jueves, 12 de enero de 2012

xaneiro


            TABOADA CF 1-SCD MILAGROSA 1
                                          Pablo,Victor,Poyan,Guerra,Roi.Iban
                                          Damian,Manu,Alex,Emi,David
                                           SCD MILAGROSA



 Partido gris como dia,envolto na néboa que se cabe no segundo tempo dificultou a visibilidade.Foi un encontro equilibrado con poucas ocasions e moita brega coma case todolos disputados contra  a Mila do Madriles.e que nos permitiu seguir na liña de non perder partidos ainda que é  ben certo que non gañamos nos últimos tres.Nos primeiros instantes vimos un toma e daca constante e fumos nós quen demos primeiro nunha gran xogada de David Montes  no min. 19 que resolveu cun forte disparo raso e cruzado rente o pao.Igualou a Milagrosa os 31' nun corner con varios rechazes e que introduciu Alvarez na nosa meta.Na continuación os visitantes trataron de sair a contra ainda que so crearon  unha ocasión de perigo,o Taboada acosou a porteria deYelco pero non acadamos froito polo bon ton defensivo dos capitalinos.

                                      
                                             
                                         TABOADA   CF 2(Guerreiro,Andresiño)-CD CASTRO 1 (Miguel Angel)
                                          David,Victor,Rios,Roi,Guerra,Pablo
                                          Mos,Alex,Emi,Poyi,Fa
                                         CD Castro

                                            Feo,Isma,Ibi,Marcos,Andresiño

                                      Victoria moi traballada e difícil nun partido no que estivemos máis pragmáticos ca vistosos e que se decidiu no tramo final en duas xogadas a balón parado diante dun Castro que plantexou o partido coma na primeira volta agardándonos atrás e tentando sair a contra sobre todo con Xaime e Alvarito ,só que desta volta a nosa fortaleza defensiva neutralizou case sempre as suas poucas chegada;se ben ,cabe decilo,costounos tamén a nós chegar arriba.Asi as cousas , non foi ata o minuto 73 cando nunha falta lateral Guerreiro sacou o seu  prodixioso guante dereito pra colar o balón pola escadra do segundo pao .Seis minutos máis tarde no 79 o partido pareceu sentenciarse de xeito semellante: un preciso centro de cirurxán de Guerreiro noutra falta lateral rematouno coa testa un Andresiño, o máis listo da clase ,entre xente con moita mais envergadura.Parecia todo finiquitado e complicámonos o encontro no 89´ nunha xogada ben trenzada polos chairegos que culminou Miguel Angel  ;ainda  se prolongou o encontro ,e o Castro quixo pero non deu chegado con mais perigo e nós poidemos  sentenciar cunha contra moi ben levada por Rubén Moscoso pero que errou no pase ó Andresiño.Espéranos a  12+1


                                         Gol Andresiño


                                          Dende ahí a meteu o Guerreiro


                                         

                                          SD OUTEIRO DE REI 0-TABOADA CF 1 (Marquiños)
                                          Sd Outeiro de Rei
Rios,Guerreiro,Roi,Pablo,Nico,Iban
Alex,Marcos,Alberto,Andresiño,Fabri


                                           Txiqui,Damián,Manuel,Poyán,Emilio,Moscoso


                                          Gran e importantísima victoria a conseguida no municipal de Outeiro;grande por que foi diante dun dos claros favoritos os ascenso xunto co Lemos, un equipo que ademáis deixa escapar moi poucos puntos no seu feudo e grande tamén polo xogo despregado.Importante é porque estas alturas da tempada estamos moi lonxe da zona de perigo e moi cerca dos postos altos da táboa,  e que nos permite seguir mantendo as nosas aspiracións, que non son outras que quedar o más arriba posíbel,e mellorala clasificación da tempada pasada,feito que ben é merecido por  este excelente e brilante plantel .O partido respostou as expectativas ,por seren dous equipos que ata o de acó amosaron moito,os de Pepe Martín comezaron apretando moito cun xogo moi físico e directo e perigosísimo a balón parado,nos empezamos un pouco titubeantes pero firmes atrás e pouco a pouco fumos inquedandoos con rapidisimas transicións conducidas por uns grandisimos Guerreiro e Rios(excepcional o seu partido,atacando e defendendo) e finalizadas polos  estiletes: esos xeniais" baixiños" Andresiño e Marquiños.Precisamente deste xeito acadamos o gol no minuto 19,grandisima asistencia de Rios a Marcos que define de forma antóloxica colocando o balón pola escadra .O gol,que tiña unha dedicatoria moi especial, atenazou as ideas dos locais e fixeron que  se repregaran un pouco  e ainda que tiveron algunha clara ocasión foi moi ben sacada pola nosa defensa que se asentou e  se fixo formidable tralo gol.O traballo de Nico e Alberto tamén foi neutralizando o seu poderoso medio campo .Antes de chegar o descanso produciuse unha xogada que puido ser decisiva unha rapidísima contra de  Marcos foi cortada contundentemente cunha durisima entrada do seu cancerbeiro,merecente quizais de máis castigo,pois cortou de raiz o partidazo que estaba facendo o noso xenio de  San Pedro.,xa que caeu lesionado e non puido continuar .Non embargantes foi substituido por Mosqui que no segundo tempo acabou por tolear a sua defensa e tamén a nosa afeizón que novamente acudiu en masa a Outeiro.A segunda parte foi un monólogo noso:  a defensa contundentísima non deixaba crear unha ocasión(as poucas salvadas por un segurísimo Roi),o centro campo ,xa coa entrada tamén de Poyán, volveuse inconmensurable ,Guerra e Rios na sua enorme liña,e de novo Andresiño e Moscoso chegando unha e outra vez con perigo;ata dous  goles  nos foron anulados ,con algo máis  fortuna  e xustiza o resultado puido ser máis abultado,cando menos na retina sera así :MERECIDO,en maiúsculas


                                        

TABOADA CF 3-UD PASTORICENSE 3
                                         O plantel case ó completo :
                                   arriba: Poyán,Guerra,Pablo,Roi,Rios,Iban,Victor,Isma,Emilio
                                   abaixo: Andresiño,Nico,Emi,Damián,Marcos,David Montes,Feás,Manu
                                   faltan na foto:Andrés,Alberto,Alex,Fabri,Rubén Moscoso
                                          UD PASTORICENSE

                                          Partido impresionante e espectacular o vivido na Medela ,feudo difinitivamente mítico polos duelos que se estan vivindo nos últimos tempos.O Taboada CF pódese dizer que tirou pola borda o partidazo que levaba feito ata o minuto 72,pois ata daquela ía vencendo por 3-0 e a a partir de acó unha UD que amosara ser moi bon equipo,ainda que hoxe chegara arriba  moi poco e limitárase a defender como podia ,pero entre a fortuna dos seu dous primeiros goles,dous erros nosos incluido un gol en propia meta(nos minutos 73-Iván Seco- e 82) e logo con empuxe e unha garra que o fixeron merecedor de levarse un punto do noso campiño e  acadou así o e empate no 85(Andrés);e se cabe tivémola fortuna de non se nos escapalos tres nun man a man que solventou Roi xa no desconto;feito que tampouco houbera sido xusto con nós pois fumos clarísimos domiñadores do partido e en moitas fases practicando un grandísimo futbol,guiados por un Guerreiro,pro que non hai calificativos ,quizais ÚNICO,autor dos tres goles,iso si culminando sempre espectaculares xogadas de equipo.A primeira no min.6 gran xogada de David que centra a pau cambiado a Marcos que asiste xenerosamente a Guerreiro que fusila a pracer.Sobre a media hora outra xogada colectiva remata con varios remates na área do Pastoricense pra caer nos pes de Guerreiro que dentro da área pequena non perdoa.O partido puxose moi de cara, e no segundo tempo continuamos pasando o rodillo a un ferreo rival pero o que non lle dabamos opción e tendo claras chegadas pero sin acerto no remate    ata que noutra xogada colectiva,no min.65, que nacia nunha internada de Ibán ,que cambia o segundo pao onde Emilio asiste a Guerreiro que de novo fusila o seu gardavallas e parecía sentencialo choque ,pero o Pastoricense que non tivera case ningún achegamento  perigoso nunca se deu por vencido e votouse arriba  e pasou o relatado.Un desaxuste defensivo,un gol,dúbidas e gol desfortunadísimo en propia meta,nervos e un gran contra golpe deles e  gol do empate, e logo un final de infarto con dúas claras ocasións por equipo que poderian ter decantado pra calquer lado o partido.Dous equipos que por xogo e gañas merecen ir máis arriba,e un Taboada CF que ainda que tivo 13 minutos aciagos non deixa de ser grande e temible rival ,e de record ,xa van 14  xornadas invicto.





domingo, 4 de diciembre de 2011

decembro


TABOADA CF 5-PORTOMARIN CF 3
     Taboada CF:Rios,Roi,Guerreiro,Pablo,Damián,Ibán,Alex,Emilio,Alberto,Nico,Marcos
                                          Portomarín CF
                                            Marcos Feás,Andresiño,Isma,Victor,Rubén  Moscoso


                                                

                    Derbi comarcal atípico  no que os ataques impuxéronse ás defensas e onde a nosa capacidade ofensiva acabou dominando no segundo tempo e permítenos continuar nunha gran liña , na cal conquerimos 22 dos últimos 24 puntos en xogo, e seguir na zona alta da táboa .No primeiro tempo ámbolos dous equipos estiveron a un nivel parello e plantexando un futbol similar índose o ataque ,e nesta liorta golpeu  primeiro o Portomarin    á saida dun córner nun certeiro remate de cabeza adiantábase por primeira vez no min. 21 ;os nosos non se daban feito co mando do encontro ,pero pouco a pouco empezaron a chegalas ocasións ainda que ningunha que poidamos decir clara ,ata que nunha gran xogada de Marcos,que volvia a titularidade logo da suá lesión , este define con contundencia fusilando o porteiro rival os 40´ .A partir de acó  o equipo gañou confianza e volveu a liña dos últimos partidos,Emilio quixo dar un plus ofensivo e   o cuarto de hora do segundo tempo mete no campo     a Rubén Moscoso primeiro ,e logo o Andresiño    ;ainda que  xusto nestas, no 67´, o Portomarín combina ben nunha xogada de ataque e encóntrase cun erro defensivo do Taboada e o balón  entra mansamente nas redes  .Este contratempo non nos arredou e non tardamos 4 minutos en darlle a volta o marcador,primeiro no 69´ nunha magnífica internada de Moscoso   que asiste a Andresiño que marca a pracer, e no min .71 Guerreiro dun gran zurdazo  desde fora da área  que se cola pola escadra,un golazo.Esto deixou un pouco tocado ó rival que quedou ainda mais noqueado 4´ máis tarde cando  un Mosqui   recén recuperado pero enorme, se vai como un foguete e define cunha extraordinaria vaselina,outro golazo destos que  soen aparecer  na Medela e que nos estan malacostumbrando a ver arte de futbol.Xogada que  repite de novo 7´ despois ,no 80´,despois dunha falta sacada maxistralmente por Guerreiro sacada en globo pra Mosqui e esta vez Rubén define fusilando por abaixo e logra o 5-2( ver imaxes de Televinte). Cando o partido parecía xa decidido ,e poidendo acadar 2 goles claros máis ,ocasións erradas ó fín, o Porto resolve ben unha xogada na nosa área e acada o 5-3; viñeronse os seus xogadores arriba e puido incluso recurtar mais a  nosa renda, xa no desconto, pero  tivo Roi unha gran intervención.
                                                             

                                         
                                                      SD O PÁRAMO 2-TABOADA CF 2

                                          SD O PÁRAMO
               TABOADA CF  de pé: Nico,Pablo,Guerreiro,Poyán,Roi,Rios,Iban
                                         anicados: Alex,Marcos,Alberto,Andresín.

                                          Mosqui,Txiqui,Manu,Fabri,Isma ,Emi
 Partido vibrante o disputado no municipal das Rapadas do Páramo,moi disputado ainda que os locais  foron mellores no primeiro tempo e o Taboada CF foi superior na segunda metade. A pesares de que comezamos moi ben presionando arriba e dominando o encontro como plasmou o gol de Andresin no minuto 3,o equipo mostrouse  nervoso e sen poder combinar nos primeiros 45 diante dunha Sd O Páramo que se amosou coma un bloque compacto e con pegada,que se topou, iso si, con que pronto nivelou o marcador ,os 5´,  nun balón que quedou morto logo dun córner e que a nosa zaga non deu sacado da área pequena e Coedo enchufouna.Non nos arredamos e seguimos coa pretensión    de irmos ó ataque pero no 17´  atacante local Rober dun disparo de media distancia que se colou pola escadra  acada o 2-1 que nos púxo por detrás  ,e non só no marcador senón que nos vimos ben amarrados por un equipo local que ainda sen crear ocasións claras non nos deixaba xogar e incomodounos moito ,tan só dous disparos de Marcos e Rios perto do descanso deron visos de que na segunda parte as cousas ian cambiar .E empezamos de novo presionando arriba  e combinando ben e pronto, no 51  o balón que engancha Guerreiro na frontal colocao rente o a pao esquerdo de Mundín   e acada o 2-2,  que o dar cabo sería definitivo.De acó o final  seguimos chegando con moito perigo e tivemos claras ocasións de Nico ,Mosqui ou Poyán que ben se foron fora ou desbaratou a boa zaga local ,e non pasamos apuros máis que en un par de xogadas a balón parado que nin Rober nin Coedo deron materializado, e o fin conquerimos un xusto empate .


                                             Nova medelona branquiazul nas Rapadas.
                                           
                                                SCD RESIDENCIA 1-TABOADA CF 1
                                           A  Cheda
                                          Scd Residencia
                                         Taboada CF  de  pe: Poyán,Guerreiro,Pablo,Roi,Rios,Iban
                                                             anicados: Fabri,Marcos,Alber,Mosqui,Nico

                                          Victor,Txiqui,Marcos Feás,Manu,Damián





                                         
               Partido emocionante pero pouco vistoso o disputado na capital lucense,no cal deixamos escapar dous puntos a pouco de rematar o partido.Comezamos o encontro na liña dos últimos encontros ,que nos leva a continuar nesta gran xeira de resultados nos que non coñecemos a derrota.Empezamos presionando moi forte arriba e pronto obtivemos recompensa pois no min. 6  dun balón roubado arriba que chegou a Rios iste resolveu dun fermosa vaselina e acadou o 0-1.A partir de acó controlamos moi ben ós locais durante o primeiro tempo e puxémolos en serios apretos en algún contragolpe.No segundo tempo continuamos con esta tónica a meirande parte desta continuación pero fumos caendo instintivamente nun perigoso conservadurismo ainda que non pasabamos apuros .E así nunha xogada sen aparente perigo o balón caeu nos pés de Oscar Pol que fusilou a Roi perto da área pequena cando faltaban cinco minutos para rematalo encontro, e de acó ó final foi un querer e non poder ,e  rematamos coas táboas no marcador e chegamos o parón navideño entre os cinco primeiros culminando un ano macanudo e único por extraordinario para o noso clube.