SC e C POLVORÍN 1-TABOADA CF 1
Juan Carlos Rodríguez puxo no once do SDC POLVORÍN a 1 Esteban,2 Oskar,3 Juani,4 Roman,5 Iñaki,6 Freire,7 Chiqui,8 Dani,9 Nilo,10 Manu,11 Alberto.No banco estaban 12 Fran,13 Pablo,14 Iago, 15 Orlando.
Javi,Nico,Roi,Guerreiro,Basán,Ibán
Marcos,Pablo,Diego Poyán,David Montes,Alex Ratón
Encontro moi vibrante o disputado hoxe en Lugo,diante dun xovencísimo Polvorín que se amosou coma un equipo moi batallador e moi adaptado o seu terreo de xogo.Entramos no encontro moi enchufados sabendo da dificultade do mesmo polas reducidas dimensións do campo e o un terreo moi duro pero sen renunciar o noso xogo de combinación a pesares do forte ritmo imposto,eles apostando por un xogo directo e pola presión asfixiante agardabannos atrás e concediannos a posesión do balón.Non embargantes inicialmente eles despuxeron da mellor ocasión nun disparo de Nilo que rexeitou providencialmente Roi.A nosa desposta foi unha gran ocasión que Basán tivo no 20´ cunha volea nun córner que se foi porriba da cruceta.No 27´adiantaronse os locais logo dun saque de banda que caeu entre unha maraña de xogadores e non soupemos despexar caeu nos pés de Alberto que moi atento fusilou a Roi.O gol reafirmou a estratexia local e conqueriron chegar o descanso con vantaxe.Logo do mesmo volcámonos sobre a meta defendida por Esteban pero non dabamos desenmarañado a nutrida defensa urdida por Juan Carlos Rodríguez .Tan só a insistencia de Poyán na pelexa por un balón rompeu o seu entramado ,pois daquela foi derrubado por un defensor dentro da área e o consecuente penalty foi convertido no 62´ por Guerreiro.Logo o encontro viviu unha fase de loita continua por parte dos dous equipos, ainda sin un xogo moi brillante pero que foi gañando emoción co pase dos minutos.Nos intres finais producíronse as ocasións máis claras por parte local un disparo a bocaxarro de Dani que atallou un Roi pletórico e un disparo ó pao de Manu, pola nosa parte Marcos tivo a victória nun gran contragolpe pero finalmente seu disparo foiselle fora. Esta semana entramos no mes de novembro e o primeiro domingo do mesmo o dia 3 ,enfrontámonos na Medela TABOADA CF –SD OUTEIRO DE REI
Crónica da xornada publicada polo xornal El Progreso
Crónica do encontro publicada na páxina web futbollucense.com
Taboada e Polvorín igualaron a un tanto no feudo amarelo no que foi o mellor encontro dos de Juan Carlos Rodríguez no que vai de liga.
O equipo de Montirón saiu moi enchufado ó partido, e foi superior ó Taboada no primeiro tempo. Adiantouse por medio de Alberto no ecuador deste primeiro acto ó aproveitar un saque de banda que os de Emilio García non souberon sacar da súa área.
O Taboada empatou ó cuarto de hora da segunda metade, cando Guerreiro marcou dende o punto de penalti ó derrubar un zagueiro local a Poyán nunha disputa na área.
Ata o final o Polvorín estirouse, e gozou de varias oportunidades moi claras, e incluso mandou un balón ó pau. Marcos puido asinar a victoria visitante á Contra, pero errou ante Esteban.
PRÓXIMA XORNADA:
O Polvorín visita ó Bóveda. Podes ver aquí como chegan ambos conxuntos ó encontro
O Taboada recibe ó Outeiro. Podes ver aquí como chegan ambos conxuntos ó encontro
O Taboada recibe ó Outeiro. Podes ver aquí como chegan ambos conxuntos ó encontro
TABOADA CF 0-SGC COMERCIAL 1
Juanjo,Sergio,David,Jonathan,Dani,Alex Moure
Marcos López,Jose,Manu,Marcos García,Alexandre
Inmerecida derrota sufrida onte pois os nosos fixeron o seu mellor encontro no que vai de competición diante dun conxunto capitalino que se encontrou cun tempraneiro gol de Lucas no minuto catro e dende aquí ata o final adicouse a defender con unllas e dentes a súa renda .Nós exercemos un dominio absoluto do partido e encerramos no seu terreo os bermellos,sobre todo durante a segunda metade, pero unha e outra vez a pouca fortuna , a falta de puntería e o empeño defensivo comercialista anularon o enorme traballo taboadense.
Crónica do partido La Voz de Galicia
TABOADA CF 5-RIOAVESO MACHINANGO 2
Nico,Guerra,Roi,Dani Rios,Basán,Javi
Marcos,Alex,Pablo,David Montes,Alex Ratón
Rioaveso Machinango,que aliñou a 1 Juan Miguel,2 Vitiño,3 Roberto Carlos,4 Basi,5 Iago,6 Alfonso,7 Rubén,8 Robertiño,9 Ivan Seco,10 Carlos,11 Cascudo. Tamén estiveron na Medela 12 Andrés,13 Ivan,14 Manolo,15 Antón,16 Dani
Jacobo,Iago Montes,Manu,Isma,Rubén
Victoria balsámica a de hoxe,quizais un pouco abultada pois o Rioaveso Machinango
complicounos o partido máis do que di o marcador.Saimos moi centrados buscando
resarcirnos da semana pasada e moi cedo,ó minuto e medio adiantámonos nunha xogada na que
Javi se internou pola banda e o seu disparo seco e raso debeu rozar nun
defensor e non foi atallado por Juan Miguel .O gol afondou no nerviosismo inicial
visitante e nos exercemos un control e posesión do balón que lles causaba moita
inquedanza .Así nos seguintes vinte minutos despuxemos de claras ocasións nas que poidemos por terra de por
medio.Primeiro Marcos non deu culminado unha gran asistencia de Guerreiro que
realizara unha incursión por banda dereita,e enviou o balón porriba do
traveseiro.O pouco ,cambiáronse os papeis ámbolos dous protagonistas da xogada
anterior e Marcos asistiu o Guerra para que este marrara de xeito inusual un
remate nunha ocasión franca de gol.O Machinango foi acercándose timidamente e
sen moito perigo ata que no minuto 27 nunha xogada que protestaron moito foilles anulado un gol por fora de
xogo,era o aviso previo do que ocurriría no 31´.Unha contra que tamén desfacía
un fora de xogo,agora reclamada pola bancada local,foi moi ben aproveitada por
Cascudo que subía o empate no marcador e poñía a incertidume nas nosas filas
.Os visitantes colleron confianza e ofreceron neses intres moita brega,e
tentaron máis incursións buscando a nosa espalda unha delas de Ivan Seco que
foi atallada magníficamente por Roi.O tramo final do primeiro tempo e o
principio do segundo foron moi disputados sobre todo no medio campo e mantiñase
a igualdade ata que no 63 unha penetración de Dani Rios pola esquerda pelexando
o balón ata liña de fondo e sacándose un gran centro o segundo pao que
contestou Marcos no vértice da área pequena cunha perfecta volea,2-1.O gol
significou un claro volco ó partido pois asentou o noso xogo e voltamos
combinar con claridade e pola contra os
visitantes menguaron o rendemento .Nesta situación profundizou no 70´ un penalty
tan claro como innecesario ,pois un Marcos que non chegaba a un remate foi trabado por detrás por un
defensor,o lanzamento convertiuno Guerreiro,3-1.Sin darlles tregua daquela ós
visitantes impuxemos o noso mellor xogo e Pablo no 80´ a saida dun córner e cun
impecable e fermoso testarazo conseguía o 4-1.No minuto 79 ampliabamos a
vantaxe con outra preciosa xogada na que Marcos cunha gran asistencia
servíalle o balón a Basán que regateba a
Juan Miguel e conquería o 5-1.O Rioaveso moi batallador non quería entregarse
ainda e en un bó contragolpe finalizado
por Iván recurtaba a distancia no minuto 86 ,5-2.Con todo o marcador ´xa non se
movería máis.A semana que ven visitaremos a capital ,o sempre difícil campo dos
amarelos e o lugar onde conquerimos o último campeonato ligueiro,o domingo SCD
POLVORÍN –TABOADA CF.
Resumo do partido de TELEVINTE no enlacehttp://youtu.be/80fiDuTlZ6k
Resumo da xornada
SCD RESIDENCIA 3 -TABOADA CF 1
Alex Moure,Dani,Josiño,David,Alexandre,Juanjo
Marcos López,Marcos García,Manute,Jose,Aitor
Stiven,Rubén Pardo,Jonathan,Rodrigo,Jony
Comezamos o partido de xeito excelente ,os dez minutos cobramos vantaxe logo
dunha boa combinación entre Alexandre e Manute ,que resolveu este cun recurso de goleador ,remachando co peito un balón que non era fácil de rematar.Logo fixemos un primeiro tempo moi bó controlando moi ben ós locais e despoñendo de algunha ocasión de ampliar a renda.Lástima foi que cando pouco faltaba para irmos ó descanso malgastamos este traballo en duas accións illadas e consecutivas unha no 45´, unha contra que finalizaba unha bonita culler Oscar Pérez que suponía o empate e outra no desconto do primeiro tempo ;na seguinte xogada no 46´ un córner que non soupemos defender e que Jorge cun remate de cabeza completamente só puxo o 2-1.Foi un mazazo do que non demos recuperado pois no segundo non conseguimos xerar perigo,ainda que ofrecemos loita non bastou e menos a partir de que no 75´un penalti convertido por Alberto poñia o 3-1 para os locais.
Resumo La voz de Galicia
ATLETICO ESCAIRÓN 3 -TABOADA CF 0
Montero,Ivan Glez,Denis,Ramón,Marbán ,Ruben Diaz,
Moreiras,Marco,Ruben,Diego,Pandiani
Roi,Basán Dani Rios,Guerra,Ibán
Javi,Pablo,Marcos,Nico,David Montes ,Alex Ratón
Derbi que se resolveu moi favorablemente ós locais na primeira media hora na que saltarón ó campo máis enchufados,con máis tensión ainda que os dous primeiros goles chegaron a balón parado.O primeiro ós cinco minutos tras una falta sobre sobre a frontal que foi executada con mestría por Ivan González.Hoxe non amosamos capacidade de reacción e ainda que o Atlético tampouco fixo un partido espectacular non fumos quenes de contrarrestar o control que exerceron no medio campo.Os 21 minutos Denis foise moi ben da sua marca e foi derrubado por Roi,o penalti consecuente foi convertido novamente por Ivan González.Non estábamos a ter o noso día e un pouco máis tarde,no 33´, quedábamos en inferioridade pola expulsión de Ibán,e parecía que iamos quedar a mercede dos locais pero foi cando mellor empezamos a xogar ,e se cabe ata merecemos máis ,tivemos una gran ocasión de recurtar nos pés de Pablo,que remachou a queimarroupa pero Montero desviou.Esta dinámica continuou tralo descanso e ata o 67´intre no cal Moreiras culminaba un bó contragolpe de Rubén Diaz,e subia o definitivo 3-0 ó marcador.Pra máis inri pouco despois no 75 ´ Diego Poyán foi expulsado con rigurosidade e ainda que non demos o brazo a torcer e quixemos seguir buscando o gol e dando a cara pero non obtivemos o merecido premio de consolo.A semana que ven tentaremos resarcirnos xogando na casa nun enfrontamento inédito TABOADA CF -RIOAVESO MACHINANGO
Crónica del partido: Xornada 6 - Domingo, 13 Octubre 2013 - 16:30 h |
Atlético Escairón | vs | Taboada CF |
3 | 0 |
Detalles del partido
Fecha del partido: Domingo, 13 Octubre 2013 | ||
Hora del partido: 16:30 h |
Línea de tiempo
Eventos
Minuto | Evento | ||
---|---|---|---|
52 | Gol (Moreira) - Escairón | ||
21 | Gol (Iván González (P)) - Escairón | ||
05 | Gol (Iván González) - Escairón |
Resumen |
Escairón: Montero; Marcos, Diego Suárez, Ramón, Rubén, Moreira, Marzán, Denis, Iván González e Pandiani. Tamén xogaron Aitor, Félix, Iván e Santi. Taboada: Roi; Marcos Rodríguez, Pablo, Nico, Iban, Álex Ratón, Montes, Javi Darriba, Marcos Vázquez, Guerreiro e Ríos. Tamén xogaron Poyan, Emilio e Álex Rodríguez. Árbitro: Borja Quiroga Cervino. Amoestou ós locais Moreira, Diego Suárez, Marzán e Montero e ós visitantes Nico, Roi, Pablo, Ríos, Marcos Rodríguez e Montes. Expulsou con cartón vermello directo ós visitantes Ibán no minuto 32 e Poyán no 67. |
El Atlético Escairón es el nuevo líder de la Primera Autonómica. El equipo de O Saviñao refrendó esta posición con una clara y contundente victoria (3-0) en el derbi del domingo ante el Taboada. Los futbolistas de Yesi fueron muy superiores a la escuadra de A Medela, que a pesar de su derrota apostó por una propuesta futbolística atractiva.
El entrenador del Atlético Escairón, Yesi, felicitó a sus futbolistas por el partido y por el resultado. «Hicimos el mejor encuentro de la presente temporada en todas las facetas. Los futbolistas estuvieron a un nivel óptimo, porque además de desplegar nuestro fútbol, estuvimos muy serios en defensa», comentó Yesi.
A estas palabras nada tuvo que objetar su homólogo en el banquillo del Taboada, Emilio García, que dijo: «El Escairón fue claro merecedor de la victoria, por lo que no tengo nada que objetar al resultado. Quizás, encajar el primer gol en el minuto cuatro nos pasó factura. No obstante, tengo que decir que en ningún momento tuvimos opción de llevarnos algún punto».
Prudencia y optimismo
Si bien esta victoria supone un paso adelante importante del Escairón de cara a conquistar su objetivo final, que es el ascenso a la Preferente, Yesi apeló a la prudencia. «Es verdad que este triunfo supone una inyección de moral importante para mis futbolistas, pero hemos de ir paso a paso, porque esto es un trámite más. Queda mucha competición», indicó.
Por su parte, Emilio comentó: «Tenemos que hacer borrón y cuenta nueva, y hemos de preparar el partido del domingo ante el Rioaveso».
Sobre el derbi del domingo ante el Bóveda en el campo Hermanos Somoza, Yesi señaló: «Será un partido muy difícil, porque el Bóveda es un gran equipo, y en su terreno de juego es difícil sorprenderlos. No obstante, nosotros saldremos a por la victoria, tal y como hemos hecho hasta ahora».
Por último, el técnico del Escairón admitió que tanto este encuentro como el que disputarán el Burela y el Iberia pueden determinar qué equipos lucharán por la zona noble y cuáles no.
TABOADA CF 2-SD MONTERROSO 2
Alex Moure,Jonathan Guerra,David Potente,Marcos Garcia,Josiño,Juanjo Potente,
Aitor,Jony,Dani,Rubén,Jose
Alexandre,Quique,Marcos López,Kiko,Sergio,Alejandro,Antón
Boa asistencia de público na Medela para ver o outro derbi do fin de semana ,que se saldou cun xusto reparto de puntos que reflectiu o dominio dunha parte por cada equipo .No primeiro foi o equipo de Cerdeiriños o que se asentou mellor hoxe na Medela,e os 17 minutos acadaban o 0-1 por medio de Veiga;nós non estábamos a realizar un bó encontro e porriba perdiámos a Jony por lesión.No segundo tempo comezamos a movela pelota con soltura e as ocasións comezaron a chegar,pudemos empatar con senllas de Jonathan Guerreiro,pero pola contra nun saque de esquina recibimos o 0-2 no 55´ obra de Bahía.O equipo non se desmoronou e no 73´ David Potente volvia meternos no partido tras un gran remate.Conseguimos remontar e rescatar un bó punto no 88 ´tras una gran xogada de Dani logo de irse de canto defensor lle saia ó paso e chutar con forza e colocación,foi o 2-2 final.
TABOADA CF 3-SCD CABREIROS 2
Roi,Basán,Guerreiro,Diego Poyán,Dani Rios,Nico
David Montes,Pablo,Alex,Marcos,Javi
SCD CABREIROS, que na sua visita a Taboada presentou o seguinte once 1 Carlos,2 Ruben Vazquez,3Ruben Rivas,4 Noé,5 Jamal,6 Alex Fresco,7 Adríán,8 Pellón, 9 Velez, 10 Novás, 11 David. Tamén estiveron no banquiño 12 Santi, 13 Manu,14 Pepe,15 Pablo, 16 Julio
Meritoria victoria na Medela nun encontro que se puxo moi costa arriba e diante dun rival que plantexou o encontro con descaro e despregou un xogo pouco conservador.O partido empezou con dominio local que non se plasmaba en ocasións manifestas ó noso favor. Pola contra o conxunto xermadino que non se chegara practicamente ó noso área sacudiunos con contundencia o fio do cuarto de hora:contra moi rápida na que inicialmente se pedía fora de xogo posicional e e que logo Javi cortaba limpamente pero o lance o colexiado interpretouno como libre directo sobre a frontal,que foi executado maxistralmente por Pellón,por toda a escadra esquerda de Roi.O perigo visitante non rematou ahí e só catro minutos despois a SCD anestesiaba a Medela con outro contragolpe letal,levado por David e culminado por Novás que facía o 0-2.Parecía que tería que ser enorme a xesta ...E costou pero puxemos moito tesón e non se brilou coma noutras ocasións pero puxemos a directa e moito traballo .Tamén tivémola fortuna de recurtar pronto: no minuto 22 gran xogada do Guerra que se interna na área do Cabreiros pra desfacerse dun rival sobre a liña e centra o segundo pao por donde entraba David Montes que marcaba a pracer e volvia meternos no encontro.O gol fixo que nos viñeramos arriba e buscaramos a liña de meta de Carlos con insistencia .Tivemos a recompensa no 38´ tras unhas mans inocentes na área visitante nun remate que levaba marchamo de gol,o penalti foi convertido por Guerreiro 2-2.Case culminamos a remontada antes do descanso con unha contra na que o remate de Marcos se foi por pouco.Tralo descanso o Cabreiros puido porse por diante o pouco de comezar cun disparo de David que petou no poste.Esto ocurría o pouco de comezar e no 55´ unha gran incusión pola banda dereita de Rios fixoo plantarse na área e no momento que se esperaba un centro, como de feito amagaba, conectou un bó chut que perforou a meta de Carlos,3-2.O partido volveuse logo nun ida e volta no que os dous equipos buscaron a meta contraría ainda que nós despuxemos das ocasiós máis claras cun disparo fortisimo de Guerreiro que repeleu a cruceta e outra gran xogada de Marcos cuio disparo non entrou por ben pouco. O Cabreiros tamén tivo opcións nun centro de David que non topou rematador,e en outro córner no que tras varios rexeites conseguimos alonxar o perigo.O dito victoria moi traballada ,que nos permite desprazarnos a Escairón cos deberes ben feitos.O fin de semana partido de máxima e sana rivalidade ATLÉTICO ESCAIRÓN -TABOADA CF
Crónica da Xornada ( El Progreso)
Crónica da Xornada futbollucense.com |
Taboada e Xove comparten liderato tra-la quinta xornada
- Lunes, 07 Octubre 2013
O Taboada CF e a UD Xove-Lago venceron os seus encontros ante Cabreiros e Outeiro de Rei e mandan na Primeira Autonómica. Pecha a taboa o conxunto de Outeiro e a SD Muimenta, que perdeu co Rioaveso, que xunto co Lourenzá foron os equipos que estrearon nesta xornada o casilleiro de victorias.
O Taboada CF recurriu de novo á casta para remontar ante o Cabreiros un encontro que se lle puxo moi costa arriba nos primeiros 20 minutos. Pellón ó cuarto de hora marcou cun espectacular lanzamento de falta e nun contragolpe Novás facía o segundo no minuto 19. Tres minutos despois Montes recurtou distancias tras rematar no segundo pau unha boa xogada de Guerreiro, que fixo o empate á beira do descanso dende o punto de penalti. Ríos fixo o 3-2 ó pouco da reanudación e ambos equipos enviaron un balón ó pau. O Cabreiros é décimo quinto con 4 puntos. O Taboada é líder con 12.
O Xove-Lago tamén ten 12 puntos, o conxunto de Suso Martínez remontou na segunda metade o gol inicial de Kiko dende o punto de penalti para o Outeiro, dous goles de Luis Varela sitúan ó conxunto verde no máis alto da clasificación. O Outeiro ocupa postos de descenso con 3 puntos.
O Escairón é terceiro (11) tras ceder o segundo empate en Lourenzá. Javi Chinchón marcou para os locais aos 20 minutos, e un cuarto de hora despois empatou Rubén para o equipo do Saviñao. Na segunda metade o marcador non se moveu. O conxunto laurentino é décimo, con 5 puntos.
Na cuarta praza aséntase o Iberia (11), que venceu por 0-2 ó Alfoz nun encontro que se decidiu nos 5 últimos minutos. Dous tantos de Diego Chao no 86 e no 89 fixeron que os 3 puntos marcharan cara Barreiros. O local Juan foi expulsado aos 86 minutos.
É quinta a Sarriana (10), tras vencer por 3-1 ó Polvorín. Julito adiantou ós locais ó final do primeiro tempo. Chavea no 63 marcou o segundo e Julito no 88 de novo o terceiro dos locais. Barrios fixo o tanto da honra dos amarelos, que non puideron facer nada ante unha Sarriana superior. O Polvorín é noveno, con 6 puntos.
Partido vibrante o vivido no Acebreiro entre Pastoricense e Burela. Adiantáronse 4 veces os verdes e 4 veces igualaron os brancos. Diego Hermida fixo o primeiro nun erro defensivo local, e Iñaki respondeu dende o penalti. Diego Hermida volvía facer o segundo á contra e Mel antes do descanso empatou ó rematar de cabeza unha falta lonxana. Ó comezo da segunda metade o burelao Joao fixo o terceiro e respondeu Farra tras servicio de Martín e deixada posterior de Iñaki. Diego Hermida asistiu a Miguel Gómes para o 3-4 e Farra no desconto volveu empatar nunha xogada similar á do terceiro tanto local. Os verdes quedan sextos con 10 puntos e o Pastoricense oitavo con 7.
No derbi da capital, a Milagrosa (7) venceu por 0-2 ó Sagrado Corazón. O partido decidiuse con dous tantos de Diego Redondo na primeira metade, o primeiro deles ó cuarto de hora e o segundo ó fío do descanso. O equipo milagrosista é sétimo e o Sagrado Corazón décimo terceiro, co 5 puntos.
Bóveda e Páramo empataron a un gol nun partido no que houbo que agardar ós últimos 5 minutos para ver goles. Adrián González adiantou ós locais no minuto 88 e Héctor empatou para o Páramo un minuto despois. Os parameses son undécimos, con 5 puntos, e o Bóveda está un posto por abaixo coa mesma puntuación.
No derbi chairego, o Rioaveso logrou a primeira victoria ó dobregar por 0-2 á SD Muimenta. Os goles ó final da primeira metade de Piti e ó cuarto de hora da segunda de Manolo decidiron un encontro vibrante. Coa victoria o Rioaveso sae dos postos de descenso (4) e o Muimenta queda colista (2).
SCD MILAGROSA 2-TABOADA CF 1
David Potente,Dani,Jonathan "Guerra",Alexandre,Juanjo Potente,Alex Moure
Jony,Marcos García,Ruben "Almu",Marcos "Chuzas",Jose
Aitor,Carlitos,Rodrigo,Mario,Kiko,Steven,Alejandro e Antón
Partido que se nos escapou no último suspiro de xeito inxusto e cruel.O Taboada tiña o partido ganado no 92 ´ e na porfía dos lucenses por empatar topáronse coa victoria en dous ataques directos nun desconto excesivo no 93 e no 96 .Ata daquela fixeramos un partido maís ca meritorio nun encontro disputado de poder a poder no que ámbolos equipos disfrutaron de ocasíóns para adiantarse ainda aque fumos nós os 50 minutos quen puxemos o 0-1,logo dun córner que votou Juanjo que rematou David Potente en primeira instancia e no rexeite Jonathan Guerra meteu o pé pra acadar o seu primeiro gol coa camiseta do Taboada .Logo soupemos plantexar moi ben o encontro contemporizando o xogo,e tentando ter o balón,e mantendo un bó orde defensivo que anulaba as tentativas lucense de achegarse o nosa área moi ben defendida por Alex Moure.Ata que chegaron os últimos minutos do desconto,no que aconteceu o relatado pero de todo se aprende.
LA VOZ DE GALICIA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.