TABOADA C.F
TABOADA CF 2018/2019
TABOADA CF
TABOADA CF B
TABOADA CF XUVENIL
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
instagram.com/TaboadaCF
25/11/18
TABOADA CF 1-CF RIOTORTO 1
Partido igualadisimo no Castro Seoane de Antas de Ulla, que
nos permite continuar como invictos cando actuamos de locais, e que fai que
sigamos enganchados no vagón de cabeza da táboa clasificatoria.
O partido transcurriu según o previsto, nun campo pequeno e
que condiciona moito o xogo, sendo moita a desputa e o balón dividido.
Bregáronse os 22 protagonistas con deportividade e emotividade, aínda que o
encontro non resultou moi vistoso.
Os primeiros achegamentos foron nosos, pero tímidos, cunha
media chilena de Seso que atallou fácil Parapar e cun tiro desde o vértice da
área de Guerreiro que se foi moi desviado. A partir do 15 o Riotorto comezou a
impoñer mellor a súa proposta, e no 19' Kevin disparou alto tras unha gran
xogada persoal, e no 22' unha falta directa desde o medio campo lanzada por
Isaac estrelouse no pau. Fomos quen de capear o temporal e a partir da media
hora fomos estirándonos, no 30' unha boa acción por banda de Fabio rematou cun
centro que despexou Parapar, o posterior rexeite caeulle a contrapé a
Guerreiro, que non deu enganchado. E, cousas do fútbol, o Riotorto adiantouse
no 35' tras un erro defensivo que rematou dun disparo do recén ingresado Lucas
Costa que, tras pegar en Juan Potente se colou sen remisión na nosa meta. 0-1 e
nada que reseñar de aquí ao final da primeira parte.
Nos segundos 45 minutos saímos coa firme idea de conquerir
pronto o empate, probamos sorte dun tiro lexano de Fabio que se foi fóra e
cunha volea de Gabri que non colleu porta. Do Riotorto sen noticias en ataque.
No 70' introducimos un doble cambio, ingresando Montes e Marcos en substitución
de Ibán e Gabri. Con estes cambios buscamos meter ao riotorto no seu campo, e
comezamos a xerar perigo. No 78' saque de banda rápido de Seso que deixa só a
Guerreiro no man a man con Parapar, do que sae ganador o gardamallas visitante.
O partido xa era un acoso e derrubo, e no 82' Fabio estrelou o balón no pau.
Tanta insistencia atoparía premio no 85', nun penal
clarísimo de Parapar a Moski, que transformou perfectamente Fabio. De aquí ao
final cremos e quixemos a victoria, e tivémola nun disparo de Marcos desde
medio campo vendo a posición adiantada de Parapar, pero este puido reaccionar e
sacou unha gran man. En definitiva, un punto máis ante un rival que seguro vai
estar arriba ao final da competición.
A semana vindeira, desprazarémonos a Friol para medirnos ao
conxunto local, na procura de romper a nosa mala racha a domicilio.
25/11/18
QUIROGA CF 3-TABOADA CF B 1
25/11/18
XUVENILES
TABOADA CF 0-SD OUTEIRO 3
18/11/18
TABOADA CF 2-SPORTING PONTENOVA 1
O partido comezou aparentemente sen moito ritmo pero sen
embargo o primeiro cuarto de hora foi de tolos. Xa no 4' David Potente probou a
Carlos desde fóra de área, atallou este sen atrancos. No 6' adiantámonos tras
un gran pase en profundidade de Jaco á carreira de Moski, que centra atrás para
que Guerra empurre ao fondo das mallas. No 11' puxemos terra de por medio nunha
acción moi parecida á do 1-0, neste caso foi Seso o que centrou, e Guerra de
novo en boca de gol non perdoou. 7 goles leva xa no que vai de campionato.
A Pontenova parecía noqueada, pero no 12' puxo Matelo o 2-1
tras un malentendido defensivo. No 13' puidemos coller de novo a ventaxa de 2
goles, pero entre Carlos e o longueiro desbarataron o que tería sido o hattrick
de Guerreiro.
A partir de aquí o partido transcorreu máis calmo, con nós
intentando ter posesións máis longas e a Pontenova agardando a súa opción nunha
contra. Pouco que reseñar no tocante a ocasións, só unha contra levada por Mos
na que reclamamos penal sobre Guerra que o colexiado non concedeu, e un remate
de Manu Vila nun córner.
Por parte visitante, a ocasión máis clara foi no 42' nun
centro lateral de Matelo que se paseou por toda a área sen atopar
rematador.
A segunda parte comezou con pouco ritmo, cun Taboada que non
quería expoñerse en exceso e cunha Pontenova que estaba cómoda co 2-1 agardando
a súa oportunidade. No 57' entrou Ratón para fortalecer o medio do campo.
No 58' Nico puido poñer o 3-1 pero atopouse cun gran Carlos,
que enviou a córner. A partir do 60' a Pontenova estirouse e tivo a súa
primeira gran oportunidade nunha internada pola esquerda que sacou ben Seso. No
66' o disparo de Matelo foise desviado por nada. Nós fiabamos todo a rápidas
contras pero sen crear excesivo perigo para a meta visitante. No 78' o disparo
de Charlie foise desviado. A Pontenova comezou a crer na machada e estirouse e
a nós entráronnos os nervios, e recuamos, con medo a que se nos escapasen tres
puntos que se puxeran moi de cara.
O máis salientable do treito final foi un achegamento
perigoso de Matelo, que Nico logrou conxurar. Un último susto que finalmente
non tivo consecuencias. O desconto de 5 minutos fíxose longo pero resistimos os
embates visitantes e sumamos tres puntos que nos permiten saír da xeira
negativa de só sumar 1 punto dos últimos 9.
Para a semana repetimos como locais, probablemente en Antas
de Ulla, ante o Riotorto.
18/11/18
TABOADA CF 1- CD RIO SIL 5
11/11/18
CHANTADA ATL 2-TABOADA CF 1
O Taboada CF colleitou a segunda saída consecutiva perdendo,
ante os veciños do Chantada Atlético, no renovado e recén estreado céspede do
Sangoñedo.
Foi un derbi disputado, no que os locais quizais fixeron
máis méritos ca os nosos para sumar os tres puntos.
O partido comezou cos branquiazuis merodeando a área de
Moure, de feito xa no minuto 2 puidemos poñernos por diante cun gran disparo de
Migui que se estrelou no poste esquerdo da meta chantadina. Xeramos tamén moito
perigo en tódolos balóns parados, moi ben sacados por Fabio pero non
conseguimos converter ningún. No 10' primeiro achegamento serio dos locais,
cortou nun gran esforzo defensivo Migui cando a ocasión xa era notoria.
A partir do 20' o Chantada Atlético fíxose co dominio do
xogo, e cunha forte presión comezou a ser dominador, aínda que sen xerar
excesivo perigo, a máis clara un intento de vaselina de Kedira en posición
franca que se foi desviado. Puidemos sen embargo nós poñernos por diante nun
balón parado, que Nicolás non acertou a embocar en liña de gol.
No 30', tras unha gran transición nosa, o balón acabou nos
pés de Migui, o seu bo disparo atallouno Moure cunha boa intervención. E o que
son as cousas, no 37', nunha xogada sen aparente perigo, Tino conectou un gran
disparo desde a frontal da área que entrou pegado ao poste e que supuxo o 1-0.
Este gol fíxonos dano e de aquí ao descanso non tivemos presencia en campo
deles.
No segundos 45' saímos con présas, como se o partido xa
estivese a piques de rematar, e non fomos capaces de impoñer case nunca a nosa
proposta. De feito as mellores ocasións foron dos locais. No 56' Tino puido
poñer terra de por medio no marcador pero no man a man definiu arriba, no 58'
gran xogada dos locais por banda que remata con centro que remata de novo Tino
a boca de xarro, entre Roi e o poste afastaron o perigo; no 61' entre Roi e
Ibán conxuran unha boa contra do Atlético, que nesta fase do partido estaba a
ser superior. Nós intentabamos capear o temporal como boamente puidemos, e no
67' Guerreiro puxo as táboas cun maxistral lanzamento de falta por riba da
barreira que bateu a Moure.
O Chantada Atlético pareceu non acusar o golpe do gol, e
seguiu porfiando. No 75' Tino puido adiantar aos seus cun testarazo que se lle
foi alto, e no 77' desperdiciou outra clara, nun man a man que botou fóra. Nós
parecemos conformarnos co empate, e replegamos liñas. No 83' Tino poñía o 2-1
definitivo tras unha gran contra dos locais, cun gran remate con rosca. Golazo
inapelable.
De aquí en diante buscamos achegarnos á porta rival, máis
con corazón que con cabeza, con balóns longos que buscaban a Poyán e a
Guerreiro, pero sen xenerar perigo. As nosas opcións reducíronse a dous saques
de esquina que non fomos quen de rematar.
Ao final, victoria dos locais, que xogaron un moi bo
partido. Nós, pola nosa parte, a seguir adestrando e traballando para revertir
a mala dinámica na que estamos metidos. Agárdanos a semana que vén en campo
aínda por determinar o Sporting Pontenova.
04/11/18
TABOADA CF 1-UD PASTORICENSE 1
copyROIght
O Taboada deixóu escapar os primeiros 2 puntos da tempada
actuando como local, esta vez no campo da Raña de Rodeiro, ante un Pastoricense
que se adiantou mediada a primeira parte e cun fútbol ramplón souberon aguantar
e leváronse un punto a todas luces inxusto vendo os merecementos duns e
doutros.
O partido comezou baixo un forte aguaceiro, e con vento en
contra para nós, circunstancia que facilitaba o xogo directo dos visitantes.
Nestes primeiros intres buscamos impoñer a nosa proposta de ter a pelota, pero
o conxunto visitante dificultábanos o noso xogo con balóns longuisimos tras
roubo que buscaban aos seus dianteiros.
As primeiras ocasións reseñables foron nosas, no 9' o tiro
de Fabio vaise arriba e no 11' o chut de Guerreiro non colle portería. Seguimos
insistindo e Gabriel probou fortuna desde lexos, pero o seu disparo petou na
poboadisima defensa visitante. E o que son as cousas, no primeiro achegamento
claro do Pastoricense adiantáronse no marcador; pérdida nosa en banda e rápida
contra dos visitantes, balón á espalda da nosa liña defensiva e Iván bate a
Roi na súa saída.
Este gol fíxonos dano pero seguimos procurando o camiño do
gol, no 21' gran centro de Fabio que non atopa rematador. No 27' disparo de
Nico á saída dun corner, o rexeite non o pescou Ibán por nada. No 35' a máis
clara da primeira parte, gran xogada de David Montes por banda, o seu centro
raso chegou a pés de Seso, que disparou arriba en posición franca.
Da Pastoriza en ataque non houbo noticias ata o 42, nunha
contra conducida por Raúl que rematou el mesmo cun disparo coa zurda que
despexou Roi. Así chegamos ao descanso, sen facer uns primeiros 45 minutos
peores que o rival iamos por debaixo no marcador.
A segunda parte comezamos apretando arriba, buscando
neutralizar a mínima ventaxa dos visitantes o máis pronto posible. Sen embargo,
ese exceso de precipitación non nos beneficiou moito e o Pastoricense viviu
relativamente cómodo en defensa.
A partir do 65' comezamos a xogar mellor e empezaron a
chegar as ocasións, chegando a coleccionar 7-8 claras ata o final do encontro.
No 66' remate de cabeza de Guerreiro que se vai lambendo o poste, no 67' outro
bon tiro de Guerra que sae centrado, atrapa non sen problemas Casillas. No 70'
remate desviado de Seso nun córner.
O partido converterase xa nun auténtico monólogo taboadense,
coa Pastoriza achicando balóns como boamente podían. No 78' obtivemos o premio
que tanto mereciamos, David Potente vaise por forza e ante a saída de Casillas
pícalla por riba de xeito maxistral. 1-1 con 12 minutos máis desconto por
diante, o Taboada lanzouse a polos tres puntos ante un conxunto visitante que
se centrou en defender a ultranza o seu botín. Xa no 80' gran tiro de David Potente
ao coller o rexeite dun saque de esquina, boa intervención de Casillas.
Nestes intres sacamos 3 ou 4 corners que os defensores
pastoricenses souberon neutralizar. No 87' probou fortuna Montes desde media
distancia, seguro atrapaba Casillas. No 89' puido poñer o 1-2 o Pastoricense
pero o gran disparo de Raúl foise un chisco arriba.
Seguimos queimando as naves na procura do 2-1, cunha fe
inquebrantable, e a piques estivemos de logralo. No 91' gran centro de David
Potente que remata Guerreiro, o balón estrélase no pau, o posterior rexeite
caeulle a Fabio que disparou a porta e o balón sacouno en liña de gol Iago
Ares. Incrible que non entrara esa pelota. Seguimos insistindo na busca dos
tres puntos, e na última do partido un disparo de Montes que levaba perigo foi
desviado a córner por un defensa visitante. Lanzámonos ao ataque conscientes de
que era a última, pero o colexiado inexplicablemente decretou o final do
partido sen deixar sacar o saque de esquina. Protestamos moito esta acción por
considerar que engadira moi pouco tempo, pero de nada serviu.
En fin, un punto máis que quizais saiba a pouco polo moito
que expuxo o equipo e polas ganas polas que pelexou pola victoria, pero tamén é
destacable que fomos quenes de salvar un punto ante un equipo moi difícil cando
se adianta. Toca seguir, levantarse, adestrar e preparar o partido que nos
enfrontará a semana que vén a domicilio ante o Chantada Atlético.
TABOADA CF. 1 Roi 8 Nico 14 Iban 15 Mouse 16 David Montes 18
Gabri 19 David Potente 20 Guerreiro 21 Sesiño 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES. 3Manuel 5Alberto10 Jacobo 13 Isma 28 Manu Vila
PASTORICENSE UD. 13
Casillas 2 Diego 4 Ares 5 Carlos 7 Manu 8 Kanuto 10 Ivan 20 Mel 21 Raul 22 Dani
24 Iago
SUPLENTES 11 Gandoy 12 Saavedra 18 Javi 19 Penelas 23 Alex
04/11/18
TABOADA CF 0-CD CORGO 6
03/11/18
TABOADA CF B 1-RELÁMPAGO 9