BERTAMIRANS F.C. 3-TABOADA CF 1
O Bertamiráns presentou un once con: Dani Perez,Jacobo;Gemelo,Otero,Chema,Hector,Seoane,Ivan,Alex Blanco,Pablo,Jesus Sainz
Un once pra Histoira:Pablo,Rios,Guerreiro,Basán,Roi,Ibán
Nico,Marcos,Manu,Emilio,Poyán
O Marquiños ,que acadou un golazo histórico
Non foi o debut agardado por todos,mais que nada polo resultado,pero polo xogo despregado en certas fases do partido,sobre todo co resultado en contra volvemos ver o Taboada CF que da gusto ver xogar,e que nos fai concebila esperanza que imos ver grandes tardes de futbol e non imos ser uns convidados de paso ,e foi lástima que cando rondamos o empate nunha clara ocasión de Moski,na seguinte xogada chegou o 3-1 definitivo .
O partido no seu primeiro tempo foi moi anodido,o típico de principios de tempada : moita brega,moita especulación sin profundidade nin ocasións,bastantes nervos pola nosa parte,nun campo que tampouco nos era moi favorable polas suas dimensións e moita presión por parte deles .No segundo tempo o partido cambiou por completo,os aurinegros na primeira chegada que tiveron acribillaronnos cunha triple ocasión donde Roi foi o gran salvador ata en duas ocasións,con grandes paradas,na última o balón sacouno a córner.E nese lanzamento dende o curruncho chegou o 1-0 obra de Otero.Inmediatamente quixemos contestar e estivemos a piques de acadar o empate no noso primeiro lanzamento entre os tres paos,foi Rios dende a frontal pero Dani Perez realizou unha intervención de mérito.Pero as cousas non estaban pra nós e no dez da segunda o balón na nosa área bateulle a Poyán na man cando tentaba apartar o brazo,o árbitro non viu a involuntariedade e decretou penalty,que lanzou Alex Blanco ,o mellor deles ,pero Roi nunha gran estirada adiviñoulle as intencións e atallouno pero Seoane recolleu o rexeite e conseguiu o 2-0.Quedaba moito e fumonos con descaro o ataque,tratando de recoller algo positivo.E vai que si: no 58 nunha gran xogada de Guerreiro foi culminada cun golazo pola escadra de Marcos.A partir de acó fumos os domiñadores do encontro,e fumos o Taboada que todos coñecemos,e estivemos pertísimo de acadar a igualada,como dixemos,se Moski tivera un chisco de fortuna cando lle roubou a carteira a Gemelo e Dani Pérez. Sorte que si tivo Alex Blanco perante Roi só un minuto máis tarde e acadou o 3-1-Faltaban dez minutos e ainda que tentamos recurtar xa non demos creado ocasións.
O Bertamiráns presentou un once con: Dani Perez,Jacobo;Gemelo,Otero,Chema,Hector,Seoane,Ivan,Alex Blanco,Pablo,Jesus Sainz
Un once pra Histoira:Pablo,Rios,Guerreiro,Basán,Roi,Ibán
Nico,Marcos,Manu,Emilio,Poyán
Andresiño,Txiqui,Antón,Alex,Isma
Non foi o debut agardado por todos,mais que nada polo resultado,pero polo xogo despregado en certas fases do partido,sobre todo co resultado en contra volvemos ver o Taboada CF que da gusto ver xogar,e que nos fai concebila esperanza que imos ver grandes tardes de futbol e non imos ser uns convidados de paso ,e foi lástima que cando rondamos o empate nunha clara ocasión de Moski,na seguinte xogada chegou o 3-1 definitivo .
O partido no seu primeiro tempo foi moi anodido,o típico de principios de tempada : moita brega,moita especulación sin profundidade nin ocasións,bastantes nervos pola nosa parte,nun campo que tampouco nos era moi favorable polas suas dimensións e moita presión por parte deles .No segundo tempo o partido cambiou por completo,os aurinegros na primeira chegada que tiveron acribillaronnos cunha triple ocasión donde Roi foi o gran salvador ata en duas ocasións,con grandes paradas,na última o balón sacouno a córner.E nese lanzamento dende o curruncho chegou o 1-0 obra de Otero.Inmediatamente quixemos contestar e estivemos a piques de acadar o empate no noso primeiro lanzamento entre os tres paos,foi Rios dende a frontal pero Dani Perez realizou unha intervención de mérito.Pero as cousas non estaban pra nós e no dez da segunda o balón na nosa área bateulle a Poyán na man cando tentaba apartar o brazo,o árbitro non viu a involuntariedade e decretou penalty,que lanzou Alex Blanco ,o mellor deles ,pero Roi nunha gran estirada adiviñoulle as intencións e atallouno pero Seoane recolleu o rexeite e conseguiu o 2-0.Quedaba moito e fumonos con descaro o ataque,tratando de recoller algo positivo.E vai que si: no 58 nunha gran xogada de Guerreiro foi culminada cun golazo pola escadra de Marcos.A partir de acó fumos os domiñadores do encontro,e fumos o Taboada que todos coñecemos,e estivemos pertísimo de acadar a igualada,como dixemos,se Moski tivera un chisco de fortuna cando lle roubou a carteira a Gemelo e Dani Pérez. Sorte que si tivo Alex Blanco perante Roi só un minuto máis tarde e acadou o 3-1-Faltaban dez minutos e ainda que tentamos recurtar xa non demos creado ocasións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.