domingo, 6 de noviembre de 2011

Taboada CF 5-SD Burela 0

Taboada CF 5 (Guerra,Iban,Pablo,Rios,Emilio)-SD Burela 0
Sociedade Deportiva Burela
Taboada Club Futbol.   De loito ,todos co Marquiños,presi....
Gran partido o disputado na Medela contra  un dos grandes e históricos da provincia ,a SD Burela.


                                     

Gran partido  do Taboada CF diante dun dos grandes e históricos da provincia :a SD Burela,que pese a pesares  da derrota ofreceu unha imaxe de equipo grande  sen baixar nunca  os brazos e tentando ir polo partido.Empezouse cun toma e daca constante por parte de de dous equipos que xogan ó ataque ata que no minuto 10 o noso Guerreiro 23 demostrando que é un xogador fora de categoria , coma o Angliru, nun estado de forma excepcional,foise de dous defensores e mailo porteiro nunha baldosa  e define maxistralmente.Logo séguese na mesma tónica de  gran partido polas duas bandas,con boas ocasións ,e tamén o noso Roi ,noutro gran  estado de forma,se converte no principal estandarte da nosa solidez defensiva e xogándose o tipo nun par de chegadas  burelenses.Tralo intermedio o Taboada CF foise polo partido e resolveu nos primeiros 15 minutos :primeiro ,despois dun gran remate de cabeza de  Iban a saida dun corner no min. 8;este gol deixou tocado á SD ,que tentou irse arriba pero no min. 12 despois dunha falta en ataque deles ,e dende o noso campo ,maxistralmente Pablo,incitado polo Roi e emulando a Thiago Alcántara,vendo o porteiro mariñan adiantado acada un  golazo pro recordo.E pra sentenciar o partido 3 minutos mais tarde unha  apertura a banda pra Guerreiro é convertida por este nunha gran asistencia a Rios que definiu amosando o gran futbolista que leva dentro. Na media hora final o Burela segueu tentando achegarse a porta pero  mantivemos un gran nivel defensivo,e Roi, sendo un muro ,tivo unha intervención de moitisimo mérito.No tramo final o gran capitán Emilio culminou o seu enorme partido cunha estratosférica vaselina, derretindo ó final a nosa cada dia mais entregada afeizón.Pese o resultado o mais destacado foi a nosa liña defensiva e mailo medio campo,que de seguires   por iste camiño daranos unha  enorme fortaleza   ,intimidatoria prós  rivais, e ainda sen   dous dos nosos  estiletes de ataque , e que nos pode enganchar a cabeza da táboa.
 Un lacón e unha cachola




Cada dia mais grande ,cada dia mais grandes

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.