23/02/14
RIOAVESO MACHINANGO 3-TABOADA CF 5
1Marcos,2 Vitiño,3 Roberto Carlos,4 Basi,5 Iago,6 Alfonso,7 Oscar,8 Pernas,9 Seco,10 Carlos,11 Antón, 13 Dani,14 Manolo,15 Iván ReyDani Rios,Nico,Diego Poyán,Roi,Guerreiro,Basán
Javi,David Montes,Marcos,Alex Ratón,Jacobo.
Iago Montes,Isma,Alex Rodríguez,Emi,Alber,Emilio
Vibrante encontro o vivido hoxe sobre o cespede do campo artificial de A Madalena (Vilalba) sobre todo de cara o espectador , ben seguro non tanto do gosto dos entrenadores.No guión do mesmo fixemos un destacado papel agás nun breve periodo durante a segunda parte, cun 0-4 a favor,intres nos que o mellor nos relaxamos en exceso e houbémolo pagar moi caro senón fora que co lume na cara soupemos enmendalo volvendo poñer cada cacho de carne e levándonos finalmente un partido que nunca se nos podía ter escapado.O partido comezou con alternativas e chegadas ás duas áreas ,os locais parecían ter presa por marcar e colgaban balóns na área, ó pouco Oscar puxo en apretos a Roi.Contestou pronto Marcos que cun gran control quedaba só diante do seu tocaio chairego pero o remate foise lambendo o pao.Despois pasouse por un periodo de calma no que o máis salientable foron unhas protestadas máns na área local e unha caida de David Montes tamén reclamada .Nesta fase fúmonos facendo coa posesión da pelota e os nosos achegamentos foron cada vez máis perigosos.No 36 ,xogada chave,magnífica asistencia de Marcos a Guerreiro que o deixa completamente só diante do outro Marcos e no mán a mán bateo coa sua mestría cada dia máis cerca da mítica.Eran os nosos mellores intres que se confirman no 43 cunha doble ocasión dentro da mesma xogada no que o Guerra primeiro e Marcos despois non dan perforado a meta chairega.Pero reivindícanse despois no minuto 45,cun pase en profundidade de Guerreiro pra Marcos que se vai con velocidade pola esquerda pra asistir sobre o punto de penalti a Dani Rios que fusila a prazer e acada o 0-2. O segundo período comezou do mesmo xeito co que acabara o primeiro co Taboada levando a iniciativa e xogando con brilantez así no 48´ un pase picado de Guerreiro en profundidade pra Marcos culminabao este cun disparo cruzado a media altura,0-3. Era o premio para os dous que tiveran presenza en tódolos goles.Despois semellou que baixamos un pouco o ritmo e eles avisaron co seu primeiro achegamento nun remate de Oscar que saca Roi cos pés .Pero David Montes parecia diluir todo atisbo de reacción cunha tremenda cabalgada na que finalmente asistia a Jacobo para que este fusilase tamén con tino,0- 4 ,minuto 57.Pero non tardou o equipo local en reaccionar ,só tres despois a saida dun corner o central Iago cun certeiro testarazo poñía o 1-4 e abríalles unha porta para seguir competindo .Froito deste espíritu e da calidade de Oscar ,os locais metéronse no partido de cheo en dous minutos :no 67 ´ Oscar en xogada persoal e cun moi bó remate,inapelable pra Roi, poñia o seu equipo en perspectiva e no 69´, o propio Oscar cun tremendo zambonbazo nun libre directo que fixo abrirse a nosa barreira e entrou a media altura,revolucionaba o partido .Pra por máis tensión no encontro foi expulsado o noso Marcos no 77, despois de ter unha clara ocasión pra lograr o quinto ,e prometíase un final complicado pero foi ahí cando se acabou a nosa relaxación e volvemos por intensidade ,e calidade e ocasións,con cambios que aportaron serenidade ,pelexa e contundencia.Asi fumos neutralizando todo o seu empuxe .Montes puido sentenciar no 83´,despois tivo lugar un longo desconto no que non perdemos a compostura e na última xogada un gran xesto de Roi,cun pase profundisimo e exquisito puxoa para Guerreiro que con espazos e nun carreirón ,o noso campeador entrou ata cociña cruzando o balón,outro gran gol pra enmarcar e para acadar o 3-5 e por fín,sin dar lugar a máis. A semana que ven ,probablemente sábado por mor da Festa do Caldo de Osos, TABOADA CF -SDeC POLVORÍN
CRÓNICA El Progreso
Clasificación
Crónica de Fútbollucense.com
O Rioaveso estivo a piques de rozar a proeza
- Martes, 25 Febrero 2014
O campo artificial da Magdalena (Vilalba) viviu unha tarde de goles e emocións.
O Rioaveso viviu unha tarde de tolos que case acaba con final feliz. O Taboada vencía por 0-4 ós 57 minutos e dez despois os locais estaban a 1 gol de empatar, e sen Labrada no banco, que por problemas de saúde tivo que abandonar o encontro.
Adiantouse aos 36 minutos o Taboada por medio de Guerreiro, que resolveu á perfección un man a man tras unha asistencia de Marcos. Os mesmos protagonistas participaron no segundo. Guerreiro asistiu en profundidade a Marcos, e este serviu para que Ríos no punto de penalti fusilara ao debuntante na meta chairega, Marcos.
Na reanudación Marcos facía o 0-3 tras un pase de Guerreiro e un disparo cruzado. Jacobo converteu o 0-4 tras unha xogada individual de David Montes, que asistiu para que o seu compañeiro fusilase a Marcos.
Pero nese intre o partido pegou un volco. Iago Dorado á saída dun córner fixo de cabeza o 1-4. Óscar puxo o 2-4 tras unha xogada persoal e un certeiro remate que non puido despexar Roi. De novo o mesmo protagonista fixo a falta de 20 minutos o 3-4 cun trallazo de falta. A falta de 15 minuto Marcos foi expulsado e o Rioaveso lanzouse a polo partido. Cando estaban todos os locais ó remate no último minuto nunha falta, Guerreiro aproveitou a contra para facer o 3-5.
O Rioaveso queda con 20 puntos en posto de descenso por arrastres e o Taboada con 42 a 7 do ascenso.
Rioaveso: Marcos, Vitiño, Roberto Carlos, Basi, Iago, Alfonso, Óscar, Pernas, Seco, Carlos e Antón. Tamén xogaron Iván Rey e Dani.
Taboada: Roi, Javi, Basán, Álex Ratón, Jacobo, Poyán, Nico, Guerreiro, Montes, Marcos e Ríos. Tamén xogaron Alberto, Emilio e Iago Montes.
Goles: 0-1 (min. 35) Guerreiro. 0-2 (min. 44) Ríos. 0-3 (min. 48) Marcos. 0-4 (min. 57) Jacobo. 1-4 (min. 61) Iago Dorado. 2-4 (min. 67) Óscar. 3-4 (min. 69) Óscar. 3-5 (min. 89) Guerreiro.
TABOADA CF 4 -SD SARRIANA 4
Jony,Dani,Alex Moure,Alexandre,Potente,Rubén
Marcos López,Marcos García,Manu,Ivi,Aitor
TABOADA CF 0-ATLÉTICO ESCAIRÓN 1
Diego Poyán,Alex Rodríguez,Marcos,David Montes,Nico,Alex Ratón
1 Iago,2 Marcos,3 Ivan,4 Diego,5 Ruben Cidre,6 Aitor,7 Ruben Diaz,8 Marzan,9 Pandiani,10 Ivan Gonzalez,11 Denis, 12 Mikel,14 Montero,15 Moreiras,16 Fabio
Jacobo,Alberto,Manu,Guerreiro,Isma,Emilio.
Encontro disputado de poder a poder no que ámbolos dous equipos amosaron un gran nivel e que se decidiu na última xogada do primeiro tempo,no 45 logo dun balón en profundidade sobre Denis pola dereita que conduciu e adentrouse ata o vértice da área onde definiu cun disparo seco e cruzado que foi inaccesible pra Roi.Ata o de aquela o partido fora moi disputado con accións de perigo en ámbalas duas áreas as máis claras unha de Ruben Diaz por parte visitante e unha de David Montes e outra de Poyán polo bando local.Tamén houbo polémica por unha caida de Pandiani e por unhas máns na área do Escairón.Foi unha primeira parte moi vistosa e do agrado dos moitos espectadores que hoxe se acercaron a Medela pra presenciar o derbi.Na segunda saimos decididos na búsqueda do empate ,o partido non perdeu intensidade,ainda que non se viu un xogo tan brilante ,quizais influido por que o campo se foi poñendo cada vez máis pesado,por mor das incesantes últimas choivas e foi maís difíicil combinar ,con todo, houbo ocasións nas duas áreas e conforme se achegaba o final tentamos apurar as nosas opcións ainda máis desque quedamos con dez pola expulsión de Pablo,pero non houbo forma e o final chegou inexorablemente sen poder equilibrar a contenda.A semana que ven toca render visita : RIOAVESO MACHINANGO-TABOADA CF.
reportaxe TELEVINTE no enlace
A WEB DO FUTBOL LUCENSE:
O Escairón aproveita un erro do Taboada para levar os 3 puntos
- Martes, 18 Febrero 2014
Denis mantén ó Escairón en postos de ascenso.
O Atlético Escairón mantén os postos de ascenso logo de vencer nun partido chave ante oTaboada CF cun solitario tanto de Denis. Os do Saviñao non vencían fóra da casa dende mediados de outubro, cando se impuxeran ó Bóveda por 2-4 na sétima xornada.
Nun partido moi igualado, os taboadeses tentaron despregar o seu habitual xogo ante un Escairón que tampouco renunciou ó seu estilo sobre un terreo de xogo da Medela que se foi poñendo moi pesado segundo pasaron os minutos. O gol decisivo do encontro chegou nos últimos intres do primeiro tempo. Denis recorreu só polo costado dereito a metade do campo tras un erro da zaga local, moi adiantada, e definiu cun disparo cruzado e forte ante Roi, que nada puido facer para evitar o gol.
Emilio García non agardou máis e deulle entrada tra-lo descanso ó home franquicia taboadés, Guerreiro, que estaba no banco. Os branquiazuis tentaron irse a polo encontro con máis corazón que cabeza, e un Escairón moi centrado, logrou conter as acometidas locais. O central local Pablo foi expulsado a falta de 15 minutos e deixou as cousas máis difíciles para os de Míchel.
O Taboada queda a 7 puntos do Escairón, en ascenso na segunda praza, con 3 puntos de vantaxe sobre Burela e Iberia.
Taboada: Roi, Ibán, Pablo, Nico, Álex, Ratón, Basan, Marcos, Poyán, Montes e Ríos. Tamén xogaron Guerreiro, Alberto e Jacobo.
Escairón: Iago, Marcos, Iván Chave, Rubén, Diego Suárez, Aitor, Rubén Díaz, Marzán, Pandiani, Iván González e Denis. Tamén xogaron Míkel, Montero e Fabio.
Gol: 0-1 (min. 44) Denis.
EL PROGRESO 15/02/14
SC e D POLVORÍN 5-TABOADA CF 2
Aitor,Jony,Dani,Alex Moure,David Potente,Juanjo Potente
Marcos Garcia,Marcos López,Manu,Jose,Ivi
Alexandre,Rubén,David López,Jonathan,Rodrigo
09/02/14
SCD CABREIROS 0-TABOADA CF 3
1 Carlos, 2 Jordi, 3 Rivas, 4 Santi, 5 Julio,6 Adrián, 7 Novas, 8 Pellón, 9 Verez, 10 Victor, 11 David ademais estiveron no banquiño local 12 Serra,14 Pepe,15 Andrade,16 Noe,17 AlexJavi,Nico,David Montes,Marcos,Alex Ratón
Emilio,Isma, Jacobo,Iago,Damián,Manu
Importante victoria nun partido dificilísimo tanto polo rival como polas cicunstancias climáticas adversas que influiron moito no traballo de ámbalas duas escadras que tiveron que exprimirse ben a fondo.Fixemos un partido perfecto ,traballando arreo e aportando calidade en momentos puntuais e decisivos que foron determinantes,méritos máis que plausibles por seguir apostando polo noso fùtbol nas condicións nas que se foi poñendo o terreo de xogo .Foi esta aposta a que pronto nos trouxo premio;cando o terreo de xogo deste bó campo da Cea ,ainda non se voltara un lameiro,ainda que desde o principio estivo encharcado,Marcos recolleu un balón por banda esquerda foise por empuxe ata liña de fondo e alí por calidade foise dun defensor saiu Carlos a cerrarlle o espazo e moi listo deulle un perfecto pase da morte a Guerreiro que con temple empuxou o fondo das redes entre as pernas doutro defensor,0-1 no minuto 5.Era moi importante golpear primeiro e pronto.Gañamos moito terreo con este paso ,quedaba moito pero.... en seguidiña iamos dar outro golpe o cabo dun anaquiño.Antes eles tiveron unha boa ocasión nos pés de Alex a quen se lle foi desviado o disparo. David Montes tivo outra ,logo dunha gran carreira por banda dereita,pero cruzou en exceso o balón .No 14´ Verez por parte local despuxo dunha ocasión clara dende moi cerca disparou moi arriba. No min . 17´ reclamamos con insistencia un posible penalti por mans na área e na seguinte que tivemos nós ,Guerreiro templou un córner perfecto pra cabeza de Ibán que batiu a Carlos con remate contundente,0-2 no minuto 18.Estabamos a facer un partido perfecto nunhas condicións extremas, moita choiva,frio ,vento,e o campo empeorando cada minuto .Tiñamos moita pegada e moita seguridade e contundencia defensiva.A actitude intachable e amosando gran calidade a pesar de que o balón unhas veces quedabase outras íase rapidísimo e inalcanzable.Fumos chegando ata o descanso mantendo moito o orde e a intensidade e sin sobresaltos importantes nas duas áreas.A volta igual ,nos primeiros compases intimidamos cunha forte presión arriba,Marcos pelexaba arriba un balón e facíase con el ,disparaba e atallou Carlos; era a mostra dese botón .Tamén seguimos dando destellos de moita calidade ,na combinación colectiva ,na técnica individual fumos amosando certa superioridade ,tamén baseada na confianza do resultado.Non embargantes os locais tiraron de casta e nun tramo de partido entre o 69 e o 75 reivindicáronse e embotáronnos en dous córners consecutivos,nos que despexou Ibán nun ,e noutro Nico sacou co clase outro balón complicado.Logo no partido medrou a tensión ,pola proximidade do final pero sin accións transcendentes de cara a porta ata que Marcos no 88 pelexa outro balón arriba ,beneficiase de que se queda un pouco a bola e ponse diante de Carlos ,regateao e cando se escora a dereita empuxa o balón o fondo. Ahí se puxo o punto final.A semana que ven ,unha gran pedra de toque ,un gran partido,na Medela :TABOADA CF-ATLÉTICO ESCAIRÓN.
Crónica El Progreso
CRÓNICA DE FUTBOL LUCENSE.COM ,A WEB DO FÚTBOL DE LUGO
O Taboada volve gañar lonxe da Medela
- Lunes, 10 Febrero 2014
O
Taboada acadou en Cabreiros a primeira victoria a domicilio do 2014.
O Taboada CF impúxose por 0-3 ó
Cabreiros nun campo da Acea que co paso dos minutos se puxo impracticable. Os de
Emilio García, a 4 puntos do ascenso, volveron a gañar a domicilio, algo que non
facían dende mediados de decembro. O Cabreiros sumou só 1 punto dos últimos 9 na
casa.Adiantáronse moi cedo os branquiazuis, por medio de Guerreiro no minuto 3, ó remachar un pase da morte de Marcos tras xogada persoal pola banda esquerda. Puxéronselle moi de cara as cousas aos de Emilio García no comezo do encontro, no que foron superiores ós de Patarolo. A balón parado sumaron os taboadeses o segundo. Á saída dun córner Ibán, cun perfecto testarazo fixo o 0-2.
Na segunda metade o Cabreiros tentou empurrar máis, pero sen demasiado acerto de cara á meta de Roi. Finalmente matou á contra Marcos a falta de 2 minutos, ó beneficiarse do estado do campo, que lle parou o balón e o deixou franco para facer o tanto definitivo.
Cabreiros: Carlos, Jorge, Rubén Rivas, Santi, Julio, Adrián, Álex Novás, Pellón, Vérez, Víctor e David Novas. Tamén xogaron Gato, Álex Fresco e Noé.
Taboada: Roi, Javi, Pablo, Nicolás, Ibán, Basan, Raton, Guerreiro, Montes, Marcos e Ríos. Tamén xogaron Manu, Iago, Montes e Jacobo
Goles: 0-1 (min. 3) Guerreiro, 0-2 (min. 16) Ibán, 0-3 (min. 87) Marcos.
09/03/14
(xuveniles )
TABOADA CF 4-SD OUTEIRO DE REI 3
Alexandre,Jonathan Guerreiro,David Potente,Dani,Alex Moure,JonyMarcos Saavedra,Manu,Ivi,Aitor,Steven
David López,Kiko,Rodrigo,Rubén,Antón
Outro precioso partido o que nos deixaron os nosos xuveniles hoxe na Medela e nos que debutou Ivi,a nova fichaxe e que tivo unha gran actuación se cabe tamén decisiva,pero igual de ben estiveron tamén os seus compañeiros.Empezamos mandando cun gol no minuto 9,un saque de porta de Alex Moure que non atina a a curtar a zaga visitante e Jony moi atento e con moita clase aproveita para facer o 1-0.Non tardaron os outeirenses en empatar no minuto 15 por medio de Michael,no primeiro dos tres que hoxe conseguiou o trigoleador outeiran.Despois amosamos un moi bó xogo pero faltounos definir na primeira metade.O campo gradualmente tamén foi empeorando coa entrada da nova borrasca.Na segunda parte comezamos moi fortes e o pouco Manu estrela o balón no longueiro.Era un aviso da nosa saida en tromba ,e fixemos moitos merecementos pro gol que chegou no 62´ logo dun centro perfecto de Ivi que acabou batendo no traveseiro,o rexeite recolleo Marcos Saavedra que bate a Alejandro.Despois voltaron os minutos de locura xa típicos da Medela nos últimos tempos. Primeiro a lesión de Alex Moure ,a quen sustitiu Rodrigo no 72´.No 76 Jony volve perforar a meta outeiran para por o 3-1.E só dous despois no 78 Michael fai o segundo da sua conta particular 3-2.Eran os nosos peores intres ,e deles aproveitouse Michael de novo no 83,para empatar e afondar a nosa ferida.Non embargantes sacámolo noso orgullo e calidade ,e non nos demos por vencidos e no 87,Manu sacou a relucir toda sua calidade e olfato goleador pará poñer o 4-3 definitivo.
Crónica La Voz de Galicia
TABOADA CF 2 - SD O PÁRAMO 1
Roi,David Montes ,Guerreiro,Dani Rios,Basán,Pablo,Ibán
Diego Poyán,Alex Rodriguez,Nico,Alex Ratón
once do Páramo : 25 Valdo, 2 Oscar, 5 Cesar, 4 Ferreiros, 3 Diego Gomez,6 Lolo, 7 Rasilla,8 Pio,9 Rober,10 Hugo,11 Borja 12 Diego Rodriguez,1 Diego López, 14 Borjita, 15 Jose Antonio
Vimos hoxe pola tarde na Medela un vibrante encontro entre dous equipos con boi trato do balón e que a pesar de que o estado do terreo de xogo, moi blando , foi empeorando co paso dos minutos responderon con un moi bó xogo e planteando un partido moi ofensivo que non se saldou con mais goles pola boas actuaccions de ámbolos duos porteiros e as respectivas defensas .O dominio foi alternativo; se ben na primeira media hora nós mantivemos máis o control e levamos máis perigo a área paramesa e por mor desto chegaron os dous nosos dous goles.O primeiro no minuto 16 obra de Guerreiro logo dunha gran persoal que culminou cun fermoso xesto elevando o balón porriba de Valdo e tres defensores parameses.O segundo tamén do mesmo protagonista no minuto 29, despois dun penalti cometido por César sobre Alex Ratón e que Gerreiro transformou tirando a dereita de Valdo. Polo medio ainda tivemos algunha ocasión máis coma un gran pase de Montes entre a defensa do Paramo que deixou só ó Guerra diante de Valdo pero este sacou con especial acerto.A partir do noso segundo gol os visitantes adiantaron liñas e despregaron nos últimos minutos da primeira o seu mellor fútbol e recurtaron no 40´ cun gran gol de Rasilla cun disparo seco e axustado desde fora da área.Poideron incluso igualar a contenda cun chut de Rober que sacou un acertado Roi.O dominio dos blancos ,hoxe de morado ,continuou nos primeiros minutos da segunda parte pero estivemos atrás moi seguros e defendendo con orde e co paso dos minutos o partido nivelouse e as ocasións foron caendo nas duas áreas a sua mellor foi un disparo fortísimo de Pío que se foi alto.Nós poidemos sentenciar en dous claros contragolpes que finalizou Guerreiro,no primeiro asistiuno Marcos e deixoulla franca só diante de Valdo e o Guerra quixo resolvela cun vaselina que se foi fora.O pouco Guerreiro quedouse só de novo e Valdo desbaratou o seu disparo. E o que son as cousas na xogada que foi a continuación o Paramo puido empatar por que o balón caeoulle a un Borjita libre de marca pero marrou no disparo.Non houbo tempo pra máis sobresaltos.A semana que ben agárdanos unha saida complicada a terras de Xermade pra enfrontarnos SCD CABREIROS -TABOADA CF
Crónica da WEB DO FUTBOLLUCENSE.COM,a web do fútbol de Lugo
O Taboada encoméndase a san Guerreiro
- Lunes, 03 Febrero 2014
Guerreiro volveu ser chave para o
Taboada.
O espectáculo ofensivo de
Taboada e Páramo saldouse con 3 puntos para os locais, nos que
Guerreiro foi o gran protagonista cos seus dous tantos. O Páramo encadea
tres derrotas seguidas a domicilio.Nun choque igualado, con dominio alternativo, golpeou primeiro o Taboada, cunha perfecta vaselina de Guerreiro ó cuarto de hora tras xogada persoal. Á media hora ampliou distancias o cadro de Emilio García ó transformar o mesmo protagonista un penalti de César sobre Álex Ratón ante o que nada puido facer Valdo. Dous erros da zaga visitante propiciaron os tantos taboadeses. Reduciu distancias para os de Engroba o seu atacante Rasilla ós 40 minutos, cun disparo axustado ó pau dende fóra da área.
Os visitantes dominaron o encontro nos primeiros compases da segunda metade e o Taboada defendeu con orde. Os locais puideron sentenciar á contra cando os parameses adiantaran liñas buscando o empate, pero Guerreiro errou tres ocasións francas ante Valdo. Tamén Borja e Pío puideron igualar con oportunidades claras.
Taboada: Roi, Pablo, Ibán, Álex Rodríguez, Álex Ratón, Poyán, Basán, Montes, Guerreiro, Nico e Ríos. Tamén xogaron Javi Darriba, Marcos, Jacobo, e Manuel.
Páramo: Valdo, Óscar, César, Dieguito, César, Josiño, Freixo, Rasilla, Pío, Róber, Hugo e Palle. Tamén xogaron Melenas e Pepe.
Goles: 1-0 (min. 16) Guerreiro. 2-0 (min. 29) Guerreiro. 2-1 (min. 40) Rasilla.
Crónica de El Progreso
Entrevista na previa a Diego Poyán en La Voz de Galicia
01/02/14
SG COMERCIAL 3-TABOADA CF 2David Potente,Jonathan,Manu,Dani,Alex Moure,Jony
Aitor,Marcos Saavedra,Rubén ,Jose,Marcos López
Escapáronsenos de novo tres puntos nun partido no que fixemos moitos máis méritos pra acadar algo positivo pero penalízannos en exceso os deméritos,tal que foi así que os comercialistas tiveron menos ocasións que nós pero aproveitaron cada unha que tiveron e algunha lagoiña defensiva nosa.Así ocorriu no minuto dez Brais aproveitouse dunha indecisión defensiva para anotar o 1-0.Nunha tarde fría este gol fixo que se conxelara o noso xogo pero fumonos soltando a partir do 25, e no 30 Joni despuxo da mellor,a partir de aquí domiñamos e tivemos máis ocasión de empatar,no 35 Pablo salvou un disparo endiañado do noso Rubén e dous máis tarde Manute puido empatar tamén.Sin embargo tralo descanso veu todo xunto o a lesion de Jony que tivo que abandoar e o 2-0 obra de Alberto ,no 46.Non foi suficiente pra que entregaramos o partido e continuamos loitando e votándonos cara diante tivemos o premio nunha boa xogada individual de Aitor que resolveu enviando o balón o pao largo no 62 ´,era o 2-1.Non embargantes no 69´ nun córner voltaban porse as cousas difíciles Rey aproveitouse dun erro de marca para facer o 3-1.Ainda tivemos arrestos pra irnos polo partido e a fé que case o logramos Manute no 80 voltaba recurtar tras un bó centro de Steven tirándose en plancha e rematando de cabeza.Logo tivemos o empate en duas xogadas consecutivas outro remate de Manute que marrou baixo paos e un córner olímpico que se foi por nada.A última ainda a tivo Aitor, de novo nun córner foiselle arriba cando estaba baixo paos.Foi un gran arreón final pero non obtivemos recompensa .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.