida polo alto nivel de competividade amosado e o máis xusto quizais fora o empate,pero o fútbol non entende deso ,senón de eficacia e de aí xurde a victoria local.


          A semana que ven ainda que estaba previsto un cambio de orde dos partidos,a Rfgf non o permite ,e finalmente a finde seman que ven xogarase TABOADA CF -FERREIRA CF ,lugar e datas por concretar .Avisarémosvos a través das redes sociais.











SD SARRIANA 13 Macia 2 Jacoob 3 Sito 4 Barrio 5 Luisma 6 Raul 7 Ruben Diaz 8 Marzán 9 Diego Diaz 10 Ivo 11 Samos
SUPLENTES 12 Chavea 1 Saul 14 Fran 15 Colon 16 Gachan

TABOADA CF 1 Roi 4 Juanjo 9 Noé 10 Jacobo 11 Poyàn 14 Ibàn 16 David Montes 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesín 23 Fabio
SUPLENTES 3 Manu 6 Alex 13 Isma 22 Jony 26 Dieguiño






































































                                               SD BECERREÁ  2 -TABOADA CF  0
    Despois duns minutos iniciais nos que os locais puxeron máis empuxe traducindoo nun xogo máis ofensivo ,  e namentras o Taboada saiu un chisco máis indolente ,a coiuntura saiu favorable ao Becerrea que no 20' tras unha gran combinación colectiva,quizais a mellor xogada do partido Marco finalizaba no segundo pao libre de marca .1-0.O gol en contra despertou do letargo ós visitantes que a partires de entón puxeron toda a carne no asador e ainda non encontraron vias de cara a finalización fixéronse coa posesión e dominaron no treito final da primeira.Nos últimos minutos encontrámonos coa lesión de Javi Paz,que tras un choque frontal tívose que retirar mancado no xeonllo;foi un serio contratempo pra moral dos nosos.
   O segundo tempo comezou moi equilibrado e as alternativas foron nas duas áreas a pesar dunha calor abafante.O partido non se decidiu ata o tramo final,cando desde un remate desde dentro da área Javi puxo o 2-0 no marcador no 77'.Con todo os nosos pelexaron ata o final pero non deron concretado ningunha das ocasións que tiveron.
                                                                           




Javi Paz,Bandomil,Ivan,Perdi,Diego,Congui
Fede,Sergio,Adri,Damián,Xulián


Chilín,Andrés,Pablo,Alex,Gayoso,Txiqui















































08/10/17
                                               TABOADA CF 0  -SD MONTERROSO  3

        Comezou o encontro cuns primeiros minutos cun equipo visitante máis ofensivo ,ainda que non deu chegado con claridade.A primeira vez que chegou o Taboada no  minuto seis fixoo con máis perigo e conseguiu sacar unha batería de còrner,nun deles Manu estivo a piques de perpretar a meta de Chumi cun fortísimo disparo que sacou a defensa baixo paos.Desta serie pasouse a outra similar na àrea de Roi,que tampouco trouxo consecuencias .Despois duns minutos nos que os dous equipos equipararon forzas chegou unha xogada determinante no 26',Dabouza desbordou por esquerda chutou ,rexeitou Roi en primeira instancia ,o balón quedou solto na posición dun Hector libre de marca que só tivo que empurrala a porta baldeira.Os locais quixeron refacerse con prontitude,e postularon tres arreóns consecutivos proxectados en boas combinacións,ningún se finalizou con perigo.No 35 ' si estivo a piques de traducirse en gol unha contra finalizada por Crespo que acababa de substituir a un mancado Oscar Méndez,estivo providencial Roi para desbaratala ocasión.O Taboada contestou nunha magnífica combinación entre David Montes e Fabio que resolveu este cun disparo cruzado que de sacou Chumi coa punta da luva.O tramo final da primeira foi un pouco bronco,respostando a intensidade dun derbi,e non trouxo consecuencias de cara o marcador.
     O segundo tempo comezou cun Taboada mandón que tivo duas ocasións claras nos primeiros minutos ,unha de Fabio que culminou unha boa xogada colectiva cun disparo con rosca que se foi moi axustado o pao,outra de Guerreiro que non puido culminar aos pes de Chumi.Si o fixo Pardo no 55' culminando un magnífico contragolpe visitante ,superou a Roi na sua saida sobre lateral da área e marcou a porta baldeira.Foi un mazazo anímico ,a pesar de que o equipo reaccionou ben apelando a casta.Pasou que nesta tesitura os visitantes xogaron con comodidade ,o abrirse o Taboada e sair con todo de cara riba ,creábanse mas espazos por detrás da nosa defensa,que tentaban aproveitar os monterrosinos con contras ràpidas e balóns as costas.Con todo a mellor ocasión era nosa finalizando unha boa xogada de ataque  cun testarazo de Poyán que se iba arriba.Inda con iso os locais non lograban continuidade aos seus ataques e encarábanse os últimos quince minutos coa premura  do tempo que se votaba encima e a presión do marcador adverso. Moito peso.A falta de dez os visitantes sentenciaban o encontro de novo noutro contragolpe,desta vez foi Dabouza que culminaba a xogada e pechaba o encontro con brilantez.Victoria visitante por tanto xusta,case nun calco do partido da tempada pasada.Nada máis que dicir.
        A semana que ven toca rendir visita a outro rival de postín :o  domingo 15 de outono na Ribela SD SARRIANA -TABOADA CF.
         












TABOADA CF 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 10 Jaco 11 Poyàn 14 Ibàn 16 David Montes 19 David Potente 23 Fabio
Suplentes 13 Isma 20 Guerreiro 21 Sesin 22 Joni Guerri 26 Dieguiño
 SD MONTERROSO 1 Chumi 4 Porto 8 Barrio 9 Pardo 10 Loren 11 Dabouza 15 Hector 16 Iago 18 Bili 19 Oscar Mendez 21 Lucho
Suplentes 2 Chanclas 5 Pablo 7 Melchor 13 Roi 14 Crespo













































07/10/2017
(xuveniles)
TABOADA CF 1-SCD RESIDENCIA 1
















01/10/17

SD CHANTADA 0 -TABOADA CF 1

    Gran victoria do Taboada na casa do ata hoxe líder invicto da categoría,un gran premio a cultura do sentemento  e o traballo e  esforzo do colectivo branquiazul.Só son tres puntos pero resultan moi valiosos tendo en conta as numerosas baixas con que se afrontou e recurtanse  dez puntos xá con respecto os que se serán necesesario para acadar a salvación.
  A pesar da calor abafante iniciouse o partido cun ritmo frenético,dous equipos moi presionantes e ocasións nas duas áreas,as máis destacadas de Joserra e de Guerreiro,dentro  estas  do primeiro cuarto de hora.Co paso dos minutos baixouse un pouco a velocidade pero non a intensidade,pois as duas escadras poñian moita brega e competitividade.No último tramo da primeira metade tanto locais como visitantes mantiveron unha moi boa orde defensiva e anulaban os ataques impetuosos pero faltos de tino dos rivais.Sin máis  ocasións reseñables chegouse o descanso .
  O segundo tempo comezou de novo cunha tònica de equilibrio,pero pronto semellou que o Taboada queria achuchar màis e durante uns intres encerrou na sua área a un sorprendido equipo local .Foi suficiente este ímpetu  pra sacar unha falta sobre David Potente e entón apareceu novamente   a estratexia,sacouna rasa e forte Fabio o balcón da área por alí apareceu Guerreiro pra fusilar a Ferreiro entre unha maraña de xogadores ,52' 0-1.Pola inercia positiva o Taboada seguiu prodigando uns minutos magníficos,combinando con xenialidade,e creando outra ocasión espectacular,sacou Guerreiro outra falta ,con prontitude e axilidade ,para Mos que cun fortísimo chut estampou o balón no longueiro.Puido e mereceu ser o segundo.O pouco o propio Mosqui tivose que retirar lesionado,outro  serio contratempo máis e pasou a engrosar a longa lista de mancados .Moi desafortunado o equipo este respecto.Consecuencia o mellor deta acción e producto tamén do marcador adverso  os locais espoleados apretaron màis,pero o Taboada semellaba non descompoñerse,nin como grupo nin defensivamente e  nuns últimos minutos nos que derrochou traballo de grupo a esgalla  conqueriu manter a porta a cero .A pesar de que os locais tiveron as suas oportunidades neste tramo final nun remate de cabeza de Kadete e outro de Noé de espaldas a portería,a mellor ocasión foi dos visitantes ;na cal David Montes despois dun contragolpe desfacíase de dous defensores e chutaba detendo Ferre cunha espléndida parada.
  A semana que ven segundo derbi comarcal consecutivo ,esta vez como locatarios ,na Medela o domingo TABOADA CF -SD MONTERROSO.

                                                                          








 SD CHANTADA 1 Ferre 2 Fornas 3 Traste 4 Alberto 5 Cebolli 6 Delgado 7 Joserra 8Noé 9 Foci 10 Kadete 11 Michi
SUPLENTES 12 Alex Ratón 13 Porto 14 Isaac 15 Miràs 16 Manute
 TABOADA CF 1Roi 3 Manu 4 Juanjo 6 Alex 9 Noé 10 Jacobo 14 Ibàn 16 David Potente 20 Guerreiro 23 Fabio 24 Moski
SUPLENTES 13 Isma 16 David Montes 21 Sesín 22 Joni Guerri 18 Dieguiño