domingo, 23 de octubre de 2011

Taboada CF 2-Club Lemos 1

Club Lemos

 Taboada CF ,de pe : Rios,Roi,Victor,Guerreiro,Pablo,Poyan,Iba;anicados :Damián,Mosqui,Emilio,Nico
 A estrea do bar



 Goles de Mosqui e Alami en propia meta




Partido histórico para o Taboada donde se enfrontaba a un rival de renome como é o Club Lemos. Nos primeiros minutos foi un toma e daca por parte de ambos conxuntos donde ningún dominaba claramente, pero conforme foi avanzando o partido o Lemos foise facendo máis co encontro. Pero nunha xogada desafortunada para o porteiro visitante, Moski aproveitaría para adiantar os branquiazuis dando algo de aire o conxunto local. 
No principio da segunda parte o Taboada veuse algo máis arriba, isto propiciou que volvera sorrir a sorte. Un centro forte dende a banda dereita sería rematado cara a portería por un defensa visitante. Así o Taboada poñería terra de por medio no seu fortín. 
Tras isto sucederonse as oportunidades locais, a máis clara un lanzamento de falta de Guerreiro, que o porteiro non atallou de primeiras e parece ser que entrou na portería, pero o árbitro non deu por válido. Acto seguido chegaría o gol do Lemos nunha xogada combinativa na área branquiazul.
Os últimos minutos de partido o Taboada dedicouse a defender as acometidas dun Lemos que tentaba por todos os medios igualar o partido pero non conseguiu materializar ningunha oportunidade.




                   













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.