Síguenos tamén en
https://www.facebook.com/taboada.cf
29/11/15
TABOADA CF 1 -ATLÉTICO ESCAIRÓN 4
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 29 De Noviembre De 2015
- Lugar: A Medela (Taboada - Lugo)
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Alberto, Noé (Pablito 77'), Poyán, Ibán, Emilio, David Potente (Manuel 80'), Juanjo Potente (Tara 66'), Alex Ratón y Fabio
- Club Atlético Escairón: Montero, Ramón, Rubén Cidre, Aitor, Jorge Rodríguez, Moreiras (Carrasco 58'), Ríos, Marzán (Jose Iván84'), Julito (Pandiani 85'), Quiroga y Rubén Díaz
- Goles del Taboada C.F.: Pablo;
- Goles del Atlético Escairón: Quiroga; Rubén Díaz; Carrasco; Jorge Rodríguez;
Intensísimos primeiros minutos dun partido xogado de poder a poder. Ritmo frenético,forte presión e sen embargo os primeiros latigazos do encontro definíronse desde o balón parado.No minuto 17 unha falta sobre o vértice esquerdo foi executada maxistralmente por Jorge Rodríguez que introducia o balón pola escadra tamén dereita de Roi que nada puido facer.O líder semellou sobreexcitarse co gol e tratou de facerse co control do xogo pero os locais sobrepuxéronse cun enorme traballo que sobre a media hora trouxo o premio.Tras unha falta lateral botada por Ratón que acarrexou unha serie de rexeites , Pablo andivo o máis listo pra anotar o empate desde dentro da área pequena.
Os primeiros minutos da segunda parte foron nosos ,cremos nas nosas posibilidades e fumos polo partido.Poyàn tivo a opción despois dunha excelente xogada persoal.Pero o que son as cousas ,cando mellor estabamos a xogar no 65´ nunha xogada de Julito ,este deixoulla franca na área a Quiroguita que se revolveu e batiu a Roi .O partido continuou polos mesmos parámetros da intensidade ,nos minutos posteriores o 1-2 estivemos a piques de conquerir a igualada en senllas oportunidades, primeiro tras un remate de cabeza de Ibán que non deu continuado para chegar o remate Poyán e logo tras un córner que libre de marca remachou Pablo pero que se foi arriba.Tivemos opcións de meternos no partido ata os últimos minutos nos que encaixamos dous goles que non fixeron xustiza o bó traballo realizado,non sempre a imaxe ofrecida é o que reflicte o marcador.O 1-3 chegou co Taboada envorcado sobre a meta de Montero e tras unha contra na que probablemente houbese fora de xogo Quiroguita asistiu a Rubén pra que sentenciase o encontro.O 1-4 xa ben entrado o desconto no 93,´tras unha boa xogada e asistencia de Ramón ,Carrasco só tivo que empurrala o fondo das redes.Era como decimos un excesivo e inmerecido castigo polo visto sobre o terreo de xogo,pero as cousas son como son .Tamén nos enfrontabámos hoxe a un equipo con moi bos mimbres e por algo vai líder en solitario.
Ainda que todos os puntos valen o mesmo para a semana enfrontámonos a un equipo da nosa liga e nun moi bó campo, nas Rapadas o domingo SD O PÁRAMO -TABOADA CF
Juanjo Potente,Diego Poyán,Pablo,Alberto,Roi,Ibán
Davd Potente,Noé,Fabio,Alex Ratón,Emilio
1 Montero, 2 Ramón,3 Rubén ,4 Aitor,5 Jorge,6 Moreiras,7 Rios,8 Marzán,9 Julio, 10 Quiroguita,11Rubén Diaz,
12 Santi 14 Pandiani,15 Ivi 16 Carrasco
28/11/15
TABOADA CF 0-CD CORGO 3
Victoria inapelable do conxunto visitante nun partido que ainda que non tivo un claro dominador , a maior eficacia do Corgo fixo que se decantase con claridade no seu favor.As tres ocasións que tiveron transformàronas e iste foi o feito diferenciador.
Os quince minutos Sergio recolleu un balón dentro da área local e aproveitouno pra batir a Rodrigo desde cerca.O gol foi o premio a maior presión coa que comezou o equipo corguense.Co paso dos minutos o equilibrio foi a tónica que marcou o xogo.Non habia ocasións en ninguna das áreas e o xogo desenrolàbase no medio campo.No minuto 35 outro balón colgado a àrea voltou a recollelo Sergio que cun disparo cruzado batia de novo a Rodrigo e convertiase no xogador decisivo do encontro.
Na segunda parte cambiou un pouco a decoración os locais estiveron máis agresivos e os visitantes máis conservadores pero con moito oede defensivo.O Taboada tivo alguna ocasión illada pero faltoulle continuidade o bó traballo desenrolado na recuperación. A sentencia chegou no treito final do partido tras un contragolpe que culminou Sebastiàn no minuto 86.Xa non houbo tempo pra màis.
Temos que pedirvos hoxe deesulapas pola calidade das fotografías deste partido dos xuveniles, a luz artificial non axudou moito.Perdón. Tamén temos que avisarvos que a semana que ven non haberá competición xuvenil.O próximo partido será dia 12 PALAS CF-TABOADA CF.
22/11/15
PASTORICENSE UD 2-TABOADA CF 0
- Fecha: Domingo, 22 De Noviembre De 2015
- Unión Deportiva Pastoricense: Casillas, Iago Ares, Leivas (Carlos 74'), Manuel (Mel 54'), Martin (Iñaki 54'), Farra (Dani 68'),Iván, Saavedra, Rubén (Andrés 80'), Pirata y Iago
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo (Pablito 69'), Alex Rodriguez (Alberto 74'), Nicolás (Ibán 46'), Noé, Jacobo (Tara 59'),Poyán, Emilio, Juanjo Potente, Alex Ratón y Fabio
- Goles del U.D. Pastoricense: 1-0, Farra (48'); 2-0, Dani (80');
- Tarjetas: Amonestó por los visitantes a Nicolás, Poyán, Jacobo.
Agardábanos un desprazamento compricado ó Acebreiro ,por varios motivos,un era o moito en xogo con tres puntos importantes,pois queriamos continuar coa boa xeira e diante dun correoso rival directo ,outro era a climatoloxía que se anunciaba complicada e de feito foi unha tarde moi fría e chuviosa,e tamén por qué á baixa longa de Marcos uníronse as recentes de Joni,Fabricio e a da semana pasada de Ivi, a quen especialmente queriamos adicar algo positivo trala sua fractura de clavícula.
A primeira parte foi moi igualada ,con moito traballo por parte das duas escadras e moi poucas ocasións nas duas áreas .Cada equipo mostrando as suas armas,,máis combinación pola nosa parte e mais verticalidade e xogo directo por parte local.Como decimos houbo poucas xogadas de ataque reseñables.
Tralo descanso cambiou a decoración ó pouco de comezar.Despois dunha boa xogada de Rubén por banda dereita,cambiu pra esquerda pra Manoliño que moi solto centrou ó punto de penal donde estaba Farra coa caña preparada e de primeiras fusilou a Roi.Afianzou o gol o conxunto pastoricense que se fixo co balón e chegou con màis asiduodidade Tardamos en volver a meternos no partido e non dabamos creado ocasións. Con todo non perdemos a cara o encontro e tentamos recuperar o dominio do medio ofrecendo moita disputa.Os locais estiveron máis cómodos co marcador a favor e sentenciáronnos a contra no minuto 80 nun balón en largo que definiu Dani diante de Roi.2-0 .O noso arreón final a base de orgullo e tesón non trouxo consecuencias gratas de cara o marcador e o encontro remataba coa sinalada victoria local.
A semana que ven un derbi no que nos enfrontaremos ó lider sólido da categoría,o domingo 29 as 16:15 na Medela TABOADA CF -ATLÉTICO ESCAIRÓN
Crónica El Progreso
Crónica El Progreso
5 Carlos,17 Makei,20 Mel,21 Iñaki,22 Dani
Roi,Poyán,Nico,Alejandro,Juanjo,Pablo
Noé,Fabio,Jacobo,Emi,Alex Ratón
Alberto,Ibán,Tara,Pablito,Isma,Emilio
21/11/15
(Xuveniles)
TABOADA CF 2-SD MONTERROSO 2
Bonito encontro o disputado hoxe na Medela no derbi comarcal.O partido foi pleno de disputa e bó xogo,pero xa estivo condicionado desde os primeiros intres pois xa no minuto 2 os visitantes puxéronse por diante,despois dun golpe franco que non deu atallado Rodrigo, un atento Marcos recolleu o rexeite e acadou o gol,0-1.Despois do gol o partido transcurriu cunha dinámica na que nós levamos a iniciativa dominando.a posesión e a Sd trataba de.despregar o seu letal contragolpe .Con todo as ocasións ainda que as houbo non foron o suficientemente claras como alterar o marcador. Coa salvedade claro no 28 ' da primeira, e xeito similar o gol visitante,despois dun falta directa o balón foi rexeitado e Alex Pita tamén atento a xogada andivo fino pra anotar o 1-1.Con este marcador chegouse ó descanso.
Tralo paso por vestiarios o partido continuo nos primeiros intres por uns derroteiros semellantes,ata que no 55 'Pablo resolveu cun chut un balón que cazou dentro da área.Logo houbo un periodo de relativa calma na que dominamos a posesión e non fixemos concesións.Co paso dos minutos os visitantes estiránrose na búsqueda do empate e comezaron a chegar con perigo as inmediacións da porta de Rodrigo.Con todo a mellor ocasión foi nosa a falta de un cuarto de hora Alex puido sentenciar nun man a man co cancerbeiro monterrosino,este ganoulle a partida .No treito final o equipo visitante tentouno cun xogo máis directo e obtiveron premio cando xa empezabamos a saborear o trunfo.Josema finalizou unha xogada de ataque da Sd no minuto 86,2-2.Ainda que no que quedaba nos envorcamos sobre a sua meta o resultado xa non se moveu.
Crónica La Voz de Galicia
Crónica El Progreso
Martín,Marcos,José,Pablo,Javi
Simón,Fede,Diego,Iago,Mateo,Sergio
TABOADA CF 3-CD SAN CIPRIÁN 1
- Fecha: Domingo, 15 De Noviembre De 2015
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Alex Rodriguez, Noé (Tara 64'), Jacobo, Poyán (Nicolás 72'), Ibán, Emilio (Manuel 88'),Ivan Gayoso (Pablito 40'), Juanjo Potente y Fabio
- Club Deportivo San Ciprián: Madariaga, Carlos García, Miguel, Ruben , Pachacha, Giobane, Aitor (Quelle 83'), Anton, Miguel,Pablo Costa y Borja
- Goles del Taboada C.F.: Ivan Gayoso; Fabio; Noé;
- Goles del C.D. San Ciprián: Pablo Costa;
- Tarjetas: Amonestó por los locales a Poyán, Alex Rodriguez, Juanjo Potente, Ivan Gayoso y por los visitantes a Miguel, Carlos García, Quelle, Miguel, Giobane, Pachacha.
Magnìficos primeiros minutos locais nos que desarboramos os mariñans con presiòn adiantada e ràpidas combinaciòns e transicciòns.O resultado :primeiro gol òs 8 minutos,fenomenal Jacobo no inicio da xogada,que continuou Ivi ata liña de fondo onde centrou pra rematar de xeito preciso e precioso Noé que batiu a Madariaga.Moi pouco despois no 15' ,xogada similar ,de novo esplèndido Jacobo no inicio ,cun balòn en largo pra Noè,que noutra acción espectacular vaise sobre liña de fondo do defensor e centra con pase da morte o punto de penalti donde aparece Fabio que fusila a Madariaga. 2-0.Non baixamos o acelerador e cun xogo hoxe moi efectivo e brilante ,no 30' noutra xogada preciosista Noè asistiu a Ivi que no man a man resolveu diante de Mada.Foi pena que tres minutos máis tarde nunha boa contra visitante Pablo resolvia diante de Roi 3-1. alodábase así un traballo inmaculado .No 40 'Ivi foise do cancerbeiro local pero un defensor sacou o balòn que se ia cara o gol.As cousas parecian torcerse cara o infortunio que tanto nos fai sofrir esta tempada no 42,cando o mesmo Ivi caia logo dun salto e mancábase no hombreiro , xa daquela semellaba de gravidade,como así foi:fractura de clavícula se lle diagnosticou .Asi co disgustazo fúmonos o descanso.
No inicio da segunda os visitantes estiráronse un pouco ,adiantando as suas liñas ,con todo as mellores foron nosas ,Noè despois de roubar un balòn tentou picarlla a Mada que estaba adiantado,o balón foise porriba do longueiro.Noutra posterior o propio Mada enviaba a córner un perigoso centro de Ibán.O resto da segunda tratamos e conseguimos de mantela boa orde defensiva ,non obstante os mariñans despuxeron dalgunha ocasión inmellorable como a de Poceiro no 67´ que incorporado ó ataque desde a sua posición de central rematou dentro da área pequena ,sacouna cos pés un providencial Roi.No tramo final do encontro fumos nós que poidemos sentenciar atá en tres oportunidades clarísimas , duas de Rubén (nos minutos 79 e 85) ,unha a porta baleira,e outra de Manuel tamén só baixo paos(minu. 90).Finalmente o marcador non se moveu e poidemos adicarlle a victoria a Ivi,a quen lle desexamos sobre todo unha pronta recuperación,Ánimo pequeno ,gran Ivi.
A semana que ven espéranos un transcendental encontro ,nun xa tradicional desprazamento o Acebreiro, o domingo 22 PASTORICENSE UNIÓN DEPORTIVA -TABOADA CLUB DE FÚTBOL
Crónica El Progreso
Roi,Alejandro,Pablo,Jacobo,Poyán,IbánCrónica El Progreso
Fabio,Ivi,Noé,Juanjo,Emilio
1 Madariaga,2 Carlos,3 Miguel, 4 Poceiro, 5 Adrián ,6 Gio,7 Aitor, 8 Antón, 9 Miguel Gomes,10 Pablo,11 Borja Rego
12 Victor, 13 Martín, 14 Quelle
Rubén,Manuel,Nico,Pablito,Isma ,Emilio
SD BECERREÁ 5 -TABOADA CF 0
Presumíase que ía ser un partido complicado diante o líder invicto da categoría .Todo máis cando os locais se adiantaron moi cedo no marcador no minuto 8´ despois dun gran disparo desde a frontal,dinate do cal Rodrigo nada puido facer .Con todo estabamos plantando cara con un bó xogo,ofrecendo traballo sobre todo a nivel defensivo . Os locais dominaron máis e tiveron algunha ocasións a maiores no primeiro tempo pero o Taboada defendeuse con orde.No 43´Javi tivo unha gran ocasión nun man a man moi claro co porteiro.Aí estivo o empate ,pero sen embargo chegouse o descanso co 1-0.
A volta dos vestiarios , tamén moi cedo no 50´,e con outro zapatazo lonxano os locais marcaban o 2-0 . e poñian todo ó seu favor.Foi un gol que nos deixou tocados.Ainda non nos deramos recuperado dese mazazo cando nunha xogada sen aparente perigo no minuto 57 , os locais aproveitanse dunha imprecisión defensiva pra logra o 3-0. Non ben se sacou de campo no 58´ a SD Becerreá acada o 4-0 diante duns visitantes tocados e fundidos .O partido rematou tecnicamente nese punto ainda con media hora por disputar.O que veu logo xa foi pra lucimento local.No 68 . marcaron o 5-0.Só nos demos recuperado no treito final con dous disparos lonxanos fantásticos de Fede ,nunha falta sacada por Poten e nun disparo a cruceta de Alex.Pero o resultado non se moveu .Final 5-0
Crónica La Voz de Galicia
Iago,Alex,David,Joni,Rubén,Rodrigo
Martín,Diego,Jose,Pablo,Javi
Simón,Xulián,Dani,Fede,Sergio,Antón
08/11/15
CHANTADA ATLÉTICO 0-TABOADA CF 0
FICHA DEL PARTIDO
- Fecha: Domingo, 08 De Noviembre De 2015
- Chantada Club Atlético: Alex Moure, Diego Mejuto, José, Lois (Alex Montes 77'), Miguel Fernández, Suso (Heber Gomez 82'),Adri, Aitor, Gomis, Fran (Manuel Pérez 89') y LIMA (Dani 37')
- Taboada Club de Fútbol: Roi, Alex Rodriguez, Nicolás, Noé, Poyán (Jacobo 51'), Tara, Ibán, Ivan Gayoso, Juanjo Potente(Manuel 70'), Alex Ratón (Pablito 82') y Fabio
- Tarjetas: Amonestó por los locales a Lois y por los visitantes a Alex Ratón.
Intensos primeiros minutos cun xogo propio dun derbi comarcal no que os dous equipos que se coñecen ben e necesitados de puntuar propoñian moita combinaciòn pero non exenta de loita e suor .Con todo as ocasiòns non abundaban e os atacantes incurriron na precipitaciòn a hora de definir.Na primeira parte quizais os locais fixeron màis mèritos na primeira media hora,nos ùltimos quince o Taboada estivo mais fino,pero non culminamos xogadas con acerto.O descanso chegouse coas tàboas no marcador.
Os segundos corenta e cinco foron máis movidos pero o esquema foi similar o Atletico de Rigui dominou mais nos primeiros intres e despuxo das mellores ocasións sobre todo en dous remates de Adri e Gomis tras duas xogadas a balón parado e especialmente noutra boa xogada de Adri que culminou cun disparo a queimarroupa que solventou cun paradón Roi ,na que foi a accción máis espectacular do partido no 65´.No resto non sufrimos en esceso mantendo unha boa orde e contundencia defensiva .Nese tramo final se cabe fixémonos co control do medio campo e chegamos con perigo en dous disparos lonxanos de Ibán e Alex Ratón.O empate final non deixou satisfeitos a uns e outros pero sumar sempre é importante.
A semana que ven de novo partido moi importante na Medela ,o domingo 15,a as 16:15 TABOADA CF-CD SAN CIPRIÁN.
Crónica La Voz de Galicia
Reparto de puntos en el derbi
El Taboada controló el partido y el Chantada Atlético puso las ocasiones
El primer derbi oficial que disputaron el Chantada Atlético y el Taboada finalizó con empate (0-0). Los dos técnicos dan por bueno este resultado, aunque el local, Rigui, reconoce que le sabe a derrota. «La verdad es que por ocasiones merecimos llevarnos los tres puntos, pero no estuvimos acertados de cara al gol, y eso se acaba pagando», comenta el entrenador del Chantada Atlético, Rigui.
Por su parte, el preparador del Taboada, Emilio García, señala: «El resultado fue justo, aunque admito que fueron ellos los que tuvieron las oportunidades. Nosotros tuvimos la posesión, y conseguimos un buen resultado».
En la primera parte, el choque fue bastante igualado, pero las ocasiones llegaron por parte del Chantada Atlético en las botas de Fran -al final el centrocampista superó sus molestias que lo mantuvieron dudoso hasta minutos antes del choque- , Gomis y Lois. A pesar de esto, el marcador no se movió.
En la segunda parte, la tónica fue similar, y en este tramo de encuentro fue Gomis el que tuvo la ocasión más clara, puesto que envió el balón al palo de la portería defendida por Roi, que tuvo una gran actuación. Adri también dispuso de dos claras. Al final, reparto de puntos.
Reportaxe Televinte 1 Alex Moure,2 Meju,3 Conde ,4 Lois,5 Miguel,6 Susiño,7 Adri,8 Aitor,9 Gomis,10 Fran,11 Guffy
Roi,Poyán,Nico,Tara,Alejandro,Ibán
Juanjo,Noé,Ivi,Fabio,Alex Ratón
12 Heber,13 Victor,14 Manute,15 Dani,16 Montes
Isma,Pablo Moure,Manu,Jacobo,Joni Castro,Emilio,Marcos
07/11/15
FRIOL CF 0 -TABOADA CF 2
Excelente partido dos nosos xuveniles.Moi serios e ordenados atràs todo o encontro e con unha pegada decisiva arriba.
O primeiro tempo foi moi físico,con predominio do xogo no medio campo ,sen ocasiòns claras ,nin sequera dirixidas ós tres paos.O xogo de ataque das escadras dirixidas por Brais Burgo e Antòn morrian nas ben colocadas defensas.Todo asì atà chegada do primeiro gol.Aconteceu no minuto 37,logo dunha xogada por banda esquerda,o balòn foise a còrner ,este foi botado por Alex Pita ,ò remate foi Joni Guerra en primeira instancia pero non chegou ,si rematou tirándose case en plancha David Potente ,o remate de arriba abaixo foi mortal de necesidade ,asì acadamos o 0-1.Non houbo màis que reseñar no primeiro tempo que as lesiòns na mesma xogada de Pablo e Alex ,que levaron un forte golpe na cabeza,ainda que poideron continuar quedaron conmocionados durante o tempo de lecer.
No segundo tempo o partido rompeuse.Os friolenses estiráronse na procura do empate ,nos primeiros intres tentaron encerrarnos atràs pero estivemos contundentes,raiando a gran nivel defensivo.Soupemos xogar moi ben a contra ,nunha delas despois de presionar moi ben arriba Alex e Javi roubamos o balòn e Javi aproveitando a posiciòn adiantada do seu gardameta,acadou un fermosìsimo gol cunha gran vaselina.Desde entòn o partido foi noso,cuns locais que o tentaban pero nós cun orde perfecto non deixamos que crearan ocasiòns e, incluso, poidemos aumentar a vantaxe en senllas xogadas de Simòn e Diego López,e nun par de remates de cabeza de Martìn a, saida doutros tantos còrners.Finalmente o marcador non se moveu,O-2.
O sábado 14 partido salientable diante do actual líder invicto do grupo: no Municipal, SD BECERREÁ -TABOADA CF.
O sábado 14 partido salientable diante do actual líder invicto do grupo: no Municipal, SD BECERREÁ -TABOADA CF.
RODRIGO,MANUEL,RUBÉN,ALEX,JONI GUERRA,PABLO
MARCOS,MARTÍN,DAVID POTENTE,JOSE,JAVI
IAGO,SIMÓN,DIEGO,DANI,SERGIO,ANTÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.