22/12/13
TABOADA CF 0-AD BÓVEDA CF 1
Pablo,Roi,Guerreiro,David Montes,Diego Poyán
Emilio,Alex Rodríguez,Nico,Jacobo,Alex Ratón
no Bóveda xogaron 1Macía, 2 Adrían,3 Brais,4 Anthony,5 Moya,6 Ivo,7 Castro,8 Carrasco,9 Varela,10 Durán,11 Patiño
Jony,Damián,Iago Montes,Isma,Basán
Derrota inxustísima a que padecemos na penúltima xornada da primeira volta e que corta a xeira
de cinco partidos sin perder,en realidade seis pois o de hoxe perdémolo ben
entrada a prolongación e da maneira máis cruel,un balón que rexeitou Roi cos pés e bateu nun atacante ,en Varela ,que a
repeleu coma un poste e introduciuse na nosa porteria diante da incredulidade
xeral.Foi unha xogada desgraciada que premiou a un equipo visitante que coma nós loitou moitísimo,pero
que en ataque non dispuxo de outra ocasión máis que esta .Por contra nós fixemos
un partido completísimo,no que despuxemos de claras ocasións para desnivelar o
marcador pero a falta de fortuna e de puntería nos metros finais impedironnos conseguilo.A
primeira moi clara tivémola no minuto 28 cunha vaselina calculada de Guerreiro
foise espetar na escadra.Uns minutos mais tarde no 34 foille anulado un mal
chamado gol o Bóveda,pois o xuiz de liña invalidara antes a xogada por fora de
xogo.Só un minuto máis tarde unha xogada por banda dereita culminabase cun pase
hacia o segundo pao por donde chegaba Alex Ratón cuio diparo se ia para dentro,pero
sobre a liña logrou chegar Macía para despexalo.No segundo tempo continuamos ofrecendo altas prestacións
en ataque ,maniatando en todo momento o xogo do Bóveda que se amosou coma un
equipo moi físico , que tampouco da concesións ainda pero que lle custou moito
ver a nosa área. Puxémolo todo empeño en chegar,en desbordar ,en atacala meta de Macía e tivemos ocasións moi claras
,especialmente no 60,nos pés de Guerreiro que desboudou a marca pero na
resolución topouse co atinado Macía.No 69 Alex Rodríguez tivo o gol na sua destra
cando entraba completamente só pola sua banda pero o disparo Giselle arriba.O
gol do Bóveda no 94 veu precedido dunha xogada moi polémica na área rival unha caida de Ibán foi sancionada con cartón amarelo para este
por entender o árbitro que se deixara caer intencionadamente.A xogada
inmediatamente posterior foi na única na que os visitantes toparon ocos na que
a postre o gol chegou do xeito narrado anteriormente.Agora ben o parón navideño e a volta o día de Reis desplazaremonos a mariña CD ALFOZ -TABOADA CF
21/12/13
SD SANROQUE 3-TABOADA CF 0
15/12/13
ACD SAGRADO CORAZÓN 0-TABOADA CF 3
ADC SAGRADO CORAZÓN,que xugou con1 Ivan Eric,2 Esteban,3 Alejo,4 Rubén,5 Andrés Rodríguez, 6 Pablo,7 Jorge,8 Andrés Arias,9 Castro,10 Diego Anido e 11 Antonio Díaz.Tamén estaban ás ordes de Mourelos 12 Pablo,14 Adrían,15 Noé,16 Luis Martín,17 Martín Barreira
Roi,Diego Poyán,Basán,Guerra,David Montes,Ibán
Pablo,Alex Rodríguez,Alberto,Nico,Alex Ratón
Jacobo,Isma,Manu,Damián,Iago Montes e Emilio
Importantísima a victoria acadada nas
Gándaras diante do Sagrado Corazón,principalmente por
mor de non descolgarnos dos máximos favoritos ó ascenso que gañaron con
solvencia os respectivos embites,tamén por recuperar a fé no noso xogo logo logo duns partido nos que non encontrabamos o gol con facilidade .Tamén foi salientable o xeito de facérmonos
cos tres puntos ,con contundencia e oficio.Contundencia na primeira metade ,na
que con un excelente xogo puxemos terra de por medio acadando os tres goles
amosando as nosas señas de identidade,xogo combinativo e moi ofensivo que se
traduciu pronto, os seis minutos ,en rendabilidade.Un espectacular Diego Poyán anotaba o 0-1 nunha xogada individual facendo
unha incursión por banda dereita ,internábase na área e logo de desfacerse dun
rival marcaba cun disparo raso e pegado ó pao dereito de Ivan Eric.Tralo gol
non faixámola intensidade e seguimos presionando fortísimo e moi arriba
desfacendo o seu xogo de creación dende o inicio,polo que anulamos por completo
ó seu xogo ofensivo e apenas deixamos que se acercaran a nosa liña de defensa.Neste tramo inicial as nosas
continuas chegadas posibilitaron cando non oportunidades de gol saques de
esquina de coté,ata sete na primeira media hora.Nun destes córners chegou o
0-2, no minuto 23,botou Guerreiro e
rematouno de novo Diego Poyán de cabeza
logo de zafarse da marca e
marcando os tempos coma os noves lexendarios.Seguimos logo mantendo as mesmas
armas e desarbolando toda tentativa local de facerse coa posesión do esférico e
non tardamos moito en obter recompensa co 0-3;no 34 e logo dunha gran xogada combinativa entre
Alex Rodríguez e David Montes culminouna este último cunha asistencia a
Guerreiro que volvia bati r a Ivan Eric
con outro disparo seco e axustado o pao .
Ainda
quedaba moito partido por disputar e o
Sagrado non baixou nunca os brazos ,daquela estirou liñas e tratou de
buscar porta ,de feito ó pouco tivo nas
botas de Castro a sua mellor ocasión cun remate a queimarroupa dende a área
pequena que se foi arriba.Logo tiveron
dous remates sin moito tino en senllos córners e así chegamos ó descanso .A
volta dos vestiarios ,amosámo-la experiencia ,o partido abriouse co equipo
local tratando de recurtar a desesperada, e volveuse un pouco de idas e vida
continuas pero collendo cada minuto un máis claro dominio visitante, fortísimos
atrás e contragolpeando con moita
frecuencia e rapidez acabamos por
facernos co control do patido amosando
moito oficio e estivemos mais cerca de aumentala vantaxe que eles de
recurtar.Como fora,o marcador non se moveu e a semana que ven agárdanos un
gran partido de rivalidade na Medela ,o
domingo as 16:00 TABOADA CF-AD BÓVEDA CF
fotos Meri Viso :
06/12/13
ED LOURENZÁ 0-TABOADA CF 0
ED LOURENZÁ 1Bugui, 2Lukas,3 Isaac,4 Caviar,5 Chinchón,6 Dani Rego,7 Montxo,8 Garrafín,9 Markiños,10 Recalde,11 Fran
Roi,Basán ,Diego Poyán,Guerreiro,David Montes,Ibán
Alex Rodríguez ,Marcos,Nico,Manu,Alex Ratón
Jacobo.Alberto,Damián,Isma,Emilio
Discreto o punto o acadado en Santa Cruz diante dun ED
Lourenza moi aguerrido que nos puxo en apretos en momentos puntuais da segunda
parte.Na primeira saimos con moita forza e tentamos con frecuencia chegar a
área dun rival que saiu plantexando un
encontro pleno de brega ,tentando anticiparse e impedir que combinaramos con
facilidade.Resultounos complicado engarzar máis de dous pases seguidos ou
trenzar xogadas elaboradas .Ainda así fúmonos achegando a meta de Bugui.primeiro cun lanzamento de
libre directo que Guerreiro enviou perto do pao esquerdo.Máis clara foi a de David Montes ,que en posición franca non
atinou na resolución.As Escolas Deportivas
a primeira que tiveron foi nos pés de Recalde,nunha ocasión na que Roi
quedou mancado.No fio do descanso,no 44, e logo da nosa mellor xogada
combinativa tivemos a máis clara para termonos adiantado nos pés de Diego Poyán,cun disparo que quixo axustar moito entre
unha maraña de xogadores e saiu moi
preto do pao.
No segundo tempo
fumos baixando o nivel de prestacións , ainda que nos mantivemos sólidos en
defensa ,faltounos presenza e mordente arriba.Os locais levaron máis a
iniciativa cun xogo máis directo, e con poñendo moito empuxe foron acercándose en
chegadas de Montxo e de Garrafín cun remate de cabeza á
saida dun córner e sobre todo Recalde que cun disparo a madeira tivo a máis clara deles.Nos non embargantes tivemos o partido
nas máns ,coa ocasión mais clara do partido ,na última xogada do encontro unha
gran internada de Marcos que culmina sobre a liña de fondo cun pase atrás a
Guerreiro que se saca un chut tan axustado que bate co poste.Non houbo tempo
para máis . O fin de semana que ven visitamos a capital para enfrontarnos nas
Gándaras ADC SAGRADO CORAZÓN –TABOADA CF
CRÓNICA DE FUTBOLLUCENSE.COM
CRÓNICA DE EL PROGRESO A MARIÑACRÓNICA DE FUTBOLLUCENSE.COM
Lourenzá e Taboada igualan sen goles
- Lunes, 09 Diciembre 2013
Lourenzá e Taboada asinaron táboas no campo de Santa Cruz.
O encontro foi moi igualado no que ambos equipos estiveron pouco atinados no remate e toparon co pau unha vez por bando.
Nun choque con moita disputa e escasez de combinación, o Taboada tentou buscar con máis forza o marco de Bugui nos primeiros 45 minutos, con ocasións de Guerreiro, Poyán e Montes.
Na reanudación o partido nivelouse máis e o Lourenzá tentou ir polos tres puntos a base de xogo directo. Recalde, Montxo e Garrafín levaron perigo coas súas accións ante a meta branquiazul. Con todo, Guerreiro enviou ó pau nos últimos intres, no que sería o 0-1. Tamén estrelara Recalde un encontro na madeira anteriormente.
O Taboada leva un mes sen recibir gol e tamén marcando un único tanto. O Lourenzá abre 4 puntos co descenso.
Ficha técnica
LOURENZÁ: Bugui, Lukas, Isaac, Caviar, Chinchón, Dani Rego, Montxo, Garrafín, Markiños, Recalde e Fran. Tamén xogou D. Neira.
Ficha técnica
LOURENZÁ: Bugui, Lukas, Isaac, Caviar, Chinchón, Dani Rego, Montxo, Garrafín, Markiños, Recalde e Fran. Tamén xogou D. Neira.
TABOADA: Roi, Basán, Ibán, Álex Rodríguez, Manu, Álex Ratón, Poyán, Nico, Guerreiro, Montes e Marcos. Tamén xogaron Emilio e Alberto.
Crónica El Progreso En xogo
07/12/13
TABOADA CF 4 -SD BECERRRÁ 4
(xuveniles)
Partido moi similar o que disputamos diante do Polvorín,outro dos aspirantes ó ascenso,e o que tamén puxeramos daquela en serios apretos e que tamén daquela nos remontaba un 2-0,ainda que na xornada de onte finalmente nos tamén logramos darlle a volta ó resultado.Volvemos desta vez amosar que somos un equipo moi competitivo,ainda que tamén sufrimos baixóns inexplicables.Onte encontrámonos cun rival moi duro o que tratamos de ti a ti no primeiro tempo onde se estragaron moitas ocasións polos dous bandos ;nos estivemos moi eficaces e Manute non perdou no minuto 30 e puxo o 1-0 no marcador.O pouco de comezar o segundo tempo Jony poñía o 2-0 no marcador,cando máis tiñamos controlado o partido, e iniciaba o que ía ser unha continuación de tolos,pois a raíz deste gol iniciouse unha búsqueda continua do gol,a Sd Becerreá cun xogo presionante e moi agresivo conseguiu recurtar pronto ,ós dous minutos ,o que os fixo virse arriba e tres máis tarde igualaron a contenda .Semellaba que ia repetirse o guión do Polvorín sobre todo cando o conxunto becerrense se agarraba a unha inercia ascendente a mesma que nos lastraba a nós e semellaba sentencialo partido con dous goles máis nos minuto 69 e 80,poñendo o 2-4.Os nosos non se viñeron abaixo e no treito final empurraron ata o delirio e con dous goles de Manute no 87 e no 91 igualaron a contenda ,acadando un punto moi merecido e de mérito.
01/12/13
TABOADA CF 1 SD MUIMENTA 0
Diego Poyán,David Montes,Guerra,Roi,Pablo,Ibán
Alex Rodríguez,Nico,Jacobo,Marcos,Alex Ratón
1 Pablo,2 Sito,3 Adrían,4 Jose,5 Cascudo,6 Oscar,7 Jorge,8 Dani,9 Danilo,10 David,11 Hugo
Juanjo,Damián,Manu,Isma,Iago Montes
No banco da Sd Muimenta estaban 12 Casiano,13 Vigo,14 Mincha,15 Rubén,16 Alex
Victoria merecida pero tamén sufrida a de hoxe na Medela diante dun rival que non deu nunca o brazo a torcer .Maila ser superiores no primeiro tempo no cal exercemos un dominio total e absoluto donde só os postes impedironnos acadar un resultado máis axeitado ós merecementos duns e doutros ,no segundo tempo as forzas tenderon a nivelarse e a pesares de disfrutar nós de máis e mellores ocasións ,os chairegos adiantaron liñas e tamén dispuxeron de acercamentos perigosos,especialmente nunha contra levada por Dani que Roi salvou excepcionalmente.O partido comezámolo con moito ritmo levando sempre a manilla do encontro,posuindo o dominio do balón e levando moito perigo polas bandas ,con verticalidade e con insistencia ainda que con pouco beneficio.As ocasións claves presentáronse no minuto 20 nunha gran internada de Alex Rodríguez que asiste de xeito excelente a Marcos que no remate a boca de xarro ,xa dentro da área, estrela o balón con violencia contra o traveseiro.No 36 ´ de novo Marcos envia un misil dende fora da área que se estrela contra o pao esquerdo da meta defendida po Pablo.Só un minuto máis tarde tivo lugar a xogada que deu orixe o gol a posteriori definitivo,un balón morto na área visitante caelle a Diego Poyán que coa diestra introduce o balón pegado o pao dereito da porta do Muimenta.Fúmonos asi con esa vantaxe inxustamente mínima ó descanso.A volta ,o Muimenta que aportara moi pouco na primeira ,estirouse e foi acercándose a nosa área ,pero seguimos estando moi serios atrás e non fixemos moitas concesións agás na xa relatada de Dani,que tivo lugar no 57´ e en algún balón parado no treito final; en ataque seguimos aparecendo con menos acerto que claridade e non demos sentenciado ,cousa que nos puido costar cara.As mellores ocasións deste segundo tempo chegaron non minuto 70 nunha triple ocasión ,con disparos consecutivos de Marcos ,Diego Poyán e Alex Ratón, no 76 ´ noutra gran xogada de Marcos pero desta o balón foiselle arriba, e no 88 unha xogada individual de Juanjo que diseñou unha vaselina que se lle foi chisco alta.O final do encontro foise endurecendo e rematou en un par de xogadas broncas e co inamovible 1-0.A semana que ven presentasenos un difícil desprazamento a mariña , o venres 6 EF LOURENZÁ –TABOADA CF
ULTIMA HORA A.T.E.N.C.I.O.N
PARTIDOS ADIANTADOS AS RESPECTIVAS XORNADAS
AFEIZOADOS VENRES 6 AS 16:15
XUVENILES SÁBADO 7 AS 16:15
PRIMERA AUTONOMICA (PRIMERA AUTONÓMICA.- GRUPO 3º)
Partido (06/12/2013 16:15) Árbitros
Campo: (SANTA CRUZ)
E.D. LOURENZA -TABOADA CF ...
PRIMERA AUTONOMICA JUVENIL (PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO SUR)
Partido (07/12/2013 16:15) Árbitros
Campo: (A MEDELA)
TABOADA CF -S.D. BECERREA
PARTIDO ADELANTADO DE LA JORNADA 13ª
PARTIDOS ADIANTADOS AS RESPECTIVAS XORNADAS
AFEIZOADOS VENRES 6 AS 16:15
XUVENILES SÁBADO 7 AS 16:15
PRIMERA AUTONOMICA (PRIMERA AUTONÓMICA.- GRUPO 3º)
Partido (06/12/2013 16:15) Árbitros
Campo: (SANTA CRUZ)
E.D. LOURENZA -TABOADA CF ...
PRIMERA AUTONOMICA JUVENIL (PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO SUR)
Partido (07/12/2013 16:15) Árbitros
Campo: (A MEDELA)
TABOADA CF -S.D. BECERREA
PARTIDO ADELANTADO DE LA JORNADA 13ª
CRÓNICA DE FUTBOLLUCENSE.COM
O Taboada venceu pola mínima ó Muimenta
- Martes, 03 Diciembre 2013
O Muimenta deu a cara en Taboada e tivo as súas opcións ata o remate do encontro.
O escaso acerto do Muimenta ante a meta de Roi impediulle sumar. Os locais estrelaron dous balóns ó pau na primeira metade, pero semella que gañan oficio na zona defensiva, tras deixar a meta a 0 nos tres últimos partidos.
O encontro comezou con dominio local, con moito ritmo e chegadas. As máis claras dos de Emilio foron ós 20 minutos, cando Marcos enviou ó traveseiro un servizo de Á. Rodríguez e no 36 de novo o atacante dende fóra da área bateu co poste nun disparo potente. Os branquiazuis fixeron o gol da victoria no treito final da primeira metade por medio de Poyán, que aproveitou un balón morto na área para bater a Pablo.Na reanudación o Muimenta estirouse e Dani dispuxo dunha oportunidade clarísima para empatar, pero Roi resolveu de xeito espectacular. Os de Miranda tentaron crear máis perigo e pisaron máis a área, pero a zaga taboadesa está nun bo momento e non deixou escapar os 3 puntos da Medela.
TABOADA: Roi, Pablo, Ibán, Jacobo, Álex Ratón, Poyán, Álex Rodríguez, Guerreiro, Marcos, Montes e Nico. Tamén xogaron Manu, Iago Montes, Damián e Juanjo Potente.
MUIMENTA: Pablo, Sito, Adrián, Jose, Óscar, Cascudo, Jorge, David, Dani, Hugo e Danilo. Tamén xogaron Rubén, Casi, Gacio e Mincha.
GOL: 1-0 Poyán (min. 37).
CRONICA DO PARTIDO DO PRÓXIMO RIVAL: ADC SAGRADO CORAZON 1- EF LOURENZA 0 (futbollucense.com)
Mourelos pon na boa liña ó S. Corazón ante un Lourenzá preocupante
- Martes, 03 Diciembre 2013
O traballo de Mourelos comeza a dar froitos nos branquiazuis.
O Sagrado Corazón levouse un dos duelos por fuxir da zona baixa ante un preocupante Lourenzá que leva 7 xornadas sen gañar, nas que sumou 4 puntos. O traballo de Mourelos comeza a dar froitos nos branquiazuis, con 9 puntos de 12 no último mes, con tres victorias ante rivais directos (Páramo, Muimenta e Lourenzá) e deixando a portería a 0.
O encontro disputado nas Gándaras entre os laurentinos e os capitalinos levouno o equipo que más espuxo para facerse cos tres puntos, segundo fontes do club local. O choque estivo igualado durante os 90 minutos, con moita batalla e poucas ocasións, aínda que as máis claras para o Sag. Corazón. O colexiado anuloulle un gol moi protestado ó Lourenzá. Nun libre indirecto o balón introduciuse na portería e o árbitro entendeu que non lle tocara ninguén. Segundo o Lourenzá, un xogador local si que entrara en contacto co esférico.
Finalmente un tanto de Andrés no treito final, a falta de 12 minutos deulle os tres puntos o equipo branquiazul, que mira cara a zona media da táboa.
S. CORAZÓN: I. Éric, Esteban, Adrián, Rubén, Andrés, Álex, Aarón, Anido, Antonio, Pablo e Barreira. Tamén xogaro Jordi, Castro e Martín
S. CORAZÓN: I. Éric, Esteban, Adrián, Rubén, Andrés, Álex, Aarón, Anido, Antonio, Pablo e Barreira. Tamén xogaro Jordi, Castro e Martín
LOURENZÁ: Bugui, Lucas, Omar, Roi, Martín, Isaac, Dani Rego, Patxi, Garrafín, Montxo e Marcos. Tamén xogaron Chinchón e Fran.
GOL: 1-0 Andrés (min. 78)
30/11/12
AD SAGRADO CORAZÓN 1-TABOADA CF 2
( xuveniles)
Alex Moure,Jony,David Potente,Josiño,Dani,Juanjo
Stiven,Manu,Marcos Garcia,Jose,Aitor
Antón,Alejandro,Rodrigo,Alexandre,Marcos López,Sergio.Jonathan
Segunda victoria consecutiva do Taboada Cf xuvenil que
premia o bó xogo despregado e que nos acerca a postos máis acordes cos nosos
merecementos .Non embargantes tívo que ser de xeito sufrida diante dun moi
digno rival que xugou case unha hora cun xogador menos e remontando un resultado
adverso,pois os locais adiantáronse no minuto 17 por medio de Cristian ,o mellor inmerecidamente pois
ata daquela estabamos a chegar con insistencia e combinando con moito
criterio,sexa como fose o certo é que unha xogada a balón parado,un córner
,penalizounos por unha desatención na marca e puxémonos por detrás .No 31 ´produciuse
a expulsión do dorsal 11 ,Raul do Sagrado,por protestas insistentes .Quedaba moito e
houbo moito que pelexar pois os locais defenderon con moito orde pero o
certo é que nós volcamos sobre a meta
local e fixemos merecementos ,pero non lle demos a volta ata segunda parte
.Primeiro igualamos cun gol nun remate de Juanjo Potente a saida dun córner ,no
minuto 52.No 68 éralle anulado un gol a Manu.E no 76 Alexandre culminaba un gran
contragolpe seu cun disparo moi axustado ó segundo pao.A semana que ven
disputarase o sábado un partido adiantado
da 2ª xornada da segunda volta que se ía disputar o dia 14 de decembro ,así o sábado 7 do mesmo mes as 16:15 na Medela TABOADA CF –SD BECERREÁ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.