domingo, 13 de noviembre de 2011

novembro

Riotorto CF 0-Taboada CF 1(Guerreiro)
                                            Riotorto CFCupeiro, Martín, Christian, Venancio, Jesús e Borja. Agachados: Ramiro, Moreno, Álex, Antonio e Toño
                                          Taboada CF  Rios,Roi,Guerra,Poyan,Pablo,Iban
                                                               Nico,Andresiño,Andrés,Alex,David Montes

                                            Feas,Damián,Txiqui,Isma,Rubén

                                   Victoria importantísima a domicilicio no Campo da Veiga,nun partido difícil que se resolveu contra o final   e diante dun rival , coma nós debilitado polas baixas,que andaba necesitado de puntos e que fixo que non combinaramos coma de costume.Empezamos  iso sí mandando no partido e levando o ritmo de ataque ,eles  a contra achegaronse en contadas ocasións a nosa área no primeiro tempo;nos tivemos duas claras nas botas de Guerreiro case consecutivas,unha dun gran disparo desde fora da área que se estrelou no longueiro  e outra nun remate a boca de xarro que salvou o porteiro espectacularmente,Chegamos logo con profundidade e ben a área rival pero sen claridade.No  segundo tempo  o partido seguiu na mesma liña e de novo tivemos unha clara oportunidade despois dun balón en profundidade a Daniel Rios que este con habilidade pero sin fortuna estrelou de novo no pao .Contra o final ambolos dou equipos tivemos chegadas que poideron rematar en gol,pero ambolos dous porteiros estiveron moi atinados.No minuto 85 chegou a xogada do gol,balón a banda aTxiqui na sua internada na área a Guerreiro que cun sutil toque manda o fondo das redes.De ahí ó remate non pasamos apuros.



                                          a AFEIZÓN  en  tódolos lados
                                          Taboada Cf 3(Guerra 2,Manu)-SCD Cabreiros 0
                                                SCD Cabreiros
Rios,Roi,Pollán,Guerra,Pablo,Nico
David Montes,Emilio,Damian,Alex,Txiqui
  Feas,Manu,Fabri,Isma,Victor




               

De novo partido moi serio dun equipo cada dia mais sólido atrás ,e que sin facer un gran despregue ofensivo coma noutras tardes achegouse ,cada vez que o facía, con perigo a área rival,ainda que se tardou en concretarse o dominio ,no min 55, nunha xogada individual de Guerreiro,que estivo certamente maxistral.No minuto 73 nunha nova espectacular internada sua  asiste á  Manuel que definiu no cara a cara co porteiro ,e no 84 de novo o Guerra sacou toda sua clase logo de irse na área de duas marcas e sacarse unha xenial vaselina diante do porteiro .    Imaxes( grazas Umber)  e crónica de Televinte :
                                                 Tamén podes ver o o 3-0,obra de arte de Guerreiro no enlace: http://www.facebook.com/v/10150363454236783 (cortesia de Carlos)
                                                                            


                                         Xente ilustre,grandes ausencias.
                               
                                          CD ALFOZ 1-TABOADA CF 2(Guerra,Iban)            

                                          Daniel Rios,Roi,Victor,Guerra,Nico,Pablo,Ibán,
                                           David Montes,Fabri,Manu,Poyán

                                           Rematamos un gran mes de novembro con pleno de victorias,e cunha xeira na que se acadaron 19 dos últimos 21 puntos disputados.Non foi unha victoria doada,ainda que poidemos sentenciar no primeiro tempo pois saimos en tromba cunha actitude moi ofensiva diante dun rival que ainda que xogaba na casa adicouse a esperarnos atrás  xa desde o primeiro minuto,tentando sair en algunha contra .Froito desta actitude pronto conquerimos froito,no minuto 15 un gran roubo e internada de Nicolás rematou nunha asistencia a Guerreiro que se revolveu perto da  área pequena e fusilou a meta do Alfoz.Logo seguimos presionando moito e achegándonos con moito perigo e con algunha ocasíón moi clara coma un remate  de cabeza de Iban nun corner  que sacou un defensa  na liña.No segundo tempo o plantexamento de ámbolos dous equipos non variou,non embargantes baixámola intensidade un pouco e encontrámonos con algunha adversidade ,primeiro a lesión de Rios trastocou os plans de Emilio,e xusto nese reaxuste do equipo nun contragolpe, cando trancurria o min.65 ,o Alfoz acadaba o empate;a partir de acó o partido entrou nunha dinámica que pouco beneficiu o noso xogo habitual e pouco semellante o do primeiro tempo,pois incurrimos en precipitacións e menos toque,menos preciso e máis físico,condicionado tamén polo xogo proposto polo Alfoz, equipo forte neste senso.Non por iso deixamos de ir claramente a gañar o partido e implicarnos fortemente na lea,e froito deste tesón chegou o premio,xa no desconto,a saida dun córner Ibán ,esta vez  co pé,remachaba o fondo das redes,pra tolemia de todo equipo e afeizón, que de novo en gran número apoia e axuda acadar puntos coma estes moi importantes.
                                              
                                          Andresiño,Alber,Txiqui,Marcos,Isma e Emilio
                                          Incondicional  afeizón

                                              SCD SAGRADO CORAZÓN B 0-TABOADA 2
                                        O equipo xuvenil tamen gañou a domicilio con goles de Jacobo e Iago Montes,unha victoria que o equipo levaba  buscando e merecendo facía xornadas.Ver máis fotos dos de Roi no arquivo do blog.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Taboada CF 5-SD Burela 0

Taboada CF 5 (Guerra,Iban,Pablo,Rios,Emilio)-SD Burela 0
Sociedade Deportiva Burela
Taboada Club Futbol.   De loito ,todos co Marquiños,presi....
Gran partido o disputado na Medela contra  un dos grandes e históricos da provincia ,a SD Burela.


                                     

Gran partido  do Taboada CF diante dun dos grandes e históricos da provincia :a SD Burela,que pese a pesares  da derrota ofreceu unha imaxe de equipo grande  sen baixar nunca  os brazos e tentando ir polo partido.Empezouse cun toma e daca constante por parte de de dous equipos que xogan ó ataque ata que no minuto 10 o noso Guerreiro 23 demostrando que é un xogador fora de categoria , coma o Angliru, nun estado de forma excepcional,foise de dous defensores e mailo porteiro nunha baldosa  e define maxistralmente.Logo séguese na mesma tónica de  gran partido polas duas bandas,con boas ocasións ,e tamén o noso Roi ,noutro gran  estado de forma,se converte no principal estandarte da nosa solidez defensiva e xogándose o tipo nun par de chegadas  burelenses.Tralo intermedio o Taboada CF foise polo partido e resolveu nos primeiros 15 minutos :primeiro ,despois dun gran remate de cabeza de  Iban a saida dun corner no min. 8;este gol deixou tocado á SD ,que tentou irse arriba pero no min. 12 despois dunha falta en ataque deles ,e dende o noso campo ,maxistralmente Pablo,incitado polo Roi e emulando a Thiago Alcántara,vendo o porteiro mariñan adiantado acada un  golazo pro recordo.E pra sentenciar o partido 3 minutos mais tarde unha  apertura a banda pra Guerreiro é convertida por este nunha gran asistencia a Rios que definiu amosando o gran futbolista que leva dentro. Na media hora final o Burela segueu tentando achegarse a porta pero  mantivemos un gran nivel defensivo,e Roi, sendo un muro ,tivo unha intervención de moitisimo mérito.No tramo final o gran capitán Emilio culminou o seu enorme partido cunha estratosférica vaselina, derretindo ó final a nosa cada dia mais entregada afeizón.Pese o resultado o mais destacado foi a nosa liña defensiva e mailo medio campo,que de seguires   por iste camiño daranos unha  enorme fortaleza   ,intimidatoria prós  rivais, e ainda sen   dous dos nosos  estiletes de ataque , e que nos pode enganchar a cabeza da táboa.
 Un lacón e unha cachola




Cada dia mais grande ,cada dia mais grandes