domingo, 2 de febrero de 2014

febreiro




23/02/14
RIOAVESO MACHINANGO 3-TABOADA CF 5
                                   1Marcos,2 Vitiño,3 Roberto Carlos,4 Basi,5  Iago,6 Alfonso,7 Oscar,8 Pernas,9 Seco,10 Carlos,11 Antón, 13 Dani,14 Manolo,15 Iván Rey
                                                                             

                                    Dani Rios,Nico,Diego Poyán,Roi,Guerreiro,Basán
                                    Javi,David  Montes,Marcos,Alex Ratón,Jacobo.






         Iago Montes,Isma,Alex Rodríguez,Emi,Alber,Emilio
                        Vibrante encontro o vivido hoxe sobre o cespede  do campo artificial de  A Madalena (Vilalba) sobre todo de cara o espectador , ben seguro non tanto do gosto dos entrenadores.No guión do mesmo fixemos un destacado papel agás nun breve periodo durante a segunda parte,  cun  0-4 a favor,intres nos que o mellor nos relaxamos en exceso e houbémolo pagar moi caro senón fora que co lume na cara soupemos enmendalo volvendo poñer cada cacho de  carne  e levándonos finalmente un partido que nunca se nos podía ter escapado.O partido comezou con alternativas e chegadas  ás duas áreas ,os locais parecían ter presa por marcar  e colgaban balóns na área, ó pouco Oscar puxo en apretos  a Roi.Contestou pronto Marcos que cun gran control quedaba só diante do seu tocaio chairego pero o remate foise lambendo o pao.Despois pasouse por un periodo de calma no que o máis salientable foron unhas protestadas máns na área local e unha caida de David Montes tamén reclamada .Nesta fase fúmonos facendo coa posesión da pelota e os  nosos achegamentos foron cada vez máis perigosos.No 36 ,xogada chave,magnífica   asistencia de Marcos a Guerreiro que o deixa completamente só diante do outro Marcos e no mán a mán bateo coa sua mestría  cada dia máis cerca da mítica.Eran os nosos mellores intres que se confirman no 43 cunha doble ocasión dentro da mesma xogada no que o Guerra primeiro e Marcos despois non dan perforado a meta chairega.Pero reivindícanse despois no minuto 45,cun pase en profundidade de Guerreiro pra Marcos que se vai con velocidade pola esquerda pra asistir sobre o punto de penalti a Dani Rios que fusila a prazer e acada o 0-2. O segundo período comezou do mesmo xeito co que acabara o primeiro co Taboada levando a iniciativa e xogando con brilantez así no 48´ un pase picado de Guerreiro en profundidade pra Marcos culminabao este cun disparo cruzado a media altura,0-3. Era o premio para os dous que tiveran presenza en tódolos goles.Despois semellou que baixamos un pouco o ritmo e eles avisaron co seu primeiro achegamento nun remate de Oscar que saca Roi cos pés .Pero David Montes parecia diluir todo atisbo de reacción cunha tremenda cabalgada na que finalmente asistia a Jacobo  para que este fusilase tamén con tino,0- 4 ,minuto 57.Pero non tardou o equipo local en reaccionar ,só tres despois a saida dun corner o central Iago cun certeiro testarazo poñía o 1-4 e abríalles unha porta para seguir competindo .Froito deste  espíritu e da calidade de Oscar ,os locais metéronse no partido de cheo en dous minutos :no 67 ´ Oscar en xogada persoal e cun moi bó remate,inapelable pra Roi, poñia o seu equipo en perspectiva e no 69´, o propio Oscar cun tremendo zambonbazo nun libre directo que fixo abrirse a nosa barreira e entrou a media altura,revolucionaba o partido .Pra por máis tensión no encontro foi expulsado o noso  Marcos no 77, despois de ter unha clara ocasión pra lograr o quinto ,e prometíase un final complicado pero foi ahí cando se acabou a nosa relaxación e volvemos por intensidade ,e calidade e ocasións,con cambios que aportaron serenidade ,pelexa e contundencia.Asi fumos neutralizando todo o seu empuxe .Montes puido sentenciar no 83´,despois tivo lugar un longo desconto no que non perdemos a compostura e na última xogada un gran xesto de Roi,cun pase profundisimo e exquisito puxoa para Guerreiro que con espazos e nun carreirón ,o noso campeador entrou ata cociña cruzando o balón,outro gran gol pra enmarcar e  para acadar o 3-5 e por fín,sin dar lugar a máis. A semana  que ven  ,probablemente sábado por mor da Festa do Caldo de Osos, TABOADA CF -SDeC POLVORÍN
                                                                     CRÓNICA El Progreso
                                                           
                                                                                     
                                                                Clasificación
         
                                                                  Crónica de Fútbollucense.com
                                         

O Rioaveso estivo a piques de rozar a proeza

Rioaveso vs Taboada | perrobarrenhovello.blogspot.com.es
Rioaveso vs Taboada | perrobarrenhovello.blogspot.com.es

O campo artificial da Magdalena (Vilalba) viviu unha tarde de goles e emocións.
Rioaveso viviu unha tarde de tolos que case acaba con final feliz. O Taboada vencía por 0-4 ós 57 minutos e dez despois os locais estaban a 1 gol de empatar, e sen Labrada no banco, que por problemas de saúde tivo que abandonar o encontro.
Adiantouse aos 36 minutos o Taboada por medio de Guerreiro, que resolveu á perfección un man a man tras unha asistencia de Marcos. Os mesmos protagonistas participaron no segundo. Guerreiro asistiu en profundidade a Marcos, e este serviu para que Ríos no punto de penalti fusilara ao debuntante na meta chairega, Marcos.
Na reanudación Marcos facía o 0-3 tras un pase de Guerreiro e un disparo cruzado. Jacobo converteu o 0-4 tras unha xogada individual de David Montes, que asistiu para que o seu compañeiro fusilase a Marcos.
Pero nese intre o partido pegou un volco. Iago Dorado á saída dun córner fixo de cabeza o 1-4. Óscar puxo o 2-4 tras unha xogada persoal e un certeiro remate que non puido despexar Roi. De novo o mesmo protagonista fixo a falta de 20 minutos o 3-4 cun trallazo de falta. A falta de 15 minuto Marcos foi expulsado e o Rioaveso lanzouse a polo partido. Cando estaban todos os locais ó remate no último minuto nunha falta, Guerreiro aproveitou a contra para facer o 3-5.
O Rioaveso queda con 20 puntos en posto de descenso por arrastres e o Taboada con 42 a 7 do ascenso.
Rioaveso: Marcos, Vitiño, Roberto Carlos, Basi, Iago, Alfonso, Óscar, Pernas, Seco, Carlos e Antón. Tamén xogaron Iván Rey e Dani.
Taboada: Roi, Javi, Basán, Álex Ratón, Jacobo, Poyán, Nico, Guerreiro, Montes, Marcos e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Emilio e Iago Montes.
Goles: 0-1 (min. 35) Guerreiro. 0-2 (min. 44) Ríos. 0-3 (min. 48) Marcos. 0-4 (min. 57) Jacobo. 1-4 (min. 61) Iago Dorado. 2-4 (min. 67) Óscar. 3-4 (min. 69) Óscar. 3-5 (min. 89) Guerreiro.
                                                                     




















                                   
                                                                           








                                                            22/02/14
                                                TABOADA CF 4 -SD SARRIANA 4
    Jony,Dani,Alex Moure,Alexandre,Potente,Rubén
   Marcos López,Marcos García,Manu,Ivi,Aitor
                                 


     Acercarse a Medela e presenzar un partido dos nosos xuveniles é sinónimo de presenzar bó futbol salpimentado co seu esencial atrezzo ,é dizer, os goles .Oito se viron onte ,e de gran factura.Despois dun inicio fulgurante e dominio visitante adiantáronse estes no minuto 9 cun gol obra de Diego Diaz.Pronto o contrarrestamos cun tremendo gol de Ivi no minuto 14,cun gran disparo e moita clase poñia o 1-1.Só un minuto máis tarde asáltanos outro deses contratempos que nos fan perder puntos ó final ,na liña onde máis nos doe,neste caso foi a lesión de Marcos López, puntal da nosa xa ferida liña defensiva,na que quedan só dous defensores natos.Os problemas atrás poñemoslle remedio aportando calidade arriba,e moita .O partido voltouse taquicárdico ,sin pausa ,ocasións nas duas áreas .A efectividade aparece a partir da media hora ,no 30 Manute pon o 2-1,e no 32´cunha preciosa vaselina o 3-1 pero non conseguimos vantaxe ninguna por que  os visitantes en outros dous minutos equilibran a balanza .Roi e Iago poñian o 3-3 no minuto 33´ e 35´ respectivamente.Chegouse así o descanso pero o ritmo non decaeu ,na continuación só subiron dous tantos máis o marcador pero o resultado por ocasións puido ser de balonmán.Os goles que si subiron acadaronse outra vez en un minuto no 60 Termi pon o 3-4  e no 61´ Jony con outro golazo marca da casa pon o 4-4.O que acontezeu despois foi unha búsqueda continua da victoira por parte dos dous equipos ainda que ambos tivemos ocasións ,nós despuxemos de algunhas moi claras: duas de Jonathan Guerreiro,unha de Manute ,poidemos facer o quinto pero desta volta non chegou.A semana que ven último partido de Liga SD ANTAS-TABOADA CF.tentando mellorar a clasificación e agardando facer un gran papel na Copa.
                                                                                                       
                                                                                         












                                                                 16/02/14
                                                      TABOADA CF 0-ATLÉTICO ESCAIRÓN 1
                                                   



                         Roi,Basán,Dani Rios,Pablo,Ibán
                          Diego Poyán,Alex Rodríguez,Marcos,David Montes,Nico,Alex Ratón
                                1 Iago,2 Marcos,3 Ivan,4 Diego,5 Ruben Cidre,6 Aitor,7 Ruben Diaz,8 Marzan,9 Pandiani,10 Ivan Gonzalez,11 Denis, 12 Mikel,14 Montero,15 Moreiras,16 Fabio

                     Jacobo,Alberto,Manu,Guerreiro,Isma,Emilio.



  Encontro disputado de poder a poder no que ámbolos dous  equipos amosaron un gran nivel e que se decidiu na última xogada do primeiro tempo,no 45 logo dun balón en profundidade sobre Denis pola dereita que conduciu e adentrouse ata o vértice da área onde definiu cun disparo seco e cruzado que foi inaccesible pra Roi.Ata o de aquela o partido fora moi disputado con accións de perigo en ámbalas duas áreas as máis claras unha de Ruben Diaz por parte visitante e unha de David Montes e outra de Poyán polo bando local.Tamén houbo polémica por unha caida de Pandiani e por unhas máns na área do Escairón.Foi unha primeira parte moi vistosa e do agrado dos moitos espectadores que hoxe se acercaron a Medela pra presenciar o derbi.Na segunda saimos decididos na búsqueda do empate ,o partido non perdeu intensidade,ainda que non se viu un xogo tan brilante ,quizais influido por que o campo se foi poñendo cada vez máis pesado,por mor das incesantes  últimas choivas e foi maís difíicil combinar ,con todo, houbo ocasións nas duas áreas e conforme se achegaba o final tentamos apurar as  nosas opcións ainda máis desque quedamos con dez pola expulsión de Pablo,pero non houbo forma e o final chegou inexorablemente sen poder equilibrar a contenda.A semana que ven toca render visita : RIOAVESO MACHINANGO-TABOADA CF.  


                                                    reportaxe TELEVINTE no enlace

                                             
    A WEB DO FUTBOL LUCENSE:

O Escairón aproveita un erro do Taboada para levar os 3 puntos

Taboada vs Escairón | perrobarrenhovello.blogspot.com.es
Taboada vs Escairón | perrobarrenhovello.blogspot.com.es

Denis mantén ó Escairón en postos de ascenso.
Atlético Escairón mantén os postos de ascenso logo de vencer nun partido chave ante oTaboada CF cun solitario tanto de Denis. Os do Saviñao non vencían fóra da casa dende mediados de outubro, cando se impuxeran ó Bóveda por 2-4 na sétima xornada.
Nun partido moi igualado, os taboadeses tentaron despregar o seu habitual xogo ante un Escairón que tampouco renunciou ó seu estilo sobre un terreo de xogo da Medela que se foi poñendo moi pesado segundo pasaron os minutos. O gol decisivo do encontro chegou nos últimos intres do primeiro tempo. Denis recorreu só polo costado dereito a metade do campo tras un erro da zaga local, moi adiantada, e definiu cun disparo cruzado e forte ante Roi, que nada puido facer para evitar o gol.
Emilio García non agardou máis e deulle entrada tra-lo descanso ó home franquicia taboadés, Guerreiro, que estaba no banco. Os branquiazuis tentaron irse a polo encontro con máis corazón que cabeza, e un Escairón moi centrado, logrou conter as acometidas locais. O central local Pablo foi expulsado a falta de 15 minutos e deixou as cousas máis difíciles para os de Míchel.
O Taboada queda a 7 puntos do Escairón, en ascenso na segunda praza, con 3 puntos de vantaxe sobre Burela e Iberia.
Taboada: Roi, Ibán, Pablo, Nico, Álex, Ratón, Basan, Marcos, Poyán, Montes e Ríos. Tamén xogaron Guerreiro, Alberto e Jacobo.
Escairón: Iago, Marcos, Iván Chave, Rubén, Diego Suárez, Aitor, Rubén Díaz, Marzán, Pandiani, Iván González e Denis. Tamén xogaron Míkel, Montero e Fabio.
Gol: 0-1 (min. 44) Denis.
                                                               EL PROGRESO  
                                   
                                                                                 




































                                                          15/02/14
                                            SC e D POLVORÍN 5-TABOADA CF 2
                                                                   

                   Aitor,Jony,Dani,Alex Moure,David Potente,Juanjo Potente
                     Marcos Garcia,Marcos López,Manu,Jose,Ivi
                                                                     
                                                                               

                                                                             
                       
                      Alexandre,Rubén,David López,Jonathan,Rodrigo







    Abultada derrota a de onte e despois de visto o primeiro tempo,se apuramos, máis aló da hora de partido,resulta hasta incrible .Pois ata o minuto 70 fixemos un partido memorable ,onde se algún equipo tiña merecido ira gañando por cinco ese era o Taboada CF.Foi así por que maniatamos e dominamos ó mellor equipo da competición que viña de proclamarse campión a xornada anterior.Puxemonos por diante con dous golazos de Jony,o primeiro no minuto 7,froito dunha triangulación maxistral entre Ivi e o propio Jony,que este finaliza cun disparo forte e cruzado desde o vértice da área.O 0-2 foi no minuto 24,Jony sobre a frontal recibe un pase de Dani,revolvese,e desfaise cun caneo dun contrario ,plántase diante do porteiro e define polo pao curto.Entre un gol e  o outro  ,no  22,  o noso Aitor enviara o balón o longueiro,e un pouco despois do segundo gol no minuto 30 Manu estivo a piques de ampliar a vantaxe cun remate de cabeza logo dunha falta lateral e que sacou o cancerbeiro local con moitos problemas.En defensa tiñamos o partido moi ben controlado,tan só avisou o goleador local Saul cun disparo o pao,e pouco despois Dani tivo nas suas botas un novo gol noso nun man a man co  seu porteiro.Logo chegou unha das xogadas claves ,a lesión do propio Dani,que estaba a facer un traballo inmellorable no medio campo,e cun forte golpe tivo que abandoar.Tralo paso por vestiarios e seguindo coa esa  inercia de bó xogo Jony tivo outra ocasión nun remate de cabeza que se ía dentro pero o porteiro local sacou unha man prodixiosa para enviar a córner.Pouco a pouco fumos notando a baixa de Dani,perdendo poderío no medio e os locais empezaron a buscar balóns a espalda da nosa defensa e aproveitar a velocidade do seu punta.Pero ata o 69 estivemos moi atinados na contención,nese intre apareceu Saúl pra recoller un deses balóns e  plantarse só diante de Alex ,que nada puido facer.O gol foi chave pra despertar ós locais.Pouco máis tarde no 75 Saúl repetía a xogada case calcada e acadaba o empate. Ainda así non nos viñemos abaixo,e seguimos pelexando.Pero iba dar outro volco o partido no 80,coa expulsión de David Potente,por derrubar a un contrario sobre a frontal, e no saque desa falta Carlos lograba un golazo pola escadra diante do cal Alex Moure nada pudo facer.Foi un duro golpe do que non nos recuperamos máis que nada por que o propio Carlos facia o 4-2,cinco máis tarde, noutra contra.O 5-2 chegou xa no desconto no 94,obra de Saúl ,e xa era un castigo excesivo e inmerecido.
                                                                 







                                                                     















09/02/14
SCD CABREIROS 0-TABOADA CF 3
   1 Carlos, 2 Jordi, 3 Rivas, 4 Santi, 5 Julio,6 Adrián, 7 Novas, 8 Pellón, 9 Verez, 10 Victor, 11 David  ademais  estiveron no banquiño local 12  Serra,14  Pepe,15 Andrade,16 Noe,17 Alex

                                                                                   



      Dani Rios,Basán,Guerreiro,Roi,Pablo,Ibán
       Javi,Nico,David Montes,Marcos,Alex Ratón


         
                                    Emilio,Isma, Jacobo,Iago,Damián,Manu    
                                                                   







Importante victoria nun partido dificilísimo tanto polo rival como polas cicunstancias climáticas adversas que influiron moito no traballo de ámbalas duas escadras que tiveron que exprimirse ben a fondo.Fixemos un partido perfecto ,traballando arreo e aportando calidade en momentos puntuais e decisivos que foron determinantes,méritos  máis que plausibles por  seguir apostando polo noso fùtbol nas condicións nas que se foi poñendo o terreo de xogo .Foi esta aposta a que pronto nos trouxo premio;cando o terreo de xogo deste bó campo da Cea ,ainda non se voltara un lameiro,ainda que desde o principio estivo encharcado,Marcos recolleu un balón por banda esquerda foise por empuxe ata liña de fondo e alí por calidade foise dun defensor saiu Carlos a cerrarlle o espazo e moi listo deulle un perfecto pase da morte a Guerreiro que con temple empuxou o fondo das redes entre as pernas doutro defensor,0-1 no minuto 5.Era moi importante golpear primeiro e pronto.Gañamos moito terreo con este paso ,quedaba moito pero.... en seguidiña iamos dar outro golpe o cabo dun anaquiño.Antes eles tiveron unha boa ocasión nos pés de Alex a quen se lle foi desviado o disparo. David Montes tivo outra ,logo dunha gran carreira por banda dereita,pero cruzou en exceso o balón .No 14´ Verez por parte local despuxo dunha ocasión clara dende moi cerca disparou moi arriba. No min . 17´ reclamamos con insistencia un posible  penalti por mans na área e na seguinte que tivemos nós ,Guerreiro templou un córner perfecto pra cabeza de Ibán que batiu a Carlos con remate contundente,0-2 no minuto 18.Estabamos a facer un partido perfecto nunhas condicións extremas, moita choiva,frio ,vento,e o campo empeorando cada minuto .Tiñamos moita pegada e moita seguridade e contundencia defensiva.A actitude intachable e amosando gran calidade a pesar de que o balón unhas veces quedabase outras íase rapidísimo e inalcanzable.Fumos chegando ata o descanso mantendo moito o orde e a intensidade e sin sobresaltos  importantes nas duas áreas.A volta igual ,nos primeiros compases intimidamos cunha forte presión arriba,Marcos  pelexaba arriba un balón  e facíase con el ,disparaba e atallou Carlos; era a mostra dese botón .Tamén seguimos dando destellos de moita calidade ,na combinación colectiva ,na técnica individual fumos amosando certa superioridade ,tamén baseada na confianza do resultado.Non embargantes os locais tiraron de casta e nun tramo de partido entre o 69 e o 75 reivindicáronse e embotáronnos en dous córners consecutivos,nos que despexou Ibán nun ,e noutro Nico sacou  co clase outro balón complicado.Logo no partido  medrou a tensión ,pola proximidade do final pero sin accións transcendentes  de cara  a porta ata que Marcos no 88 pelexa outro balón arriba ,beneficiase de que se queda un pouco a bola e ponse diante de Carlos ,regateao e cando se escora a dereita empuxa o balón o fondo. Ahí se puxo o punto final.A semana que ven ,unha gran pedra de toque ,un gran partido,na Medela :TABOADA CF-ATLÉTICO ESCAIRÓN.


                                            Crónica El Progreso
                                                     


CRÓNICA DE FUTBOL LUCENSE.COM ,A WEB DO FÚTBOL DE LUGO

O Taboada volve gañar lonxe da Medela


Cabreiros vs Taboada | Carmen Guerreiro
                                                                                               
                                                                                                    foto de Camen Guerreiro


Cabreiros vs Taboada | Carmen Guerreiro

O Taboada acadou en Cabreiros a primeira victoria a domicilio do 2014.
O Taboada CF impúxose por 0-3 ó Cabreiros nun campo da Acea que co paso dos minutos se puxo impracticable. Os de Emilio García, a 4 puntos do ascenso, volveron a gañar a domicilio, algo que non facían dende mediados de decembro. O Cabreiros sumou só 1 punto dos últimos 9 na casa.
Adiantáronse moi cedo os branquiazuis, por medio de Guerreiro no minuto 3, ó remachar un pase da morte de Marcos tras xogada persoal pola banda esquerda. Puxéronselle moi de cara as cousas aos de Emilio García no comezo do encontro, no que foron superiores ós de Patarolo. A balón parado sumaron os taboadeses o segundo. Á saída dun córner Ibán, cun perfecto testarazo fixo o 0-2.
Na segunda metade o Cabreiros tentou empurrar máis, pero sen demasiado acerto de cara á meta de Roi. Finalmente matou á contra Marcos a falta de 2 minutos, ó beneficiarse do estado do campo, que lle parou o balón e o deixou franco para facer o tanto definitivo.
Cabreiros: Carlos, Jorge, Rubén Rivas, Santi, Julio, Adrián, Álex Novás, Pellón, Vérez, Víctor e David Novas. Tamén xogaron Gato, Álex Fresco e Noé.
Taboada: Roi, Javi, Pablo, Nicolás, Ibán, Basan, Raton, Guerreiro, Montes, Marcos e Ríos. Tamén xogaron Manu, Iago, Montes e Jacobo

Goles: 0-1 (min. 3) Guerreiro, 0-2 (min. 16) Ibán, 0-3 (min. 87) Marcos.
                                                                           































09/03/14
(xuveniles )
TABOADA CF 4-SD OUTEIRO DE REI 3
                                   Alexandre,Jonathan Guerreiro,David Potente,Dani,Alex Moure,Jony
                                 Marcos Saavedra,Manu,Ivi,Aitor,Steven




                                David López,Kiko,Rodrigo,Rubén,Antón
              Outro precioso partido o que nos deixaron os nosos xuveniles hoxe na Medela e nos que debutou Ivi,a nova fichaxe e que tivo unha gran actuación se cabe tamén decisiva,pero igual de ben estiveron  tamén  os seus compañeiros.Empezamos mandando cun gol no minuto 9,un saque de porta de Alex Moure que non atina a  a curtar a zaga visitante e Jony moi atento e con moita clase aproveita para facer o 1-0.Non tardaron os outeirenses en empatar no minuto 15 por medio de Michael,no primeiro dos tres que hoxe conseguiou o trigoleador outeiran.Despois amosamos un moi bó xogo pero faltounos definir na primeira metade.O campo gradualmente tamén foi empeorando coa entrada da nova borrasca.Na segunda parte comezamos moi fortes e o pouco Manu estrela o balón no longueiro.Era un aviso da nosa saida en tromba ,e fixemos moitos merecementos pro gol que chegou no 62´ logo dun centro perfecto de Ivi que acabou batendo no traveseiro,o rexeite recolleo Marcos Saavedra que bate a Alejandro.Despois voltaron os minutos de locura xa típicos da Medela nos últimos tempos. Primeiro a lesión de Alex Moure  ,a quen sustitiu Rodrigo no 72´.No 76 Jony volve perforar a meta outeiran para por o 3-1.E só  dous despois no 78 Michael fai o segundo da sua conta particular 3-2.Eran os nosos peores intres ,e deles aproveitouse Michael de novo no 83,para empatar e afondar a nosa ferida.Non embargantes sacámolo noso orgullo e calidade ,e non nos demos por vencidos e no 87,Manu sacou a relucir toda sua  calidade e olfato goleador pará poñer o 4-3 definitivo.                                              
                                                               Crónica La Voz de Galicia
                                                                               









                                                                                  02/01/14
                                                         TABOADA CF 2 - SD O PÁRAMO 1
               Roi,David Montes ,Guerreiro,Dani Rios,Basán,Pablo,Ibán
                 Diego Poyán,Alex Rodriguez,Nico,Alex Ratón
     once do  Páramo : 25 Valdo, 2 Oscar, 5 Cesar, 4 Ferreiros, 3 Diego Gomez,6 Lolo, 7 Rasilla,8 Pio,9 Rober,10 Hugo,11 Borja   12 Diego Rodriguez,1 Diego López, 14 Borjita, 15 Jose Antonio


                                                                         
                                                                                 







 Vimos hoxe pola tarde na Medela un vibrante encontro entre dous equipos con boi trato do  balón e que a pesar de que o estado do terreo de xogo,  moi blando , foi empeorando co  paso dos minutos responderon con un moi bó xogo e planteando un partido moi ofensivo que non se saldou con mais goles pola boas actuaccions de ámbolos duos porteiros e as respectivas defensas .O dominio foi alternativo; se ben na primeira media hora nós mantivemos máis o control e levamos máis perigo a área paramesa e por mor desto chegaron os dous nosos dous goles.O primeiro  no minuto 16 obra de Guerreiro logo dunha gran persoal que culminou cun fermoso xesto elevando o balón porriba de Valdo e tres defensores parameses.O segundo tamén do mesmo protagonista no minuto 29, despois dun penalti cometido por César  sobre Alex Ratón e que Gerreiro transformou tirando a dereita de  Valdo. Polo medio ainda tivemos algunha ocasión máis coma un gran pase de Montes entre a defensa do Paramo que deixou só ó Guerra diante de Valdo pero este sacou con especial acerto.A partir do noso segundo gol os visitantes adiantaron liñas e despregaron nos últimos minutos da primeira o seu mellor fútbol e recurtaron no 40´ cun gran gol de Rasilla cun disparo seco e axustado desde fora da área.Poideron incluso igualar a contenda cun chut  de Rober que sacou un acertado Roi.O dominio dos blancos ,hoxe de morado ,continuou nos primeiros minutos da segunda parte pero estivemos atrás moi seguros e defendendo con orde e co paso dos minutos o partido nivelouse e as ocasións foron caendo nas duas áreas  a sua mellor foi un disparo fortísimo de Pío que se foi alto.Nós poidemos sentenciar en dous claros contragolpes que finalizou Guerreiro,no primeiro asistiuno Marcos e deixoulla  franca só diante de Valdo e o Guerra quixo resolvela cun vaselina que se foi fora.O pouco Guerreiro  quedouse só de novo e Valdo desbaratou o seu disparo. E o que son as cousas na xogada que foi a continuación o Paramo puido empatar por que o balón caeoulle a un Borjita libre de marca pero marrou no disparo.Non houbo tempo pra máis sobresaltos.A semana que ben agárdanos unha saida complicada a terras de Xermade pra enfrontarnos  SCD CABREIROS -TABOADA CF


                                      Crónica da WEB DO FUTBOLLUCENSE.COM,a web do fútbol de Lugo
                                           

O Taboada encoméndase a san Guerreiro


Taboada vs Páramo | perrobarrenhovello.blogspot.com.es
Taboada vs Páramo | perrobarrenhovello.blogspot.com.es

Guerreiro volveu ser chave para o Taboada.
O espectáculo ofensivo de Taboada e Páramo saldouse con 3 puntos para os locais, nos que Guerreiro foi o gran protagonista cos seus dous tantos. O Páramo encadea tres derrotas seguidas a domicilio.
Nun choque igualado, con dominio alternativo, golpeou primeiro o Taboada, cunha perfecta vaselina de Guerreiro ó cuarto de hora tras xogada persoal. Á media hora ampliou distancias o cadro de Emilio García ó transformar o mesmo protagonista un penalti de César sobre Álex Ratón ante o que nada puido facer Valdo. Dous erros da zaga visitante propiciaron os tantos taboadeses. Reduciu distancias para os de Engroba o seu atacante Rasilla ós 40 minutos, cun disparo axustado ó pau dende fóra da área.
Os visitantes dominaron o encontro nos primeiros compases da segunda metade e o Taboada defendeu con orde. Os locais puideron sentenciar á contra cando os parameses adiantaran liñas buscando o empate, pero Guerreiro errou tres ocasións francas ante Valdo. Tamén Borja e Pío puideron igualar con oportunidades claras.
Taboada: Roi, Pablo, Ibán, Álex Rodríguez, Álex Ratón, Poyán, Basán, Montes, Guerreiro, Nico e Ríos. Tamén xogaron Javi Darriba, Marcos, Jacobo, e Manuel.
Páramo: Valdo, Óscar, César, Dieguito, César, Josiño, Freixo, Rasilla, Pío, Róber, Hugo e Palle. Tamén xogaron Melenas e Pepe.
Goles: 1-0 (min. 16) Guerreiro. 2-0 (min. 29) Guerreiro. 2-1 (min. 40) Rasilla.

                                     Crónica de El Progreso                                      
         Entrevista na previa a Diego Poyán en La Voz de Galicia






























01/02/14
                                       SG COMERCIAL 3-TABOADA CF 2


                            David Potente,Jonathan,Manu,Dani,Alex Moure,Jony
                             Aitor,Marcos Saavedra,Rubén ,Jose,Marcos López



       Escapáronsenos de novo tres puntos nun partido no que fixemos moitos máis méritos pra acadar algo positivo pero penalízannos en exceso os deméritos,tal que foi así que os comercialistas tiveron menos ocasións que nós pero aproveitaron cada unha que tiveron e algunha lagoiña defensiva nosa.Así ocorriu no minuto dez Brais aproveitouse dunha indecisión defensiva para anotar o 1-0.Nunha tarde fría este gol fixo que se conxelara o noso xogo pero fumonos soltando a partir do 25, e no 30 Joni despuxo da mellor,a partir de aquí domiñamos e tivemos máis ocasión de empatar,no 35 Pablo salvou un disparo endiañado do noso Rubén e dous máis tarde Manute puido empatar tamén.Sin embargo tralo descanso veu todo xunto o a lesion de Jony que tivo que abandoar e o 2-0 obra de Alberto ,no 46.Non foi suficiente pra que entregaramos o partido e continuamos loitando e votándonos cara diante tivemos o premio nunha boa xogada  individual de Aitor que resolveu enviando o balón o pao largo no 62 ´,era o 2-1.Non embargantes no 69´ nun córner voltaban porse as cousas difíciles  Rey aproveitouse dun erro de marca para facer o 3-1.Ainda tivemos arrestos pra irnos polo partido e  a fé que case o logramos Manute no 80  voltaba recurtar tras un bó centro de Steven tirándose en plancha e rematando de cabeza.Logo tivemos o empate en duas xogadas consecutivas outro remate de Manute que marrou baixo paos e un córner olímpico que se foi por nada.A última ainda a tivo Aitor, de novo nun córner foiselle arriba cando estaba baixo paos.Foi un gran arreón final pero non obtivemos recompensa .