24/11/13 16:15 A Ribela
SD SARRIANA-TABOADA CF
Marino, Chavea,Luisma,Hector,Mundín,Urdi,Isma,Josito , Raul,Fer
Pablo,Diego Poyán,Guerreiro,Basán,Roi,Ibán
David Montes,Alex Rodríguez,Nico,Marcos,Alex Ratón
Isma,Iago Montes,Damián,Manu,Javi,Emilio
Moi bo punto o colleitado hoxe ná casa do líder nun partido
moi disputado e bastante trabado que apesares de que non foi en exceso vistoso para o que se agarda de dous demandantes ós postos de privilexio, si tivo dose
de moita tensión e emoción dabondo pola
incertidume do resultado,ainda que o prioritario para ámbolos dous era non encaixar ,non perder, tampouco se xugou a mantelo empate.O partido empezou pronto con intercambio de golpes nas
duas áreas :no minuto 5 foille invalidada unha boa acción de Marino por fora de
xogo,ainda que non rematara en gol.No minuto 8 unha gran volea de David Montes a
centro de Diego Poyán puxo en vilo a bancada local pois Mundín nada podía facer
pero o balón foise moi perto da cruceta.No minuto 13 un balón en profundidade para
Julito foi interceptado por un Roi que se anticipaba a chegada do atacante
sarriano.Logo chegamos nun par de accións que se resolveron cun par de disparos
lonxanos de Guerreiro e de Alex Ratón.No 21 o sarrián Chavea fixoo todo ben na sua internada pola esquerda
pero non deu concretado a definición.Logo pasouse por unha fase do
partido certamente insulsa sen moito que
reseñar máis que a loita sen cuartel no mediocampo. Así fúmonos acercando o
tempo complementario onde os locais sairon tentando empurrar un pouco máis pero
nos completamos un novo partido pleno no aspecto defensivo, e pouco a pouco
sacudimos o seu dominio territorial e fumos nós quen despuxemos das mellores
ocasións no inicio da continuación como
un disparo envelenado de Guerreiro no 57´que se foi por encima do largueiro e
unha xogada de combinación que culminou Manu cun disparo moi certeiro pero frouxo que chapou Mundin .Logo chegaron
duas boas ocasions para os locais no 65´ unha excelente xogada de Chavea remata
cun disparo que desvarata Roi en dous tempos.No 75´ Un centro no saque de falta
de Luisma convértese nun susto ,pois o lanzamento vaise cerrando e ainda que nadie
o remata chega a rozalo poste esquerdo.Un só minuto máis tarde chega unha das
nosa mellores xogadas nos pés do Guerra que chega ata sua cociña pero o disparo
vaiselle alto.Nos últimos minutos entre o 85 e 86 os locais poderon primeiro acadar
o gol,nun disparo o largueiro de Josito e logo tamén despuxeron doutra menos clara nun balón
morto na área pequena que lle meteu o pé Marino,ainda que frouxo e Roi puido
sacala luva para atrapalo .Chegouse logo o final sen máis atrancos pra ningún
contendente. A semana que ven agardanos na
Medela outro duro rival o que non fai xustiza o seu posto na clasificación,o
domingo TABOADA CF –SD MUIMENTA.
Recurtes de Prensa:
Crónica de futbollucense.com
Sarriana e Taboada empatan sen goles na Ribela
- Lunes, 25 Noviembre 2013
Sarriana e Taboada protagonizaron un encontro na Ribela con moito respecto por parte de ambos bandos.
Houbo intercambio de golpes ó comezo do encontro e no treito final, aínda que ningún dos equipos foi quen de marcar. O Taboada suma dúas xornadas coa portería a 0, e queda tras catro empates nas últimas cinco xornadas a 5 puntos do ascenso. Non foi por non tentalo, con ocasións no treito inicial e na segunda metade, sobre todo protagonizadas por Guerreiro, aínda que non tiveron os branquiazuis o día en ataque.
A Sarriana tivo as súas opcións, sobre todo por medio de Marino, que levou perigo nas súas botas en ambas ocasións ante Roi. Con todo, a oportunidade máis clara para os brancos foi nos últimos intres, cun balón ó longueiro por medio de Josito.
O empate pode considerarse xusto entre dous dos aspirantes ó cambio de categoría. A Sarriana segue líder unha semana máis.
Ficha técnica do encontro
SARRIANA: Mundín, Josito, Urdi, Fer, Luísma, Isma, Julio, Raúl, Héctor, Marino e Chavea. Tamén xogaron Samos e Carnero.
TABOADA: Roi, Basán, Ibán, Álex Rodríguez, Álex Ratón, Pablo, Poyán, Guerreiro, Montes, Nico e Marcos. Tamén xogaron Manuel e J. Darriba.
Crónica de El Progreso:
23/11/13 12.00 A Medela
xuveniles : TABOADA CF 3-SD ANTAS 1
Marcos López,Manu,Aitor,Jose,Marcos García
SD ANTAS
Rubén,Sergio,Rodrigo,Jonathan,Alejandro e Antón
Por fin chegou a ansiada e máis que merecida victoria para o noso equipo xuvenil.No que vai de campionato fixeramos méritos máis que de sobra para termos acadado moito antes os tres puntos ó final dos encontros ,escapándosenos en varias ocasións victorias no último suspiro cando tiñamos marcadores ó noso favor.A nosa situación na táboa non esta a ser xusta e é de todo engañosa; caendo pola mínima sempre ,amosamos en todo intre un alto nivel de competitividade e estamos a facer un bò futbol que tiña que acabar por dalos seus froitos e éste golpe moral diante dun dos equipos da zona noble da clasificación e que mellor está a cuidala canteira ,tennos que dar pulo suficiente para impulsarnos na táboa.No que atingue o partido de hoxe na primeira parte o contrario das dinámicas dos últimos encontros non estivemos ben,sufrimos moito sobre todo nás xogadas a balón parado,e tamén por que cedemos o control do partido a Sd Antas que se fixo pronto co mando e enseguida recolleu un merecido premio os 10 minutos adiantáronse no marcador 0-1,con un gol de Galego.Con todo a sorte ,que a ata o de aquí semellaba ternos deixado de lado deunos una opurtunidade contra o final da primeira parte os 40 minutos,que un Manu en estado de gracia non deixou escapar e conqueriu o empate 1-1.Na segunda parte o partido cambiou radicalmente ,pasamos nós a levala iniciativa ,con poderío no medio campo e levando moito perigo polas bandas e poñendo como broche as aparicións estelares dun sublime Manute.Non embargantes o 2- 1 no minuto 63 veu dos pés do derroche e o pundonor de David Potente,que viu así premiada a sua labor de entrega total no que vai de Liga. Pouco despois, no 69´,volveu emerxer a figura de Manu para establecer o 3-1 no marcador,e por terra de por medio diante dunha Sd Antas que nunca se entregou e seguiu buscando o noso marco e creando perigo sobre todo nos balóns aéreos.Con todo mantivemos hoxe firmes no tramo final e soupemos defender o resultado, e así se chegou a conclusión.Nesta liña entraremos nunha dinámica positiva que nos vai dar moitas satisfaccións seguro.
Recurtes de Prensa
17/11/13
TABOADA CF 0-UD XOVE LAGO 0
Diego Poyán,Roi,Guerreiro,Basán,Pablo,Ibán
Alex Rodríguez,Marcos,Nico,Manu,David Montes
O conxunto da UD Xove Lago puxo un once no que estaban 1Hugo,2Pablo,3 Oliver,4Luis,5 Alex,6Moya,7 Pedro, 8 Bruno,9 Alex Meitín,10 Cora,11 Maikel .Tamen estivero no banco 12 Cesar,13 Fanego,14 Agustín,15 Oki,16 Zeus
Jacobo,Rubén,Juanjo Potente,Isma,Iago Montes,Emilio
Partidazo o disputado
hoxe na Medela entre dous dos aspirantes a estar arriba na táboa clasificatoria
e que respostaron as expectativas ofrecendo un encontro disputadísimo e moi emocionante ,ainda sen
ocasións moi claras de gol ata o treito final pero con tal intensidade que se
fixo atractivo pros espectadores.No primeiro tempo primou en exceso o
mediocampismo onde se desenrolou unha loita titánica pola posesión e control do
xogo,nin uns nin os outros deron coa tecla para acercarse con perigo a área
rival,primando as férreas defensas que se impuxeron os atacantes rivais.Neste
eido fixemos o mellor partido do campeonato,moi serios ,moi ordeados e empregándonos
con contundencia cando a ocasión o requeria.O Xove tamén se amosou coma un
equipo moi disciplinado nó apartado
defensivo e tiña a premisa moi clara de non encaixar gol .Por mor desto as chegadas
claras escasearon.No segundo tempo ámbolos dous equipos foron perdéndose
respeto e os acercamentos perigosos foron producíndose nás duas áreas : eles con
xogadas a balón parado,onde se fan respetar polo poderío físico,nós con incursións
polas bandas e en xogadas moi elaboradas que foron ganando en perigosidade e
continuidade co paso dos minutos. A primeira
clara foi unha incursión de Marcos que non estivo certeiro no remate.Logo Poyán
avisou das nosas intencións cun disparo desde o balcón da área que puxo en
moitos apretos a Hugo;a partir de acó ,sobre a media hora da segunda desatáronse
tódalas hostilidades xa que logo foi Guerreiro con outro gran disparo desde o vértice
da área que espetou no traveseiro.A seguinte foi nun saque de córner votado
por Basán caendo o balón nos pés de
Marcos pero o seu disparo quitou un defensor baixo paus ,o rexeite tampouco o
deu materializado Poyán . Eles avisaron cun disparo cruzado de Alex Meitín en
un córner moi cerrado que sacou Roi coa puntiña das luvas Nos contestamos coa
máis clara do partido cando con Hugo desbordado David Montes non atinou co
remate con dous defensores Baixo paos e o disparo foise contra o lateral da rede
.Ahí o mellor morreu o partido.Pra semana visitaremos o novo líder da categoría
, desprazarémonos ata A Ribela,o domingo : SD
SARRIANA-TABOADA CF
Crónica de El Progreso
16/11/13
(xuveniles) SD SARRIANA 3-TABOADA CF 1
Manu,Davi Potente,Josiño,Dani,Alex Moure,Juanjo Potente
Marcos López,Aitor,Rubén,Marcos García,Jose
Cumprimos a raxatabla o que esta a ser o guión dos partidos dos nosos xuveniles esta tempada,logo de facer unas primeiras partes primorosas derrubámonos de xeito incomprensible nos segundos tempos.Onte igual fixemos moi bó fútbol na primeira parte e podemos e merecemos írmonos con algún gol máis o descanso pois tivemos ocasión claras para elo,un libre directo de David Potente,una gran xogada individual de Aitor cuio disparo foise alto,outro remate de Manute que se foi por pouco.Os locais incomodaban só nos córner e nos saques de falta e rondaron o gol en duas delas.No 43 ´un gran remate de Manute de chilena e de espaldas a portería facía o 0-1.A volta de vestiarios saimos moi mentalizados e seguimos moi ordeados pero nunha xogada illada a Sarriana conquería o empate no minuto 60 por medio de Alex.Despois desto ainda tivemos una boa ocasión de adiantarnos no marcador nos pés de Marcos García ,pero no contragolpe seguinte no 66´ os locais aproveitaron un balón morto rexeitado por Alex Moure e Enrique facía o 2-1.Volcámonos logo en buscar desesperadamente o empate pero de xeito infructuoso e a Sarriana sentenciou con outro gol de Alex a falla de tres minutos noutro rápido contragolpe que xurdia tras un córner a noso favor e que non demos freado.Co xogo que se esta a amosar e coa pizca de fortuna que nos ten que chegar van vir mellores resultados seguro , a semana que ven TABOADA CF -SD ANTAS
10/11/2013
SCD MILAGROSA 1-TABOADA CF 2
Madriles aliñou a Yelco,Javier,Fariñas,David,Alvarez,Luisón,Michi,Novo,Diego Redondo,Zas,Alberto.Tamen tiña a sua disposición no banco Jesús,Elias,Alex,Quintana,Alberte
Roi,Basán,Nico,David Montes,Guerreiro,Diego Poyán,Ibán
Marcos,Manu,Alex,Pablo
Rubén,Isma,Jacobo,Iago Montes,Juanjo
Importantísimos tres puntos os acadados hoxe no Luis
L.Gorgoso de Lugo, importantes para non quedar descolgados do grupo de cabeza,importantes
polas circunstancias que rodeaban o
antes e o durante do encontro:polas baixas
que imos acumulando, pola
incomodidade do rival e do terreo de xogo . Acompañados dunha boa colonia de
siareiros de Taboada que se desprazaron ata a capital que pareceu que nos deo pulo, dende o
primeiro intre fixemos un partido moi serio dunha maneira a que non estamos
acostumados,pois o rival apostaba por un xogo mais agresivo,encimando moito
cunha presión abafante e moita rapidez nas transicións.Nos tamén ofrecemos hoxe
moito desto,deixando un pouco de lado a
noso espléndido xogo de combinación ,ainda que non de todo ,pois a posteriori
foi tamén determinante.O caso é que o resultado das duas propostas foi que se
viu un partido moi intenso e vibrante ,con moita velocidade nas transicións ,e
moita presión e dura pugna na disputa dos balóns.Estes aspectos e a rapidez que
o balón adquire neste terreo traduciuse nun encontro no que a precisión coa que finalizar as chegadas tiña que ser
determinante . E así ocorreu.No primeiro tempo non vimos moita ocasión clara
,un remate de Michu no 13 fixo
intervir a Roi con moito tino; logo
trenzamos un par de boas xogadas entre Marcos e David Montes que levaron perigo
a meta de Yelko,.Logo eles tiveron unha ocasión de Redondo no 27´ que se foi
alta, e o pouco outra do mesmo xogador cando estaba moi ben posicionado pero o disparo
que deu conectado foiselle moi desviado. Case sobre a bocina do primeiro tempo
chegou a primeira xogada chave do encontro a autoexpulsión de Alberto por
desentenderse do xogo e empregarse con violencia diante de Ibán.No segundo
tempo ainda que os locais estaban en inferioridade non baixaron en
intensidade,pero tampouco nós ,que lle puxemos moito ritmo ó partido e así no 56
´ e logo dun disparo a porta de Guerreiro o árbitro sinalou penalty por unhas mans
que cortaban a traxectoría do balón.O encargado de transformalo foi o propio
Guerreiro coa sua xenialidade habitual.Non moito despois cando parecia que
tiñamos controlado o partido,por lo menos con todo a favor ,nunha xugada illada
o árbitro sinalou tamén penalty por un derrubo
a Alberte na nosa área .O penalty trasformouno tamén de xeito
imparable Álvarez. A partir de acó fixemonos co
dominio absoluto do partido e chegaron
as nosas mellores ocasións primeiro no 72 ´un disparo o pao do Guerri nun libre
directo,logo no 82 ´o gol que chegou nunha grandísima xogada de combinación
entre Basán, Montes, Iban e o propio Guerra que se foi pola banda cunha
velocidade incrible para centrar sobre a liña o segundo pao donde recibiu
,acomodou ,templou e definiu o Marquiños coma un xenio 1-2. Un par de minutos
despois puido sentenciar Diego Poyán
noutra excelente xogada na que culminaba cun disparo axustado pero Yelco
estivo acertadísimo.O final chegou sin excesivo sufrimento e con moita
seguridade atrás. A semana que ven recibimos a outro histórico da provincia ó
cal fai mais de trinta anos que non nos enfrontamos o domingo TABOADA CF- UD XOVE
LAGO
Crónica de El Progreso
09/11/13
(xuveniles) TABOADA CF 2-SCD POLVORÍN 3
Alex Moure,Jonathan,David Potente,Josiño,Dani,Juanjo Potente
Marcos García,Manu,Aitor,Jose,Alexandre
TABOADA CF 2 -SCD POLVORÍN 3
Recibimos o sábado a visita do líder na Medela e tivemolo contra s cordas moitos minutos logo de facer una gran primeira parte ainda que logo baixamos as prestacións no segundo tempo,ainda que quen nos condenaron foron un par de xogadas desafortunadas,.Puxemonos con vantaxe ata de 2-0,primeiro no minuto 12 cunha gran xogada de Dani que finalmente asistia cun espléndido centro para Manu que remataba tamén maxistralmente.Pouco despois enseñaron eles os dentes cun disparo o pao. Sobre a media hora un gran pase entre liñas do propio Manute habilitou a Alexandre para definir con acerto ,era o 2-0.Cando tiñamos ó líder contra as cordas este colleu aire tras una xogada desfortunada nosa ,un erro no despexe da nosa defensa posibilitou que Saúl no 38 acadara o 2-1.Tralo descanso o Polvorin saiu cun talante mais ofensivo e fíxose co dominio,pero o empate chegou noutra xogada desgraciada no 58 nun balón que se lle escapou o sempre seguro Alex e posibilitou que se aproveitara Iago e que os capitalinos conqueriran o 2-2.Cundiu nas nosas filas a inseguridade e a falta deun cuarto de hora os visitantes remontaron con un gol Lombao para por o 2-3.Nos puxemos todo por acadalo empate pero a sorte xa nos dera a espalda,pero non sempre vai ser así e menos competindo coma hoxe.
Crónica de La voz de Galicia :
03/11/13
TABOADA CF 2-SD OUTEIRO DE REI 2Roi,Diego Poyán,Guerreiro,David Montes,Pablo,Ibán
Marcos,Alex,Nico,Jacobo,Basán
Roberto aliñou por parte da SD Outeiro de Rei a 1 Ruben, 2 Picado,3 Leandro,4 Yago Yebra,5 Trigo,6 Alvaro,7 Kiko, 8 Yoel, 9 Rober,10 Quique, 11 Kevin. Tamén tiña a sua disposición no banquiño de suplentes a 13 Diego, 12 Lucas,14 Juan Carlos,15 Aaron 16 Jesús Yebra
Iago Montes,Juanjo Potente,Isma,Manu,Alex Ratón e Emilio
Comezou o partido de hoxe sen moito ritmo con moito vaivén de idas e vidas e lento xogo de pernas e sen intercambio de golpes polo estaba resultar insulso.A nós estábamos a sair un encontro tirando a cativo sin ter as ideas moi claras en ataque e con imprecisións no pase e no corte,tampouco os outeiráns estaban moi lucidos pero sairon máis asentados esperando a súa,como así aconteceu .No 27´ ,logo dunha falta moi discutida sobre a frontal ,Kiko armou un perfecto golpeo no libre directo que pasou porriba da barreira para entrar polo pao no que non estaba Roi,que nada puido facer.O gol deles espertounos e metémoslle varias marchas máis ó partido e nun par de minutos fixemos máis que na media hora precedente,e froito desto despuxemos de duas clarísimas ocasións de gol; primeiro logo dunha estupenda asistencia de Poyán a David Montes que este estampou no pao.Na seguinte foi Marcos quen asistiu a Poyán para disparar a queimarroupa sobre Rubén que salvou atinadísimanente.Semellabamos moi enchufados xa ,pero no 36´unha contra letal lanzada por Rober para Kiko,que recibiu nunha posición que foi tamén moi protestada, pero serviulle a este para establecer o 0-2 cun disparo cruzado e votarnos un xarro de auga fría que nos poñia o partido moi costa arriba.No que continuou puxemos moito tesón pero non conseguemos despregar o noso xogo diante dun equipo que destaca sobremaneira pola sua solidez defensiva, e que nos fixo sufrir moito.Por isto a remontada para conquerir o empate foi máis ca meritoría, e foi producto do espíritu deste equipo que ainda que non saindo ben as cousas busca sempre a meta rival e nunca baixa os brazos.As ocasións foron chegando e así a Marcos foíselle o balón lambendo o poste , a Manuel o mesmo poste repeleulle outro lanzamento.Con todo a esperanza non languecía e no 78´collemos pulo cun penal sobre Marcos sobre a liña da área ,moi discutido polos visitantes, que foi convertido por Guerreiro 1-2.O empurrón moral foi enorme e a nosa insistencia ,que encerrou o cadro azul ,hoxe de laranxa,tivo premio sobre a bocina no 94 ´con outro penalti ,este moito máis claro por máns na área pequena, e que de novo Guerreiro voltaba a converter e facelo 2-2. A semana que ven voltamos visitala capital render visita ó difícil campo Luis L. Gorgoso : SCD MILAGROSA -TABOADA CF
De novo volven as crónicas dos partidos de Primeira Autonómica a El Progreso , alegrámonos por iso :
- Martes, 05 Noviembre 2013
O Outeiro sumou a terceira xornada consecutiva sumando logo de empatar a 2 tantos na Medela ante o Taboada, que tivo un encontro para esquecer no apartado defensivo. Os de Roberto Rielo adiantáronse cun 0-2 na primeira metade con tantos de Kiko, un de falta directa ós 27 minutos e outro á contra a 9 para o descanso. Os branquiazuis chegaron nalgunha ocasión con claridade ante Rubén, pero os de Roberto Rielo levaban moito perigo coas súas contras.
Na reanudación o Taboada quixo ir a polo partido pero non estivo atinado no ataque. Guerreiro puxo o 1-2 a falta dun cuarto de hora cun penalti discutido polos visitantes, e de novo o ariete taboadés no desconto fixo o 2-2 definitivo tamén de penalti.O Taboada é quinto, con 17 puntos, tras encadear dous empates seguidos. O Outeiro conta con 8, catro por enriba do descenso.
Ficha técnica do encontro
TABOADA: Roi, Pablo, Ibán, Marcos, Jacobo, Pablo, Basán, Montes, Guerreiro, Poyán e Álex. Tamén xogarón Álex Ratón, Potente e Manu.
OUTEIRO: Rubén, Picado, Leandro, Yago, Yebra, Trigo, Álvaro, Kiko, Yoel, Róber, Quique e Kevin. Tamén xogaron Aarón, Juan Carlos, Yebra e Lucas.
ÁRBITRO: José Luís Rego. Amosou amarela a Jacobo e Gerreiro (Taboada) e a Kevin, Yago, Álvaro, Picado, Juan Carlos, Rubén, Trigo e Kike (Outeiro)
GOLES: Kiko (min. 27), Kiko (min. 36), Guerreiro (min. 78) e Guerreiro (min. 94).
Gol de Kiko que suponía o 0-1
Secuencias do penalti lanzado por Guerreiro que suponía o 2-2
A Medela outra vez nutrida de grandes siareiros
01/11/13
xuveniles: SD OUTEIRO DE REI 2-TABOADA CF 2
Rodrigo,Marcos García,David Potente,Josiño,Juanjo Potente
Dani,Manu,Ruben Pardo,Marcos López,Jose,Aitor
Idéntico resultado que o dos maiores neste doble emparellamento entre ámbolos dous clubes.Desta volta tocaballes ós nosos xuveniles render visita ó municipal de Outeiro. E no paralelismo co partido dos afeizoados se na Medela escapouselles a victoria nós intres finais a Sd Outeiro no seu feudo foi o revés e a quen se lle escaparon os tres puntos cando morría o partido foron ós pequechos do Taboada CF,que fixeran tamén moitos méritos para conquerilos.Ós oito minutos Juanjo Potente poñíanos por diante cun gran remate de cabeza á saida dun córner.No primeiro tempo controlamos moi ben ós locais que non creaban perigo e incluso poidemos e merecemos incrementar a vantaxe pois chegabamos moito e Aitor tivo unha ocasión moi clara pero o seu disparo foi repelido polo pao.Cando mais controlado tiñamos o partido nunha xogada aillada chegou o seu gol,no 30 Maikel o seu mellor home hoxe e logo dun primeiro rexeite por parte de Rodrigo e con certa dose de fortuna conquería o 1-1. Tralo descanso fumos perdendo efectivos por lesión e caeron Marcos López e Jose ,pero lexos de amilanarnos e cunha saida fulgurante no 47´Manute acadaba un fermoso gol cunha volea dende fora da área a pao cambiado.O gol voltounos dar moita tranquilidade e seguimos facendo un bó partido arriba e en defensa .Nos intres finais non embargantes eles lanzaron balóns a desesperada e un deles logo de ser rexeitado pola nosa defensa foi cazado por Javi dende fora da área e cun potentísimo disparo batiu a Rodrigo que nada podía facer para evitar o 2-2.Seguimos competindo moi ben pero faltanos ese chisco de sorte que nos permita cerralos partidos,de certo que nesta liña chegará e aparecerán os mellores resultados que este equipo merece.Pra semana TABOADA CF -SCD POLVORÍN
Crónica La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.