TABOADA CF 2-SCD RESIDENCIA 1
Poyán,Roi,Guerreiro,Nico,Pablo.Ibán
Fabri,Alex,Marcos,Moski,Emilio
a Scd Residencia,que presentou un once con
Jorge,Miguel,Saul,Porto,Hugo,Cholas,Moreno,Cascudo,Oscar Pol,Daniel,Dieguito
logo tamén xogaron Melenas,Casillas,,Jorge e Barbeito
Marcos Feás,Txiqui,Rios,Manu,David Montes,Andresiño,Emilio
Partido no que ámbolos dous equipos comezaron titubeantes :os capitalinos quizais moi nervosos e imprecisos polo moito que se xogaban,pendentes de arrastres de outras categorias; nos pola nosa banda coma tristeiros polo sucedido a semana anterior e a un tempo coa responsabilidade de cumprir coa afeizón e co obxetivo de superalo 4º posto do ano pasado.
Pouco a pouco fúmonos enganchando o balón e dominando o encontro .Ainda que non despuxemos de ocasións claras de gol si merecemos adiantarnos en dous bos achegamentos que finalizaron Marcos e Moski ,e un máis claro cun disparo sobre a frontal de Poyán no 19´ .Un pouco mais tarde ,foi Nico quen o tentou tamén dende lonxe; non era o xogo habitual,nin estaban finalizando os habituais pegadores con chegadas por banda;tan só vimos unha espectacular internada de Moscoso no primeiro tempo pero o seu centro non topou rematador.Na 2ª metade parecia empezar na mesma tónica pero moi pronto no 54´ unha gran xogada de Emilio,que recolle un balón na frontal,encarou porta ,foise da marca que lle impediu o remate pero con un gran regate e visión de xogo serveulla a Moski, ó oco na área pequena ,e este regatea o seu defensor sobre a liña e bate a Jorge a pau cambiado.A partir de acó pasouse por unha fase na que o perigo foi constante en ámbalas duas porterias .Pola nosa banda Moski e Marcos poideron finiquitalo encontro e eles con ocasións de Oscar Pol,ata duas veces, e Barbeito estiveron perto do empate,pero faltoulles tino.Con todo ,no tramo final a Resi apretou moito e meteounos atrás onde sufrimos , ainda que saiamos con perigo a contra. No guión do partido agardabanos un final de tolemia e non apto para cardíacos.Cós noventa cumpridos, un balón rexeitado dunha falta é novamente colgado por Daniel pra que remate de cabeza o central Porto ,libre de marca e acadares un empate que desatou a sua euforia.Entón repareceu o espíritu gañador e a calidade encomiable deste noso equipo,e volcámonos sobre a meta rival e coa pizca de sorte que nos faltara en outras ocasións:No 94´ un balón rexeitado a saida dun córner caelle a Txiqui mais aló da frontal quen a engancha cun zurdazo espectacular,marca da casa, que se coa pola escadra lonxe do alcanze de Jorge e desata a nosa tolemia : un Txiquitazo de terceira división sobre a mesa.Un gol que nos mete donde onde queriamos chegar:o tropezo do Pastoricense achéganos ó terceiro posto,e dependemos de nós mesmos pra conquerilo na última xornada.Metas máis altas son moi caras e miragreiras .un empate servelle o Páramo pra ascender pese a perder hoxe sorpresivamente,un empate tamén lle pode server a Resi pra evitalo descenso,dependendo dos arratres.Sen euforias, o máis fermoso e realista :conquerila terceira praza ,!!!ainda que sexa empatado a puntos co segundo!!!!!. Que fermoso.Que fermosa tempada ainda sen esa última xornada,ainda quedando quintos ,que tamén pode ser...que grandes sodes ,que grande é o fútbolPAPEIROS C.F.
S.C. MILAGROSA 0-TABOADA C.F. 2
S.c.d Milagrosa que aliñou un once con Yelco,Marcos,Martin,Josiño,Canedo,Luis,Michi,Adrián,Zás,Manu,Iago e logo tamén xogaron
Carri,Carlos,Basadre,Alberto,Fran
Pablo,Poyán,Roi,Guerreiro,Nico,Rios,Ibán,
Emilio,Fabri,Mosqui,Alex
Marcos,Andresiño,Damián,Txiqui,Isma,Emilio Garcia
Fora da factibilidade do ascenso todos soñamos estos dias coa posibilidade de acadar esta nosa pequena gran gloria futbolística ainda que no noso foro interno era por todos ben sabido que sería suceso único e miragreiro,sobor de todo habendo como houbo estes dias morrón das patacas no tercio norte.De tódolos xeitos a xustiza divina ou deportiva agasallounos,maiormente por térmolo merecido,cun extraordinario terceiro posto,polo de agora a mellor clasificacíon da nosa pequena gran Historia ,cando a piques estarmos de cumprir 40 aniños .Terceiro posto,que por non térmolo asimilado por ese pouso amarguiño do non ascenso,non o valoramos ainda na sua grandeza,pois acabamos igualando en puntuación co segundo, O Páramo,equipo xa de Preferente e merecedor de tal éxito e a quenes felicitamos por elo.
Os primeiros quince minutos do partido que disputamos hoxe no Luis Gorgoso da capital lucense non foron especialmente bonitos,sin apenas ocasións de gol en ámbalas duas áreas cun futbol moi rápido e nun campo duro, que non permite vistosidade e non perdoa precipitacións.Incurríase por parte dos dous contendentes nun excesivo mediocampismo,que por outra banda sería a tónica xeral do encontro.O primeiro achegamento claro foi local, saque de falta de Michi que despexou moi ben Roi.Pouco despois,no 20´ contestou Guerreiro do mesmo xeito e salvou Yelco. Dous minutos despois internada de Iago,que lanzou escorado moi ben tapado por Alex.No 38´unha gran volea de Guerreiro foise fora lambendo o poste.E no 40´ foi Luis quen devolveu a moeda empalando un balón dende a frontal índose por riba da trabe.
A volta do dos vestiarios ,no primeiro minuto Guerreiro,recolle un balón perto da frontal e cun defensor diante axusta o balón o poste cun preciso chut que se converte no 0-1 para delirio dun alborozado graderio,marioritariamente taboadés ,que de novo acudiu en masa velo seu equipiño ,con transporte gratuito incluido.A todos os partícipes desta inciativa e deste éxodo mil veces gracias de parte do clube,xogadores e directiva,e sete mil veces sete gracias por facernos sentir a vosa cercania,apoio e cariño todas estas tempadas e esta en especial.
Tralo gol a Mila volcouse sobre a nosa porta e Roi tívose que empregar a fondo a disparos de Luis e Zás ,case consecutivos nó dese último sacou unha manopla prodixiosa.No minuto 25 un gran disparo de Mosqui arañou a porteria de Yelco.E no 27´ Manu trenzou unha bonita xogada que non tivo froito.Entre o 29 e o 31 Mosqui adquiriu protagonismo con dous lanzamentos dende lonxe.No 36´ apareceu a xenialidade deste equipo e o seu fútbol exquisito :xogada de toque e extraordinario pase de Nico que habilita a Guerreiro para que bata a Yelco cun disparo cruzado, 0-2. Logo a SCD tivo duas grandes ocasións de recurtar nos pés e Basadre ,unha foi desbaratada por Roi e outra por Ibán baixo os paus .É fin.Noraboa a Lemos e Páramo polo ascenso e moitas felicidades a nosa afeizón e nosos xogadores por esta bela tempada e por termonos uns ós utros.A descansar e pola copa.Citius ,altius,fortius.
PARA OS ANALES DA HISTORIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.