CLUB LEMOS 2-TABOADA CF 1
Club LemosNico,Pablo,Dani Rios,Roi,Guerra;Victor,Iban
Alberto,Alex,Emilio,Txiqui
Alberto,Alex,Emilio,Txiqui
Encontro con arumes a superior categoria entre un grande Lemos,case cos dous pés en Autonómica Preferente,e un non menos grande Taboada,que chegou moi xusto de plantel polas baixas e que,sin que soe a desculpa, presentou dura batalla con algun xogadores tocados coma Poyán e Roi .Ámbolos dous equipos sairon con moito respecto polo rival e representando no medio campo tódalas artes e virtudes técnicas que posuen ámbolos planteis ,pero sen achegamentos claros nos 25 primeiros minutos as áreas de Roi e Macía.Coincidiu coa séria lesión de Victor,novo contratempo pra Emilio,e coa entrada de Poyán cando se desataron as hostilidades ofensivas :primeiro cun lanzamento de Diego Torres que atallou Roi cunha gran intervención.Ó minuto ,no 28´,contestaron os nosos cunha gran xogada de ataque que finalizou Guerreiro cun dereitazo desde fora da área que se estrelou no longueiro,co cancerbeiro lemista batido.A partir de acó ós ataques sucedéronse nunha e outra área : a unha volea de Diego Quiroga respostaba Rios,tras unha gran contra,cun lanzamento dende a frontal.O Lemos rondou moi cerca o gol nun córner que rematou a pracer Alami e saiu fora por pouco.Foi o preludio do 1-0 ,no minuto 42,unha moi boa xogada por banda de Torres e Fabrice que culminou este nunha asistencia a Diego Quiroga que só tivo que empurrar a porta baleira.o Taboada Cf non se amilanou e votouse rapidamente enrriba da porteria lemista e só un minuto despois chegou unha das xogadas claves do encontro,o balón chega na área a os pés dun Poyan libre de marca,e cara cara con Macía ,que tivo a fortuna de cara e axilidade para encontrarse co balón nas máns.No segundo tempo tampouco lle perdemos a cara o partido; o primeiro achegamento noso foi no 51,cando Moski non consegueu engatillar un gran pase de Rios.O Lemos tamén seguiu atacando e Torres lanzou contra barreira un saque de falta perigosísimo pola posición.O partido volveuse un toma e daca constante.No 65 un lanzamento escorado e con moita intención de Guerreiro sacouno con moitisimos apuros Macía.E no 27 deste segundo tempo unha xogada semellante ,unha falta lateral remachouna Carrasco de cabeza o fondo da rede .O partido lonxe de acabarse continou e fixémoslle pasar moitos apuros ós locais: primeiro cun bó remate de Emilio que se foi un pelín alto e logo cun lanzamento lonxano do Guerra que se foi fora rozando o poste;só un minuto mais tarde no 81´ unhas máns claras que nin siquera foron protestadas polos lemistas déronlle a Rios a posibilidade de convertelo penalty e meternos de cheo no partido e írmonos polo empate , que tivemos nun golpe franco de Guerreiro pero que soupo atallar Macía.O final ainda que nos deixamos o pelexo non se puido acadar mellor resultado,que vendo outros marcadores da xornada non nos aparta ainda do soño.Despois dos cumios veñen etapas pra sprinters nas que nos seguimos xogando l´tour,tamos ahí.
TABOADA CF 4-ED LOURENZA 0
David Montes,Roi,Guerra,Pablo,Nico,Iban
Txiqui, Diego Poyán,Alex,Emilio,Fabricio
ED LOURENZÁ
Partido moi importante no que só había un camiño pra sair da dinámica negativa dos dous últimos encontros e que era gañar :e cumprimos .Que o resultado foi engañoso e abultado,pode que si ,pero non por eso deixou de ser merecido por que hoxe quizais o Taboada CF non despregou o seu gran xogo combinativo e explosivo mais ca por fases e en xogadas puntuais,pero si fumos moi contundentes ,vaia que si.E diante tiñamos un ED Lourenza que non é espello do que reflicte o marcador e que se cadra mereceu mellor sorte de cara o gol,pero que hoxe topouse cun gran Roi, que hoxe fixo paradas de gran mérito ,algunha espectacular.Adiantámonos no minuto 11,gran pase de Guerreiro a un David Montes,felizmente recuperado,que resolve cun gran disparo seco e cruzado diante no que nada puido facer o seu arqueiro.O primeiro tempo pareceu transcurrir pracidamente,so nos vimos apurados nun gran remate de cabeza no saque dunha falta que enviou Roi a córner cunha impresionante palomita.A volta do descanso decidímonos rematar o encontro: primeiro no 55 gran desmarque e centro de David que Moski ,que entraba coma unha bala ,só tivo que empurrar. E dous minutos despois no 57´ Manuel nunha gran volea desde o medio campo e tras tocar no poste o balón acabou no fondo das mallas.A partir de acó os visitantes entregaronse ata o final amosando o bo equipo que posuen,e despuxeron de duas claras ocasións que atallou excepcionalmente Roi.Sobre a bocina un enorme pase de Marcos Feás culminouno Rubén Moscoso regateando ó porteiro e metendo o esférico no potal valdeiro .A victoria serveounos pra subir dous postos debido as derrotas de Ferreira e Bóveda,que xunto a do Outeiro volvennos meter na dura pugna polos postos altos,pero seguemos mantendo a distancia co Páramo ,que gañou pola minima ó líder,e un Pastoricense que cotiza a alza e que non da tregua.Fermosa a pelexa que nos agarda :seis ,sete equipos en poucos puntos por unha única praza.
os vinte amigos
gol de Ruben Moscoso(foto María Viso)
Gol de David Montes( foto María)
(Fotos María)
SD BURELA 0-TABOADA CF 3
SD Burela
Roi,Guerra,Poyán,Rios,Emilio,Ibán
Fabri,Alex,Manu,Moski,Rubén
Encontro esencialmente físico que estivo condicionado ,especialmente no primeiro tempo,polos fortes refachos de vento que pegaban hoxe contra A Marosa.A Sd Burela saiu moi forte ó principio presionando arriba e nos primeiros quince forzaron ata catro corners ,que foron hoxe a sua primeira fonte de perigo.Aguantando ben estes primeiros embites o noso primeiro achegamento perigoso transcorreu no min.4 cunha internada de Moski que e finalizou cun lanzamento perigoso de Rios.Pasouse por uns minutos de xogo monótono e só volvemos achegarnos no 25´ pero de xeito contundente : unha gran xogada que empeza atrás ,saca Alex moi ben o balón de primeiras pra Guerreiro,no medio, que segundo lle chega e vendo moi ben o desmarque perfecto de Manuel,asiste pra que este se encare e desborde ó porteiro, e se meta na porta tranquilamente co balón.Iste foi un golpe duro prós locais;contra finais da primeira parte foron os nosos mellores minutos ,intensificamos as chegadas con internadas de Moscoso e Manuel e un gran chut de Guerreiro que bateu co poste dereito.
Tralo descanso a SD votouse arriba pero sin crear perigo a unha nosa defensa hoxe moi seria e fumos xogando con moito tino e cabeza ata que no minuto 61 unha gran xogada de tiraliñas , primeiros toques e paredes:Moski a Manu ,este aquel e ,xa na área ,Moski vaise de todos por velocidade e asiste a Ibán que aparece só polo segundo pau e empurra a pracer.Esto acabou coa resistencia dos mariñáns que non encontraron vias de entrada cara nosa porta.O partido rematou definitivamente no 80´cun balón en profundidade a Moski,galopada cara a porta e vaise do porteiro no man a man e acada un 0-3 que compreme un pouco mais a loita polo terceiro posto,ata catro equipos en expectativa dun O Páramo,.segundo, que parece abrir fenda.
TABOADA CF 4-RIOTORTO 0
Rios,Roi,Victor,Alex,Marcos Feás,Pablo
David,Dami,Andresiño,Moski,Emilio
Riotorto CF O once do Riotorto é, de esquerda a dereita, de pé: Cupeiro, Martín, Ramiro, Alex, Dani e Christian. Agachados: Moreno, Lourido, Tontxu, Chino e Rubén
Fabri,Txiqui,Ibán,Nico,Isma
Saida en tromba hoxe do Taboada CF,consciente das suas posibilidades,amosando ambición e a gran profundidade de plantel da que dispón Emilio.Desde o primeiro minuto coas nosas grandes virtudes velocidade e futbol combinativo volcámonos sobre a meta riotortense.Xa no minuto tres tras unha internada fulgurante de Moscoso,que o fai plantarse diante do porteiro e esquivalo pra asistir e que a meta Daniel Rios ,no primeiro do seus tres goles da súa magnífica e rentable tarde.Neste asedio constante da primeira media hora sobresairon outras ocasións claras coma unha xogada do xa lexendario capitán Emilio a que non chegou por ren Andresiño.O Riotorto tamén deu arrestos de calidade e de que non merece tar ahí,pero de novo estivemos ben en defensa e moi ben Roi( que sacou un balón contra o final nun man a man impresionante).Contra o 40´ íase Moski cara o gol coa sua aparente facilidade e incacesibilidade pras defensas rivais as que non lles queda outra que derrubalo,esta vez sobre a frontal,e costándolles a eles un expulsado,ainda que de cara o marcador non trouxo consecuencias.A superioridade si trouxo tranquilidade pra afrontala segunda parte pero o Riotorto non foi menos rival,e cumpliu máis ca dignísimamente,repregándose e tentando sair a contra, e non voltamos a mostrar superioridade máis que no tramo final cando mermaron fisicamente e nos medramos en tódolos aspectos .Sentenciouse o choque no 70´ balón que rouba o omnipresente Emilio e dalla o pasillo a Rios que cunha galopada rapidísima plántase diante do porteiro e resolve cunha tranquilidade pasmosa. Só tres minutos despois novo xogadón de Emilio que se vai por pernas e con calidade de dous defensas e asiste no segundo pao a Rios que completa un partido redondo.No minuto 88,unha internada de Fabricio e cortada coa man por un defensor dentro da área,o penalty transformouno o Txiqui.A fe o espíritu gañador desta equipa tiveron unha recompensa tamén na táboa,pois pódese decir que o empate do Páramo,e as derrotas de Bóveda e Ferreira abren portas a ilusión,ainda que neste paquete de medidas inclúense tamén dous que fallan pouco Pastoricense e Outeiro. O tramo final vólvese apaixoante.
Ola de novo! Vouche "coller prestadas" unha vez máis as fotos do partido. A do once inicial do Riotorto non a terás nun tamaño un pouco máis grande? Se é así, poderías enviarma a riotorto2005@hotmail.com?
ResponderEliminarO once do Riotorto é, de esquerda a dereita, de pé: Cupeiro, Martín, Ramiro, Alex, Dani e Christian. Agachados: Moreno, Lourido, Tontxu, Chino e Rubén
Saúdos