No nome do Txiki.Grazas por estar sempre con Nós.Hoxe Si
CF DUMBRÍA 0-TABOADA CF 1
Roi,Poyán,Guerra,Dani Rios,Basán,Javi
Pablo,Manu,Fabri,Rubén,Moski
Victor,Damián,Alex,Isma,Ibán,Emilio
Gran victoria a colleitada hoxe no campo do Couco en Dumbria diante dun dos equipos da zona alta.Xa non só foi bó o resultado senón a maneira de conseguilo,pois demos unha gran imaxe xogando sempre de cara arriba e sendo moi sólidos atrás ,sen concederlle o rival ocos ,e ainda que despuxeron de ocasións non deixamos que nos inquedaran en demasía.Durante a primeira media hora marcámola pauta do partido ,xa impuxemos o dominio do esférico e exercémolo control do medio campo;non embargantes ainda que chegabamos moito a área dumbrián non o faciamos con perigo.Só dous disparos lonxanos de Guerreiro fixeron intervir a Juan.Pola contra eles viron moi de lonxe o marco de Roi,moi incomodados pola nosa presión xa dende inicio da sua liña de creación.Iso si, a súa única ocasíon do primeiro tempo foi a máis clara e estivo nos pés de Piri,pero desbaratouna un moi atento e rápido Roi.Tras desta ocasión fumos nós que nos achegamos con perigo nun remache frouxo de Guerreiro e nun libre indirecto, xusto sobre a frontal, de Basán.Con estas boas sensacións do primeiro tempo voltamos comezalo segundo .Froito da presión arriba voltamos xerar ocasións e nunha destas Rios asistiu ó oco a Poyán que definiu magníficamente no cara a cara con Juan,era o minuto 49 ,0-1 que a posteriori resultou definitivo.Tralo gol producíuse unha esperada reacción local,que foi máis co corazón que coa cabeza pois apostaron máis por un xogo directo diante do cal soupemos impor unha gran seguridade e orde defensivos, ó tempo que tratabamos de sair en rápidos contragolpes .Así despuxemos das mellores ocasións da segunda metade en contras finalizadas por Rios ,e Poyán , que tentou sorprender dende lonxe o seu gardavallas que estaba adiantado,e tamén Moscoso ,que chegou ata liña de fondo e o seu disparo percorreu o rente da liña de meta pero suspirou pertísimo do segundo pao.Eles só nos incomodaron en un par de faltas laterais que ben a defensa ,ben Roi sacaron sen moitos apuros e no último minuto unha falta frontal que se estrelou coa nosa barreira.Eran os últimos compases e sufrimos pola incertidume do marcador pero pagou a pena.A semana que xa entra ,logo do exilio de febreiro,adiantamos o partido na casa ó sábado 2 de marzo ,na Medela un importantísimoTABOADA CF-SPORTING SADA.Será a previa da festa que celebraremos máis tarde coa Cea da celebración do 40 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO TABOADA CF.Mañá luns 25 remata o prazo da retirada das tarxetas pra devandita cea.
RECURTES DE PRENSA:
EL CORREO GALLEGO
LA VOZ DE GALICIA
LA VOZ DE GALICIA ( CRÓNICA DO PARTIDO DOS XUVENILES)
SD O VAL 2-TABOADA CF 2
SD O Val .1 angel,2Miguel,3Alex Amil.4Eloy,5David,6Antonio,7Sampedro,8AlexAres,9Sueiro,10Popo,11Davicito.No banco dos non titulares estaban 12Gordillo,13Diego14Borja,15Alex López 16Rañales.
Javi,Dego Poyán,Roi,Pablo,Guerra,Dani Rios
Emilio,Mos,Nico,Alex,Basán
Rubén,Dami,Manu,Isma,Antón, Emilio ,Fabri e Txiki
Despois dun comezo frustante soupemos rescatar un punto que nos ten que dar esa moral que por méritos se nos ten que levantar logo de tanto percance e golpes baixos deportivos,sobre todo plasmados en lesións pero que tamén en vermonos desasistidos por esa romana da xustiza que non se acaba equilibradando cara o noso lado por contrapeso que poñamos.Certo é que no primeiro tempo non fixemos méritos dabondo e estivemos a mercede dos locais e fumos victimas especialmente da figura da estrela da Sd O Val de Narón, Gonzalo Sueiro,que simplemente estivo soberbio,amosando a clase que posuia xa en 2ªB o ex do Racing de Ferrol,ainda que sempre ben asistido por Sampedro e Popo no enganche .O partido non puido comezar peor antes do pitido inicial e no quencemento perdemos outro home ,Fabricio que ía ser da partida comezou a sentirse mal ,con molestias gástricas e tivemos que replantexalo encontro con Alex no lateral.Durante o primeiro tempo non estivemos cómodos no campo,mérito tamén dos locais,moi ordeados,con moita presión e velocidade.Os cinco minutos unha perdida de balón fixo que Antonio asistise ó oco a Sueiro que resolveu diante de Roi cunha sútil vaselina.Ata o minuto 20 pareceu que estabamos tocados e non aparecemos en ataque:Daquela apareceu Rios que disparou a queimarroupa salvando os mobles Angel e logo Poyán disparou tamén dende moi perto arañando o pao no que foi unha moi grande ocasión.No min. 28 Moski quixo prolongala de cabeza porriba do porteiro pero este estivo moi áxil pra deter o balón.Cando parecia que nos sacudiamos a presión local chega unha boa xogada deles no 32´ cun centro lateral de Sampedro que lla pon nos pés a Davicito que asiste según lle cae a Sueiro que bate con tranquilidade a Roi a pao cambiado.Uns segundos mais tarde Mos tivo o 2-1 pero Angel estivo espléndido.No min. 44´ voltou repetirse a mesma xogada cos mesmos protagonistas e Angel voltou ganarlle a partida o Mos.No segundo tempo cambiaron as tornas e o dominio foi completamente noso salvo a algunha ocasión illada dos ferroláns.Remontamos ese difícil marcador adverso e merecemos a victoira.No 49´ Pablo a saida dun córner acadou o 2-1 cun certeiro e potente remate de cabeza.No minuto 60 tivemos o empate nun centro-chut de Guerreiro que foi bater contra o pau ,o rexeite a piques estivo de enchufalo un hiperactivo Mosqui.No 65 vimos premiados a fé ,o empuxe e o traballo pois estabamos a vaciarnos fisicamente .nun saque dun libre indirecto lateral botado polo Guerra remachouno coa testa Diego Poyán.Tivemos a victoria moi pertiño primeiro cun remate do Guerreiro e logo con outro de Dani Rios,que se virou magníficamente e perfilou porta de seguido facendo intervir o excelente gardavallas local.Logo o Mos, que se saliu e vaciuse hoxe, non tivo o premio do gol nun man a man con Angel.A penúltima foi no 85´ de novo Poyán ,que completou un partido pra enmarcar, tivo na cabeza o 2-3.Sobre a bocina Basán remachou outro córner pero o balón foise a esquerda da porta do Val.O próximo fin de semana rematamos este febreiro viaxeiro en Dumbría , a ver se a sorte non nos segue sendo esquiva. O domingo 24,senón hai "novedá", CF DUMBRÍA-TABOADA CF
Recurtes de Prensa: El Correo Gallego
El Taboada saca petróleo del balón parado para igualar un 2-0 fuera de casa
ADG
| |||||||
Taboada: Roi, Álex (Damián, min.90), Basán, Pablo, Javi, Nico (Rubén, min.46), Poyán, Guerreiro, Ríos (Manuel, min.85), Mosqui y Emilio.
Árbitro: Sánchez Rojo (A Coruña). Mostró cartulina amarilla a los locales Miguel, Eloy, Antonio, Davizito y Gordillo, y a los visitantes Álex, Pablo, Nico, Mosqui, Damián y Manuel.
Goles: 1-0,min. 6: Sueiro; 2-0, min. 35: Sueiro; 2-1, min. 55: Pablo; 2-2, min. 65: Poyán.
Campo: Sinde. 100 espectadores.
El Taboada logró un meritorio punto en un choque que se le puso muy cuesta arriba y al final logró un empate gracias a la relajación local y el empeño que le pusieron los jugadores de Emilio García.
<a href='http://quiosco.elcorreogallego.orbyt.es/'>Más informaciçon en Orbyt y El Correo Gallego</a>
El Progreso
La Voz de Galicia
SILVA SD 3 -TABOADA CF 0
Once titular do Club Silva Sd : 1 Dani Rey, 2Saúl,3Cano,4David,5Juan,6Bruno,7Dorrego,8Uzal,9Jony,10Diego Lois,11Bambam
Pablo,Roi,Rios,Guerreiro,Nico,Ibán
Javi,Manu,Basán,Mosqui,Poyán
Fabri,Rubén,Damián,Victor,Isma
Non nos saiu hoxe un bo partido en Meicende Grande.A única boa nova foi que voltou a unha convocatoria despois de 9 meses Víctor,e que Rubén dispuxo dos seu primeiros minutos en Preferente.Non tiñamos os pes no chan e xa se puxeron eles por diante,primeira xogada ,primeiro córner e remata Saúl o fondo das redes .1-0,non se cumprira o primeiro minuto.Outras tardes probablemente o houberamos levantado pero hoxe foi unha lousa moi pesada.Non encaramos a porteria rival coma outras tardes ,nin atacamos o balón como esixen os céspedes artficiais.Fumos chegando lenta e timidamente a portería local.As primeiras chegadas febles tiveron coma protagonistas a Manuel e Moski.O fio da primeira media hora tivemos a primera gran ocasión de equilibrar a contenda nun mán a mán que tivo Rubén Moscoso con Dani Rey pero este tapou moi ben co corpo tódolos ocos.Pouco despois foi Guerreiro a quen selle presentou a ocasión pero rematou frouxo.Co paso dos minutos fúmonos difuminando e o Silva amosando só un bo orde defensivo foinos afogando e non tivemos máis que outra gran ocasión contra o remate do partido nun balón que viña centrado por Moski e que non deron rematado nin Rios nin Fabri .O resto do segundo tempo todo fora un querer e non poder,.O Silva rematounos no minuto 84 logo dunha xogada de erros propios da que se aproveitou Diego Lois pra acadar o 2-0.No último minuto do desconto Paredes infrixiunos un excesivo castigo co 3-0. Hai que levantarse e rexurdir, non queda outra.Agora vennos un pequeno descanso pra ir visitar dentro de quince dias ,o 17 de febreiro a comarca de Ferrol :SD O VAL-TABOADA CF.
recurtes de prensa:
EL CORREO GALLEGO
Brillante estreno del Silva en Meicende Grande
ADG
| |||||||
Silva: Dani Rey, Saúl, David, Iván Fernández, Cano, Bruno, Uzal (Paredes, min. 83), Bam Bam (Liñares, min. 73), Diego Lois, Dorrego (Isaac, min. 60) y Jhony (Suso, min. 55). Taboada: Roi, Ibán (Víctor, min. 59), Basán, Pablo, Javi (Fabricio, min. 76), Nico, Poyán, Moscoso, Guerreiro (Damián, min. 90), Manuel y Ríos. Árbitro: Rodríguez Pérez (Santiago). Amonestó al visitante Poyán y a los locales David, Bruno, Suso e Isaac. Goles: 1-0, min. 2: Saúl. 2-0, min. 85: Diego Lois. 3-0, min. 92: Paredes. Campo: Meicende Grande, 200 espectadores. |
El Progreso
Depor Sport
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.