TABOADA C.F
Síguenos tamén en:
Síguenos tamén en:
TABOADA CF youtube
TABOADA CF INSTAGRAM
instagram.com/TaboadaCF
29/04/18
CD SANTABALLÉS 6-TABOADA CF 1
24/04/18
TABOADA CF 5-SD O PÁRAMO 0
24/04/18
SD SARRIANA 3 -TABOADA CF 1
15/04/18
SAN CIPRIÁN 3 -TABOADA CF 1
14/04/18
TABOADA CF 1- SD MONTERROSO 3
(copa xuvenil)
08/04/18
TABOADA CF 2 -AD VALADOURO 0
TABOADA CF. 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9Noé 10 Jacobo 11 Poyan 16 David Montes 20 Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 7 Marcos 8 Nico 13 Javi Paz 18 Coto 22 Joni
AD VALADOURO 13 Tomas 2 Pedro Prieto 3 Borja Ferreiro 5 Pernas 6 Roberto 7 Maseda 8 Chile 10 Jony 11 Luis Varela 15 Cristian 20 Andres Guijarro.
SUPLENTES 1 Labayen 4 Luis Rego.
07/04/18
TABODA CF 6 -EF POLVORÍN B 2
instagram.com/TaboadaCF
29/04/18
CD SANTABALLÉS 6-TABOADA CF 1
Nun dia no que os visitantes presentaban unha alineación
de circunstancias e inédita con 5 xuveniles na convocatoria, o encontro comezou moi parello con
moita brega ainda que sen ocasións nas
duas áreas. Ata a chegada do minuto 20,dun
balón que Nico Criado recolleu sobre a frontal e cun disparo seco e
axustado batiu a Javi Paz que nada pudo facer. Despois xa se desataron as hostilidades en ataque,
os visitantes votáronse na procura dun rápido empate e Joni tivo unha moi clara
tras asistencia de Fabio, un paradón dun seguro Adrián evitou o gol. Minutos
despois Verez fallou un claro remate despois dunha contra de Nico e Novas.
Antes do 30' o local Dani despois dunha rápida internada marraba no remate que
marchou desviado. No 35 ' foi David Montes despois dunha gran xogada individual na
que chutou a porta e foi Nito que sacaba baixo
paos. Dalí ao fin dos primeiros cuarenta e cinco non houbo màis que reseñar.
A segunda comezou cun Taboada moi presionante e agresivo
en ataque. Con duas accións destacadas
en ataque nos dous primeiros minutos de Fabio e Javi Diaz.Pero no 54'
cortouse esa gran reacción de novo cun
balón que engatillou Nico desde fora da àrea e entrou axustadisimo ao pao,
diante do cal Javi pouco puido facer. Foi o principio do fin das nosas opcións,
pois perdemos un pouco a posición a partir de entón. E pouco despois no 58' un
gran contragolpe de Alex Novas que culminouno el mesmo despois de irse da nosa
defensa, facendo o 3-0 ,que se presumia xa case inabordable.
Con todo o equipo non deixou de competir e nun gran
contagolpe de Javi Diaz este asistiu a Fabio que rematou o fondo das maias 3-1
no 60'.Facia concebir certas esperanzas o gol, a pesar de que nesa acción se
lesionaba o mencionado Javi Diaz,que tivo que abandonar o terreo de xogo un pouco despois da sua entrada .Un pouco despois o propio Fabio tivo outra gran ocasión coa cal podia apretar o marcador ,despois dun gran centro de Sesiño,remachaba cunha chilena acrobática que rozaba o lombo de Chechu que fixo que o balón se fora lambendo o longueiro ,de no ser tal tería entrado. Durou a ilusión xusto ata un penalti pouco intencionado,por non decir inexistente,
de Juanjo sobre Yago,que soupo caer aos ollos do colexiado e que el mesmo se encargou de transformar no 80'.Despois o
equipo derrubouse e nun par de minutos, no 81 e 82 ,encaixou senllos goles de
David e Dani que convertian a derrota nunha tan abultada e excesiva coma inxinmerecida goleada.
A semana que ven toca desprazarse de novo a Terra Chá onde nos xogamos tres puntos que poden ser decisivos nun final de liga que cada vez se comprime máis, o domingo CD XERMADE -TABOADA CF.
A semana que ven toca desprazarse de novo a Terra Chá onde nos xogamos tres puntos que poden ser decisivos nun final de liga que cada vez se comprime máis, o domingo CD XERMADE -TABOADA CF.
CD SANTABALLÉS 1 Adrian 2 Chechu 3 Nito 4 Neska 5 Seo 6
Alfonso 7Alex Novas 8 Soto 9 Nico 10 Verez 11 Dani
SUPLENTES 12 Bouza 13 Daviz 14 Yago 15 David 16 Oli
TABOADA CF 1 Javi Paz 4 Juanjo 8 Nico 9 Noé 14 Iban 16 David
Montes 19 David Potente 21 Sesiño 22 Joni 23 Fabio 26 Dieguiño
SUPLENTES 7 Marcos 12 Javi Diaz 15 Coto 18 Sergio Quintas 25
Sergio Orozco
24/04/18
TABOADA CF 5-SD O PÁRAMO 0
Empezou o
partido moi prometedor, cos dous equipos ofrecendo moito. O equipo local
quizais arriescando máis. Froito disto no minuto 8, rouba o balón en ataque Guerreiro que
asiste a Noé, que non o pensa e cun chut axustado bate a Lisboa. 1-0.
O gol espoleu os visitantes que se votaron
ao ataque e inda que non tiveron ocasións claras tiveron un dominio do balón
ata media hora. Mentras o Taboada defendía dun xeito ordenado e cautela, tratando de sair as
contras pero sen ocasionar tampouco perigo sobre ameta de Lisboa. O forte calor reinante fixo necesario un parón
a media hora. O parón tamen significou un baixón no xogo. No último cuarto de
hora non houbo xogada significativas e notouse certo parón no ritmo. Só duas xogadas de relumbrón poidemos
constatar nestes intres finais.Tivo unha moi clara Rober no 42' con Roi
desbordado enviou balón porriba do longueiro.Houbo tamén unha xogada moi
protestada polos visitantes o balón despois dun córner petou en Manuel e os
rivais reclamaron unhas máns .Foi xusto antes de que no 45´ cando semellaba iba acabar así o
primeiro tempo, unha xogada de ataque de Moski, trouxo unha asistencia deste
desbordando a Lisboa e a porta
baldeira Guerreiro só tivo que empurrar 2-0.Asi rematou a primeira metade.
O segundo tempo voltou comenzar cun
Taboada dominador con duas ocasións clarísimas de David Montes e Moski que
poideron sentenciar o partido. E quizais unha máis de Poyán pero xa menos
nítida. Foron os mellores minutos dos
locais que estaban a ser moi superiores.
Esta superioridade acabou por ser manifesta no 72´ tras un enorme xogada
de David Potente que cun chut inapelable batía sin remisión a Lisboa. Os
últimos minutos foron de luxo, cun Pàramo que non se entregaba pero cun Taboada espléndido que culminou a
victoria con dous golazos de dous xogadores que son dos que màis o merecían da
plantilla, primeiro no 88´Jony por
o seu traballo ,humildade e sacrificio, culminou un
ràpido contragolpe e o seu chut despois de petar no poste facía o 4-0. E
no 90´Marcos ,que despois dunha temporada marcada pola sua lesión e ardua
recuperación e seu traballo abnegado,
anotaba un fermoso gol tras xogada individual facía o 5-0,que xa puxo o punto e
final de inmediato.
Acadáronse tres puntos
importantísimos que se ben non
significan acadar a salvación matemática polos temidos arrastres ,si case nos
acercan o ansiado obxetivo,tendo enconta os enfrontamentos directos da zona
baixa da táboa.
A semana que ven toca
pelexarnos no campo da Liga por manter a octava praza que obstentamos na
actualidade cun rival directo,CD SANTABALLÉS-TABOADA CF.
TABOADA CF 1
Roi 3 Manu 4 Juanjo 9 Noé 11 Poyàn 16 David Montes 19 David Potente 20
Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 7 Marcos 8 Nico 10 Jacobo 13 Isma 22 Jony
SD O PÁRAMO 13 Lisboa 6
Nico 8 Pepe 9 Rober 10 Borjita 12 Alex 16 Folgueira 17 Omar 19 Hugo Fontal 20
Saul 22 Bruno Amil
SUPLENTES 2
Bryan 4 Brays 5 Corbelle 7 Dieguito
.
24/04/18
SD SARRIANA 3 -TABOADA CF 1
15/04/18
SAN CIPRIÁN 3 -TABOADA CF 1
Comezou o partido cun equipo local moi enchufado, tamén moi
necesitado. Pero producto dunha maior intensidade no 10" unha gran xogada
de Guilherme por banda dereita acabou nun centro que rematou de primeira Borja
Mella o fondo das maias 1-0.
Quixo reaccionar
o Taboada estirando liñas e creou nos
minutos seguintes un par de ocasións con certo perigo. O partido volveuse
competido pero nesa tesitura saimos perdendo, no 30" un contragolpe
centrado culminouno Racha diante da saida de Roi. 2-0.
Foi máis fácil desde ese intre o partido
para os locais, que xogaron con máis tranquilidade sobre todo en defensa. No
que restou de primero tempo non fixeron concesións e non tivemos practicamente
opcións nin de cercar a sua área.
A segunda parte
comezou cun Taboada màis ambicioso, pero con pouca profundidade. Aproveitou mellor a efectividade o equipo local que no minuto 60 " case
cerrou o partido despois dunha contra de Borja Mella que asistiu a Guillerme
que completou o contragolpe no man a man con Roi. 3-0 .Ahí case morreu o partido, e
máis cando un pouco despois foi expulsado Ibàn por segundo cartón amarelo.
Con todo en contra o Taboada Cf non baixou os brazos e seguiu na pelexa tentando recurtar.Así chegou un penalti moi claro sobre Moski no 82 ´´,que se encargou de transformar Fabio ,un minuto máis tarde .Despois encomendámonos a misión de tentar igualar o gol average particular,que cun só gol máis incluso nos sería favorable.Queimamos as naves tentandoo ,pero non foi posible.Con ise marcador favorable aos locais rematou o encontro.
Agora toca seguir metidos na pelexa ,inda que sen perder ningún posto na taboa clasificatoría,pero con todos os rivais que veñen por detrás apretando.A semana que ven toca outro enfrontamento quizais decisivo pra chegar a acadar uns 42 puntos que poden ser os que marquen o límite dos postos de descenso ,na Medela o domingo :TABOADA CF -SD O PÁRAMO.
Con todo en contra o Taboada Cf non baixou os brazos e seguiu na pelexa tentando recurtar.Así chegou un penalti moi claro sobre Moski no 82 ´´,que se encargou de transformar Fabio ,un minuto máis tarde .Despois encomendámonos a misión de tentar igualar o gol average particular,que cun só gol máis incluso nos sería favorable.Queimamos as naves tentandoo ,pero non foi posible.Con ise marcador favorable aos locais rematou o encontro.
Agora toca seguir metidos na pelexa ,inda que sen perder ningún posto na taboa clasificatoría,pero con todos os rivais que veñen por detrás apretando.A semana que ven toca outro enfrontamento quizais decisivo pra chegar a acadar uns 42 puntos que poden ser os que marquen o límite dos postos de descenso ,na Medela o domingo :TABOADA CF -SD O PÁRAMO.
CD SAN CIPRIAN
1 MADA 2 CARLOS 3
DANI SANTE 4 OSCAR 5 FABIAN 6 ANTON 7 GUILLERME 8 XOEL 9 BORJA MELLA 10PABLO
COSTA 11 MIGUEL
SUPLENTES
12 QUELLE 13 MARTIN RUBAL 14 CORTIÑAS 16 DANI.
TABOADA CF
1 ROI 3 MANU 4 JUANJO 9 NOÉ 10 JACOBO 11 POYAN 14 IBAN 16
DAVID MONTES 21 SESIÑO 23 FABIO 26 DIEGUIÑO
SUPLENTES 8 NICO 13 JAVI 19 DAVID POTENTE 22 JONI 23 MOSKI
14/04/18
TABOADA CF 1- SD MONTERROSO 3
(copa xuvenil)
08/04/18
TABOADA CF 2 -AD VALADOURO 0
Non foi o partido no que máis méritos fixo o Taboada dos
últimos tres;O xogo despregado os dous
anteriores merecera moito mellor resultado ,foi certo ,pero a fortuna non foi
aliada precisamente e nos últimos intres tanto do partido diante do Club Lemos como diante do CF Riotorto arrebatounos
un par de victorias que tiñamos na man e por méritos tiñamos que ter conquerido
.O fútbol non entende de xustizas e deixounos coa mel nos beizos.
Hoxe o
partido presentabase vital.Ámbolos dous equipos nun puño,e coa presión
asfixiante que este ano ofrece a competición pola amenaza constante dos
arrastres que este ano presentan as categorias superiores. O partido comezou moi incomodo para as
duas escadras que non querian expor en exceso quizais condicionadas por toda
esa presión.Nos primeiros minutos era todo un querer e non poder e ningun dos
onces ofrecian un xogo digamos
vistoso. Foi determinante nos primeiros intres un penalti moi claro
sobre Moski no 20' que se encargou transformar Guerreiro,con toda sua
serenidade e experiencia diante dun porteiro experimentado e seguro como Tomás.
1-0.O gol serenou un pouco o xogo local. Propuxemos logo máis calma e
tranquilidade tratando de buscar a meta dun equipo mariñan máis reservón,con
baixas notables nas suas filas como Cora e Felipe Varela,dous dos seus homes
determinantes. e así un tanto lastrado
ofrecia pouco en ataque.O equipo local
con todo non despuxemos de
ocasións claras a pesar de dominar case por completo o dominio do balón no
tramo final da primeira parte.
A segunda
parte comezou cun Taboada máis incisivo. Aos dous minutos e despois dunha longa
xogada Guerra deixoulla a Mos que errou só baixo paos. O pouco foi Poyán quen despuxo doutra moi clara desde moi
perto,pero fallou na definición diante de Tomás. O Valadouro dispuxo da sua
primeira gran ocasión no 60 ´nun man a man de Maseda con Roi que se lle foi
fora o mariñan.Semellou que o equipo visitante quixo irse arriba por uns intres
,pero foi un espellismo.O Taboada votuse arriba de novo e a partir do
75' preséntanse duas ocasións consecutivas a prol do Taboada nos pes de
Guerra e Marcos que poideron poñer por
diante ao Taboada que estaba a conquerir máis méritos. Foi sen embargo no 81´'
Dieguiño quen foi decisivo botou un
córner dese que chamamos no fútbol olímpicos que entraba polo primeiro pao e que Tomás non puido evitar que entrase a
pesar da sua gran estirada,golazo con maiusculas e porriba
decisivo.Non só significaba dar a tranquilidade o conxunto local de cara os últimos minutos senón que aporta
ao Taboada a vantaxe no gol average
particular entre ámbalas duas escadras.Diego completaba así un partido
espectacular pois foi o xogador máis determinante en defensa e ataque dos
vintedous contendentes.
A semana que ven
toca voltar xogarnos tres puntos que poden ser máis ca decisivos ,pero esta vez
fora da casa ,na Mariña diante dun sempre complicado rival na Veiga.O domingo
que ven CD SAN CIPRIÁN -TABOADA CF.
TABOADA CF. 1 Roi 3 Manu 4 Juanjo 9Noé 10 Jacobo 11 Poyan 16 David Montes 20 Guerreiro 21 Sesiño 24 Moski 26 Dieguiño
SUPLENTES 7 Marcos 8 Nico 13 Javi Paz 18 Coto 22 Joni
AD VALADOURO 13 Tomas 2 Pedro Prieto 3 Borja Ferreiro 5 Pernas 6 Roberto 7 Maseda 8 Chile 10 Jony 11 Luis Varela 15 Cristian 20 Andres Guijarro.
SUPLENTES 1 Labayen 4 Luis Rego.
07/04/18
TABODA CF 6 -EF POLVORÍN B 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.