11/05/14
TABOADA CF 1-CD ALFOZ 0
Pablo,Guerreiro,Roi,David Montes,Dani Rios,Ibán
Emilio,Damián,Nico,Jacobo,Alex Ratón
CD ALFOZ: 1 Pelayo, 2 Pablo Coello,3 Gilberto,4 Juan Carlos,5 Basanta,6 Eric,7 jordi,8 Adrián,9 Eloy,10 Pille,11 Juan Semedo.Tamén xugou 12 Javier
Iago Montes,Alberto,Javi,Jonathan,Alex Moure
Crónica el Progreso
10/05/14
TABOADA CF 0-SD ANTAS 3
( XUVENILES)
04/05/14
AD BÓVEDA CF 2-TABOADA CF 1
1 Macía ,2 Smaily,3 Victor ,4 Moya,5 Castro,6 Carrasco,7 Diego Arias,8 Durán,9 Adrián,10 Omar,11 Patiño
12 Marcos,13
Arturo,14 Varela,15 Edgar
Pablo,Poyán,Roi,Guerreiro,Dani Rios,Ibán
Nico,Damián,David Montes,Alex Ratón,Emilio
Isma,Ivi,Manu,Iago Montes,Juanjo,Emilio
Non vale lamentarse moito no mundo do fútbol,total pro caso que che van facer..Pero a sorte non nos acompañou moito esta tempada e os resultados non sempre premiaron o bó fútbol que sempre tentamos facer e pra mostra o botón de hoxe. Como na primeira volta nos puxemos o fútbol e as ocasións e eles os goles, e como se fose un calco ,como na Medela o partido decidiuse no desconto cun gol de Varela.Durante a primeira parte impuxemos a nosa combinación e dominamos os locais que case non apreceron por a nosa área ,embargantes nós avisamos con disparos de Guerreiro ,Poyán e Montes, con maior ou menor perigo e tivemos unha grandisima ocasión nunha gran xogada de Rios que asistiu sobre a liña de fondo a Emilio quen adiantándose o seu par rematou dende moi cerca pero o balón foise arriba.Na única chegada do Bóveda na primeira parte rentabilizarona ,no 42´ Durán recolle un balón dun contragolpe quedándose só diante de Roi o que bate por abaixo.Co 1-0 tralo paso por vestiarios saimos enchufadísimos na segunda e fixemos moitos méritos e moi pronto tivémola recompensa : no 50 Rios remacha o fondo das mallas da meta de Macía un bó centro dende a dereita.O pouco Poyán engancha un bó chut que se vai fora por pouco.O Bóveda tratou de sacudirse o noso dominio e no 62 teñen a sua mellor ocasión nun remate de Adríán que sacou Roi cun paradón.Nós seguimos indo a polo partido e no 75´ Guerreiro nunha falta directa estampa o balón no pao, no rexeite Damián que non esperaba verse tan só remata de cabeza fora.No 77´ Dani Rios realiza unha magnífica xogada con rápida incursión pola dereita e asiste a David Montes que entraba só pero o remate vaíselle rente o pao.Semellaba non estar pra nós pero non parecía perigar cando menos o punto pois os locais parecian máis cansados pero no 92´ caeu un balón pola esquerda pra Varela que se internou na área ,disparou bateu o balón no poste e entrou.E volta ós tópicos ,"excesivo premio","el fútbol es asi",cuando no entra la pelota ,"fútbol es fútbol" "yo nunca hablo de los árbitros"hay que pensar en el próximo partido" menos mal que é máis que iso,non vos perdais o Salvados de hoxe...Bueno pois eso para semana último partido de Liga TABOADA CF-CD ALFOZ.
CRÓNICA FÚTBOLLUCENSE.COM
O Bóveda fixo os deberes pero quedou ás portas do ascenso
- Martes, 06 Mayo 2014
Varela logrou o tanto da victoria nos últimos instantes de encontro.
O Bóveda encadea unha segunda volta de campionato espectacular que o deixou ás beiras do ascenso a Preferente. Os vermellóns só sumaron dúas derrotas na segunda metade do campionato e 34 puntos nos últimos 16 encontros, os últimos 3 ante o Taboada, na despedida da tempada dos de Julio Corral do Hermanos Somoza.
O Taboada levou o peso do partido durante os 90 minutos, pero estivo menos atinado cara o marco contrario que o Bóveda, que aproveitou moi ben as súas oportunidades para gañar. Adiantáronse os locais ó fío do descanso cun tanto de Durán, que aproveitou unha contra para bater a Roi cun disparo raso.
Empatou Ríos ó sair dos vestiarios tras un servizo dende a dereita. O Bóveda puido poñer o 2-1 cun gran remate de Adrián ó que respondeu Roi cunha intervención de mérito. Posteriormente enviou Guerreiro en libre directo ó pau, ó igual que Montes pouco despois. Pero no desconto apareceu Varela, que recolleu un balón na esquerda, internouse na área e axudado polo poste enviou ó fondo das redes para deixar os puntos na casa.
Cun punto no último partido en Lugo ante o S. Corazón o Bóveda será terceiro. O Taboada é oitavo e deberá repetir ante o Alfoz na Medela o resultado do Outeiro para manter a praza.
Bóveda: Macía, Smaily, Víctor, Moya, Castro, Carrasco, Arias, Durán, Adrián, Omar e Patiño. Tamén xogaron Édgar, Varela e Vila.
Taboada: Roi, Pablo, Ibán, Damián, Ratón, Emilio, Poyán, Nico, Montes, Guerreiro e Ríos. Tamén xogaron Juanjo Potente, Iván e Manu.
Goles: 1-0 Durán. 1-1 Ríos. 2-1 Varela.
Resultados e clasificación 1ª Autonómica CRÓNICA EL PROGRESO :secuencias das duas ocasións máis claras:
01/05/14
SD SARRIANA 2-TABOADA CF 2
1 Saul, 2 Hugo Fontal,3 Eros,4 David Sanchez,5 David Vizcaino,6 Abderrahman,7 Roi,8 Cristian,9 Iago,10 Brais ,11 Fernando
Jonathan Guerra,Sergio,Alex Moure,Dani,David Potente,Juanjo
Alexandre ,Manute,Lopo,Jose,Rubén
Jonathan Guerra,Sergio,Alex Moure,Dani,David Potente,Juanjo
Alexandre ,Manute,Lopo,Jose,Rubén
Rodri,Marcos Garcia,Ivi,Aitor,Marcos Vazquez e Emilio
O partido matinal disputado no dia do traballador na Ribela en Sarria ofreceu efectivamente moito traballo,moita disputa e moi bó fútbol.Na primeira parte comezamos con moito ímpetu e tivemos as primeiras ocasións pero pouco a pouco os locais foron impoñendose e levaron a iniciativa do xogo,neste periodo foron eles quenes tiveron as mellores ocasións e Alex Moure tivo que empregarse a fondo para sacar dous balóns complicados,ainda que no 23´nada pudo facer para evitar o 1-0 ,un rápido e perfecto contra golpe que culminou Iago.O seu gol fixo que comezaramos a buscar con insistencia a porta sarriana pero non estabamos a ter claridade combinativa e non estamos a ter ocasións nesta fase.Con todo, o empeño que puxemos tivo premio nun ataque pola esquerda Jonathan asistiu entre a defensa a Manu que rematou e Saul a pesar de tocalo balón non pudo impedir o empate,era o minuto 39.Trala reanudación cambiaron as tornas e no segundo periodo pasamos a levalo timón do encontro ainda que nos encontramos moi pronto, no 47, cun gol en contra; Roi finalizou un bó ataque local,no que rematou ata en duas ocasións pra batir a Alex.Despois fixemos merecementos pra facer o empate e quizais máis ,pois dispuxemos das ocasións máis claras especialmente nunha contra na que Ivi habilitou pra un Manu que viña só pero seu disparo foise arriba.O propio Manu reivindicouse cun fermoso gol no 74, co que conseguiamos o empate a 2-2 definitivo.Algunha máis houbo pero o marcador xa non se moveu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.