ESTE ASCENSO É A RECOMPENSA E PREMIO Ó TRABALLO,DEDICACIÓN E AMOR A UNHAS CORES DUNS XOGADORES E UN ENTRENADOR ,EMILIO, NON SÓ DESTA ÚLTIMA TEMPADA, SENÓN O LONGO DE ANOS BEN ATRÁS.ESTE BLOG QUERE SER UNHA HOMENAXE E EXALTACIÓN DESE ESFORZO E DEVOCIÓN.A TODOS GRAZAS ,ASI COMO AS NOSAS FAMILIAS E AFEIZÓN POLA COMPRENSIÓN E APOIO.LEMBRÁMONOS TAMÉN DOS QUE NON POIDERON ESTAR OU XA NON ESTÁN ENTRE NÓS,UN.BRINDE POR VÓS
30/06/12
TABOADA CF 1-CF NOIA 1
Primeiro partido da eliminatoria polo ascenso a Preferente ,que non defraudou as expectativas :ambientazo nas gradas ,nunha entrada que será recordada nos anais da histoira da Medela,sin dúbidas nunca se viu un cheo igual,un campo en inmellorables condicións e por outra banda dous equipos entregados ,que pese a habermos rematado a competición habera cousa dun mes amosaron unha intensidade física descomunal.O encontro en si foi grandísimo,non espectacular pero cun derroche de calidade técnica e física por parte das duas escadras e con dosis de grandisima emoción..A primeira parte foi moi táctica,os dous equipos moi preocupados de non perder a posesión e percurando non ter erros .Quizais polo que nos xogamos eran palpaveis os nervos e a tensión,asi o xogo foi de combinar moito,principalmente no medio campo,sin excesivos achegamentos a área.Os nosos achegamentos máis claros foi un disparo de Marcos no 18´ e un franco directo de Guerreiro no 38´ que chapou ben Juancho.Por parte do Noia os seus mellores momentos en ataque foron entre o 28´e o 30´en dous disparos que se foron porriba da meta de Roi,ademáis amosáronse como un bloque moi serio e ordenado e rochoso defensivamente.
No primeiro minuto da segunda parte e tras unha xogada embarullada na nosa área o balón foi rematado por Adrián Beiroa e Roi sacouno de dentro da porta ,pese a que houbo unhas dúvidas iniciais por parte do trio arbitral, a instancias do xuiz de liña o gol foi concedido,legalmente segundo confesaba honestamente o propio Roi.A pesares deste mazazo,e sendo conscientes do que significaba ,polo valor doble dos goles en campo contrario,o Taboada CF volcouse sobre a meta rival e, agora si, lembrou o equipo das grandes tardes da tempada e empezamos a chegar con perigo polas bandas,empurrando con moita forza dende o medio,froito deste empuxe no minuto 63 ,un disparo dende a frontal de Guerreiro foi despexado espectacularmente por Juancho ,pero o rexeite foi recollido por un Poyán libre de marca que fusilou a meta noiesa .De acó a final ainda que se despuxeron ocasións nas duas áreas non se deron materializado, e a sorte dirimirase no partido da semana que vai entrar en Noia ,onde os locais pra daquela partirán con esa lixeira vantaxe,que nos obriga a vencer ou empatar a máis dun gol.Foi de destacar o ambente inexquezible que se viviu na grada ,con moitos afeizoados que chegaron dende Noia,e uns siareiros locais que arrouparon coma nunca os nosos.
(pincha no seguinte enlace pra ver o gol de Poyán)
P.D o detalle: é Poyan quen saca o balón dende a defensa cun grandísimo pase en profundidade pra Marcos no segundo 29 do video,no 43´´ remata logo de percorrese o campo.Outra nota máis nesta pequena reportaxe hai fotos de Ana ,Maria Viso e Juan Carlos Abeijón asi como video de Carlos Rosado,a todos grazas ,así da gosto.Premede abaixo
Roi,Poyán,Pablo,Guerreiro,Nico,Rios,Ibán
Fabri,Marcos,Alex,Mosqui
CF NOIA de pe pola esquerda:Joseiño,Josiño,Luis Trasbach,Jorge Rego,Santi e Juancho(porteiro)
abaixo:Adrian Beiroa,Alberto Martinez,Osiris,Carlos Barreiro e Beni(capitan),tamén estaban convocados Canabal,Pablo Ribadulla,Pose,Cesar,Adrián Soeiro
Roi,Poýan,Pablo,Guerra,Nico,Dani Rios,Ibán,David Montes
Dami,Fabri,Marcos,Alex,Mosqui,Andresiño....Un equipo que chegou onde non chegara ningún outro deste clube.
paradón de Roi
gol de Diego Poyán
( o moucho da sorte pra volta )
O sábado sairan desde a Praza da Alameda as catro da tarde ,16:00 un microbus cos xogadores e un autobus fletado polo Taboada CF e gratuito para tódolos que desexen acudir a Noia animar ós nosos,e facer festa pretiño da Mar gañemos ou perdamos.As prazas son claro, limitadas ,asi que se hai overbooking,cubriranse por orde de chegada.Pregamos moitísima puntualidade pra que o convoy saia con precisión suiza.
07-07-2012
CF NOIA 3-TABOADA CF 3
O PARTIDO DE VOLTA: Non deixaran de ocurrírsenos calificativos,epítetos e frase feitas dabondo pra describir e expresar todo o ocurridos naqueles 90 minutos que tiveron lugar o 7 de xullo do 2012:disputadísimos,vibrantes,belísimos,grandioso,espectacular,apoteósico,épico,de infarto,humanos,extraordinario,histórico,o resumo dunha vida,un val de lágrimas,dor fondísema,felicidade extrema,tristura infinita,tenrura ,xúbilo e decepción,amor eterno,pena frustante,desolación ,soedade,comunión,altruismo,colectividade,loita, egoismo,entrega....O fin fútbol .. Os primeiros minutos foron dun xogo vibrantísimo e velocísimo,producto quizais da rapidez dun campo mollado.As nosas duas primeira chegadas foron penalizadas con sendos foras de xogo.O CF Noia esperabános atrás,quizais un pouco protexido polo resultado do partido de ida,e o valor doble dos goles en campo contrario.Pero foron eles os que crearon a primeira clara ocasión de gol no seu primeiro achegamento no minuto dez,un balón que sacou milagrosamente Roi a boca de xarro.No 15´ unha gran xogada de David Montes internándose coma unha exhalación,pero foi cortado contundentemente por Luis.De seguido foi Rubén Moscoso quen se foi coma unha bala pero non chegou o balón que lle enviaba Diego Poyán.Estabamos creando moito perigo e así no 25´unha gran xogada de Guerreiro culminou nun gran pase a Rios que remata o fondo das redes,pero a xogada estaba invalidada por fora de xogo.Tan só un minuto despois outro ataque noso acaba en córner,que foi sacado por Guerreiro e rematado por Rios,Moscoso meteuse na traxectoria do balón despistando a Juancho e logrando o 0-1.Pero a tónica do partido foi a loita sen tregua, e a un golpe respostábase con outro; Adrian Beiroa lanzou o balón riba do longueiro, e no minuto seguinte,no 29 na saida dun córner foi Santi quen remachou de cabeza o foi fondo das redes1-1.No 36´ Mosqui quixo sorprender a Juancho cunha vaselina pero este estivo moi atento.Neste primeiro tempo nos amosamos máis perigo en transicións rápidas e bo xogo colectivo, eles serios en defensa e perigosísimos no xogo áreo,aproveitando o poderio e altura de Luis e Santi.
No segundo tempo o partido continou polos mismos derroteiros.Froito do noso bó trato ó balón chegou o 1-2 ; no 55´Rios viuse favorecido primeiro por un rexeite e logo culminou nunha grandisima xogada persoal..Pero durounos moi pouco a alegría,nun balón sen dono na nosa área no 57,quedou franco para que Adrian Beiroa fusilase a Roi2-2.Nos minutos seguintes o xogo volveuse eléctrico,os dous equipos volcados no marco rival,e isto estivo a piques de custarnos a eliminatoria,non soupemos durmir o partido,non é un xogo que se nos dé ben,encerrarnos e ser resultadistas.Cando nos valia o empate seguiamos buscando a meta rival con valentía,así a Marcos foille anulado un gol aparentemente legal por fora de xogo no 71´.Este xogo non especulativo axudado polo feito de que a eles só lles valia entón a victoria,deu como resultado que nun dos seus ataques tivemos un desaxuste defensivo e o balón caeu nos pés de Canabal que remachou a prazer e poñia a eliminatoria o seu favor no 82´.Pero a nosa fé inquebrantable e os azos do noso público fixeron que o equipo fora un ciclón nos últimos minutos,e así unha falta sobre Guerreiro no 88´,foi botada por Poyán e rematada por Andresiño,ata en duas ocasións, para introducila na meta do Noia 3-3.E entón o delirio.e logo o final de infarto e as lágrimas e bufff,continuade vos.POR SEMPRE ETERNOS.
A imaxe que significou o ascenso a Preferente,eran as 20:54
Non hai palabras,poderiamos escribir cadanseu un libro, e non o dariamos acabado de contar .O longo dos próximos dias iremos subindo imaxes e videos,e relatando con máis corazón que cabeza o acontecido no Campo San Lázaro de Noia.Vaian por diante as GRAZAS ó CF Noia e a sua afeizón,os nosos xogadores e a nosa afeizón,e tódolos que nos levan no corazón por facernos sentir tan grandes.
CF NOIA
TABOADA C.F.
RIOS,PABLO,GUERREIRO,ROI,NICO,POYÁN
FABRI,MONTES,ALEX,MARCOS ,MOSQUI
MARCOS FEÁS,ANDRESIÑO,MANU,ISMA,TXIQUI,OSORIO
EMILIO
Asi amenceu o sábado en Taboada
comendo os nervos e acordandonos dos que non poden ir
TODOS xa en Noia
esta foi a porteria e o lugar por donde entrou gol de Andrésiño
a apoteósica chegada a Taboada
O futbolfesta ,a mocidá,a Panorama,o Taboada CF,
a encherrrrrrr
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.