sábado, 2 de febrero de 2019

febreiro



TABOADC.F



                                       

                   TABOADA CF 2018/2019

                                                                             

                                                               TABOADA CF
                                                                                   

                                                               TABOADA CF B


                                                     TABOADA CF XUVENIL
                                                                                 




                  










                                                                                 


                        Síguenos tamén en:








      


https://www.facebook.com/taboada.cf











TABOADA CF youtube


              TABOADA CF INSTAGRAM
                                instagram.com/TaboadaCF
                                                         TABOADA CF 3- SD POL 3
                                                                           

     O Taboada deixouse dous puntos no camiño diante dunha SD Pol que foi peor ca nós no cómputo xeral dos 90 minutos pero á que lle hai que recoñecer unha fe inquebrantable nas súas posibilidades que fixo que non se fosen do partido cando lles pintaban bastos. Nós, pola nosa banda, ainda que seguimos sen perder cando actuamos como locais, e que ampliamos xa a 8 as xornadas sen derrota, deixamos escapar unha boa oportunidade de achegarnos aos postos sobranceiros da táboa e, de paso, afastar aos rivais de onte a 5 puntos máis golaverage.




   O partido comezou sen moito ritmo por parte de ningún dos dous contendentes, quizais influidos pola forte calor reinante no campo dos Chacotes de Palas de Rei, parecía tal cal un partido de pretempada. Os primeiros 45 minutos non deixaron moito reseñable, nós estivemos máis incisivos na procura do gol que nos puxese por diante pero sen atopar o camiño de cara ao gol. A SD Pol tampouco inquedou en demasía nesta primeira parte. Só se pode salientar pola nosa parte no 23´ unha boa xogada coral entre Moski e Gabri que rematou cun centro deste último que non atopou rematador, e outras dúas accións de Moski contra o final, unha un remate de cabeza que saiu centrado e atrapou fácil Yebra e outro tiro ao minuto seguinte que se lle foi desviado. Por parte do Pol, sen noticias en ataque, a excepción dun disparo de Yeray desde a frontal da área no 38´ que non colleu portería por pouco. En definitiva, primeira parte insulsa, sen moito que contar, desputada baixo un calor ao que non estamos acostumados a esta época do ano.




    Vendo o desenvolvemento dos primeiros 45 minutos, nada facía presaxiar o que se vería no segundo tempo, no que houbo nada máis e nada menos que seis goles e multitude de ocasións. Adiantámonos moi cedo, no 47´cunha gran xogada de Gabri por banda esquerda que remata cun centro medido que Moski empala coa dereita ao fondo das mallas sen que Yebra poida facer nada. Parecía que fixeramos o máis díficil ante un bo equipo, e pareceu pórsenos todo de cara no 52´ cando un despexe dun dos centrais do Pol rebotaba nun compañeiro seu e deixaba só a Moski diante do porteiro visitante, ao que batiu cun zurdazo axustado ao pau dereito. Sen embargo, esta vantaxe de dous goles durou pouco, xa que no 54´ Suso acadou un auténtico golazo desde fóra da área cun gran golpeo coa súa perna dereita que entrou por toda a escadra.




   Ían só 9 minutos do segundo tempo e xa pasara moito máis que en todos os primeiros 45. O partido seguiu polos mesmos derroteiros de tolemia, nós queriamos poñer pausa pero non o conseguiamos diante dun conxunto que se defendía coas liñas moi adiantadas pero que cando roubaba tamén atacaba con perigo. No 60´ puideron poñer o empate cunha gran acción de Yeray, pero a súa maniobra con disparo final coa esquerda rematou coa pelota estrelándose contra o pau esquerdo da portería de Isma. Cousas do fútbol, na acción seguinte volvemos poñer terra de por medio co 3-1, boa acción de Moski por banda dereita que acaba con tiro que repele Yebra, o rexeite cazao Guerreiro en posición totalmente legal para restablecer a ventaxa de dous goles que parecía un golpe letal para os visitantes. Nada máis lonxe da realidade.





   Con este terceiro gol noso, o encontro semellou volver ao inicio, con pouco ritmo. Nós, quizais amparados polo resultado, deixamos de atacar coa ambición coa que o fixemos ao inicio do segundo tempo, e a SD Pol foi collendo folgos para intentar volver meterse no partido a base de balóns colgados de centros laterais, producto tamén das moitas faltas que fixemos. Sacamos desta situación algunha opción para matar o partido, coma unha gran acción persoal de Ratón no 74´, o seu tiro foi desviado a córner por Yebra nunha grandísima intervención. Os minutos ían pasando e non parecía que nada raro que puxese en perigo o resultado puidese suceder, pero vaia se sucedeu: no 89´ falta lateral a prol do Pol, o primeiro remate de Suso estrelouse no longueiro, pero o rexeite cazouno Cristian en boca de gol para poñer o 3-2 e a incertidume no marcador. Protestamos este tanto porque consideramos que o autor do gol estaba en posición antirregulamentaria e ademais fixo o tanto coa man. De nada serviron as nosas protestas, e cabe dicir que non estamos tendo ningunha sorte neste aspecto nos últimos encontros.




   Co 3-2 a SD Pol creu máis que nunca na igualada, e nós quizais estivemos algo temerosos, e así no 91´ chegou o gol da igualada, nun centro sen aparente perigo desde banda esquerda que Carlos rematou de cabeza ao fondo das mallas para delirio visitante e desacougo local, que vía como se escapaban dous puntos que por merecementos se debían sumar. Non houbo tempo para máis e o partido rematou así.




    En definitiva, sumamos un punto que non nos contenta visto o desenrolo do partido, pero que tamén fai que manteñamos a distancia cos que veñen por detrás e tamén cos que van por diante, xa que foi unha xornada de moito empate e pinchazos dos de arriba. A semana que vén non se xoga, hai parón polo Entroido, volveremos á competición dentro de dúas semanas, e rendiremos visita a un equipo que se atopa nunha situación moi delicada, en postos de descenso directo a Segunda Autonómica, o domingo 10 de marzo SCD San Ciprián - Taboada CF.

                                                                           











                                                                         









                                                                                    


                                                      TABOADA CF  B 3 - SD CASTROVERDE 3
                                                                                   





                                                                        








          

                                                                          23/02/19
                                                        AD FERROVIARIA 3-TABOADA CF 1
                                                                           



                                                                         17/02/19
                                                     ATL ESCAIRÓN 1 -TABOADA CF 1
                                                                                

          Derbi intensísimo e a cara de can o que se desputou esta tarde; 90 minutos de loita constante que remataron cun reparto de puntos que se pode considerar xusto a tenor do visto sobre o terreo de xogo. Houbo de todo, emoción, polémica, emotividade, piques...todo o que adoita haber nun partido de rivalidade como era este. Non foi, sen embargo, un xogo brilante nin preciosista o despregado por ningún dos dous contendentes, condicionados polo irregular estado do céspede do Municipal do Saviñao.

           Nós comezamos pisando campo contrario, buscando xerar perigo por ambas bandas, e no minuto 6 tivemos a primeira chegada de Moski que Alami despexou a córner; este botouno Manu con moita intención ao primeiro pau, facendo traballar ao gardamallas local. No 9' primeira ocasión notoria local, o pase filtrado de Asier rematouno de primeiras Pollo, Roi sacou un pé e completou a acción defensiva Juanjo Potente, moi atento. Arredor do cuarto de hora gol anulado a Ibán, tras roubarlle o balón ao porteiro local nunha acción de pillería do noso capitán; foi a primeira decisión controvertida do colexiado.

          O encontro seguiu polos mesmos derroteiros, con dous equipos que non escatimaban unha gota de suor en prol dos seus intereses, pero con moito centrocampismo e sen ocasións reseñables que destacar. Deu primeiro, sen embargo, o conxunto local: no 32' disparo de Pollo desde a frontal que Roi, a pesar de tocarlle, non é quen de evitar que se acabe introducindo na súa meta.

          O partido entraba noutra dimensión e noutro escenario, pero soubemos arrepoñernos ben á súa ventaxa, e con personalidade e actitude fomos gañando metros e presencia pouco a pouco. Obtivemos premio ó noso bo facer no 44' tras unha grandísima acción de Moski por banda dereita, o seu balón atrás recolleuno Gabri que cunha boa maniobra desfíxose do seu par e soltou un latigazo con perna dereita imposible para o porteiro local. Gol máis psicolóxico e a tempo, imposible. Así nos fomos ao tempo de lecer, coa moral polas nubes e pensando en acadar outra remontada coma a da pasada xornada.

              Nos segundos 45 minutos saímos a por todas, coma se a inercia positiva do empate continuase tralo descanso, e xa no primeiro minuto da reanudación gran acción de Noé, o seu disparo vaise fóra tras tocar no poste dereito. No 48' o protagonista de novo foi Noé, ao rematar de xeito espléndido ao fondo das mallas un centro medido de Fabio; o colexiado a instancias do seu linier anulou o tanto por fóra de xogo. Protestamos enérxicamente esta acción, xa que a posición do noso atacante era totalmente correcta. O Atlético Escairón quixo sacudirse este dominio noso, e no 52' tivo unha boa ocasión nunha xogada embarullada na que Aitor, chegando moi forzado, rematou fóra en posición franca.

           A partir de aquí, o partido converteuse nunha auténtica loita por cada balón, sen regalar un centímetro de céspede ao rival, pero tamén sen ocasións claras de perigo que reseñar, máis alá dalgunha acción a balón parado ou algunha incursión por banda que remataba en nada. Pasamos despois a defensa de 3 coa entrada de Manu Vila, para tratar de contrarrestar o xogo directo deles. Cabe destacar tamén, unha vez máis, a mala sorte da nova lesión de Migui, de novo o tobillo.

              A medida que nos iamos achegando ao final, ambos equipos tomamos as nosas precaucións, pensando en gardar o botín do punto máis que en arriscar para ir a polos tres. Quen máis preto estivo de gañar o partido contra o remate foron os locais, que tiveron dúas grandes oportunidades; a primeira delas no 90' nun contragolpe que nos colleu descolocados, o centro de Toti rematouno de cabeza Asier e o balón foise ao pau esquerdo da meta de Roi. Suspiramos con alivio, pero aínda quedaba que sufrir, no 96' gran maniobra de Pandiani dentro da área, o seu tiro buscando o pau longo foi despexado por Roi a córner, que despois se botou sen consecuencias.

            Aí morreu o conto e o partido. Seguimos sumando, van xa 7 xornadas consecutivas facéndoo, dando unha boa imaxe e competindo en tódolos campos e ante tódolos rivais. Mantemos ademais a distancia co Escairón, agora co golaveraxe gañado. Toca agora facer bo este punto vencendo a vindeira semana ao Pol, outro conxunto que apreta duro por detrás nosa, só a 2 puntos. Cómpre destacar tamén o masivo desprazamento da nosa afección, que nos apoiou en gran número.

                                                                                 




                                                                             
























                                                                          16/02/19
                                                      RELÁMPAGO -TABOADA 1-TABOADA CF B 2 
                                                                              


                                             



                                                                            











                                                                        16/02/19

                                                      TABOADA CF 3-SP PONTENOVA 0
                                                                       (XUVENILES)
                                                                            








                                                                       10/02/19
                                                    TABOADA CF 2-SD O PÁRAMO 1
              

     O Taboada CF enlazou a segunda vitoria consecutiva, e rachou de paso coa xeira de empates xogando como locais, ao vencer a unha SD O Páramo que se adiantou no marcador e que foi mellor ca nós nos primeiros 45 minutos.

    No 8' penalti de Roi sobre Coedo, que transformou Roberto forte e a media altura, á dereita de Roi. Este gol deixounos medios noqueados, e no 13' os visitantes puideron poñer terra de por medio pero o tiro de Rasilla foise lambendo o pau. No 19' outro disparo desde a frontal de Palle foise desviado. Tocamos a rebato e no 23' puidemos empatar por medio de Gabriel pero as súas dúas intentonas sacounas a zaga visitante en liña de gol. Nestes primeiros 45 minutos non atopamos en ningún momento a clarividencia e a claridade para crear ocasións perigosas. De tódolos xeitos, a medida que pasaba os minutos fomos indo a máis, dando a sensación de que ao Páramo se lle podía facer longo o partido.

   Surtiu efecto a charla no descanso e entramos moi metidos na segunda parte, e xa no 46' Manu Vila puido empatar nun córner. Seguimos percutindo e no 52' Moski non chegou por nada a un pase filtrado de Guerreiro. Pouco despois, o disparo de Guerreiro non colleu porta cando Alex xa estaba batido.  No 60' produciuse o primeiro achegamento do Páramo pero Rasilla equivocouse na definición.

    Seguimos procurando o gol do empate, e protestamos unha xogada a balón parado por considerar que o remate de Gabri traspasara a liña. No 65' acadamos por fin o empate por mediación de Gabriel, que atinou a rematar de cabeza un balón peiteado por Manu Vila na área pequena, facendo inútil a estirada de Alex.

    Este gol deunos alas e fomos a pola remontada con descaro. Puido completala David Potente no 72' pero o seu disparo tras gran xogada persoal foise desviado. Chegou o 2-1 no 75' tras unha gran galopada de Moski por banda dereita que serviu unha pelota perfecta para a chegada de David Montes, que empurrou a pracer.

    De aquí en diante nós dedicámonos a deixar pasar o tempo e buscar unha contra que nos permitise matar o partido. Desta situación sacamos algunha ocasión perigosa que non demos materializado, mentres que por parte visitante só se pode destacar un disparo de Rasilla que Roi desviou a córner.

    Así chegamos ao final, sumando unha vitoria máis que nos permite engancharnos á loita pola parte alta. Temos un partido para reafirmarnos neste obxectivo o domingo que vén en Escairón, en horario por determinar.
                                                                 

                                                                       
        



                                                                           














                                                                 




















                                                                                 




                                                                              09/02/19
                                                       TABOADA CF B-CLUB LEMOS B 2
                                                                                 







                                                                               







                                                                           











                                                                      09/02/19
                                                    SD OUTEIRO DE REI 2-TABOADA CF 3
                                                                          


                                                                            






                                                                      03-02-19
                                                   SD MONTERROSO 1-TABOADA CF 2

    O Taboada sumou a segunda vitoria consecutiva a domicilio, nesta ocasión en Cerdeiriños ante unha SD Monterroso en postos perigosos que vendeu cara a súa pel. Encadeamos así a quinta xornada seguida puntuando, e achegámonos ao grupo de 6-7 equipos que seguen de lonxe a estela que marca o imparable Lemos.

   O partido comezou cun Taboada dominante, que quería impoñer a súa proposta. Xa no 4' Noé avisou cun disparo cruzado que se foi por nada, e no 6' o disparo dende a frontal de Dieguiño foise fóra. A SD intentou arrepoñerse, consciente da súa delicada situación, e no 15' tivo a súa primeira ocasión, o disparo de preto de Óscar sacouno Roi abaixo gardando ben o seu pau. A partires de aquí xogouse un partido tosco, con continuas imprecisións e xogadas de choque e desputa. Protestamos ostensiblemente unha acción de David Quintá, que lle arreou un patadón a Seso, nós consideramos que era agresión pero o árbitro interpretou que era na desputa da pelota e só o amonestou con tarxeta amarela. Esto acendeu os ánimos, e non houbo moito máis que salientar de aquí ao final do primeiro tempo, máis alá dun partido competido a tope polos 22 contendentes sobre un céspede en malas condicións, que dificultaba o xogo.

     Os segundos 45 minutos comezaron eléctricos, e nós adiantámonos xa na primeira que tivemos, no 47'. Balón templado de Dieguiño desde a esquina e remate espectacular de Gabriel, que entra na porta local despois de pegar no poste. Esto reafirmounos na nosa proposta e xogamos a partires de aquí os mellores minutos, nos que puidemos sen dúbida sentenciar o encontro. Primeiro, puido poñer Gabri o 0-2 xa no minuto seguinte pero non acertou a embocar; no 52' xogada de museo de Guerreiro que marcha de todo canto lle sae ao seu paso, en última instancia dispara desviado. Non aproveitamos esta serie de oportunidades e a SD Monterroso atopouse co gol do empate nunha xogada desgraciada defensivamente para nós, unha perda en banda dereita rematou cun centro que tras varios rexeites lle caeu a Iago, que puxo o 1-1 cun gran disparo que entrou pegado ó poste esquerdo de Roi.

     Esto deulle unha nova dimensión ao partido, o Monterroso creu na remontada e nós estivemos uns minutos un tanto despistados, sen lograr conter as acometidas locais e sen ser capaces de enlazar posesións longas. Sen embargo, tampouco tiveron ocasións nítidas, salvo un tiro de Barrio que atrapou ben Roi. Sacamos o xenio e fómonos a polos tres puntos, a abofé que o logramos. No 70' xogada por banda esquerda de Gabriel e Montes que remata este con centro; a definición de Noé é, sinxelamente, fóra de serie, tras rematar de espuela por riba da posición de Rubén Rivas, o balón entrou mansamente nas mallas locais. GOLAZO con maiúsculas, só por ver ese gol mereceu a pena achegarse a Cerdeiriños. Este gol sacou do partido aos locais, que se quedaron con 10 no 77' por expulsión de Lorenzo. No 81' puidemos sentenciar pero o colexiado anulou un gol de Gabriel que parecía legal.

      Nos últimos minutos a SD Monterroso apretou en busca do gol da igualada, e tivo dúas boas ocasións que non fructificaron. No 84' Crespo rematou fóra de tixeira tras boa acción por banda de Pardo, pero sen dúbida a máis clara foi de Óscar Méndez xa rebasado o minuto 90', cun testarazo que se foi fóra tras tocar o longueiro tras un saque de esquina. No alargue non sufrimos en demasía, e acabamos por colleitar tres puntos que nos saben a gloria e que nos permiten escalar un par de postos na táboa clasificatoria e achegarnos ao grupo de cabeza. Queda agora facer bos estes tres puntos volvendo á senda da vitoria como locais, teremos a oportunidade de facelo a semana que vén diante da SD O Páramo, en campo aínda por determinar.

                                                                            




                                                                            








                                                                                 



























                                                                      03-02-19
                                                           SD RUBIÁN 2 -TABOADA CF 0
                                                                             











                                                                       02-03-19
                                                   TABOADA CF 7-EF POLVORÍN 3
                                                                                      













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.