TABOADA C.F
Síguenos tamén en:
TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF
23/05/18
COPA DEPUTACIÓN
(dezaseisavos de final )
TABOADA CF 2 -CD SAN CIPRIÁN 0
CD SAN CIPRIAN. 13 Martin 2 Borja Mella 3 Angel 4 Madariaga 5 Borja Rego 6 Albano 7 Fabian 8 Xoel 9 Miguel 10 Chiqui 11 Guilherme
20/05/18
PASTORICENSE UD 1 -TABOADA CF 1
13/05/18
TABOADA CF 3-SCyD SAN ROQUE 1
MOITAS GRAZAS EQUIPO
06/04/18
ACD XERMADE 4-TABOADA CF 4
SUPLENTES 2 Dami 5 Perdi 10 Jaco 15 Coto 18 Ivàn
05/05/18
TABOADA CF 1 -SPORTING PONTENOVA 4
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
instagram.com/TaboadaCF
23/05/18
COPA DEPUTACIÓN
(dezaseisavos de final )
TABOADA CF 2 -CD SAN CIPRIÁN 0
Comezo moi copeiro diante dun rival que se presentou xusto
de efectivos pero que competiu con moitisima dignidade. Neses intres iniciais
houbo moitisima igualdade,disputa e intensidade e ainda que o Taboada levaba a iniciativa non chegou
a crear ocasións claras. O partido desenrolabase con moito empuxe e loita por facerse co control no medio
campo pero con certa falta de definición nos últimos metros. Ata que sobrepasada a media hora no 32'. tras un xogadón de David Montes que a rouba na liña de tres
cuartos, vaise nun carreirón de corenta metros entrando ata o pico da área pequena e resolve diante de Martin cun disparo
cruzado,1-0.A partires de aí o Taboada viuse superior e celebrou o gol manexando o control e despregando o mellor xogo nos seus máis deslumbrantes minutos que tiveron a culminación no minuto 42 cunha nova entrada por banda dereita e xogada individual esta vez de Noé que se interna na
área e asiste a Moski que nun alarde de tranquilidade resolve desfacéndose da oposición de
Mada e Martín,2-0. Asi se chegou descanso.
O segundo tempo tivo outro inicio distinto cun Taboada
absoluto dominador do esférico, chegando unha e outra vez, e cun Sanci que
tentaba defenderse con orde, pero que na faceta ofensiva non encontraba fisuras na liña defensiva
local. Os minutos foron trascurrindo e encamiñandose ao treito final sen novidades de
cara o marcador a pesar das múltiples chegadas locais.Nestes últimos minutos tanto David Potente como Dieguiño poideron sentenciar cun terceiro gol diante duns rivais que conforme se achegaba o final foronlles fallando os folgos e notaron en exceso a falta de recambios,permitindolle ao equipo local chegar ó asubio final con certa placidez.Sen máis que reseñar rematou o encontro.
A semana que ven tocará enfrontarmonos a un rival de moita embergadura ,que tralo seu paso pola Terceira División ven de facer unha gran tempada en Rexional Preferente.O domingo 3 de xuño as 18:00 na Medela TABOADA CF -CD CASTRO.
POSDATA : Dende este blog que representa a gran familia do Taboada CF queremos dar a noraboa a SD MELIAS equipo do que foi un dos nosos máis emblemáticos xogadores ,Pablo,polo ascenso a Primeira Galicia Grupo 4 de Ourense ao tempo que lle desexamos toda a sorte do mundo de cara a final da Copa Deputación de Ourense que disputarán o próximo sábado 2 de xuño as 19:00 no mítico estadio do Couto AD COVADONDA -SD MELIAS. Grande Pablo,para sempre un dos nosos.
TABOADA CF 13 Isma 4 Juanjo 8 Nico 9 Noé 14 Iván 16 David Montes 19 David
Potente 21 Sesiño 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 1 Roi 3 Manu
6 Alex 7 Marcos 22 Joni
CD SAN CIPRIAN. 13 Martin 2 Borja Mella 3 Angel 4 Madariaga 5 Borja Rego 6 Albano 7 Fabian 8 Xoel 9 Miguel 10 Chiqui 11 Guilherme
20/05/18
PASTORICENSE UD 1 -TABOADA CF 1
Despois duns primeiros minutos nos que os visitantes levaron
a iniciativa e tiñan màis posesión de balón, a primeira gran ocasión foi local
,no 15' un libre directo que botou Raúl e Isma sacou da escadra cun paradón. O
contrapunto a esta ocasión puxoo Joni no 24' que puido por en vantaxa aos
visitantes tras unha boa reviravolta, o seu chut detivoo Casillas. Non foi
comparable coa que tivo o Pastoricense no 29' logo dun penalti a prol, un tanto
riguroso, que lanzou Farra e detivo Isma con un gran paradón. E o que son as
cousas ,un minuto máis tarde na xogada de transicción que proseguiu ,Moski aproveitou unha asistencia
de Fabio, pra revolverse na área e batir a Casillas,cun remate inapelable 0-1. Os locais moi necesitados e acuciados polas pantasmas dos arrastres que podian descendelos
tentaron reaccionar pronto e acadaron o empate no 39' tras un centro de Javi por banda
dereita que remachou Kanuto de cabeza o fondo das maias. 1-1.Así se chegou o
descanso.
A segunda parte comezou moito màis anodina, cun ritmo menor,
quizais o Taboada espuxo máis, e os locais conscientes de que o empate lles
valia non arriscaban arriba. No primeiro cuarto de hora a ocasión máis clara
foi un chut lonxano de Dieguiño, que se foi lambendo o longueiro. O partido
seguiu na mesma liña todo o segundo tempo, as únicas ocasións foron nosas diante dun rival que repregou filas e adicouse fundamentalmente a defender o resultado que lle permitía manter a categoría e renunciou practicamente ao ataque ,pois non se acercou sequera con perigo en ningún intre. E deste xeito e especialmente no
último cuarto de hora Joni que non deu conectado un remate claro e David Montes nun man a man con Casillas poideron decidir o choque a prol do Taboada CF. E nos últimos intres ,Moski con outro remate infructuoso e David Potente cun disparo desde fora da área que ía moi axustado e que detivo Casillas cunha boa parada, tiveron outro par delas moi claras que facían otorgarnos méritos para obter a victoría.O fútbol unha vez máis esta tempada non nos fixo xustiza e o final non demos conquerido a séptima praza ,a que podiamos aspirar dados os resultados da xornada ,e que por merecementos e sofrimentos ao longo do curso era máis acorde co noveno posto final.Con todo ,e polo que levamos dito , a nota deste curso despois de todas as convulsións e lesións que padeceu o equipo ten que rozar o sobresainte pois o plantel sobrepuxose a toda adversidade.
Agora toca afrontala Copa coa plantilla dispoñible case o completo, a pesar da dificultade do reto , poñemos as expectativas en ir superando chanzo a chanzo.O primeiro toca afrontalo na casa contra un rival en alza que ven de dar a campanada da xornada logo de acadar a salvación a costa de privar ao CD Foz de conquerir o campionato,en beneficio da Sd Sarriana , a quen desde aquí queremos dar a noraboa polo título ligueiro .Asi pois o domingo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
PASTORICENSE UD 13 Casillas 4 Iago Ares 5Carlos 7 Manoliño 8
Kanuto 9 Farra 12 Saavedra 18 Javi 21 Raul 24 Iago 25 Rico.
SUPLENTES 2 Diego Garcia 16 Rubén 20 Mel 22 Dani.
TABOADA CF 13 Isma 4 Juanjo 9 Noé 14 Ibàn 16 David Montes 19
David Potente 21 Sesiño 22 Jony 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 1 Roi 2
Fabri 3 Manu 8 Nico 18 Fede Lee
13/05/18
TABOADA CF 3-SCyD SAN ROQUE 1
Partido devisivo que afrontamos necesitados de puntuar con unha gran intensidade
fronte a un rival que se xogaba a vida,que só lle valía a victoria. No inicio levamos nós a iniciativa, con
un gran disparo de Noé aos 5 minutos. Contestou dous minutos despois o San Roque con un
disparo de Rois que desviou Isma a córner cun paradón. Foi un aviso. No 9' gran
xogada dos visitantes por banda esquerda que rematou Arturo con remate de
cabeza picado que se aloxou no fondo das maias 0-1.Foi un pao duro pra equipo
local que non perdeu a compostura e seguiu a tentar levar a iniciativa pero sen
ter ocasións. A mellor foi un disparo lonxano de Marcos no 19'.A seguinte foi
visitante cun disparo tamén lonxano de Sergio no 22'.No 25' tivoa Noé a un gran
centro de David Mon, non chegou ó remate baixo paos por milímetros. Foi mellor
ocasión no 31' Moski por duas veces nun
man a man con Carlos, desbarata primeiro
este,e o rexeite de novo Mos ao pao. No 35 ' xogada clave iase só Moski foi trabado por detrás por David, este foi expulsado por ser
o úlltimo home e falta o borde da media lua da área . O lanzamento consecuente foi executado maxistralmente por Marcos.un golazo que entrou pola escadra
1-1.O Taboada aproveitou esa marcha máis que lle metera ao partido convertindoo nunha voráxine vulideira de ataque continuo(os mellores intres do partido) e no 40'
despois dun xogadón por banda esquerda de David Mon,que entrou ata cociña da área pequena e alí este mesmo resolve diante de Carlos. 2-1.Finalizou asi a primeira metade sen nada máis que salientar que esa remontada en cinco minutos.
Na segunda os locais coñecedores de que non estaba nada feito
sairon a controlar o partido e dominar a posesión. Non embargantes a primeira
gran ocasión foi visitante nunha gran volea de Arturo que se foi arriba no
50'.Na xogada seguinte unha multiple ocasión na área visitante con remates de Ibán,
David Mon en duas ocasions, e Noé que non deron co remate certeiro e finalmente deu
sacado o balón a defensa visitante,no intre que pior estaba a sofrir.Foi non 63' nunha xogada de pícaros na que despois dunha
falta a prol, Moski sacou rapidamente sen pedir barreira habilitando o espazo libre a David Mon que libre de
marca se interna na área e clavaa pola escadra con un chut impresionante.3-1.Desde alí o final o partido foi un querer e non poder dun San Roque que nunca se entregou fronte a un Taboada que se defendeu con orde e rondou o gol nalgunha contra pero que se adicou a nadar e escondela roupa .Non houbo ocasións excesivamente claras no tramo final ,imperou si a emoción e a incertidume do resultado pero non un xogo deslumbrante.Con todo chegouse o remate donde reverteu a ledicia local por ter acadado a salvación matemática a falta dunha xornada ligueira na que houbo que sufrir máis do agardado pra conquerir o obxetivo esencial.Pero ao fin parafraseando a frase de alguén a quen se vota tanto de menos fíxose xustiza :SIIIIIII XUSTIZA CHIÑOS.
A semana que ven nun partido intranscendente para os intereses do Taboada CF finalizaremos a Liga no campo do Acebreiro PASTORICENSE UD -TABOADA CF.
MOITAS GRAZAS EQUIPO
TABOADA CF 13 Isma 3 Manu 7Marcos 8 Nico 14 Iban 16 David
Montes 21 Sesiño 23 Fabio 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 4 Juanjo 6 Alex 18 Fede Lee 19 David Potente 22
Joni
SCD SAN ROQUE 13 Carlos 3 Carlitos 4 David Lopez 7 Emilio 9
Rois 11 Gandoy 16 Sergio 17 Fabian 21 Heitor 22 Arturo 23 Manu
SUPLENTES 2 Pepo 14 Rasilla 15 Mincha 18 Carlos Castro 10
Alonso
06/04/18
ACD XERMADE 4-TABOADA CF 4
Comezou o partido de
cara para un Taboada pragado de baixas fronte a un rival en peores condicións
sen apenas recambios. Ós catro minutos xogada por banda dereita de Moski con
centro a area que cun certeiro remate de cabeza Joni Guerri remachou ao fondo das
maias de Miragaya. Todo se complicou un pouco despois no minuto 14, nunha
xogada na que Roi deslumbrado polo sol fixo un penalti claro e foi expulsado
xustamente,ainda que fora precedida
dunha man clara do atacante local Iván
Benavente que non viu o colexiado. Tivo que porse na portería Noé ,que xogaba xa un chisco tocado da semana
anterior.Cun paradón excepcional detivo o lanzamento de Rubén Pena que iba
axustadisimo ó pao( logramos captar duas secuencias do lanzamento e parada) .
Con todo o partido púxose moi en contra nosa. A pesares de todo poidemos pornos
co 0-2 no min. 20 cun remate a boca de xarro de Nico, que sacou baixo paos
Angel.No 22' unha falta sacada por Diego Bellas foise lambendo o longueiro e no
25' Joni cun lanzamento lonxano rozou o pao esquerdo da porta defendida por
Miragaya. No 38' despois dun xogadón Moski voltou ter o segundo do Taboada,
sacou coa bota e desde o chan con outro paradón Miragaya.No 42 ' falta no medio
campo abriu a banda Dieguiño pra Sesiño que se sacou un centro medido ó segundo
pao que por donde apareceu David Potente
quen tirándose en plancha acada o 0-2.Con este resultado chegouse ó fin dos
primeiros cuarenta e cinco.
A
segunda metade comezou cun Taboada moi ben plantado e sacrificado ao extremo coa
infeioridade numérica e cun rival que tentou apretar nese inicio. Non
embargantes no 60 ' unha falta botada por Dieguiño petou na barreira e logo no
longueiro descolocando a Miragaya o balón repelido foi remachado por David
Potente de cabeza ao fondo das maias,significando o 0-3( tamén acadamos
fotografiar a secuencia de imaxes que
precedeu o gol) . No 22' da segunda unha xogada transcendente nun contragolpe local de Coira que soupo
finalizar no man a man con Noé e puxo o 1-3 no marcador.O gol local expoleou a
sua iniciativa, e espuxonos o desastre nos
minutos seguintes facendo intervir a Noé con duas grandes
paradas.Este sen embargo no 68' non puido deter un disparo lonxano de Diego
Bellas ''Chungui '' que facía 2-3 e
poñianos contra as cordas. No 75' cos locais envorcados empataron tras unha
falta lateral e un barullo na área 3-3,que o central Fran resolveu con un
zapatazo desde moi perto.Culminou a remontada local Chungui de novo no 80 ' despois dunha boa xogada e un remate
axustado ó pao diante do cal Noé nada puido facer. Nestes minutos anteriores notamos un baixón fìsico polo desgaste sufrido pero
do que soupemos sair e nos últimos minutos e tentamos voltear a situación,con constantes
ataques ,sufrindo o indecible.E foi na
última xogada do partido no 95' nunha volea que engatillou Dieguiño desde a
frontal e clavou na escadra dereita da porta local .4-4. Xa non houbo tempo pra
máis e o colexiado decretou a fin do partido.
En resumo un
partido non apto pra cardíacos que se resolveu quizais xustamente por que
ningún equipo foi merecencente de perder,pero que non resolve para os
intereses do Taboada da salvación
matemática.Toca acadala nas duas últimas xornadas .
O primeiro
deses dous partidos decisivos a semana
que ven,o domingo na Medela TABOADA CF
-SCD SAN ROQUE.
AD XERMADE 1 Miragaya 2 Angel 3 Carlos 4 Fran 5 Xavi Pellón
6 Ivan Carballeira 7 Esteban 8 Rubén Pena 9 Ivan Benavente 10 Diego Bellas 11
Coira
SUPLENTES 13 Ivan Lamas
TABOADA CF 1 Roi 6 Alex 8 Nico 9 Noé 16 David Montes 19
David Potente 21 Sesiño 22 Jony 24 Moski 25 Fede Lee 26 Dieguiño
05/05/18
TABOADA CF 1 -SPORTING PONTENOVA 4