domingo, 8 de septiembre de 2013

setembro










               



                                                                            


29/09/2013
xornada 4ª
SD O PÁRAMO 2-TABOADA CF 3

Sd  o Páramo,que aliñou un once con 25 Valdo,4 Pablo,5 Josiño,6 Pepe,7  Dieguito,9 Rober,13Borjita, 17Rasilla,19 Oscar, 20 Hugo,21 Cesar. Tamén estaban a disposición de Alberto Engroba: 1 Diego, 11Jorge, 12 Noé,e  14 Melenas
   Pablo,Roi,Dani Rios,Basán,Guerreiro,Iban
Javi,Diego Poyán,Nico,Marcos,Alex Ratón

  Rubén Garza,Isma,Alex Rodríguez,Manu,David Montes







                                Partido dominado en máis das tres cuartas partes polos nosos ,que deron todo un recital de xogo agás nos intres finais cando se viron máis esixidos polo rival que apretaba na procura de rescatar algún punto, asi a pesares de que podemos acadar un victoria máis  que abultada por ocasións máis que claras, acabamos xogando cun menos e pasando algún apuro no desconto.Comezaba moi ben o partido para os nosos intereses,logo dunha falta lateral a altura do medio campo local que foi colgada polo guante maxistral de Guerreiro e rematada de cabeza con moito temple por Diego Poyán que se adiantara a defensa para batir a Valdo.Os locais puxéronse a funda de traballo e tentaron acercarse a nosa meta ,desfrutaron dunha boa ocasión nos pés de Dieguito que estrelou o balón no lateral.Esta recuperación foi un espellismo pois fomos soltando a presión local cun gran xogo,presionando e roubando balóns arriba,combinando moi ben ,e mantendo una gran seguridade defensiva,pouco  a pouco fumos creando ocasións primeiro  foi Marcos ,asistido por Poyán ,quen remachou pero Valdo desviou a córner .Un minuto mais tarde no 22´Guerreiro empalou una pelota segundo lle caia  e saiulle moi rente do poste.No 22 ,de novo Marcos realizaba una boa incursión pero entretiñase cando tiña opción de disparo e logo tentou regatear a Valdo e este adiviñaballe a idea e roubolle o esférico.No 25´ Javi sacaba una falta perto do lateral dereito e facía empregarse a fondo a Valdo que despexaba cos puños.As ocasións continuadas facían encender nas  Rapadas a nosa numerosa afeizón que desfrutaba co seu equipo,e animaba entusiasmada.No 30 Basán case calca a xogada do primeiro tanto pero o balón foise lambendo o pao dereito.No 32´Dani Rios avisa a Valdo tentando una vaselina pero o porteiro estaba moi atento e chapou .Era o preludio do 0-2,un minuto mais tarde Guerreiro fabrícase una gran xogada, él manufactura o proceso,a distribución e a culminación,rouba o balón perto do balcón do área ,vaise de Josiño e Pepe e encara e bate sen remisión a Valdo,axustando  co interior do pe dereito o balón ó  pao esquerdo.
                               Tralo descanso mantívose una tónica semellante ó primeiro tempo,liñas adiantadas e forte presión dende a liña de ataque,producto do cal seguimos xerando ocasións continuadas ,nos primeiros compases foi Rios quen puxo o perigo primeiro cun gol que lle foi anulado por una falta previa,logo roubando arriba e tentando colocala dende a frontal pero o balón foise xunto a cepa do pao dereito.O Páramo non conseguía crearnos perigo máis que dende lonxe e como ocasións anotamos dous disparos de Rober e Borjita ,este moi forte e dende moi lonxe índose porriba do longueiro da porta de Roi.Nós marcábamos as diferenzas no 65´con una gran xogada de Rios,que chegaba ata liña de fondo cedéndolla atrás a Marcos que se acomodaba e buscaba o pao longo para axustar un disparo ben colocado que se convertía non 0-3.O partido poñíase moi cómodo,pero nunha xogada aillada Dieguito culminaba una rápida contra local e acadaba o 1-3,era o min. 71,quedaba moito por ver.A victoria non parecía perigar,máis ainda cando só dous minutos despois despoñiamos doutra gran ocasión bó contragolpe levado por Guerreiro que asistiu a un Marcos  libre de marca e só diante de Valdo non  deu sentenciado.No 76´ Alex Ratón viu o segundo cartón marelo, o mellor  non estábamos sendo medidos co mesmo baremo,pero empezámonos a compricar o a partido.O Páramo nestes intres vendo una posibilidade medrou e cun fútbol directo producto da premura chegou arriba e como froito obtivo o 2-3 ,Rober chegaba a liña de fondo e centraba o segundo pao por donde aparecia Dieguito para facer o seu segundo gol.Nos últimos intres as pautas foron as mesmas pero defendemos a xa máis exigua renda con máis orde e finalmente vimos recompesado o excelente partido cos tres puntos .A semana que en nada xa entra voltamos o noso feudiño á  A Medela,o domingo 5,San Froilán, algo máis  cedo que xa é mes de outono TABOADA CF- SDC  CABREIROS
          Resumo da xornada por futbollucense.com:
Un total de 31 tantos foron os que se marcaron na terceira xornada da Primeira Autonómica, o que supón unha media de 3,4 por encontro, unha das máis altas nas xornadas da categoría nos últimos tempos. Con todo, seis equipos non conseguiron marcar. Encabeza a taboa en solitario o Escairón, que pasou por enriba do Muimenta cun 5-0. Por detrás empatan a 9 puntos Taboada, Burela e Xove-Lago. Na zona baixa están Rioaveso (1), Muimenta (2) e Outeiro (3).
O Escairón marcha imparable na Primeira Autonómica tras o primeiro mes de competición. Coa portería imbatida e á cabeza na faceta goleadora, os do Saviñao volveron demostrar a súa superioridade ó vencer por 5-0 ó Muimenta. Iván González abriu o marcador ó cuarto de hora e minutos despois os do Saviñao fixeron o segundo. Os dous dobretes dos irmáns dos conxunto azulón, Pandiani e Marzán selaron o partido.
O Taboada (9) sufriu máis do agardado para vencer á SD O Páramo por 2-3. Os de Emilio foron superiores en boa parte do partido, e acabaron pedindo a hora. Adiantáronse cunha falta lateral enviada ás redes por Poyán tras servizo de Guerreiro, que fixo o segundo antes do descanso cunha xogada persoal cunha boa definición á base da madeira da meta de Valdo. Marcos fixo o 0-3 ós vinte minutos da segunda metade tras un servizo de Ríos. Pero o Páramo non tirou a toalla e Dieguito nunha contra fixo o primeiro tanto local. A falta dun cuarto de hora o Taboada quedou cun home menos por expulsión de Á. Ratón e o Páramo foise a por todas. Fixo o 2-3 por medio de Dieguito, pero finalmente a remontada non foi posible para os de Engroba.
Nove puntos ten tamén o Burela, que se impuxo por 2-0 ó Alfoz no derbi mariñán da xornada. Os verdes adiantáronse mediada a primeira metade por medio de Marcos Vázquez, e adrián Maseda no ecuador do segundo acto fixo o 2-0 definitivo. O Alfoz é décimo cuarto, con 4 puntos.
O Xove-Lago impúxose por 0-1 á SdeC Polvorín nun partido no que os visitantes foron de menos a máis e tiveron varias oportunidades para obter unha renda maior. A falta de 20 minutos, Pedro, que saíra dende o banco, aproveitou unha situación na área para facer o tanto definitivo. A partir de entón o Polvorín buscou irse a polo empate, pero as ocasións, principalmente por medio de Nilo, non foron suficientes para bater a Hugo. O Polvorín é sétimo, con 6 puntos.
O Iberia empatou a 1 tanto coa AD Bóveda no campo das Valgas. Perotti adiantou ó equipo de Alberto López ós 5 minutos. Posteriormente os de Julio Corral empataron ós 60 minutos cun tanto de Diego Arias, que marcou por terceira xornada consecutiva. O Iberia, xunto co Escairón, é o único equipo que aínda non coñece a derrota. O Bóveda é undécimo (4).
A Sarriana deu boa conta do Rioaveso, que segue na última praza con 1 punto. Os de Fiz venceron en Paraños por 1-6. Marino fixo un hat-trick, que os sarriaos culminaron cos tantos de Raúl, Isma e Julito. O Rioaveso nada puido facer para tentar sacar algo positivo. Os vilalbeses xa perdían por 0-3 ó descanso. Josito e Julio fóronse antes de tempo á caseta ó ser expulsados.
O Pastoricense acadou a segunda victoria do campionato no Acebreiro cun solitario tanto de Farra mediado o primeiro tempo á saída dun córner. Os de Martín Murado controlaron os primeiros 45 minutos, pero na última xogada dese primeiro tempo a expulsión de Cami e o penalti decretado polo colexiado puideron cambiar o camiño do encontro. O Sagrado Corazón enviou o tiro dende os 11 metros ó longueiro, e na segunda metade o cadro da Pastoriza deixoulle a iniciativa. Os locais defenderon ben e os de Marcos case non tiveron opcións de perigo. O Sagrado Corazón é noveno, con 5 puntos.
En Cabreiros viviuse un encontro espectacular. Empataron a 4 os locais e o Lourenzá. Ambos equipos contan con 4 puntos. Ambos equipos adiantáronse por dúas veces. Álex Novas fixo o primeiro local ós 8 minutos, e Marcos Cabaleiro empatou intres despois. Pellón fixo o 2-1 na primeira metade e David Cabaleiro volvía igualar ó comezo da segunda. Pablo puxo o 2-3 ós 70 minutos e igualou David ós 75. Dous minutos máis tarde Marcos Cabaleiro fixo o seu segundo e Álex Novas empatou tamén co segundo persoal no último minuto.
Milagrosa e Outeiro de Rei empataron sen goles e quedan con 4 e 3 puntos. Os milagrosistas estiveron mellor no primeiro tempo, pero os de Roberto Rielo, cun maior poderío físico, puidéronse levar o encontro nos últimos 20 minutos, con varias oportunidades que erraron.















(fotos Meri Viso)


















  Xuveniles : TABOADA CF 2-SDC SANROQUE 4
(Fotos M.Vázquez)





Comezou moi ben o partido para os nosos pequenos ,os oito minutos adiantaronse cun golazo de Dani,un saque de falta que entrou por toda a escadra.Durante parte do primeiro tempo levamola iniciativa pero en tan só catro minutos ,concretamente entre o 33 e o 37 ,os visitantes deronlle a volta o partido tras dous  erros defensivos 1-2.O partido volvíase una tolemia nos intres finais do primeiro tempo e no minuto 42 Yoni volvia a poñelas tablas no marcador 2-2.Pero segundo eles sacan de centro e logo dun novo erro atrás eles volvense por diante 2-3,no 43´.Era un duro golpe ,pero ainda sí e a volta do descanso tentamos ir polo empate pero o pao e a falta de puntería condenounos e pola contra o San Roque puxo a sentencía nunha xogada aillada no minuto  69, 2-4.


                                                   
                                          Taboada CF  veteranos 1-Veteranos Sarria 1

                                                                      22/09/2013
                                                                     XORNADA 3ª
                                                                                     
                                                           TABOADA CF 1-IBERIA CF 2
                                                                                 
                          Á memoría de Remigio Pérez(1954-2013) ,ex gran presidente do Taboada CF,descanse en paz
                                                                                   

                                                                                   
            Dani Rios,Basán,Guerreiro,Roi,Pablo,Ibán
            Marcos,Emilio,Fabricio,Alex Ratón,Diego Poyán
    Iberia CF ,que aliñou a Xoel,Yago,Partai,Rego,Pernas,Nuñez,Canario,Aitor,Chiqui,Diego Chao,Perotti.Tamén estaban na convocatoía as ordes de Alberto : Ramallal,Arturo,Antón,Davicín,e Marcos

                                                    Jacobo,Isma,Alex,Manu,Rubén



                               Non estivemos hoxe coa finura amosada en Burela e o noso xogo foise afogando co paso dos minutos,o mellor conforme nos foi facendo mella a calor abafante que reinou hoxe na Medela.Os primeiros minutos foron moi intensos con ocasións para ámbolos dous lados por o lado mariñan Canario e Perotti daban mostras do perigo visitante,pola nosa banda empezamos a rondalo gol con oportunidades de Rios e Guerreiro.A alta temperatura parecia non condicionalo choque e no 28 logo dunha gran xogada de Marcos asistia a Diego Poyán que cun duro disparo sobre a frontal batía a Xoel.A partir dacó os nosos despregaron o seu mellor xogo e dominamos a posesíón e foron caendo ocasións para ampliar a vantaxa como un gran slalom   de Guerreiro que soupo atallaren última instancia  Xoel ,que o puco realizaba un paradón a un  disparo  durisimo de Ibán que ía colarse pola escadra.No segundo tempo baixamos as prestacións e quizais cotemporizamos moito o xogo dandolle pausa e control  ,e ainda que non pasabamos por perigo algún non demos rematado a faena diante dun Iberia que tamén parecia sofocado e sen ideas  moi claras ata que apereceu Diego Chao coma xogador determinante.Faltaban 15 minutos e unha xogada pola banda de Perotti acabou basculando pra Chao que segundo lle caia o balón disparou pra batir a Roi.Foi tamén determinante que na xogada inmediata o saque de centro o balón non quixese entrar a un disparo de Marcos estrelándose co largueiro.No 82´de novo os mesmos protagonistas visitantes finalizaron outro contragolpe  a sua segunda chegada clara no segundo tempo,esta vez pola esquerda ,desta volta Diego Chao só tivo que empurrar baixo paos o balón que lle puxo Perotti ,o mellor era excesivo premio para os visitantes,cando un empate facía mais xustiza pero a fin de contas supoñia  o 1-2.Nos derradeiros minutos tentámolo pero non demos acadado o empate maila estrelar outro balón no longueiro,Marcos de novo.O domingo que ven visitaremos As Rapadas   SD O PÁRAMO-TABOADA CF





                               Resumo da xornada en Primeira Autónomica por futbollucense.com

O Iberia dá a sorpresa en Taboada e colócase segundo




O Iberia CF venceu ó Taboada na Medela e xa está en posto de ascenso a Preferente. Manda na clasificación o Escairón, que igualou sen goles en Sarria. Na zona baixa están Rioaveso, Outeiro e Muimenta, que non foron quen de gañar nesta xornada.
Comezou o encontro da Medela igualado e con ocasións para ambos bandos, ata que os locais deron co gol á media hora por medio de Poyán, que bateu a Xoel cun disparo dende a frontal da área. Ata a falta de 15 minutos non empatou o Iberia. Fíxoo por medio de Diego Chao, que aproveitou un envío de Perotti para fusilar a Roi. Na seguinte xogada o Taboada mandou un balón ó longeiro, e pouco despois Diego Chao facía o segundo tamén a pase de Perotti. O Taboada aínda volveu mandar outro balón ó longueiro por medio de Marcos. O Iberia é segundo, sen aínda perder (7) e o Taboada é terceiro (6).
Manda na clasificación o Escairón, que empatou sen goles ante a Sarriana, nun encontro moi igualado na Ribela e condicionado pola intensa calor. Os visitantes foron mellores nos primeiros compases, pero posteriormente o conxunto de Fiz foise asentando e gozando dalgunha ocasión para desnivelar o marcador. O Escairón aínda non encaixou tras tres encontros e a Sarriana é décima (4).
O Burela impúxose por 1-2 en Bóveda nun partido cun penalti para cada bando. Adiantaba Pablo Rivas ós mariñáns á media hora dende os 11 metros, e respondía Diego Arias tamén dende o punto fatídico ó comezo da segunda metade. Á falta de 25 minutos Marcos Vázquez fixo o 1-2 definitivo no Hermanos Somoza. O Bóveda leva dúas derrotas consecutivas pola mínima e é duodécimo.
Un sorprendente Polvorín está quinto, con 6 puntos. Os amarelos impuxéronse por 0-1 á Milagrosa cun tanto de Corbelle no primeiro minuto. O futbolista amarelo gañoulle a partida á zaga local nun córner botado por Freire e bateu a Yelco. Os amarelos, moi repregados todo o partido, xogaron as súas bazas á contra ante unha Milagrosa que tivo dúas ocasións claras para empatar. Os de Madriles son décimo terceiros, con 3 puntos.
O Xove-Lago é sexto tras gañar por 3-2 no Municipal ó Rioaveso. Os verdes adiantáronse á media hora cun gol de Cora, e ampliaron a vantaxe ó comezo do segundo acto por medio de Ález Meitín. O Rioaveso foise á desesperada polo empate e Andrés reduciu distancias no 68. Catro minutos despois Antón igualou o partido, pero Zeus no último minuto do tempo regulamentario fixo o 3-2 definitivo. O Rioaveso pecha a taboa con un punto.
O Sagrado Corazón (5) sumou o segundo empate seguido ante o Outeiro de Rei (décimo sétimo, con 2 puntos). Barreira adiantou ós locais nos últimos intres do primeiro tempo, no que o Outeiro foi mellor. Seijas ó comezo da segunda metade fixo o 1-1 definitivo. No segundo acto o Sagrado Corazón foi mellor e puido levar os tres puntos de non anularlle o colexiado Yago Vázquez Valín un gol nunha decisión moi protestada polos locais
Encabeza o pelotón de equipos con 4 puntos o Páramo, que caeu en Santa Cruz por 1-0 co Lourenzá, que sumou os primeiros puntos grazas a un solitario tanto de Iván Recalde á media hora. O futbolista albivermello fixo ata o momento todos os goles do seu equipo.
Na novena praza queda o Alfoz (4), que conseguiu o seu primeiro triunfo a costa de golear ó Pastoricense por 4-1. Juan Carlos fixo o primeiro ós 27 minutos e pouco despois Chinco marcou o segundo local. Á volta de vestiarios Farra, mediado o segundo acto, recurtaba distancias, pero dous novos tantos de Chinco no último cuarto de hora sentenciaron o encontro. O Pastoricense é undécimo, con 3 puntos.
O Cabreiros tamén estreou o seu casilleiro ó vencer en Muimenta por 1-2. Os de Patarolo puxéronse por diante ós 12 minutos por medio de David, que fixo o segundo a 10 minutos para o final. Jorge puxo a emoción a falta de 7 minutos co seu tanto, pero finalmente o Muimenta non conseguiu puntuar. Os celestes son antepenúltimos, con 2 puntos.


















                                           SD BECERREÁ 5-TABOADA CF 2
                                      Dominio da posesión dos locais ainda que con poucas ocasións claras ,iso si ,efectividade total,nos primeiros 30 minutos duas chegadas dous goles, que non conseguiron que nos viñeramos abaixo e antes do descanso conseguimos recurtar por medio dun golpe franco de Dani que puxo o 2-1.Na segunda parte o equipo local ampliou a vantaxa cun xogo superior ainda que cunha actitude  atipícamente hostil, empregándose con dureza excesiva,  ,así ainda que se puxeron 4-1,tamén sufriron duas expulsións,o que fixo que tralo gol de Yoni de falta directa que supoñia o 4-2,tiveramos ocasións para empatar ,e cando mais cerca estabamos do gol  , Aitor contaxiouse da dureza e realiza unha entrada moi brusca e quedamos con dez,perdendo a vantaxe da superioridade numérica , xa  desconto tamen quedamos con 9 pola expulsion de Sergio,e nunha contra a Sd puxo o definitivo 5-2 no marcador.

                   
                                                           SD BURELA 1 -TABOADA CF 2
                                                            (2ª xornada 15/09/2013)


                                     
SD Burela que aliñou a 1 Borja,22Mutiu,15Adán,21Pablo,4Julio,6Dani Chinchón,5Anxo,7Marcos,14Rodrigo,23Hermida,9Balbino; no banco tamén  estaban as ordes de Chicho : 4Pedro,13Moncho,20Hugo Rio,16Maseda, 2 Miguel
                                                                                     
                         Pablo,Dani Rios,Guerreiro,David Montes,Roi,Ibán
                         Javi,Nico,Marcos,Diego Poyán,Alex Ratón






  Jacobo,Yoni,Marcos,Manu,Isma,Emilio,Emilio García
            Primeiros dez minutos moi vibrantes nos que se xogou a un ritmo moi alto,os mariñans acumularon no comezo maís chegadas e Roi tivo que empregarse a fondo nun man a man con Balbino; nos propuxemos máis combinación e incordiamos menos de inicio a porta de Borja .No minuto 12 sen embargo fumos letais un maxistral pase o borde da área grande desfacendo a defensa en liña do Burela ,de Guerreiro a  Dani Rios puxoo en franquía diante do mencionado Borja e batiuno cun disparo axustado o pao.Nestes intres poidemos incrementar a vantaxe ,cunha Sd un pouco tocada polo golpe do gol,Guerreiro estrelou un balón no pao en plena ofensiva visitante.Os dous talentosos protagonistas do primeiro gol taboadés volveron aliarse no 28´,pero invertindo os papeis e a altura do no medio campo,xenial asistencia de Rios que habilitou pro Guerra que se recorreu todo  medio campo burelés para encarar e batir a Borja  cunha vaselina espectacular,un novo golazo que nós deixa nas retinas pola sua imperenne forza e xenial execución.Ata os intres finais do primeiro tempo os locais non se refixeron, e de novo ,coma no partido anterior contra o Pastoricense, foi de penalti,ó mellor innecesario;esta vez o executor foi Pablo que recurtou diferenzas no 40 e puxo toda a emoción de cara o resto de partido.Antes de irmonos ó descanso ainda despuxemos de ocasións nun golpe franco de Javi,e David Montes tras unha serie de rexeites.
           A volta dos vestiarios,no 55 un inocente agarrón de David Montes acarreoulle un segunda rigurosa tarxeta marela ,que lle fixo abandoar o terreo de xogo.Quedaba moito ,pero a inferiodidade non nos descompuxo e proseguimos dominando e despuxemos de boas ocasións nos pés de Marcos e Guerreiro,por duas veces,unha delas un libre directo que sacou a defensa burelesa con moitos problemas e no rexeite Javi rondou o gol.No 65´o equipo local sufría tamén a expulsión por doble cartón de Adán .O contratempo espoleunos e melloraron as prestacións ,sobre todo a falta de quince minutos cun centro-chut de Rodrigo que se estrelou no longueiro.Sen embargo no 73´Guerreiro puido sentenciar tras outro contragolpe de libro,pero esta vez Borja ganoulle no man a man cunha espectacular intervención.Un minuto máis tarde outro claro penalti sobre o noso Emilio,que se iba só,logo dun gran desmarque,foi trabado por un defensor mariñan.O Guerra desta volta marraba o lanzamento.No 82´ unha alucinante combinacíón entre o Guerreiro que se foi en paralelo sobre a frontal desfacéndose canto defensor lle saia ó paso e Marcos que lla devolveu cun taconazo exquisito pra que aquel quedara de novo só fronte a Borja  ,que se viu batido pero Pablo sacou o balón baixo paos.Esto fixo que continuase a incertidume sobre todo no desconto,no que os locais buscaron o empate con insistencia ,pero soupemos sufrir e defendemos con acerto e o final acadamos unha victoira cremos que merecida,diante dun rival moi compricado,que será dós darriba,e no seu terreo de xogo,por iso resulta ser tamén victoria moi importante.A semana que xa entra, o domingo 22,   na Medela TABOADA CF-IBERIA CF





    Esta era a previa do partido para futbollucense.com,páxina que fai un extraordinario seguemento do noso fútbol:

A Marosa vivirá un duelo de aspirantes ó ascenso


Se houbese que apostar tra-la primeira xornada de competición por dous equipos candidatos ao ascenso en Primeira Autonómica, a maioría das quinielas coincidirían no Taboada e no Burela. Ambos conxuntos veñen de vencer con claridade os seus partidos e enfróntanse o vindeiro domingo na Marosa a partir das 17 h.
O conxunto verde chega ó encontro tras gañar con comodidade ó Lourenzá por 0-3 O plantel burelao contará ata última hora coas dúbidas de Óscar e de Félix, que con contracturas adestraron esta semana a menos ritmo que os compañeiros. Segundo o adestrador verde, Chicho, o de domingo será un partido difícil, “porque o rival mantivo o equipo da pasada tempada que vén de Preferente, e porque se coñecen moi ben e levan moito xogando xuntos”.
Con todo, a mentalidade do Burela vai ser a de ir a polo partido. “Sairemos coa mentalidade gañadora, porque temos equipo para estar arriba, e só por iso, debemos levar a iniciativa na maioría de partidos, e sobre todo na casa”, matizou Chicho.
Pola súa banda, o Taboada, que vén de vencer ó Pastoricense por 3-1, afronta o encontro sabendo da entidade do rival. O gardameta branquiazul, Roi, sinalou que “o partido será moi complicado, pola categoría do rival e aínda máis sendo na Marosa”. A pesar diso, o porteiro taboadés confirmou que o equipo sairá coa filosofía de costume. “Iremos tentar facer o noso fútbol e conseguir os tres puntos”. O Taboada ten as dúbidas de Basan e Fabricio.
A segunda xornada vivirá tamén outros encontros interesantes, como serán o Pastoricense – Bóveda (domingo, 17 h., O Acebreiro) e o derbi mariñán Iberia – Lourenzá (domingo, 17 h. As Valgas). Xogaranse tamén o Alfoz – S. Corazón, Cabreiros – Sarriana, Escairón – Xove-Lago, Rioaveso – Milagrosa, Polvorín – Outeiro e O Páramo – Muimenta
    
Esta era a previa para La  Voz de Galicia










Duelo de titanes en A Marosa

Valoración Con: 1 estrella2 estrellas3 estrellas4 estrellas5 estrellas0 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.








Ríos pugna con un futbolista del Xallas en el campo de A Medela por un balón la liga pasada. alberto lópez
El campo de A Marosa acoge esta tarde (17.00 horas) un auténtico duelo de titanes. Se enfrentarán el Burela y el Taboada, dos de los máximos favoritos para conquistar el ascenso a la Preferente Autonómica. El conjunto de A Medela encara el choque sin presión.
«Este es uno de los partidos que en el calendario aparece entre los que se pueden perder, porque el Burela es claro favorito para ascender. No obstante, nosotros vamos a intentar como mínimo sacar un punto», señaló el entrenador del Taboada, Emilio García.
Estas declaraciones del técnico del club de A Medela no significan que el Taboada salga a empatar. «Para nada, porque nuestro estilo es atacar y combinar bien el balón. Nosotros queremos ganar, pero si no podemos, por lo menos intentaremos traer un empate», indicó García.
Para el entrenador del Taboada, la clave para que el equipo salga airoso del enfrentamiento estará en «ser competitivos hasta el final», porque de esa manera, entiende García, los suyos tendrán opciones de victoria.
La última hora
Por lo que respecta a las bajas, hay que destacar dos importantes, que son las de Basán y de Fabricio, que estarán ausentes por razones de índole personal. En el capítulo de altas, Emilio García podrá contar para este envite con el concurso de Montes y de Emilio, dos futbolistas que marcan las diferencias en la plantilla.


                                     Crónica da xornada en La Voz de Galicia









La única victoria en Primera fue la del Iberia, que se llevó el derbi ante el Lourenzá: 2-1

El Burela cayó ante el Taboada, el Xove Lago en Escairón y el Alfoz empató ante el Sagrado Corazón

Valoración Con: 1 estrella2 estrellas3 estrellas4 estrellas5 estrellas0 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.
El Iberia sumó su primer triunfo del curso al imponerse al Lourenzá (2-1) en el derbi comarcal que deparó la segunda jornada en Primera Autonómica.
El Iberia fue superior al Lourenzá y creó más oportunidades de gol, pero pudo terminar pagando su falta de acierto al final, cuando, con 2-1 en el marcador, Xoel se convertía en el héroe local al pararle un penalti a Omar en el 85. Los blanquiazules se habían adelantado con dos tantos de Diego Chao, el primero de penalti y el segundo tras un centro de Perotti. Recalde, con un tiro desde la frontal, le puso picante al final del partido.
Iberia: Xoel; Marcos Pernas, Javi Parga (Davicín, min 60), Álvaro, Marcos, Diego Núñez, Diego Chao, Aitor, Maki (Perotti, min 5), Canario y Chiqui.
Lourenzá: Bugui; Omar, Martín, Roi, Javi Chinchón (Diego, min 82), Pachicho, Moncho, Garrafín, Marcos, Recalde (Pichi, min 77) y Noé (Fran, min 54).
Goles: 1-0, min 25: Diego Chao, de penalti. 2-0, min 50: Diego Chao. 2-1, min 74: Recalde.
Incidencias: Unas 500 personas en el campo de As Valgas, con un nutrido grupo de aficionados del conjunto visitante.
Entretanto, el Burela cayó en A Marosa ante un práctico Taboada: 1-2. Los visitantes se encontraron con dos goles al contragolpe en los primeros 35 minutos, se cerraron atrás y los burelenses erraron múltiples ocasiones. Solo Pablo Rivas, de penalti en el minuto 40, fue capaz de batir al meta del Taboada.
Burela: Borja; Mutiu (Hugo Río, min 63), Adam, Pablo Rivas (Pedro, min 80), Julio Cayón, Dani Chinchón (Maseda, min 80), Anxo, Marcos, Rodrigo, Balbino (Miguel Gomes, min 56) y Diego Hermida.
También cayó el Xove Lago en su visita al campo del Escairón: 3-0. Los de Suso Martínez, que se quejaron de la actuación del colegiado, ya perdían 2-0 al descanso y tuvieron una ocasión muy clara para reducir distancias, pero el árbitro les señaló un fuera de juego muy protestado cuando tres futbolistas xovenses encaraban al meta local.
Xove Lago: Hugo; César (Rubio, min 60), Álex Yáñez, Pablo, Óliver, Moya, Álex Meitín, Bruno, Zeus (Pedro, min 38), Cora y Maikel.
Finalmente, el Alfoz solo pudo sumar un punto pese a que dominó al Sagrado Corazón: 1-1. Los de Dani Daniel dispusieron de hasta 17 oportunidades durante el encuentro, pero su falta de acierto les pasó factura y salvaron un punto, gracias a una falta directa ejecutada por Chinco el minuto 86.
Alfoz: René; Pedro, Chachi, Juan Carlos, Valea, Pille, Pablo Coello, Juanito, Adrán (Eric, min 70), Esteban y Chinco.




                                   Xuveniles : TABOADA CF 1- SCD SAGRADO CORAZÓN 1
                               Rodrigo,Sergio,Marcos García,Josiño,Dani,Juanjo,Jonny
                                          Aitor,Rubén Pardo,Jose,Marcos López
  Comezo prometedor no arranque de Liga do equipo xuvenil,ainda que finalmente se escapou un punto da Medela.No primeiro tempo, despregando un bó xogo, adiantámonos cedo no 13,cun certeiro testarazo de Josiño a saida dun córner moi ben templado por Dani,os locais levaron o ritmo do encontro e,ainda que nos vimos achuchados contra o final do primeiro tempo intre no que os capitalinos acadaron o seu gol cun disparo dende a frontal diante do cal nada puido facer Rodrigo, era o  minuto 45.No segundo voltamos te-la iniciativa pero faltounos tino , e por un lado a boa actuación do porteiro visitante e por outro tivo tamén aliados  no longueiro que rexeitou un disparo de Aitor e a cepa do poste que rexeitou un remate de Jonny,fixeron que o marcador nos se movese
                                    fotos de Marcos Vázquez e Marcos Varela
                   Mario,Josiño,Jonny,Dani,Jonathan ,Antón,Marcos Vázquez,Alexandre,Juanjo Potente,Rodrigo
                   David Potente,Sergio,Stiven,Rubén,Jose,Aitor,Quico,Marcos Garcia,Marcos López,Carlos




                       TABOADA CF ,equipo veteranos que onte venceu na copa o Bar Terminal 0-6,foto de Marcos Feás

                                    
                                           TABOADA CF 3-PASTORICENSE UD 1
                                             (1ª xornada 08/09/2013)  
                                                                     
                 Dani Rios,Basán,Guerreiro,Roi,Pablo,Nico
                 Marcos,Fabri,Diego Poyán,Alex Ratón,Javi
     Pastoricense UD,que presentou un once con 13Ivo.15Rodrigo, 16Cami,5Carlos,25Gabri,17Raúl,8Canuto,7Martín,10Ivan García,21Iñaki,9Farra. Tamén estaban as ordes de Martin Murado 1 Borja,20Mel,6Moiron,12Rico,14Diego

                                           Jacobo,Alex,Ibán,Manu,Rubén,Emilio                                    
                                                                               






                              Plantilla do Taboada CF xuvenil 2013-2014





              Excelente comezo de tempada 2013-2014,non só polo resultado senón tamén polo xogo amosado ,sobre todo no primeiro tempo; no cal ensinamos a nosa mellor versión desplegando un xogo preciosista,combinando con fluidez ,chegando con asiduidade , xerando moitas ocasións de perigo e con moito aplomo e orde defensivo.Certo é que se nos puxeron as cousas de cara moi pronto,nun  córner que acabou chegando os pés de Guerreiro que resolveu con mestría.Transcurria o minuto 3,e esto xerounos a tranquilidade e confianza necesaria para achegarnos de cote,e así chegaron ocasións claras de Dani Rios,Marcos e Alex Ratón,que hoxe debutaba no  seu equipo,logo de anos lonxe da casa   .O premio a tanta insistencia chegou no 28,dun xeito espectacular,unha fermosisima xogada trenzada entre  uns espectaculares Marcos e Rios culminou nun xenial pase deste a Basán que encarou e batiu a Ivo con finura.O único lunar do primeiro tempo foi o penalti concedido no 45´ e que transformou Iñaki e diante do cal Roi nada puido facer.No segundo tempo  o ritmo baixou,quizais pola calor ,por ser o primeiro partido oficial e por que o xogo se volveu máis físico e directo  por parte dos dous equipos,predominou a igualdade e tiramos de oficio pra manter o resultado ,sobre todo a partir do 75 cando nunha xogada desafortunada por parte dun defensor pastoricense que no intento de rexeitar un balón aéreo acabou por batir a Ivo en propia meta.De acó ó final nada salientable alterou o marcador .A semana que  entra esperanos un dos grandes da categoría,o finde en A Marosa :SD BURELA-TABOADA CF
                             Crónica da xornada de Primeira Autonómica (futbollucense .com)
A SD Burela e o Taboada cumpriron os pronósticos e venceron os seus encontros para situarse á fronte da clasificación. Os burelaos fixérono con total suficiencia en Lourenzá e os taboadenses impuxéronse ó Pastoricense na Medela cun moi bo partido.
O Páramo levouse o derbi da comarca de Sarria tras impoñerse por 0-2 á Sarriana nun partido no que os locais mandaron 3 balóns ó pau. Adiantouse o equipo de Engroba ós 22 minutos por medio de Héctor. A Sarriana tentouno sen éxito ata o final do encontro. Entón sentenciou Borja ós 89 minutos. Os parameses apenas inquedaron a Mundín na segunda metade.
No primeiro encontro da liga o Sagrado Corazón impúxose ó Polvorín no derbi por 2-0. Os branquiazuis estiveron moito máis intensos nas disputas que un renovado equipo amarelo e sacaron con elo adiante o seu debut na categoría. Marcaron ós 3 minutos o exfutbolista do Polvorín Borja Candal e ós 15 minutos da segunda metade Pablo Gómez.
Na Medela o Taboada debutou con victoria por 3-1 ante o Pastoricense. Os branquiazuis adiantáronse moi cedo cun tanto de Guerreiro. Á media hora os locais fixeron o 2-0 por medio de Basan logo dun pase espectacular de Ríos. Iñaki acurtou para o Pastoricense dende os 11 metros á beira do descanso, pero a mala sorte aliouse cos visitantes cun gol en propia meta de Cami cando mellor estaban xogando ao comezo da segunda metade.
En Santa Cruz o Burela fixo valer a súa condición de favorito para impoñerse por un claro 0-3 ó Lourenzá. Os verdes foron superiores en todo momento e incluso puideron obter un resultado máis amplo. Omar ós 7 minutos marcou en propia porta e Julio Cayón refrendou ós 25 a superioridade burelá. Pechou o partido Diego Hermida no minuto 87.
O duelo de recén ascendidos entre Muimenta e Iberia no Pichón acabou con empate a 1. Adiantou o futbolista andaluz Maki ao equipo de Alberto López, pero o Muimenta soubose repoñer e igualou ao final do partido cun tanto de Danilo tras unha indecisión entre o meta visitante Xoel e un zagueiro. O Iberia tivo ocasións moi claras para levarse o partido.
No Municipal de Xove impuxéronse os locais por 2-1 ó Cabreiros, que se adiantou no marcador na primeira metade por medio de Álex Novás. Igualou Máikel antes do descanso para os verdes e puxo o 2-1 definitivo Álex meitín na segunda metade nun encontro sen dominador claro, cun Xove moi serio na súa liña defensiva.
No López Gorgoso enfrontáronse Milagrosa e Escairón. Venceron os do Saviñao cun solitario tanto de Pandiani na segunda metade. A Milagrosa tentouno ata o final pero non conseguiu o empate.
O derbi chairego entre Rioaveso e Outeiro rematou en taboas. Veiga adiantou na primeira metade de cabeza para o Outeiro. Os de Roberto Rielo xogaron con 10 toda a segunda metade por expulsión de Kike, e incluso mandaron un balón ao pau por medio de Rober. O Rioaveso empatou por medio de Carlos nada máis sair do descanso.
O Bóveda impúxose ó Alfoz cun solitario tanto de Édgar Silva de penalti nun encontro no que os locais non amosaron a mellor cara. O Alfoz nunca lle perdeu a cara ó partido pero non puido sacar nada positivo.
                     Resumo da xornada de Primeira Autonómica( El Progreso)

                                                          -AA+

PRIMERA AUTONÓMICA

El Burela golea a domicilio


Etiquetas: Primera autonómica
09/09/2013 - Javier Rivera / El Progreso (Lugo)
El Burela es el primer líder de Primera Autonómica tras su sensacional triunfo en Lourenzá. Los bureleses dominaron con claridad un partido sin historia, gracias a dos goles tempraneros. Un tanto en propia meta de Omar y otro de Julio Cayón ponían en franquicia el encuentro para los visitantes, que con una mayor superioridad técnica y física cerraron el marcador por medio de Diego Hermida en los últimos minutos.
La jornada estuvo animada por el derbi lucense, que enfrentó al Sagrado Corazón y al Polvorín, con victoria para los primeros, y el de carácter comarcal que disputaron la Sarriana y el Páramo.
El tempranero gol de Borja definió el desarrollo del partido entre los dos equipos de la capital. El Sagrado Corazón esperó las acometidas del Polvorín, que buscó la portería de un seguro Daniel. Los visitantes salieron fuertes en la segunda parte, pero el 2-0, obra de Pablo Gómez, dañó la moral visitante y cerró el choque definitivamente.
El Sarriana-Páramo era un partido cargado de morbo. A la ilusión de ver un recién ascendido con aspiraciones, como es el cuadro local, y un equipo como el paramés, que regresó a la categoría desde Preferente, se unía la curiosidad por ver si el veterano meta Mundín, Luisma y Raúl, ahora en el club de Sarria, frente a sus excompañeros. Los dos últimos fueron precisamente los más destacados de la Sarriana, junto con Isma.
El equipo local dispuso de tres claras ocasiones y estrelló tres balones en la madera, mientras que el Páramo aprovechó sus escasas aproximaciones. Héctor Hugo marcó, al recoger un rechace en una jugada aislada, y Borjita sentenció el choque en los últimos minutos, cuando su rival atacaba a la desesperada.
El Taboada comenzó con buen pie en su regreso a Primera, al vencer al Pastoricense por 3-1, mientras que el Xove Lago se deshizo del Cabreiros por la mínima (2-1). El Bóveda se hizo merecedor de un mejor resultado ante el Alfoz (1-0). El cuadro de la Zona Sur, con muchas novedades en sus filas, dominó el encuentro. El único tanto llegó a los 75 minutos en el lanzamiento de un penalti por medio de Edgar. En la primera parte el colegiado anuló un gol al Bóveda conseguido por Dani Melo por fuera de juego. Los alfocenses dieron bastantes facilidades en defensa.
El Iberia, que a priori parte como uno de los gallitos de la categoría, arrancó un punto en su visita a Muimenta. El partido fue muy bueno. Los visitantes se hicieron con el balón en la primera parte y los locales reaccionaron en la segunda. Maqui adelantó a los mariñanos y Danilo igualó la contienda con un gol de película, tras regatear a varios defensas y al portero.
El derbi chairego entre el Riaveso y el Outeiro de Rei también terminó con empate, mientras que el Escairón sorprendió al Milagrosa y se llevó los tres puntos en su vistia al campo López Gorgoso.

Partidos de la jornada
SAGRADO CORAZÓN, 2 : Daniel, Adrián, Pablo Seijo, Álex, Rubén, Diego, Jordi, Borja, Pablo Gómez, Julito y Barreira. También jugaron Noé, Javi Castro, Callejo y Esteban.
POLVORÍN, 0: Esteban, Manuel, Orlando, Nilo, Francisco, Alberto, Óscar, Miguel, Juan, Alejandro y Freire. También saltaron al terreno de juego José, Román, Marcelo y Daniel.
Goles: 1-0, m.3: Borja; 2-0: m.58: Pablo Gómez.
Árbitro: Iván Montero, de la delegación de Lugo. Amonestó a Jordi, del Sagrado Corazón, y a Manuel y Alejandro, del Polvorín.
SARRIANA, 0: Mundín, Rubén, Urdi, Fontal, Luisma, Josito, Orille, Raúl, Isma, Marino y Chavea. También jugaron Carmelo, Fer, Hugo y Julito.
PÁRAMO, 2: Adrián, César, Héctor Hugo, Rasilla, Manuel López, Borja, Jorge González, Roberto, Miguel, Diego y José Antonio. También jugaron Diego López, Pablo, José Antonio Vázquez, Borjita y Rubén Castro.
Goles: Héctor Hugo y Borjita fueron los autores de los goles del Páramo.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.