TABOADA C.F
Síguenos tamén en:
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF
TROFEO PROMESAS MEMORIAL JOSE MANUEL LÓPEZ ALVELO
25/03/18
CF RIOTORTO 3-TABOADA CF 2
1. Roi 3. Manu 4. Juanjo 14. Ibán
21. Seso 19. David Potente
23. Fabio 7. Marcos 9. Noé 24. Moski 20. Guerreiro
Suplentes do CF Riotorto :
12. Jesu 13. Diego 14. Héctor
Suplentes do Taboada CF:
10. Jacobo 16. Montes 22. Guerri
26. Dieguiño
24//03/17
SD BECERREÁ 1-TABOADA CF 1
(xuveniles)
A partires de acó fotos por obra e cortesía de Mari Viso
17/03/18
TABOADA CF 2 -QUIROGA FC 1
Hoxe os compañeiros do QUIROGA CF tiveron o enorme detalle de cedernos o seu material fotográfico e ter un detalle de forza e amizade co noso Canti.Sinceramente impagable o xesto que tivo con Nós,un clube desde hoxe inexquecible pra nosa historia..
10/03/18
FERREIRA CF 1-TABOADA CF 2
FERREIRA CF.
1. Asenjo 2. Marcos 3. Hugo
4. Huguito 5. Rubén 6. David
7. Santi 8. Juan 9. Denis
10. Samba 11. Enriquez
SUPLENTES
12. Edgar 14. Mikel 15. Abdul
16. Rafa 17. César
TABOADA CF
1. Roi 4. Juan Potente 9.Noé.11 Diego Poyàn.14. Ibán 16. Montes
19. David Potente 20. Guerreiro 21 Sesiño23 Fabio .24 Moski
SUPLENTES 3 Manu 7 Marcos 12 Javi 22 Joni
10/03/18
TABOADA CF 0-SD SARRRIANA 3
Estas son as imaxes da nosa participación do Trofeo organizado pola Sd Monterroso este último fin de semana de Semana Santa .Temos imaxes dos partidos contra os equipos nos que nos vimos encadrados no noso grupo CD ROIS,CD PALAS e CD COSPEITO.Todo material fotográfico é cortesía dos amigos da SD MONTERROSO ,a quen estamos completamente agradecidos pola invitación a participar e en especial a Pablo Jose López Blanco pola sua amizade e xenerosidade pola sua colaboración neste blog.Con esta aportación damos por cerrada a entrada do mes de marzo.
25/03/18
CF RIOTORTO 3-TABOADA CF 2
Desde o primeiro oTaboada CF quixo mandar no encontro;xa no primeiro minuto Noé tivo unha ocasión moi clara tentando facerlle unha vaselina a Parapar que este estivo listo a atallar.Os locais con baixas notables a hora de afrontar lo encontro.trataron de non arriscar en absoluto perante a maior parte do encontro.Ante a mínima dúvida balóns a espalda da nosa defensa buscando a Alberte,e sen arricar o xusto na saida do balón.Co paso dos minutos os visitantes ó reves foron arriscando cada vez coa presión máis adiantada,pero o Riotorto mantiña liñas atrás moi pechadas co que resultaba complicado encontrar fisuras.Só un disparo lonxano de Fabio no 30´semellaba romper isa monotonía.Non embargantes o panorama cambiou tan só dous minutos máis tarde .Ünico disparo a porta dos locais en todo primeiro tempo :unha falta lateral escorada a dereita de Roi,lanzamento cerrado de Kevin Pierre,envelouse votando antes da chegada de Roi,e o balón acaba entrando na nosa porta.1-0.Despertou a partir de entón o Taboada que quixo refacerse ante adversidade e fixoo despregando a partir dende aquela os seus mellores minutos.Apareceu Sesiño tan só cinco minutos despois cunha boa carreira por destra e mellor asistencia a Fabio,que se vai en diagonal pra cruzalo balón diante da saida de Parapar pegando o balón a cepa do poste.1-1.Foise despois o Taboda polo partido consciente de que estaba a ser moi superior,en insistencia e desenrolo do xogo.Chegou o premio na última da primeira parte.Presión arriba de Mos que rasca un córner a prol nosa;botao con mestría Manu e no centro da área tirándose como un xabato cos pé por diante Juanjo Potente acada o 1-2,con dedicatoria especial.
O segundo tempo comeza cuns parámetros similares a primeira metade ,un equipo visitante máis ambicioso e un local reservón ,sen argumentos ofensivos,agás nun disparo de Alberte no 60´que puxo en certos apuros a Roi,que sacou a córner.Por parte do Taboada no 70´ David Potente puido sentecialo encontro cun gran disparo sobre a frontal ,no que tamén tivo que empregarse a fondo Parapar para despexar a córner.No 76´outra case similar cos mesmos protagonistas David Potente foise con forza e estivo de novo rozalo tanto,de non ser plo cancerbeiro local.No 82´un Taboada que se amosaba ambicioso voltaba a ensinalas garras cunha boa xogada de Moski,que lla deixaba atrás a Nóe,pero Peque sacallaba en última instancia. Antes dos últimos cinco minutos tanto o propio Noé como David Montes despois de xogada individual poideron ter sentenciado con amplitude o marcador.Pero de novo apareceron as mesmas pantasmas da semana anterior e o abismo dun marcador en exceso cruel.Coincidindo co minuto 90´ córner a prol dos locais que e rematado por David Silva de testa ,sen case oposición.2-2.Co tempo cumprido xa no desconto,no 92´ , apenas dous minutos de conquerilo empate ,penalti riguroso case sobre a liña ,que Play se encarga de transformar inapelablemente.De novo o fútbol non tivo piedade de que máis propuxo e mereceu a victoria durante os noventa minutos.É non hai máis que rechistar.
A semana que ven toca resarcisrse desta mala xeira de resultados catastrofistas raianos caseque no meigallo .O domingo 8 de Abril que se achega na Medela TABOADA CF -ADC VALADOURO.
1 Parapar 2Brais. 3 Gabri
4. Alejandro 5. Pedro 6. David
7. Christian 8. Miguel Ángel
9. Alberte 10. Kevin 11. David
21. Seso 19. David Potente
23. Fabio 7. Marcos 9. Noé 24. Moski 20. Guerreiro
Suplentes do CF Riotorto :
12. Jesu 13. Diego 14. Héctor
Suplentes do Taboada CF:
10. Jacobo 16. Montes 22. Guerri
26. Dieguiño
24//03/17
SD BECERREÁ 1-TABOADA CF 1
O equipo xuvenil da Sd Becerreá onte empataba a un gol co Taboada CF nun mediocre
partido dos nosos, marcado indudablemente polo frio que facía no campo,
con granizo e chovendo todo o partido. Seguimos na parte alta da
clasificación empatados coa S.D.Monterrroso.O igual, que esta pequena crónica do partido a mairia das fotos son cortesía do facebook da Sd Becerreá.
(xuveniles)
17/03/18
TABOADA CF 2-CLUB
LEMOS 3
O noso
fútbol ofreceunos hoxe xestos dunha grandeza dificilmente imaxinable ,de
sentementos desbordantes que non adecuan palabras de agradecemento,de
sentementos desbordados que van alén do que debe ser un deporte adicado a
amizade ,a boa vecindade,a sanas e
tenras rivalidades, o mantemento da vida,da pura vida nos nosos pequenos poviños. Hoxe presenciouse
un partidazo na Medela,un partido que poderiamos tildar ou titular de mil xeitos posibles,pero non se
nos ocurre un que o defina mellor que puro fútbol.e que non se quedou aí suspenso no fio da media tardiña por que o noso fútbol de verdade.intres despois de rematar
na Medela vivimos no Castro
Seoane de Antas un xesto sen parangón , os compañeiros do QUIROGA CF
tiveron o enorme detalle de cedernos o seu material fotográfico e ter un detalle de forza e amizade co noso
Canti desde a sua conta de twitter.Sinceramente impagable o xesto que
tiveron con Nós,un clube desde hoxe
inexquecible pra nosa historia.
Na Medela desde o inicio prometiase un partido
espectacular,con dous plantexamentos moi ofensivos por parte de ambos
adestradores,xogándose todo ao ataque.O partido non daba tregua no
emotivo,moita pelexa,gañas de irse polo partido.Faltaban quizais ocasións que
materializan o bó xogo exhibido.O partido non daba tregua no emotivo,moita
pelexa,gañas de irse polo partido.Faltaban quizais ocasións que materializan o
bó xogo exhibido.Unha moi clara de Guerreiro no 24' foi a máis notoria nosa.No
30 ' mellor visitante por parte de Armesto,que sacou Roi con certo
apuro,xunto a cruzeta.No 40 ' xogadón de
Guerreiro ,aguanta na área a chegada de Marcos,e este colocaa pola escadra de
Arturo.Golazo 1-0 .Pouco despois xa co tempo cumplido Guerreiro tivo outra
clara pra facer un segundo gol que poidera ter maior transcendencia e darlle
lustre os nosos mellores minutos.Pero sen outra nova fúmonos o descanso.
A segunda parte
conezou cun Taboada mandón.David Potente estampou o balón no poste esquerdo de
Arturo no 47 .E só dous minutos´no 49 ´ despois Guerreiro faise cun balón por
costado dereito,perto liña de fondo,case sen angulo desborda por arriba a
Arturo,que non tivo.opción de atallar semellante gol extratosférico.
Non
arredou o gol o conxunto lemista que pronto quixo reaccionar.Despois de duas
tentativas Gonzalo consegiu recurtar desde moi perto no 53'.2-1.Espoleu o xogo
visitante este gol ,que se foi arriba descaradamente polo empate.Asi aconteceu
,gran xogada no 60 de Armesto,que lla cedeu a Arias atrás ,que só tivo que
empurrar pra facer o 2-2.Co partido equilibrado ,volviase a un estado inicial
,no que calquer cousa podia suceder.Xa non houbo dominador claro e o resto do
encontro foi na tumba aberta ata que no 70 Diego Quiroga foi expulsado por
doble cartón amarelo e púxose un novo punto de de inflexión pra poder cambiar a
decoración do partido.Co Taboada en superioridade nos últimos minutos
envorcámonos sobre meta lemista.Pero estes
derradeiros minutos deron un xiro
surrealista.Aconteceu primeiro que no 89 'despois dunha contra rapidísima de
Fabio asistiu este a Moski ,que marcaba
en franca posición,pero o colexiado a instancias do xuiz de liña anulaba o gol
ante a incredulidade local.Xusto na seguinte xogada,unha xogada a desesperada
lemista,un centro de Arias sen aparente
perigo escapáselle entra as mans a Roi,que nada puido facer máis ca sumirse na
desesperación inxusta e cruel.,pedindo perdón entre báboas A euforia visitante
encamiñouse absurdamente a celebralo encima do banquiño local produciuse entón unha tángana irracional probablemente
evitable.Grandeza,,crueldade,paradoxa vital,esa é a beleza da fermosa
vidiña nosa pola que devecemos con
ou sen sabores.
. O domingo rendemos visita a outro clube de lustre na zona nobre e sen embargo e porriba de todo amigo RIOTORTO CF -TABOADA CF.
. O domingo rendemos visita a outro clube de lustre na zona nobre e sen embargo e porriba de todo amigo RIOTORTO CF -TABOADA CF.
Crónica La Voz de Galicia Lemos:
ROI FERNANDEZ
LUIS CONDE
MONFORTE / LA VOZ 18/03/2018 05:00 H
El derbi que disputaron en el campo municipal de A Medela el
Taboada y el Club Lemos respondió al guion de encuentros de estas
características. Hubo igualdad, emoción, goles, oportunidades y una tangana
después de que el equipo monfortino marcara el tanto de la victoria. La
celebración del gol por parte de Gonzalo Torres a escasos metros del banquillo
local indignó al técnico y a los futbolistas del club de A Medela,
circunstancia que provocó una trifulca, que hizo que el encuentro estuviera
parado cinco minutos.
El choque fue intenso, con una primera parte en la que los
locales tuvieron el control del partido ante el Club Lemos, que no comparecía
sobre el terreno de juego -los monfortinos apenas gozaron de oportunidades en
esta entrega del choque-, lo que se tradujo en el 1-0, tanto que marcó Marcos.
Los jugadores de Edu Rodríguez no se sintieron cómodos en ningún momento.
Guerreiro gozó de otra ocasión para aumentar la ventaja, pero finalmente los
primeros 45 minutos acabaron con 1-0.
La segunda entrega
Los primeros minutos de la segunda parte siguieron el patrón
de la primera, y así llegó el 2-0 por medio de Guerreiro. Con este tanto, Edu
Rodríguez ordenó una defensa de tres. Al técnico lemista no le quedaba otra que
arriesgar, porque veía que la posibilidad de seguir optando al ascenso se iba.
Surtió efecto esta modificación, ya que en cinco minutos los monfortinos
lograron el empate. Primero fue Gonzalo Torres y luego Diego Arias los que
marcaron,
Con el 2-2 llegó la expulsión de Diego Quiroga. A pesar de
esa adversidad, el Lemos siguió insistiendo en la victoria, pero el Taboada no
se quedó atrás. De hecho, el local David envió un balón al palo. Con el tiempo
prácticamente cumplido llegó una de las jugadas polémicas, ya que el árbitro
anuló un gol a Moski por fuera de juego, e inmediatamente después llegó el
tanto de un Diego Arias, que volvió a ser decisivo. Este tanto permite a la
escuadra monfortina seguir aspirando al ascenso de categoría. Con la victoria,
el Lemos se queda a seis puntos de la Sarriana y a ocho del Foz, que juegan
esta tarde ante san Roque y Xove Lago, respectivamente.
?Roi; Juanjo Potente, Marcos, Noé, Poyán, Ibán; Potente,
Guerreiro, Fabio; Moski y Diego López. También jugaron Manu García, Villamor y
Jonhatan
?
Arturo; Guitián, Miguel, Gonzalo Torres, Diego Quiroga;
Armesto, Anthony, Brais Meco, Antas; Diego Arias y Hugo. También jugaron Marcos
Blanco y Lucas Costa
Goles: 1-0, min.37, Marcos; 2-0, min.50, Guerreiro; 1-2,
min.55, Gonzalo Torres; 2-2, min.60, Diego Arias; 2-3, min.90, Diego Arias
Árbitro: David Liz Sierra. Expulsó al futbolista del Club
Lemos, Diego Quiroga, por doble amonestación en el minuto 70
TABOADA CF 1 Roi 4 Juanjo 7 Marcos 9 Noé 11 Poyàn 14 Ibán 19 David Potente 20 Guerreiro 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 3 Manu 12 Javi 15 Coto 22 Joni
CLUB LEMOS 1 Arturo 3 Sergio 6 Miguel 8 Gonzalo 10 Quiroga 11 Armesto 12 Anthony 18 Meco 20 Antas 21 Arias 22 Hugo
SUPLENTES 2 Marcos 7 Lucas 13 Ismael 16 Javier 17 Agus.
A partires de acó fotos por obra e cortesía de Mari Viso
17/03/18
TABOADA CF 2 -QUIROGA FC 1
Hoxe os compañeiros do QUIROGA CF tiveron o enorme detalle de cedernos o seu material fotográfico e ter un detalle de forza e amizade co noso Canti.Sinceramente impagable o xesto que tivo con Nós,un clube desde hoxe inexquecible pra nosa historia..
10/03/18
FERREIRA CF 1-TABOADA CF 2
O Taboada
cortou a súa mala racha a domicilio, ante os veciños de Pantón e nun campo do
Baliño que acumulou moita auga e que, co paso dos minutos, se volveu
impracticable.
A nosa consigna
foi clara xa desde o quecemento, había que tratar por tódolos medios de que o
balón estivese o máis lonxe posible da meta de Roi, e sen complicarnos para
nada a vida, buscando despexes de primeiras ás costas da defensa local,
buscando a nosa velocidade arriba.
O partido comezou
cun Ferreira mandón, que quería imporse no medio campo, acuciado polas
urxencias clasificatorias. A primeira ocasión reseñable foi deles, cun tiro
desde a frontal que se foi desviado. Sen embargo, nós demos primeiro: no minuto
9 o gardamallas local sae despexar un balón fóra da área e o rexeite quédalle a
Guerra, que con moita astucia e aínda máis calma anota o gol que nos poñia por
diante na taboleiro.
A partir de
aquí o partido discurriu con moita brega e moita disputa no medio campo, pero
sen ocasións salientables. Bastante tiñan os 22 protagonistas con manterse en
pé. Puidemos poñer terra de por medio no 39 cun remate de Poyán á saída dun
córner que se foi desviado por nada.
E, cousas do
fútbol, na seguinte xogada empataron os locais. Córner que despexamos en
primeira instancia, pero o balón caelle a Denis que a volve colgar, o balón
caelle a David que fusila a Roi desde preto.
O tramo final
da primeira metade converteuse nunha oda ao fútbol aficionado, con moito barro,
moita auga e moito frío, o que non daba lugar a grandes cousas sobre o
maltreito céspede do Baliño.
Así nos fomos ao descanso.
A segunda entrega
foi emotiva, cun campo cada vez en peores condicións. Os locais apretaron en
busca do gol que os puxese por diante, e tiveron unha boa ocasión nos pés de
Denis que entre Roi e Juan puideron solventar. O noso Noé tamén probou fortuna
cun gran disparo desde media distancia que atallou ben o porteiro.
Unha vez
chegados ao ecuador do segundo tempo, fixémonos co control do partido e fómonos
arriba en busca da victoria. Primeiro Guerreiro, cunha gran chilena, que se
perdeu por riba da trabe, e logo David potente nunha boa internada por banda
dereita que non atopou rematador.
Parecía que
queriamos máis, que queriamos volver saborear un triunfo, e este acabou
chegando.
No 83 ´ David
Potente conectou un bó zurdazo que se foi lambendo o poste e na xogada seguinte
sacamos un córner que lle caeu ao eterno Guerreiro, que á reviravolta e vendo
ao porteiro adiantado, anota o 1-2 cunha sútil vaselina. Golazo.
Co 1-2 non
soubemos controlar ben os minutos finais, e cedemos tres ocasións claras aos
locais que, por fortuna para nós, non acabaron en gol. Puidemos sentenciar
antes dese sofremento de non ser porque o árbitro anulou, a instancias do
línea, un gran gol de Marcos.
En definitiva,
tres puntos importantísimos, que supoñen poñernos con 36 puntos e deixar moi encamiñada a salvación unha
tempada máis,inda que pode ser treito final
moi emotivo pola cantidade de arrrastres que poden producirse ó final,
pero queda tamén con moito marxe de mellora clasificatoria.
É de louvar o
gran esforzo colectivo nun campo e nunhas condicións climatolóxicas nada
favorables, pero ao final tres puntos e todos felices.
Para a semana,
na Medela,case con toda seguridade o sábado 17 de marzo ,outro gran derbi
comarcal Taboada CF-Clube Lemos.
FERREIRA CF.
1. Asenjo 2. Marcos 3. Hugo
4. Huguito 5. Rubén 6. David
7. Santi 8. Juan 9. Denis
10. Samba 11. Enriquez
SUPLENTES
12. Edgar 14. Mikel 15. Abdul
16. Rafa 17. César
TABOADA CF
1. Roi 4. Juan Potente 9.Noé.11 Diego Poyàn.14. Ibán 16. Montes
19. David Potente 20. Guerreiro 21 Sesiño23 Fabio .24 Moski
SUPLENTES 3 Manu 7 Marcos 12 Javi 22 Joni
10/03/18
TABOADA CF 0-SD SARRRIANA 3
04/03/18
TABOADA CF 0-SD SARRIANA 1
Segunda derrota consecutiva pola mínima nun partido no que a Sarriana, visto o visto, se levou demasiado botín tras 90 minutos de continua pelexa na que fomos mellores durante moitas fases do encontro, pero no que nos penalizou moito a falta de acerto ante a porta rival, a pesar de contar con boas ocasións e desplegar moi bo xogo durante bastantes minutos.
Nós comezamos cun ritmo moi alto, buscando apretalos na saída para roubar e lanzar en rápidas contras con Moski, Marcos e Fabio. Producto desta situación sacamos unha boa oportunidade de Mos xa no minuto 5 que despexou Macia a córner, e seguimos insistindo na procura do gol que nos puxera por diante. Sacamos tamén 2 ou 3 corners perigosos que nos acertamos a embocar a gol.
Despois dunha pequena tregua, volvemos coller o mando do medio campo e tivemos outra ocasión de Montes, nun remate defectuoso de Montes que non puxo en perigo a porta rival.
A Sarriana intentou estirarse a partir do 25, e tivo a súa primeira ocasión nun erro defensivo no que Héctor se estrelou con Roi; a saida dese córner Marino tivo un remate franco que sen embargo saíu centrado e non puxo en apuros a Roi, que se fixo co balón.
A partir destes avisos visitantes, nos demos un paso atrás, condicionados tamén polos fortes refachos de aire que sopraban na nosa contra e que nos impedían sacar con claridade a pelota das inmediacións da nosa área. A Sarriana sacou outra boa ocasión, nun pase ao espazo de Héctor a Marino, que este desaproveitou no man a man ao rematar forzado á dereita do noso marco.
Así chegamos ao tempo de descanso, cun partido igualado e cun par de ocasións claras por cada bando.
A segunda parte comezou cun Taboada con moito empuxe que dispuxo xa da primeira ocasión clara aos 2 minutos, nos pés de Moski que, tras unha gran carreira se plantaba diante de Macia, que lle sacaba o balón cunha boa parada. Buscamos a partir deste intre o gol con moita ansia, poñendo toda a carne no asador e sendo moi superiores por momentos a un sorprendido equipo visitante, que se dedicaba a achicar balóns como boamente podia. Neste tramo tivemos algunha ocasión máis, de Dieguito e sobre todo Marcos, o seu disparo foise lambendo a escadra dereita. Sen embargo, a máis clara foi á saída dun saque de esquina, o rexeite caeulle a Dieguito na frontal e empalou unha pelota que levaba marchamo de gol, pero no último intre un defensor bloqueou o disparo e enviou a córner. Poucas noticias en ataque da Sarriana nesta primeira metade do segundo acto, agás duas chegadas illadas que remataron con balóns por riba da meta de Roi.
Encaramos os últimos 15 minutos de partido coa esperanza de acadar o gol que nos puxese por diante, por merecementos debía ser así, pero co que nos atopamos foi coa única xogada combinativa da Sarriana no segundo tempo: balón a banda dereita a Samos, que encara e pon un centro medido que Marino, cun espléndido remate á cepa do poste, non desaproveita. Protestamos por considerar que o capitán sarriao partiu en posición antirregulamentaria, pero de nada serviu.
O seu gol foi un mazazo durísimo, aínda así o equipo refíxose e continuou crendo nun empate que ao final non chegou. Sacamos 2 ou 3 corners sen éxito e intentamolo ata o final, pero non logramos ter ocasións claras.
Eles puideron sentenciar a contra nun par de saídas rápidas, pero ben non estiveron atinados no último pase ou ben nos recuamos ben.
Os últimos cinco minutos foron moi emotivos, cun equipo local que buscaba un empate que sen dúbida mereceu, pero ao que está lastrando o pouco acerto de cara á porta rival.
En resumidas contas, o equipo vaciouse, deixóuse a alma e xogou tódalas súas armas con nobreza e valentía, pero non foi suficiente para dobregar a un rival que vai lanzado cara Preferente, e que xa dá a sensación de que gaña pola inercia positiva que leva.
Non caben lamentos, nin dúbidas, a pouco que a sorte nos acompañe na área rival os goles e os resultados chegarán e poderemos cantar victoria de novo. Desexar tamén que o golpe que recibiu Jacobo no seu rostro non sexa nada importante, porque aquí todos facemos falta.
Ao final do partido produciuse unha pequena tángana no túnel de vestiarios, motivada polo mal ganar de Macia, porteiro visitante, que rematou expulsado por dirixirse en termos de mofa aos nosos. Que lle aproveite.
A próxima semana viaxamos a terras de Pantón, nun encontro adiantado a xornada do sábado, ás 4 e media. FERREIRA CF -TABOADA CF
.
TABOADA CF 1. Roi 3. Manuel 4. Juan Potente
7 Marcos 11 Poyán 14
ibán 16 David Montes 21 Sesiño 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES9. Noé 10. Jacobo 12. Javi
20. Guerreiro 22. Guerri
SD SARRIANA 1. Macía 2. Barrio 3. Sito 4. Fran
5. Luisma 6. Raúl 7. Rubén 8. Saá 9. Marzán 10. Marino 11.
Carnero
SUPLENTES 13. Edgar 12. André 14. Samos
15. Maceda 16. Pablo Corral
03/03/18
SD MONTERROSO 4 -TABOADA CF 0
(Xuveniles)