TABOADA CF 2018/2019
TABOADA CF
TABOADA CF XUVENIL
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
instagram.com/TaboadaCF
25/10/18
SD OUTEIRO DE REI 2-TABOADA CF 0
CopyROIhgt
O Taboada CF colleitou unha derrota despois dunha xeira de 5
partidos nos que viñamos de sumar 13 dos 15 puntos en xogo, no sempre difícil
Municipal de Outeiro de Rei, ante un conxunto local que deste xeito nos alcanza
na táboa clasificatoria.
Foi un encontro desputado nun horario estrano para todos, as
12 da mañá, e nunhas condicións climatolóxicas adversas, con moitísimo frío e
chuvia, e no que protestamos moito a parcialidade que hoxe mostrou o trío
arbitral.
O partido comezou con nós buscando con afán a portería
rival, xa no 1' gran centro de Migui ao que non chega por ren Moski.
Precisamente Moski tería que ser substituído no 5' por un problema muscular,
primero contratempo nunha mañá que non nos foi nada rentable. Entrou Fabio no
seu lugar, e no 8' tras unha boa presión alta Poyán probou disparo de media
distancia que se foi desviado.
A partir dos 15 minutos despertou o equipo local, cunha gran
ocasión nos pés de Seijas que con todo a favor tras un saque de banda disparou
moi alto. No 17' adiantáronse os locais, tras un gran pase de Renda para o
desmarque de Pereira,que definiu moi ben. Puideron os locais poñer terra de por
medio xa no 20' pero a gran xogada de Seijas por banda dereita non atopou
rematador.
O partido estaba a ser moi disputado, con moita loita no
centro de campo, pero a nós costábanos impoñer o noso fútbol ante un rival moi
físico. No 30' puidemos poñer as táboas pero a vaselina de Guerreiro foise por
un pelo; tamén David Potente puido empatar pero atopouse coas luvas de Diego.
E no 41' produciuse unha xogada que despois si tería
relevancia, nunha xogada de ataque moi favorable para os nosos intereses Poyán,
vendo un rival no chan, decide deportivamente botar o balón fóra para que sexa
atendido. Posteriormente explicaremos porque foi relevante. Así se chegou ao
tempo de lecer.
Nos segundos 45 minutos saímos coa firme idea de empatar o
partido, pero nunca demos imposto o noso ritmo de xogo. Lastrounos tamén a
amarela a David Potente no 48'.
No 52' protestamos unha clarísima agresión sobre Ibán, o
árbitro non considerou nada punible a pesar de estar ao lado da xogada. Esta
acción parece que nos sacou do partido, e o Outeiro comezou a ter máis
ocasións; no 56' Seijas non chega a un gran centro e no 60' Pereira bota o
balón fóra con todo a favor para facer o segundo. Queríamos pero non dabamos,
ou non nos deixaban, impoñer a nosa proposta, pero en descarga dos nosos é
xusto dicir que nunca baixamos os brazos.
No 66' Redondo puido poñer o 2-0 pero en posición franca
chutou fóra. E no 68' chegou a xogada que rematou por desnivelar a balanza,
contra do Outeiro por banda esquerda que remata con centro no que Migui, na súa
ansia por defender a xogada, cae lesionado. A xogada prosegue e o Outeiro non
bota o balón fóra a pesar de que Migui non era quen de poñerse en pé, tirado
como estaba na área pequena. O balón caeulle a Parga que fixo o 2-0.
Protestamos esta acción de pouca deportividade pero non queda outra que
aprender, gardar na retina para futuras ocasións, porque ben se sabe eso de que
arrieiros somos e no camiño nos atoparemos.
Esta acción acabou de sentenciar o encontro, e a partir de
aquí quixemos pero non puidemos. Puidemos recortar por medio de Poyán pero os
seus dous disparos desde o balcón da área fóronse fóra. Desta situación o Outeiro
sacou boas contras nas que puideron facer o terceiro pero unhas veces Isma e
outras a falta de acerto deles fixeron que o marcador non se movera.
En resumo, partido na que a fortuna non nos sorriu e no que
ademais deso nos fomos coas lesións de Moski, Migui e David Potente, e coa
expulsion, a todas luces inxusta, de Poyán.
Toca levantar a cabeza, mirar para adiante e adestrar duro
toda a semana para enfrontarnos o domingo que vén, en campo todavía por
determinar, á UD Pastoricense nun partido no que agardamos volver á senda da victoria.
SD OUTEIRO DE REI 13 Dieguito 2 Yoni 5 Trigo 7Diego Seijas 8 Martin 9 Pereira 10
Parga 11 Renda 17 Yago 18 Kike 19 Redondo
SUPLENTES 12 Aaron 14 Pedro 15 Alvarito 16 Jesu 25 Brais.
TABOADA CF 13 Isma 4 Juanjo 11 Poyan 14 Iban 16 David Montes
19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 25 Migui 26 Dieguiño
SUPLENTES 1 Roi 10 Jaco 22 Joni 23 Fabio 28 Manu Vila
21/10/18
TABOADA CF 3 -CD SAN CIPRÍAN 2
CopyROIght
O Taboada CF sumou outros tres puntos nun partido que a
falta de 10 minutos parecía sentenciado pero que se nos complicou sobremaneira
ante un conxunto que nunca se rendiu e que vendeu moi cara a súa derrota a
pesar de xogar con 10 case que toda a segunda parte.
Os primeiros 25 minutos de encontro foron un monólogo
taboadense,onde coleccionamos ocasións; a primeira xa no minuto 4 cun testarazEntradaso
de Seso a un saque de falta de Dieguito, boa parada de Madariaga. A segunda no
6' cun tiro de Mos que suxeitou seguro o cancerbeiro visitante. No 15' gran
remate de Poyán cara atrás, boa mau de novo de Madariaga. Nestes intres
arrinconamos na súa área ao cadro costeiro, e sacamos 3 corners consecutivos, no
último deles o balón cae morto na área pequena e Guerreiro, facendo gala unha
vez máis da súa calidade, senta a Madariaga e anota o 1-0 no minuto 16.Seguimos coleccionando ocasións e despregando bo fútbol.Puidemos, e debemos, meter o 2-0 pero nin Migui primeiro nin
Guerra despois atinaron co arco visitante.
A partir do minuto 30 o San Ciprián estirouse, e no 31
dispuxo da súa ocasión máis clara, balón botando na área en posición franca
pero Racha envía por riba do longueiro.
No 38' puidemos poñer terra de por medio nun saque de falta
rápido de Guerra cara o desmarque de Mos, pero moi atento Madariaga. Neste
tramo de encontro, o conxunto visitante cargouse de tarxetas amarelas, as máis
delas por protestar accións do xogo. Así se chegou ao tempo de lecer.
O segundo tempo empezou cun ritmo máis anodino, como sen
moita intensidade. Xa no minuto 49 o San Ciprian quedouse cun home menos, o que
aclaraba (aparentemente) o panorama para nós. A pesar de estar cun home mais
non fomos capaces de xerar accións perigosas como na primeira parte, os
visitantes agardaban o seu momento nunha xogada illada ou nun balón parado.
No minuto 69' balón morto a 40 metros da portería, Guerreiro
proba sorte, o balón bota diante de Madariaga e cóase na porta, 2-0. Parecía
todo resolto pero nada máis lonxe da realidade.
O San Ciprián botouse arriba, consciente de que non tiña
nada que perder, e no 82 ' Quelle apretou o marcador cun golazo desde fóra da
área que entrou pola escadra. Entrounos o nerviosismo e no 86' un balón colgado por Madariaga foi
peinado no borde de área e Racha quedouse diante de Isma, ao que bateu sen
remisión. Parecía mentira que se nos escapasen eses dous puntos, pero o equipo
sacou a garra e no 90' Seso recolleu un rexeite dentro de area para fusilar a
Madariaga e poñer o 3-2 e desatar a tolemia nas gradas do Ladairo.
De aquí ao final non pasamos apuros a pesar de que colgaron
uns cantos balóns que resolvemos ben.
En definitiva, 3 puntos máis que nos permiten seguir a
estela dos dous primeiros, toca seguir traballando duro nos entrenos para
enfrontarnos a vindeira semana ao Outeiro de Rei, que hoxe goleou na súa visita
aos nosos veciños do Chantada Atlético.
TABOADA CF 13 Isma 8 Nico 11 Poyán 14 Ibán 15 Mouse 20
Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 25 Migui 26 Dieguiño 28 Manu Vila
SUPLENTES 1 Roi 5 Alberto 9 Noé 12 Pablito 16 David Montes.
CD SAN CIPRIAN. 1 Mada 2 Carlos 3 Iago 4 Brais 5 Fabian 6
Marcos 7 Daniel Lopez 8 Abraham 9 Rachal 10 Daniel Bertolo 11 Ivan
SUPLENTES 12 Quelle 13 Martin 14 Juan 15 Borja 16 El Madhi
20/10/18
CLUB LEMOS B -TABOADA CF B
20/10/18
TABOADA CF-SD MONTERROSO
(XUVENILES)
14/10/18
SD POL 0-TABOADA CF 3
Crónica by copyRoi
O Taboada colleitou os primeiros
tres puntos da tempada a domicilio cunha inapelable victoria no Manuel Luna de
Pol, nun encontro no que fomos moi superiores.
O partido comezou cos dous
equipos mostrando moito respecto mutuo. A veda abriuse a partir do minuto 5, no
que protestamos un máis que posible penalti sobre Moski que o colexiado non
concedeu. O partido continuou con moita loita no medio campo pero sen ocasións
nítidas que salientar.
No 22 ' puxémonos por diante tras
unha gran xogada de Montes por banda esquerda, o seu centro acomodao Guerreiro
cunha gran reviravolta que o deixa diante de Yebra, ao que bate sen remisión.
Nestes minutos practicamos o noso mellor fútbol. E no 28' puxemos terra de por
medio despois dun saque de banda de David Potente que recolle Poyán e fai o 0-2
cun disparo axustado á cepa do poste.
Puidemos incluso deixar o partido
visto para sentencia antes do descanso, nunha xogada que pelexou Guerreiro, no
man a man con Yebra saíu vencedor este último cunha gran intervención.
Na segunda parte o Pol botouse
arriba, consciente de que tiña que arriscar. A súa presión máis alta fixo que
nós estiveramos máis metidos atrás, pero aínda así non concedemos ocasións
claras. No 63' amarela a Ibán que nos condicionaba pola moita desputa aérea, dous
máis tarde entraba Nico por un Dieguito moi canso tralos seus primeiros minutos
na tempada.
Puidemos acadar o terceiro cun
remate de calidade de Poyán que se foi por riba do longueiro. Pouco despois o
Pol quedouse cun home menos trala xusta expulsión por dobre cartón amarelo de
Yeray.
Aínda así o conxunto local non se
amilanou e seguiu buscando o gol que o metera no partido, neste treito a súa
ocasión máis clara foi un tiro de Carlitos desde borde de área que se foi moi
desviado a pesar de golpear en posición franca. No 75 tivo lugar a ocasión máis
clara dos locais para recurtar distancias, pero estivo providencial Juan
Potente para desviar a corner en última instancia, xusto cando Iván González se
dispoñía a rematar a portería.
A partir de aquí volvemos controlar
o partido, e tivemos unha contra moi clara de Mos e Gabriel que non demos
resolto ben. A falta de 10 minutos Ibán ten que retirarse por un golpe nas
costas.No 80 gran ocasión de Mos diante
de Yebra, chega Suso moi rápido para desviar a córner. Nese saque de esquina,
Manu pona tensa ao primeiro pau onde aparece Moski para meter o pé o xusto para
desviar o balón e acadar o 0-3 que á postre sería definitivo.
Aquí se acabou o partido, a pesar
de que nós tivemos outra boa ocasión nos pés de Poyán, que chutou arriba, e o
Pol estrelou un cabezazo no pau.
En resumo, victoria xusta e moi
traballada, que nos pon xa no terceiro lugar superando na táboa ao propio Pol e
tamén ao Atlético Escairón. Gran imaxe do equipo ante un conxunto que a pesar
de ser recén ascendido comezou moi ben a tempada.
Para a semana que vén recibimos
no Ladairo de Guntín ao San Ciprián, que nesta xornada se impuxo por 3 goles a
1 ao Chantada Atlético.
EF POLVORIN 2 -TABOADA CF 5
(XUVENILES)
07/10/18
TABOADA CF 1-ATL ESCAIRÓN 0
( crónica de Roi )
O paso previo desta crónica ten que ser sin dudalo un intre adicarlle a victoria de hoxe a Alexito ,o noso porteiriño que defende tanto a nosa camisola tanto no equipo b,como no xuvenil,convertíndose nun baluarte imprescindible desque comezou con nós a tempada pasada,e que onte nunha desafortunada acción resultou mancado de certa gravidade inda que con pronóstico reservado e a espera de máis probas.Agardando a mellor nova dunha pronta recuperación mandamosche tódolos ánimos Alejandro CAMPIÓN.Tamén queremos seguir agradecendo a colaboración de Roi,Jaco e Carlos pra que esto siga saindo a luz,inda que nun formato non tan extenso.
Comezou o partido moi igualado na Medela, no último partido
no noso campo, producto da rivalidade e
das ganas de conseguir un bó resultado para certificar o gran comezo de tempada
das dúas escadras.
O primeiro aviso do partido deuno Guerreiro, tras un gran
pase de Seso que o deixóu só diante de Carrasco, intentou o patrón resolver
cunha vaselina pero foiselle un chisco alta.
O Escairón tratou de arrepoñerse e respondeu cunha boa
ocasión á saída dun córner que despexou Ismael cunha moi boa intervención.
O partido proseguiu igualado ata que no 14 unha boa xogada
de Migui por banda esquerda cun gran centro a rematou a gol de primeira
Guerreiro, primeira titularidade e primeiro gol do noso veterano dianteiro.
A partir dos 20 minutos o conxunto visitante pareceu facerse
co dominio e gozou de dúas ocasións que desbaratamos en boas accións
defensivas cun gran protagonisimo pra Isma que estivo expléndido.
No 33 ´ serio contratempo coa lesión de Juanito Potente,
entrou Manu que pasou a lateral esquerdo desprazando ao centro da defensa a
Manu Vila.
O Escairón tivo outra ocasión no 35 cun disparo que despexou Isma e o posterior rexeite mandouno fóra Hamir con todo a favor. De aquí ao
remate do primeiro tempo viviuse un impás, o partido tranquilizouse e nós
soubemos contemporizar o encontro.
En resumo, primeiros 45 minutos igualados nos que quizais o
Escairón tivo máis ocasións pero nós estivemos máis atinados na área rival,
conquerindo o gol que á postre sería definitivo.
No intermedio entrou ao verde Moski en sustitución de Migui,
que xa tiña cartón amarelo e sufría un lixeiro pinchazo nun xemelgo..A segunda parte comezou cun ritmo máis anodino, con moito
centrocampismo e loita constante no medio campo. A medida que foron pasando os
minutos o partido foise facendo bronco, con moitas accións de choque e de
desputa.
Desta situación saiu unha primeira media hora sen ocasións
nítidas que reseñar. Nos últimos 15 minutos o Escairón queimou as naves
buscando un empate que afortunadamente non chegou.
Tiveron dúas boas ocasións, nos pés de Hamir e na cabeza de
Pollo, ás que Ismael respostou moi ben. De aquí ao final, cun desconto eterno
pasamos máis apuros máis que nada polo apretado do marcador que polo perigo que
foron capaces de xenerar.
Ao fin demos aguantado o marcador e sumamos tres novos
puntos que nos permiten afianzarnos na parte media alta da táboa.
A semana que vén buscaremos continuar coa boa racha de
resultados, o domingo que vén enfrontaremonos ao Pol.
TABOADA CF 13 Isma 4 Juanjo 8 Nico 11 Diego Poyán 14 Ibán 15
Mouse 16 David Montes 20 Guerreiro 21 Sesiño 25 Migui 28 Manu Vila
SUPLENTES 3 Manuel 5 Alberto 12 Pablito 18 Gabri 24 Moski.
ATL. ESCAIRON. 1 Carrasco 2 Ruben Cidre 3 Felix 4 Alami 5
Arias 6 Omar 7 Julio 8 Pollo 9 Toti 10 Asier
11 Hamir
SUPLENTES 12 Werner 13 Marcelo 14 Pandiani 15 Cris 16 Alex.
cortesía Melanie De la Fuente
TABOADA CF 0-CD RUBIÁN 2
TABOADA CF 2-QUIROGA FC 7