jueves, 4 de febrero de 2016

febreiro










Síguenos tamén en 
https://www.facebook.com/taboada.cf
TWITTER. TaboadaCF






 28/02/16
                                        TABOADA CF 2 -  UD XOVELAGO 1
                                                                           FICHA DEL PARTIDO
                              Partido o de hoxe outra vez decisivo na loita pola salvación,cando en cada partido nos xogamos tres puntos vitais.Comezamos os dous equipos con moita intensidade.Nos primeiros minutos chegamos ata en tres ocasións un pouco febles  que non demos finalizado.Os visitantes nunha contra levaron máis perigo pero a culminación de Coello cun disparo cruzado tamén foi frouxa.No 15' Jacobo si puxo en apuros a Hugo tras unha xogada individual,o seu disparo deteuno o gardavallas  tras dous intentos por atrapala.Fabricio no 20´ tamén probou a Hugo cun disparo desde a frontal.No 24' unha contra do visitante Borja culminouna cun centro que se paseou por liña de gol.Un minuto despois unha falta na medular votada por Jaco rematouna Pablo de testa, detivo Hugo pegado o poste.Despois do derroche inicial houbo un pequeno baixón na intensidade,con transicións máis lentas e sen acercamentos de perigo.Asi se chegou o descanso sen nada máis que reseñar.
                           A volta dos vestiarios volveuse coller o puntiño da intensidade  e disputa con moita máis velocidade a pesar de como se foi poñendo de pesado o terreo de xogo,pero nos primeros compases faltaba  precisión , no pase e na  definición.Ata que Noé no 53 engachou un zapatazo coa dereita  dende a frontal que entrou pegado o pao,precioso o gol.1-0. Foi un subidón que fixo que saira a relucir o mellor do noso xogo .Só uns intres despois e de xeito case consecutivo Ibàn tivo duas ocasións ,un disparo que desviou a córner Hugo ,e no lanzamento deste cun remate de cabeza.Pasamos logo cunha fase de dominio local,que con bó xogo ofensivo contivemos calquer amago de reacción visitante.No 68' outra doble ocasión consecutiva na que primeiro Poyàn xirándose  na área pequecha remachou a queimarroupa,o rexeite de Hugo voltouno rematar Pablo,desta volta o balón foise arriba.No 72 ' unha boa contra levada por Poyàn e Noé,rematouna Fabio de cabeza ,o balón foise lambendo longueiro.No 81' falta lateral que saca Ratón templando pra que remate Poyàn outra vez a rompela, sacou Hugo a córner cun paradón extratosférico.No lanzamento deste por parte de Fabio ,Emilio conecta un testarazo impresionante que entra pola escadra do segundo pao,2-0.O gol fixo xustiza a un gran segundo tempo pola nosa parte.soberbia a media hora final.O único lunar no último suspiro no 91´  producido trala rigurosa expulsión de Pablo tras unha  falta e  unha trifulca posterior ,logo do lanzamento daquela os visitantes acadaron o seu gol ó rematar Moya desde case liña de gol ó   centro de Alex Meitín . foi o 2-1 definitivo .Logo,  ainda que nos entraron os nervos no que quedaba de alargue , non sufrimos máis xogadas en contra.O premio de hoxe non só foron os tres puntos ,tamén foi o pulo que nos ten que darnos vernos na mellor posición clasificatoria da tempada.Ainda que estamos moitos equipos en moi poucos puntos ,temos que vernos capaces de loitar ata o últimos intre.
                                 Pra semana, ainda que agora tódolos partidos non sendo  auténticas finais son moi transcendentes , disputaremos un encontro  que pode marcar moito o noso futuro no campo do Árbol AD VALADOURO -TABOADA CF.
                                       
                                               Recurte de prensa  : crónica El Progreso
                                                                           
                 
                                                             

DEPORTES Importante vitoria do Taboada CF que sube ata a 11ª p...DEPORTES Importante vitoria do Taboada CF que sube ata a 11ª praza 02-03-2016
Posted by TELEVINTE CHANTADA on Mércores, 2 de Marzo de 2016
                                                
                                                                              
Roi, Pablo, Jacobo ,Fabricio  ,Juanjo Potente ,Ibán
 David Potente ,Noé, Fabio,Alberto ,Emilio
 1 Hugo  2 Morás 3 Chiqui 4 Victor 5 Oliver 6 Luis Rego  7  Alex Meitín  8 Moya 9 Juanjo Coello 10 Maikel 11 Borja
 12 Josiño 13 Fanego





































                                                                                


     CD SANTABALLÉS 2-TABOADA CF 0
21/02/16
FICHA DEL PARTIDO
                                Tarde primaveral que en nada lembraba a da semana pasada.O encontro sen embargo discorreu nun principio por parámetros similares a aquel ,intensidade e disputas con duas propostas de fútbol semellantes que conlevou a presenza dos dous equipos en ataque pero a diferenza e aquel faltou mordente ofensiva.Nos primeiros intres fóronse impoñendo as defensas,moi seguras e sen contemplacións. As ocasións por tanto foron escasas e sen moito perigo por lo menos ata primeira hora,cando vimos dous disparos consecutivos un local de Verez,outro visitante por parte de David Potente,con intención àmbolos dous pero non ben dirixidos en última instancia.Ata o descanso pouco máis que reseñar que unha falta sobre a frontal que sacou Ratón con moita intención pero saiuse perto do poste dereio de Adriàn.Acabou primando ata o fin dos corenta e cinco primeiros  un  exceso de mediocampismo e con pouca profundidade .
                               No inicio da segunda continuou o partido sen ter un domiñador claro,pero os locais tiveron un par de ocasións nos pés de Verez,a primeira tras unha boa xogada de Iago,o remate chapouno Roi,a segunda tras unha perda nosa que estivo a piques de sorprendernos,salvou Juanjo baixo paos.Estas duas ocasións sementaron dúvidas nos visitantes,e quizais recuamos un pouco.No 16' da segunda un zapatazo desde a frontal de Dani petou nun defensor noso ,o suficiente pra desviala traxectoria e despitar a Roi,que nada pudo facer pra evitalo gol ,1-0.Quixemos repormonos pronto,e logo dunha boa xogada de Tara un bo lanzamento de Poyàn foise perto da cruzeta.Despois unha xogada entre Fabri e Noé culminouna este cun chut que se foi alto.No 74' Iago non aproveitou unha falta de entendemento defensivo noso,pero solventouno un minuto despois cunha moi boa xogada por banda dereita que culminou cun gran disparo cruzado que significou o 2-0. No último treito buscamos con tesón  un gol que nos metese no partido ,con máis corazón ca cabeza ,e Poyán tivo unha moi boa ocasión tras unha xogada de Tara ,aquel controlou e virouse ben na área pequena pero en lugar de de disparar cedeulla a Marcos que disparou arriba.Non  as tivemos  moito máis claras no que quedaba .Foi definitiva a pegada e fortuna local,neses vinte minutos da segunda metade ,entre gol e gol ,que os fixeron merecentes da victoria.Nada que obxetar.
                           A semana que ven toca afrontar outro gran reto esta volta na casa diante dun equipo punteiro ,o domingo TABOADA CF-UD XOVE LAGO.


                                                               Crónica El Progreso
                                                                             

1 Adriàn,2 Ferreiro,3 Nito,4 Neska,5 Seo,6 Alfonso,7 Novà,8 Martín ,9 Iago,10 Verez,11 Dani
12 Bouza,14 Juanjo,15 Chechu,16 Oli,17 Esteban.
Roi,Nico,Jaco,Poyán,Juanjo,Ibán
Fabri,Noé,Fabio,David,Ratón



Marcos,Joni Castro,Isma,Alex,Tara ,Emilio
Joni,Isma,Alex,Marcos,Tara











































20/02/15
FRIOL CF 7-TABOADA CF 1
( Fotos xentileza de Sergio,crónica de Rubi)
                        Primeiro a partido da fase previa da Copa xuvenil,adiantada correspondente a terceira xornada da mesma .No cal encaixamos unha excesiva e goleada sen paliativos.Nos primeiros minutos sen embargo comezamos bordando un excelente fútbol de ataque ,con varias ocasións nas que poidemos inagurar o marcador.Pitáronnos un penalti a favor cando Jose chegaba só diante do porteiro.Joni foi o encargado de lanzalo pero a fotuna quixo que se estrelase no pao.Foi chave a xogada pois os locais viñéronse arriba e anotaron dous goles na primeira metade que foron todo un mazazo anímico.A segunda parte non levantamos cabeza  e cun inicio frouxo os friolenses tomaron unha vantaxe importante con outros dous .Despois marcou  Rubén para o Taboada e o equipo quixo irse arriba e pero os locais non tardaron en acadar o quinto e aí acabouse o partido,O tramo final  o equipo completamente entregado encaiuxou un par máis.Das derrota só debemos aprender,máis que das victorias e toca voltar traballar con intensidade pra levantarnos de seguida .







14/02/16
TABOADA CF 2-SD MUIMENTA 1
FICHA DEL PARTIDO
              Era o partido do golpe na mesa,moito máis que un simple encontro.Dous equipos con dinàmicas contrapostas,a nosa ascendente e recuperando efectivos,a deles dubitatiba e perdendo fichas.Son  un rival rochoso,os celestes hoxe de verde, que despregan un fútbol compacto , pragmático  e con xogadores de calidade  que sistemáticamente nos viñan facendo sempre dano nas últimas confrontacións.O que nos xogabamos era respirar sin atrancos  e non vernos tan abaixo por lo menos unha semana nunha tempada especialmente dura.O entorno, outro domingo màis, tamén se previa adverso,condicións climàticas extremas.
                 Co terreo de xogo empichorcado o partido tivo un comezo eléctrico,o balón desprazándose rapidísimo dunha àrea a outra.A primeira ocasión clarísima foi nosa no 15',tras unha fulgurante transicción Noé estrelou o balón no traveseiro cun durisimo disparo.No 27' outra xogada similar Gara con máis intención de colocala ,tamén estrela balón no longueiro.No 32' Cascudo cunha falta directa fai intervir cun paradón a Roi.No 35' David Potente rondou o gol cun disparo axustado o pao.No 37 ´ Emilio de novo volve estrelar un balón na madeira ,no pao esquerdo.Estabamos a ver un partido precioso,pero sin goles.No 41' noutra rápida transición Noé pon en moitísimos apuros a Ivo,que sacou balón coa punta da luva.
                   Na segunda parte arreciou o temporal,o partido tornou de cara  a unha  loita sin cuartel  de  vintedous xabatos,contra o rival e contra os elementos,co campo volvéndose impracticable.No 54' ocasión visitante de Danilo que saca un  Roi  atinado e segurísimo .No 55' doble ocasión local de Emilio e Tara que sacan consecutivamente Ivo e Cascudo baixo paos.Un màis tarde Noé volve ter outra clara oportunidade tras xogada de David Potente por banda dereita,sacou Ivo a córner.No lanzamento deste por Jacobo , Pablo de forte testarazo acada o 1-0,minuto 60.Nos seguintes minutos os visitantes quixeron estirarse, ainda que sen profundidade ,con lanzamentos a balón parado ,nós non perdemos a posición, é máis, tivemos opcións de acadar o segundo cun disparo lonxano de Emilio e en outra xogada de David Potente que neutralizou Ivo tirándoselle os pes.A mellor ocasión visitante no 85' ,logo dunha boa internada  por esquerda de  Hugo que culminou Mincha cun remate de cabeza  que sacou un providencial  Roi que voou pra enviala a córner.O partido encamiñouse nos minutos finais de cara a épica pra ser un partido de fútbol total ,non lle faltou nin a polémica.No 90' un penalti nunha xogada sen aparente perigo e moi protestado por parte local foi transformado por Cascudo 1-1.Cando todo semellaba abocado ó  empate,a fé fixo que nos volcaramos cegamente  ó ataque.Os dous últimos dous minutos da prolongación son pra narrar con detalle,desque sacamos  do medio enseguida forzamos un córner,sacao Emilio e remata Tara fora,Sacou Ivo de porta ,prolongou David Saavedra cara noso campo alí ímponse  Nico no salto, o balón caelle a Ratón que progresa por banda dereita,xogaa inda na banda con Joni Guerra ,que cun control orientado deixa atrás  a seu par,tócalla a a Jacobo e este  no 93' enganchou un zapatazo,un extraordinario golpeo coa diestra que  describiu  un efecto precioso de fora adentro  e entrou pegadiño o pao.Foi o éxtase,unha celebración apoteósica  toda a grada a pé de campo, todo o plantel tirándose darrastro pola auga pra acudir abrazarse os siareiros ,unha piña en comuñón  como habia tempo que non se via na Medela.Un final agónico e taquicárdico coa máis  fermosa culminación  .A xogada puxo fin o encontro.
                             Duas notas máis ofreceu o encontro o regreso  de  Marcos ós terreos de xogo despois da sua segunda grave lesión  e a nova presenza de Joni Guerra disputando minutos decisivos.
                       A semana que ven , toca un novo desprazamento,este pra sacar nota , o domingo CD SANTABALLÉS -TABOADA CF.

                                                                               
                                                                             

Roi,Jacobo,Pablo,Jony Castro,Nico,Juanjo Potente
   Noé,David Potente,Fabricio,Alberto,Emilio

13 Ivo,2 Diego, 3 Alejandro, 4 Adri,5 Cascudo ,6 David, 7 Mincha, 8 Hugo 9 Danilo 10 Gara 11 Adrián Orosa
12 Novo   14 Cono,  15 Casi 16 Javi Morán

Tara,Joni Guerra,Marcos,Isma ,Alex Ratón( que non aparece na foto) e o mister Emilo,que case aparece .
























 Os fieis que veñan como veñan sempre están aí




06/02/16
SD ANTAS 0-TABOADA CF 2
FICHA DEL PARTIDO

                    Tarde noite desapacible coma poucas que fixo que a batalla pola supervivencia fose épica.Caian cans e gatos acompañado dun frio intenso que condicionou en exceso o fútbol dos dous contendentes.
                   Primeiros minutos moi movidos con continuas idas e vidas.A primeira ocasión foi local nos pes de Guerreiro que disparou cruzado ,o balón foise perto do pao esquerdo de  Roi .A seguinte foi nosa os dez minutos un córner olímpico de Fabio que se foi lambendo o segundo pao.Tras outro córner Noé rematou dentro da àrea con moito perigo ,o  seu chut chapouno Kevin .Outro remate a saida de outro córner no 19' ocasionou outro remate noso de Poyán que se foi fora.Un córner máis ,esta vez sacado en curto polos  locais puxoo con moita forza e colocación Costa e parouno con moitos apuros Roi,era o minuto 26.O partido tornou cara  a forza e  a pelexa no medio do campo,alí conquistouse moito do gañado con máis presión e posesión .No 43' unha falta na medular templouna con mestria Ratón e Ibán rematouno dentro da área de cabeza colocándoa o segundo pao por donde entrou sen opcións para Kevin 0-1.Asi se chegou ó tempo de lecer no medio dun auténtico temporal de  vento,auga e frio.
                    A volta dos vestiarios ,o pouco, foille anulado un gol a Poyàn por fora de xogo.Na xogada seguinte no 50' Dabouza rematou cruzado, o balón pasou cerca do poste esquerdo de Roi.No 60' outra falta no medio trouxo como.conseuencia un remate de David Potente que se foi rente o pao dereito de  Kevin.No 64' outra falta na medular sacada por Guerreiro rematouna Miguel que acababa de entrar por Dabouza enviouna Roi a córner cun paradón espectacular e providencial,foi a mellor ocasión local.No 68' gran contra levada por Fabio o remate rexeitouno en primeira instancia Kevin ,o balón saiu de cara a  frontal por donde apareceu Poyán pra volver rematar o balón que se acomadaba pra entrar, quixoo sacar Zhasky pero acabou por introducila él na sua propia meta,0-2.No 79' outra contra enorme de Fabio que culminou asistindo ó oco a Noé,que chegou xusto pra rematar o balón  que se foi por nada.No resto houbo que sufrir un pouco por que  que os locais apretaban ainda que non despuxeron de claras ocasións, finalmente colleitamos tres puntos vitais,catro se temos en conta o gol average.
              A semana que ven outro partido transcendental na Medela TABOADA CF- SD MUIMENTA.

                                                                               
                                                                                    
1 Kevin,2 Jose Carlos, 3 Carrera,4 Zhasky,5Torrado, 6 Gallego, 7 Costa, 8 Cristian , 9 Dabouza, 10 Adrián, 11 Guerreiro
12 Xurxo,  14 Alberto 15 Méndez 16 Miguel 17 Anxo
Roi,David Potente,Juanjo Potente,Alejandro,Diego Poyán,Ibán
Noé,Nico,Fabio,Emilio,Alex Ratón


Emilio, Isma,Joni Castro,Jacobo,Tara e Fabricio





























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.