lunes, 21 de mayo de 2012

A Copa

                                                                   
                                                                           
                                                                                      
                                                    Copa Diputación (xuveniles)
                                                  TABOADA C.F. 1-SARRIA S.D.3
                                    




                                            Aitor,Juanjo Potente,Jacobo,Rubén,Iván,Casti
                                            Johnny,David Potente,Iago Montes,Luis,Rafa
                                                                    SARRIA S.D.

                                           Andrés,Stiven,Quico,Dámaso,Borja, Rubenciño,Roi

                                          Gran partido dos pequenos,nunha tarde na que mereceron mellor sorte diante dunha Sarria Sd que foi letal a contra.Os discípulos de Roi viñan ilusionadísimos e presentáronse con gañas de ires polo partido e domiñaron o control do balón ainda que na chegada fallaba a execución ,non por mor disto deixamos de crear perigo : nos primeiros minutos tivemos duas claras ocasións nos pés de Jacobo,nunha volea que nun puido precisar e foiselle arriba,e en outra moi boa xogada individual de Juanjo.No minuto vinte do primeiro tempo,produciose a primeira chegada clara dos visitantes,no que sería a tónica do seu xogo:  contragolpes levados por un gran  e rapídisimo Diego,que desta vez culminou el mesmo 0-1.A pesares do golpe non nos viñemos abaixo e fúmonos polo partido,estas gañas fixeron que moi pronto acadaramos a igualada ,no 24´un córner moi ben botado por Iaguiño o primeiro poste buscando o testarazo de Rubén fixo que o marcador deste no seu empeño por despexala a introducira o balón na sua meta.Este gol fixo que nos asentaramos e perante o resto de primeira parte levamos a iniciativa no xogo.Maila isto unha nova contra levada por Diego,serviulle a este pra asistir  a Alejandro,que só tivo que empurrala.1-2.Na continuación mais do mesmo,viuse un Taboada volcado na búsqueda do empate,e tivémolo, Johnnny tras unha gran xogada individual plantouse só diante da meta e fixoo todo ben axustou o remate ante a  saida do seu cancerbeiro,pero este desbaratou a ocasión maxistralmente.Noutra contra no 73´ Diego pareceu finiquitar a eliminatoria co 1-3 ,pero nada mais lonxe da realidade,ocasións tivemos para recurtalas diferenzas e se cabe empatalo partido se a sorte fora un chisco mais propicia,primero foi Rubenciño quen tivo nas suas botas unha clara ocasión de gol despois de facer unha gran xogada individual.Logo, co Sarria cun menos e faltando dez minutos Jacobo desde trinta metros clavou un balón no traveseiro.A nosa presión abafante, xa con todolos xogadores de reposto no campo, fixo que os visitantes acabaran metidos atrás,pero non houbo premio pra tanto ímpetu,e as gañas e esforzo do noso xoven equipo estreláronse contra veterania do Sarria.De todolos xeitos competimos e entregámonos ata o final diante dun equipo da zona alta da táboa.Rematámola tempada con grandes sensacións de cara o futuro,con esta motivación,traballo,dedicación e compromiso coas nosa cores a esperanza será unha realidade.
                                      




Copa Diputación(Afeizoados)
SCD CABREIROS 1-TABOADA CF 1





                                          
                                          Pois rematou esta espectacular tempada 2011-2012 os penalties.Non foi o mellor xeito,nin de lexos o merecido  pero tamén é verdade    que non foi o noso mellor partido.O encontro foi tipicamente copeiro ,moi competido,moita intensidade pero poco futbol,quizais ó final de cada tempo se viron as mellores xogadas e as ocasións máis claras.Durante a primeira media  hora fumos os dominadores do choque ,levando o peso do  partido e tendo o control do balón,con moitas aproximacións pero sen ningunha ocasión clara  e os locais aguantando o tipo,trabando moito o noso xogo e agardando  dispor dalgunha opurtunidade nalgunha contra e a fé que lles chegou, pero non deste esperado xeito,senón nun córner no que Pepe adiantándose as marcas rematou no primeiro pao un balón que se colou na nosa porta.Trascurria o minuto 27.Despois do 1-0 sucedéronse ocasións en ámbalas duas áreas;primeiro duas chegadas nosas que Moski e Guerreirro non deron definido.Logo eles nunha contra de Victor que  ben puido ampliar a vantaxe.No 33´unha gran xogada de Victor non encontrou rematador en Pellón ;estaban a ser os seus mellores minutos,e Marcos case tivo o 2-0 nunha volea que se foi arriba e así acababa a primeira parte.
                                        Na segunda parte voltamos levalo peso dende o inicio,pero non encontrámolo noso ritmo de xogo ata os quince minutos finais.Foi unha segunda parte na que o Cabreiros co resultado a favor voltou a tentar defacer o noso xogo e sair a contra ,algunha moi perigosa como unha de Victor que  tivo a máis clara no man a man con Roi.Co paso dos minutos fumos chegando cada vez con máis perigo ata que no setenta e  oito unha internada por banda foi culminada por Manuel pra conquerilo empate.De ahí o remate fúmonos polo partido e estivemos a piques de logralo primeiro nunha gran xogada de Moscoso e logo nun tiro o pao de Txiqui,pero non estaba pra nós .Decidiuse o pase nos penalties e a sorte non foi propicia. Non era o previsto caer as primeiras de cambio,pero a eliminación non empaña para nada unha temporada excepcional,cun terceiro posto único froito dun grandisimo traballo e un xogo espectacular que abre grandes esperanzas cara o futuro.
                                          






                                                                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.