TABOADA C.F
TABOADA CF 2018/2019
TABOADA CF
TABOADA CF B
TABOADA CF XUVENIL
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
instagram.com/TaboadaCF
17/03/19
TABOADA CF 1-SD OUTEIRO DE REI 3
O Taboada CF
Iniciar sesión
caeu derrotado por primeira vez no ano 2019, ao
ser superado con xustiza polo Outeiro, que fixo méritos para sumar os tres
puntos en liza, sobre todo nos segundos 45 minutos. O partido comezou con nós
buscando a porta rival, de feito sacamos 3 corners consecutivos nos primeiros
minutos, sen consecuencias. Sen embargo, a primeira ocasión reseñable foi
deles, o disparo de Pereira sacouno Juan Potente na liña de gol. O encontro era
un toma e daca constante, con dous equipos que buscaban a porta rival.
Golpeamos nós primeiro no 20' tras unha gran xogada de Moski
por banda dereita, foise de todos cantos lle sairon ao seu paso e o seu tiro
desde a frontal entrou pegado ao poste dereito. Esto reafirmounos na nosa
proposta, pero o Outeiro reaccionou ben e no 26' puido empatar por mediación de
Trigo, pero o seu cabezazo estrelouse no longueiro. Puidemos poñer terra de por
medio en duas ocasións de Moski e David Potente, pero non tivemos o acerto
necesario. Tamén eles puideron acadar o empate nun disparo desde a frontal de
Renda que Roi despexou a saque de esquina.
Os segundos 45 minutos comenzaron semellantes a como
rematara a primeira parte, pero pouco a pouco o equipo visitante se foi facendo
co dominio e co control do xogo. No 57, Renda probou un libre directo que Roi
despexou ben sobre o seu costado dereito, pero no 60' o Outeiro acadou o empate
cun gran disparo de Yoni desde a frontal que entrou pegado á cepa do poste.
Case sen tempo para encaixar o golpe recibido, o Outeiro
certificou a remontada no 64' cunha gran acción dun Diego Seijas que nos ten a
medida tomada. 1-2 e escenario totalmente diferente.
Quixemos arrepoñernos e tirar de orgullo para tratar de
poñer de novo as taboas no marcador, e tivémolas con Moski e Montes, pero de
novo faltounos acerto. E no 72' de novo Diego Seijas, con outro golazo, poñía o
1-3 que acabaría sendo definitivo. No 75' a cousa ainda se puxo máis difícil
coa expulsión por vermello directo de Moski. Ainda así, sacamos forzas da
flaqueza e fomos capaces de xerar ocasións de perigo, coma unha moi clara de
Noé que se lle foi arriba, e outra de Nico de cabeza que non deu embocado a
gol. No 90' protestamos un clarísimo penalti a Seso que o árbitro non concedeu.
Sen moito máis que reseñar, rematou o encontro, na que foi a
primeira derrota como locais da tempada. Non debe esto empañar a boa
traxectoria que viñamos mostrando, toca resarcirse a semana que vén, toca
rendir visita á Pastoriza para medirse ao equipo local.
17/03/19
TABOADA CF 1- QUIROGA CF 3
16/03/19
TABOADA CF 1-QUIROGA CF 3
16/03/19
TABOADA 1-E. LOURENZA 3
10/03/19
CD SAN CIPRÍAN 1 -TABOADA CF 3
O Taboada regresou á senda da victoria tralo empate con
sabor a derrota da anterior xornada diante da SD Pol. O equipo fixo un partido
moi serio diante dun equipo local moi necesitado e que queda nunha situación
moi complicada.
O partido comezou co Taboada facéndose co control da pelota,
facendo correr aos locais, que non acertaban a presionar correctamente e
sufrían as nosas transicións. Así, no 11' puxémonos por diante tras unha boa
xogada por banda de Migui, e o seu centro ao segundo pau rematouno libre de
marca Moski ao fondo das mallas. Os locais intentaron respostar con balóns
colgados, pero sen xerar perigo. No 18' voleón espectacular de Jaco que saca
cunha boa intervención Madariaga. Precisamente nese saque de esquina gran
maniobra de Gabriel dentro da área e novo paradón de Madariaga.
Parecía que estaba máis cerca o noso segundo gol que o
empate do San Ciprián, e así foi. No 30' Migui recolleu un rexeite e batiu por
baixo a Madariaga. Todo se nos poñía de cara, e máis cando non sufriamos nada
en defensa. Pero, cousas do fútbol, no 46' e tras unha gran xogada de Quelle o
disparo de Miguel foi desviado por Ibán contra a nosa propia portería,
imposible para Roi. 1-2 e a vestiarios, coa sensación agridoce de ter menos
renta no marcador que a que mereceramos.
Na segunda parte saimos co firme pretexto de ter o balón e
buscar as espaldas dos locais, que sabiamos que ían deixar espazos ás súas
costas. No 48' protestamos unha acción que consideramos que era merecedora de
expulsión, xa que o defensa local placou a Moski cando este se ía só para
encarar a Madariaga. A falta sacouna Ratón pero foiselle por pouco por riba do
longueiro.
No 57' o San Ciprián quedouse con 10 tralo segundo cartón
amarelo para o seu lateral esquerdo. Entendemos ben o novo escenario, e
mantivemos a posesión facendo correr aos locais, de xeito que non sufrimos en
defensa en ningún momento e ademais sacamos boas opcións para anotar o
terceiro.
A sentencia chegou no 71' cando Migui bateu por terceira vez
na tarde a Madariaga tras unha boa xogada por banda dereita de Moski. A partir
de aquí o San Ciprián baixou os brazos e nós limitámonos a manter a pelota no
noso poder con posesións longas, das que sacamos outras dúas ocasións claras
nos pés de Migui e na cabeza de Poyán, que non tiveron o premio que ambas
xogadas merecían.
Ao final, triunfo importante que nos permite seguir na
pomada dos primeiros postos. Temos a oportunidade de recurtar puntos cos de
arriba a semana que vén, na que nos enfrentaremos ao Outeiro de Rei, en campo
ainda por determinar.
10/03/19
CD RIO SIL 3-TABOADA CF B 1
02/03/19
TABOADA CF 5-SD GUITIRIZ 0
(xuveniles)