SONEIRA SD 3-TABOADA CF 1
o Soneira SD perentou un once con Cheli,Pichi,Fran,Maikel,Sito,Mayor,Mackaay,Dario,Toni.Oscar:Tamén estaban no banco Javi,Victor,Figueroa,Ivan,Michel.
Roi,Diego Poyán,Pablo,Guerreiro,Nico.Ibán
Ruben Moscoso,Alex,Emilio,Marcos,Basán
Txiqui,Manuel,Damián,Ismael , Andresiño e Emilio
Pois foi que non fixemos un bo partido no Municipal de Vimianzo,ainda que deixamos momentos e destellos de gran calidade quedaron nesa fugacidade e en lineas xerais superounos o Soneira SD,que con dous goles dos chamados psicolóxicos abriu unha fenda que cando quixemos recurtar xa non demos chegado.Tralos primeiros minutos de tanteo os locais avisaron cun lanzamento de falta de Babá e unha xogada individual de Mackaay.Logo pasamos por unha fase na que nos fixemos co control do mediocampo e non pasamos excesivos apuros atrás ainda que tampouco brilabamos arriba.Estaba a ser un partido que lembraba o de Sada ,fai quince dias.Logo de duas faltas o nosos dous centrais Pablo e Basán viron dous cartóns rigurosos que o mellor condicionaron a nosa actitude defensiva e o Soneira fixose co mando do encontro baseándose na velocidade arriba de Dario,Toni e sobre todo Mackaay.Contra o final do primeiro tempo xuntouselle este dominio o troco obrigado de Marcos,que éstaba a xogar mancado dende o 10´ e cando so faltaban uns segundos pro descanso un balón en profundidade sobre Mackaay,este contrólao quebra o marcador e centra sobre a liña pra que marque Dario a prazer.
A volta dos vestiarios e sin dixerir o primeiro minuto chega unha xogada similar esta vez co protagonismo de Toni que controla e asiste pra que Oscar tamén sin oposición acade o 2-0.Era moito o golpe e un excesivo castigo,pero tivemos arrestros pra seguir loitando ata o final,e ista é a lectura positiva que debemos sacar do encontro.O Taboada CF foise arriba e tentamos encerrar os locais que só sairon logo as contras.Tivemos certa recompensa o noso empeño:un gran pase de Poyán recolleo en primeira instancia o Guerra o seu disparo é blocado por Cheli,o rexeite recolleo Moski que encara de novo o cancerbeiro,que desta erra e derruba o noso atacante;penalti que transforma Guerreiro.Transcurria o 55´e quedaba partido;nesta fase estivemos moi cerca de acadar a igualada,pero xa tiñamos que xogar con certos riscos.Eles nunha contra no 73´ provocaron un penalti sobre Toni que non" xulgamos" e que Mackaay se encargou de transformar.Ainda así non nos entregamos e Guerreiro por moi pouco marrou nun cara a cara con Cheli no que era unha clara ocasión.En outras duas brilantes accións de Poyán e Moski tamén puxemos en apuros a defensa local pero a festa non estaba pra nós e os puntos quedaron na casa. E máis ren, a semana que ven :TABOADA CF-S.D.C GALICIA MUGARDOS.
TABOADA CF 4-SD DUBRA 2
O plantel,no nome de todo o equipo,directiva e afeizón dándolle azos e todo seu apoio e cariño a Alberto lesionado de gravidade a semana pasada
O TABOADA CF : Pablo, Roi,Guerreiro,Nico,Ibán
Basán,Poyán,Marcos,Emilio,Mosqui,Fabri
o once da SD Dubra: Manuel,Roberto,Daniel Becerra,David,Canedo,Liñares,Leites,Adrian Mato,Dani,Kilo,Luis
Victoria moi importante a acadada hoxe na Medela,moito.Cada pequeno paso e moi importante,vendo como hoxe o moito que custa,de diante de rivais con moita entidade e calidade.O de hoxe foi un partido moi aberto,con moitas alternativas ,con moitas ocasións,con xogadas de moita calidade e sobre todo moita pelexa e moita entrega.Ámbolos dous equipos sairon a por todas dende o principio e nós ainda que non estabamos a ter a continuidade doutras tardes,entre outras cousas por que o rival xogaba ,e ben,amosamos que os partidos sobre todo na casa xóganse ata o final,e fisicamente tamos ensinando un traballo descomunal a altura da categoría.A primeira ocasión foi da Sd Dubra, unha falta de entendemento entre Ibán e Roi,propiciou que Dani se fixera cun balón que ainda que estaba moi escorado foise o pao.Pouco despois foi o Guerra quen puxo en apuros a Manuel quen coa sua gran estirada sacoulle o gol ó que ia ser o protagonista principal do partido.Logo en senllos corners tivemos duas moi boas ocasións unha delas sacouna Canedo baixo paos.Neste impas do encontro Fabricio volveuse mancar,completamente só volvese esguinzar o xoenllo;pese a que voltamos a recuperar efectivos, como Manu hoxe,as lesións volvennos marcar ; se o fin de semana Alberto caia lesionado de gravidade,durante a semana David Montes voltaba recaer, e hoxe o Fa.Pero temos que medrar na adversidade,coma hoxe.E así ,no 27´: boisima internada de Moski que lla deu a Guerreiro,que entraba libre de marca no segundo pao, para que anotase a prazer o 1-0 .A ledicia non nos ia durar moito pois o colexiado non dubidou en decretar penalti un balón que lle bateu a Alex no brazo,que nin siquera discutimos.David encargouse de materializalo.Esto fixo que os visitantes se viñesen arriba e dispuxeron de duas ocasións case consecutivas unha de Luis e outra de Dani,ámbolos dous moi activos toda tarde.
A volta dos vestiarios este dominio dos dubreses fixose máis intenso e trasladouse o marcador co 1-2,unha rapísima contra levada a cabo por Luis no 56´,converteuna este mesmo en gol cun disparo durísimo diante da saida de Roi.Este gol fíxonos reaccionar e pouco tardamos en igualar,no 62´ Moski foi derrubado dentro da área e o penalti conseguinte encargouse de materializalo Guerreiro cun disparo axustado e fortísimo,imposible pra Manuel.
No min. 70´ Vicente por parte visitante marraba unha clara ocasión só e baixo do marco nunha gran xogada de Luis,moi activo toda tarde.este erro debeu facer mella no propio Vicente ,que uns minutos mais tarde agredía incomprensiblemente a Ibán e foi expulsado.Pese a quedarse cun menos a SD Dubra non se arredou,máis ben todo o contrario envalentonouse e quixo pornos en apretos cunha forte presíón.Nós decidiramos pasar a unha defensa de tres con Basán no mediocampo.Tivemos que sacar cun apuros algún balón ,pero o cambio de estratexia acabou por telo seu efecto : no 83 ´un balón a banda pra Moski quen cunha rapidez endiañada desfai a sua defensa e cun pase atrás sobre a liña de fondo asiste a Guerreiro para que fusile o 3-2.No 90´ máis do mesmo nova internada por banda dereita do omnipresente Moski coa sua velocidade letal ,volve funcionar o Eixe de Arxiz, pasa a área pequena e alí xurde o xenio e a figura de Guerreiro,o lexendario guerreiro ,faise co balón vírase e desfaise dun defensor ,un novo quebro e desfaise doutro defensa en cara ó porteiro e bateo sin darlle opción.Era o seu cuarto gol e o fin do encontro.
A próxima saida Vimianzo contra SONEIRA o próximo fin de semana.
SPORTING SADA 1-TABOADA CF 1
O once do Sporting Sada que aliñou a Adri,Hugo,Javi Calvo,Charli,Abel,Miguel Angel,Gabi,Moreiras,Miguel Taibo,Carlos Vigo,Pablo Regueiro. tamen estiveron no banco Martín,Dani Rey,Edu,Adrian Vázquez e Cristobal
O Taboadiña que onte estreaba a segunda equipación desta tempada,xogaron no once titular Guerra,Roi,Basán,Nico,Pablo,Iban,Dami,Emi,Mosqui,Poyán e Marcos
tamen xogaron Javi,Andresiño,Alberto,Fa e Txiqui e logo Antón e Emilio
Certamente foi o primeiro punto da tempada a domicilio,tamén é verdade que soupo a pouco pois tiñamos a victoria moi perto cando se nos escapou faltando moi pouco para finalizalo encontro e despois dun pequeno cúmulo de infortunios,en especial trala grave lesión de Alberto,para quen desexamos todos unha pronta recuperación.
Nos primeiros compases do partido,os locais impuxéronse cun maior control do esférico e dotando o partido dun ritmo moi alto,ó cal non lle perdemos a cara,mantendo tamén unha gran seguridade e o orde defensivo,quizais coma nunca na tempada .Ámbolos dous equipos facian un gran desplegue físico especialmente no medio campo;alí eles movian mellor a pelota,nos tratabamos de roubarllela e sair en rápidas contras .O seu primeiro achegamento foi un disparo fortísimo de Miguel Angel no saque dunha falta.;deste xogador salía o traballo creativo do Sporting,que en lineas xerais amosaba unha gran calidade técnica a pesares da sua xuventude.Foi Gabi quen volveu inquedar a Roi no ecuador do primeiro tempo estrelando o balón contra o lateral da rede.Un anaquin máis tarde Gabi de novo culminou unha xogada espectacular,falta ensaiada ,pase de Miguel Angel porriba da barrera a aquel que culmina cunha volea que se foi a esquerda da cruceta.Este domino na iniciativa dos sadenses quizais baixou trala lesión fortuita de Pablo Regueiro,que abandonou o terreo de xogo cunha rotura de fibras.A pesares que nos de cara arriba non estabamos a ofrecer moito, pois faltabanos a inspiración tralo último pase,o fio do descanso enfiamos con finura:internouse Emilio pola banda dereita prolongouna a Moski que se desmarcou hacia punto de penalti e alí elevou por encima do meta Adri.0-1 e a vestiarios.
Na segunda metade co marcador a favor o partido deu un volco importante,empezamos a ter o balón e dominar o control do partido,e empezamos a chegar con máis con moito mais perigo e así chegaron senllas ocasións case consecutivas de Basán,nun saque potentísimo de franco directo, Marcos cun disparo raso dende a frontal e Guerreiro tamen dende o semicírculo da área.Os locais perderon a intensidade e frescura do primeiro tempo e os seus ataques menos perigoso e mais directos resolvemolos con solvencia.A falta de oito minutos empezouse a complicalo encontro,Alberto que entrara por un Pablo apercibido con tarxeta,fixo un mal apoio e foiselle o xeonllo,e tivo que sair mancado de gravidade.Tívose que reestructurar a liña defensiva e o medio campo.Tres minutos mais tarde o Sada, que xa atacaba a deseperada ,colgou un balón dende o medio chegando a área rematando alí cun gran testarazo Miguel Taibo,ex xogador do Cerceda,diante do cal Roi nada poido facer.Nos últimos minutos pelexamos pola victoria pero quedámonos sen tempo.
O Taboada sigue amosando non ter medo a categoria,competindo e poñendo en moitos apuros os rivais,manifestando a sua extarordinaria calidade técnica e estando altura física da categoria,falla a sorte e concretar nunhas victorias consecutivas que den un ánimo necesario,sobre todo pola praga de lesións que nos asolan :Victor ,Montes ,Osoiro,Rios e agora Alberto.
O próximo fin de semana voltaremos A Medela :TABOADA CF -DUBRA SD
TABOADA CF 0-CF DUMBRIA 0
Roi,Poyán,Guerra,Nico,Pablo,Iban
Alex,Mosqui,Marcos,Emilio,Basán
O CF Dumbria presentou un once con Juan,Tantan,Carreira,Aaron Fdez,Pablo Conde,Aaron Lopez,,Brais ,Piri,Jesús,Iago, e Pablo.No banco de reservas quedaron Ivan ,Sergio (p.s) Cacho,Leo e Tati
Tixiqui,Dami,Alber,Andresiño,Isma,Antón e Emilio
Chegar a casa e ver que ainda hai ben xentiña que se preocupa por como quedaron o Taboada e o Dumbría, a hora que se xoga un BarsaMadrí ,non hai cartos que o paje.Visto con modo grosso merecemos máis con empate,a saberes os tres puntos,pero negro en col de branco hai que dizer que voaron outros dous puntiños da Medela;e todo hai que suliñalo diante dun gran equipo da Preferente,serio ,ordeado,ben colocado no campo coas ideas moi claras defensivamente pero moi especulativo de cara diante.Non obstante o partido empezárono eles moi forte : roubo potentísimo de Brais ,que se foi por velocidade por banda para asistir a Pablo,que rematou sin precisión;nos contestamos inmediatamente,falta sobre Guerreiro sobre a frontal ,que este mesmo se encarga de executar coa sua finura e precisión de cirurxán,quixo o detalle que se fora lambendo a cruceta por fora.No minuto oito unha falta lateral dos da Costa da Morte non topou rematador e foise perto do segundo pao.Dous despois ,unha falta semellante nas antípodas do campo o noso favor sacou na o omnipresente Guerra e Marcos remachou alto.Despois pasamos por un impas de mediocampismo,sin un dominador claro do balón.Escomenzaron a romperse a hostilidades a partires do 22´ e foi Ruben Moscoso,quen se non,cunha incursión das suas ,a Saeta de Arxiz foise de todos sin avisar ,ata do seu cancerbeiro Juán,pero o irse deste quedouse sin ángulo e o balón foise o lateral da rede.Aos tres minutos Guerreiro iniciu o seu primeiro gran slalon,pero nesta ocasión acabou por perder o balón.Estaban a ser os nosos mellores minutos e empezamos a gustarnos e chega a mellor ocasión do partido:poderosa internada de Iban ,que o fai todo ben, logo depercorrer media liña de fondo centra con mestria para que Basán ,libre de marca, pero coa chegada forzada na área pequecha, envie arriba do longueiro.O CF Dumbria contestou presto, por medio de Brasis puxo en apuros a Roi,pero este,que estivo segurísimo toda a tarde,chapou ben.Neste minutos finais do primeiro tempo acabamos de impoñer o noso dominio,seguros en defensa e chegando con perigo a área coruñesa.
O segundo tempo comezou como rematou o primeiro :Poyán foi o primeiro en mandar un recado cunha boa volea que se foi fora por ren.Os 49´ Mosqui nunha internada marca da casa facía pasar apuros a zaga visitante.Os seis minutos Guerreiro repetia un lanzamento de golpe franco na frontal,pero a sorte non estaba hoxe do seu lado e os balóns marchábasanselle por un fio.O pouco outra nova aparicion sua parecia que ia facer estragos na sua defensa ,zigzaguea dentro da área,vaise de un ,de dous pase da morte atrás ,pero non atopa rematador.Estabamos encerrándoos ,e o adestrador fisterran José Lopez decidiu mover fichas:deu entrada a Leo que lles deu algo mais de mordente en ataque e así, tiveron ,faltando quince minutos, a ocasion máis clara nos pés de Pablo,ainda que o arbitro a instancias da auxiliar invalidaba a xogada por fora de xogo.Nos contestamos de inmediato coa enésima incursión de Mosqui que acaba cun lanzamento de Marcos.De acó o final máis do mesmo: bo xogo local ,pero os nosos arreóns estrelábanse contra boa seguridade defensiva visitante.
Agora toca rendir visita a terras coruñesas, a Sada , contra o Sporting Sada,partido adiantado a xornada do sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.